Diario Oficial de Galicia, 28-07-2004, Núm. 145, Páx. 10806
Resolución do 13 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de efectos ambientais do proxecto de Parque Eólico Ponte Rebordelo, no concello de Dumbría (A Coruña), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A.
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 25 de maio de 2004 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica a declaración de efectos ambientais do Parque Eólico Ponte Rebordelo, con data 9 de agosto de 2002, no concello de Dumbría (A Coruña), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2004.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de efectos ambientais (DEA) do Parque Eólico Ponte Rebordelo o 9 de agosto de 2002.
Por solicitude da empresa Desarrollos Eólicos, S.A., a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña iniciou o procedemento de autorización administrativa do proxecto modificado do devandito parque eólico, que terá unha potencia total instalada de 40,3 MW e configuración final de 31 aeroxeradores de 1.300 kW, que se instalarán nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña), fronte aos 67 iniciais de 600 kW de potencia unitaria, que totalizaban 40,2 MW de potencia instalada.
No anexo I resúmese o contido do proxecto e no anexo II as medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada.
Con data do 8 de marzo de 2004 recíbese na Consellería de Medio Ambiente o expediente ambiental do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas como órgano substantivo por razón de materia. No referente ás alegacións presentadas durante o período de exposición pública por parte do Concello de Dumbría, Sofía Caamaño Grille e Jesús Caamaño Grille, cómpre sinalar que aluden basicamente a cuestións que son competencia do órgano substantivo e, no que se refire aos aspectos ambientais, foron tidas en conta coa presentación dun estudo de sinerxias por parte do promotor e, no que procede, no punto 3.4º desta modificación da declaración.
Con data do 7 de abril de 2004 recíbese un novo informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, sobre o documento titulado Información adicional requirida pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Parque Eólico Ponte Rebordelo. Marzo 2003.
Á vista do contido do expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental procede a modificar a declaración de efectos ambientais do Parque Eólico Ponte Rebordelo nos termos que se sinalan a continuación, tendo en conta que, ademais do cumprimento das condicións que se establecen na presente modificación e as incluídas no estudo ambiental do proxecto modificado e a restante documentación avaliada, para o non especificado nesta modificación serán de aplicación, con carácter xeral, os condicionados establecidos na DEA formulada sobre o proxecto inicial, con data do 9 de agosto de 2002:
1. Todas aquelas referencias á declaración de efectos ambientais ou DEA substitúense por declaración de impacto ambiental ou DIA, segundo proceda.
2. O Ámbito da declaración queda definido do seguinte xeito:
O proxecto modificado do Parque Eólico Ponte Rebordelo consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 40,3 MW de potencia total nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña), constituído por 31 aeroxeradores modelo Bazán-Bonus de 1.300 kW de potencia unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:
Vértice X Vértice Y
495.532 4.762.616
496.344 4.762.617
496.819 4.761.284
496.725 4.758.546
496.608 4.756.912
495.720 4.756.925
494.175 4.759.775
A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle no plano planta xeral. Números 1.1 e 1.2. Marzo de 2003, do estudo de impacto ambiental, coas modificacións do trazado das gabias do cableado recollidas no documento información adicional requirida pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Parque Eólico Ponte Rebordelo. Marzo 2003. Así mesmo, terase en conta que se excluirán as posicións de reserva denominadas R-1 e R-2, dado que o parque está constituído por un máximo de 31 aeroxeradores.
As coordenadas UTM dos 31 aeroxeradores previstos son as seguintes:
Aeroxerador UTM X UTM Y
1 495.921 4.762.103
2 496.004 4.761.913
3 496.070 4.761.738
4 496.187 4.761.458
5 496.274 4.761.296
6 495.688 4.761.592
7 495.773 4.761.420
8 495.837 4.761.235
9 495.916 4.760.872
10 495.976 4.760.603
11 496.094 4.760.444
12 496.180 4.760.254
13 496.099 4.759.765
14 496.185 4.759.600
15 496.260 4.759.235
16 496.224 4.758.674
17 495.115 4.760.541
18 495.175 4.760.266
19 494.781 4.759.729
20 494.870 4.759.553
21 494.928 4.759.378
22 494.988 4.759.172
23 495.113 4.759.019
24 495.217 4.758.865
25 495.515 4.758.248
26 495.587 4.758.051
27 495.648 4.757.856
28 495.648 4.757.856
29 495.768 4.757.712
30 495.888 4.757.561
31 496.041 4.757.430
3. Establécense as seguintes condicións específicas:
3.1. Fase previa ao inicio das obras.
3.1.1. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao medio natural e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.
Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixar o órgano substantivo, a cantidade de douscentos noventa e dous mil cento oitenta e un euros (292.181), correspondente ao orzamento de execución por contrata dos labores de restauración nas fases de obra (40.929 A) e desmantelamento (251.252 A) do parque.
3.2.- Fases de replanteo e obra.
3.2.1. Para evitar posibles afeccións sobre os bens do patrimonio cultural, teranse en conta as seguintes medidas:
- No contorno dos ditos bens establécese unha área de exclusión de 50 m de raio, medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
- A sinalización e o balizamento dos xacementos arqueolóxicos localizados no ámbito do parque e recollidos no estudo de impacto arqueolóxico efectuaranse na fase de replanteo ou, en todo caso, en momentos previos ao inicio das obras.
- Procederase á inspección dos terreos rozados e dos perfís das gabias do cableado.
3.2.2. Nos puntos de control propostos no plan de seguimento do nivel de ruídos só se terán que realizar medicións cando se estean executando obras preto destes puntos, e non cunha frecuencia trimestral en todos os puntos como se propón no plan presentado.
3.2.3. Á vista da información achegada na documentación avaliada, non se estima necesario levar a cabo o plan de seguimento da calidade das augas proposto, non así o de control da rede de drenaxe e seguimento hidrolóxico, que se desenvolverá de acordo coa proposta que figura no anexo 8 do estudo ambiental.
3.2.4. Porase especial coidado na execución da vía de acceso á subestación co fin de evitar posibles arrastres de materiais ou calquera outra afección ao rego da Carballa.
3.2.5. Nos labores de restauración asociadas á fase de obras, a plataforma de montaxe dos aeroxeradores terá que ser restaurada en toda a súa extensión, podéndose deixar un camiño de acceso á porta do aeroxerador.
3.3. Fase fin de obras.
3.3.1. Co fin de evitar a proliferación de vías, levarase a cabo a restauración daqueles tramos mortos e/ou duplicados que queden tras a execución da rede viaria do parque, agás que o promotor dispoña dunha ratificación por escrito da existencia de limitacións por parte dos seus propietarios para efectuar la restauración, nos termos expostos no documento Información adicional requirida pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Parque Eólico Ponte Rebordelo. Marzo 2003.
3.4. Fase de funcionamento.
3.4.1. Levarase a cabo un seguimento da posible aparición de efectos acumulativos e/ou sinérxicos entre este parque e o de Paxareiras II F, valorando conxuntamente os resultados dos seus respectivos plans de vixilancia, de acordo co estudo de efectos sinérxicos incluído no estudo ambiental. Prestarase especial atención á avifauna e aos morcegos, adoptando as medidas protectoras e/ou correctoras oportunas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos.
ANEXO I: Resumo do proxecto modificado
O proxecto modificado do Parque Eólico Ponte Rebordelo, promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 31 aeroxeradores e a súa infraestrutura asociada, que se instalarán nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña). Os aeroxeradores distribuiranse dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración.
As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:
* Número de aeroxeradores: 31.
* Modelo: Bazán-Bonus 1.300.
* Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.
* Potencia total instalada: 40,3 MW.
* Altura das torres: 55 m.
* Diámetro do rotor: 62 m.
* Investimento previsto: 33.890.811,33 euros.
O proxecto inclúe tamén a construción dunha subestación transformadora 20/66 kV cun edificio de control anexo, que terá revestimento exterior de pedra e cuberta de tella, e que albergará un almacén, aseo con fosa séptica, a sala de control e a de celas eléctricas. A pouca distancia situarase unha nave de mantemento co mesmo acabado que o edificio de control e unha esplanada de amoreamento de materiais.
A obra civil inclúe a execución de 8.966 m de vías de acceso e servizo aos aeroxeradores e o acondicionamento doutros 2.964 m, cun largo de rodadura de 4 m e arcéns de 0,5 m. Estarán dotados de cunetas e drenaxes para a recollida e evacuación de augas pluviais. No proxecto non se considera necesaria a instalación de pasos canadenses nas vías. Así mesmo, prevese a execución duns 10.900 m de gabias para soterrar o cableado de media tensión e de comunicacións que interconectará os aeroxeradores coa subestación e edificio de control.
Segundo a documentación avaliada, a vexetación na área do parque está composta maioritariamente por mato de toxo e breixo e repoboacións de piñeiro e eucalipto, aparecendo en menor medida prados naturais e algúns cultivos no contorno das aldeas.
