RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2024 (código de procedemento IN418E).

Diario Oficial de Galicia, 27-12-2023, Núm. 244, Páx. 70790

O 12/06/2024 publícase a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 14 de decembro de 2023 - Ver  ligazón

 

Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) Planificación enerxética de entidades locais: as entidades que integran a Administración local conforme o artigo 3 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, ou as agrupacións das entidades anteriores con base nun acordo marco en que se especifique en que porcentaxe participa cada unha e se estableza unha persoa única para os efectos de notificación.
b) Planificación enerxética de comunidades enerxéticas: comunidades enerxéticas xa constituídas e con residencia ou establecemento en Galicia. Sen prexuízo de que poidan presentar solicitudes de axuda previas á constitución da comunidade enerxética segundo o procedemento descrito nos seguintes artigos.
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos nelas (código de procedemento IN418E).
Prazo
Comeza o 18 de xaneiro de 2024 ás 9.00 horas e rematará o 15 de maio de 2024.

O 12/06/2024 publícase a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 14 de decembro de 2023 - Ver  ligazón

 

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 14-12-2023_axudas_enerxética_gl.pdf galego
Res 14-12-2023_ayudas_energética_es.pdf castellano
Ex Res 14-12-2023_axudas_enerxética_gl.pdf galego
Ex Res 14-12-2023_ayudas_energéticas_es.pdf castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles