RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN854A).

Diario Oficial de Galicia, 27-08-2020, Núm. 173, Páx. 33963
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Consultar o artigo 4 da resolución.
Obxecto
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da cuarta convocatoria do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0. e convocalas para o ano 2020 (consultar artigo 1 da resolución).
Prazo
Un mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.