ANEXO II: Resumo das medidas preventivas e correctoras previstas na documentación avaliada
No epígrafe de medidas protectoras e correctoras do estudo ambiental inclúense as seguintes:
- Atmosfera.
* Rega das superficies cando as obras coincidan co período de estiaxe.
* Plan de mantemento da maquinaria para reducir as emisións de gases.
* Realización dun control das emisións de ruído. Cumprimento da lexislación vixente.
- Solo:
* As obras axustaranse ao especificado no proxecto.
* Empregaranse, na medida do posible, as vías existentes na zona.
* Reposición de vías se resultan deterioradas.
* Retirada coidadosa e mantemento da terra vexetal retirada para que non perda as súas cualidades.
* Descompactado de terreos previamente ao estendido de terra vexetal.
* Todo os terreos afectados polas obras serán restaurados.
* Os sobrantes de terras levaranse a vertedoiro autorizado, non se crearán vertedoiros incontrolados. Os materiais de préstamo terán a súa procedencia acreditada.
* O mantemento e a reparación de maquinaria realizarase en talleres dedicados para tal fin.
* Preveranse vertedoiros para todos os residuos de obra ou da actividade, para as distintas categorías de residuos xerados.
* As vías axustaranse á topografía do terreo. O trazado en zonas de arborado será sinuoso, minimizando a corta.
- Rede hidrolóxica:
* Revexetación das zonas alteradas.
* O mantemento e a reparación de maquinaria realizarase en talleres dedicados a tal fin.
* Non se modificará a rede hidrolóxica da zona sen autorización do organismo de conca.
* Rede de drenaxe acorde coa realidade, non alterando concas hidrográficas.
* Os residuos en fase de funcionamento recolleranse en contedores axeitados para tal fin.
* Control da calidade das augas e rede de drenaxe.
- Fauna e vexetación:
* Respectaranse os hábitats que alberguen especies de fauna de interese; zonas asolagadas, pozas, regos, rochedos, minas abandonadas...
* Diminuirase a velocidade dos vehículos de obra.
* No caso de detectarse cadáveres de animais nas proximidades do parque, retiraranse para evitar a atracción de especies predadoras.
* Realización dun seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna e quirópteros tanto na fase de obras como na de funcionamento.
* Parada dos aeroxeradores máis conflitivos a determinadas horas e durante determinados períodos se se demostra que teñen afección sobre a avifauna e quirópteros. Aumento do contraste das aspas. Retirada ou recolocación de aeroxeradores.
* Aínda que inicialmente non está previsto, no caso de instalar pasos canadenses, irán dotados de medidas de escape para os pequenos vertebrados que poidan caer ao foso, consistindo en rampla de subida ou foso con laterais abertos.
* As obras axustaranse ao especificado no proxecto, procurando que a afección á vexetación sexa a mínima posible.
* Reposición da vexetación unha vez finalizadas as obras, axustándose ao plan de revexetación do estudo ambiental.
* Rega para evitar o levantamento e deposición de po na vexetación.
* Descompactado do terreo.
* Tratamento de residuos vexetais.
* Previamente á corta de vexetación arbórea observarase ao disposto no Regulamento de montes, polo que se fará a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización.
- Paisaxe:
* Redución dos movementos de terras ao mínimo posible.
Aproveitamento ao máximo a rede de camiños existentes.
* Aeroxeradores con cores pouco chamativas e acabado mate. Deseño e acabado de edificacións e vías con criterios de integración cromática e construtiva co medio. Proxecto de revexetación.
Na documentación adicional ao estudo ambiental presentada polo promotor en resposta ao informe emitido por Augas de Galicia recóllense as seguintes medidas relacionadas coa protección do sistema hidrolóxico:
* Evitar a afección directa sobre os cauces, sendo de espacial importancia: respectar a vexetación de ribeira, non acumular materiais sobre o propio cauce, evitar extraer augas dos regatos e solicitar ao organismo competente calquera modificación imprescindible.
* Evitar a xeración de sólidos en suspensión.
* Xestión adecuada de substancias potencialmente contaminantes; as augas residuais producidas nos servizos hixiénicos do edificio de control depuraranse convenientemente. O mantemento da maquinaria realizarase en talleres especializados e autorizados para tal fin. Xestión adecuada de todos os residuos producidos.
* Deseño dun sistema de drenaxe que distribúa adecuadamente as correntes de auga existentes. Colocación de drenaxes transversais nas valgadas naturais que atravesen pistas, camiños ou terrapléns.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL