Resolución do 12 de xuño de 2006 pola que se modifica a época de máximo perigo de incendio, regulada na Resolución do 27 de xaneiro de 2005 sobre medidas para a prevención de incendios forestais.

Diario Oficial de Galicia, 14-06-2006, Núm. 113, Páx. 9514
Resolución do 12 de xuño de 2006 pola que se modifica a época de máximo perigo de incendio, regulada na Resolución do 27 de xaneiro de 2005 sobre medidas para a prevención de incendios forestais. Mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2005 reguláronse unha serie de medidas de cara á prevención de incendios forestais. A dita previsión, de actual aplicación, ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2006, declara no seu punto 3 cales son as épocas de máximo perigo de incendios e sinala, así mesmo, que poderán considerarse igualmente época de máximo perigo aqueloutros períodos do ano en que as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incedio. Co obxecto de reducir o perigo de incendios durante o período de verán e por mor das actuais condicións meteorolóxicas, atendendo, así mesmo, ás estatísticas de incendios forestais e á súa distribución territorial e temporal é preciso anticipar a época de máximo perigo de incendio prevista na normativa citada, que se estenderá desde o 15 de xuño ata o 15 de outubro. En virtude do anterior, RESOLVO: Declárase época de máximo perigo de incendios a comprendida entre o 15 de xuño e o 15 de outubro, modificando a prevista na Resolución do 27 de xaneiro de 2005 sobre medidas para a prevención de incendios forestais, sen prexuízo de que poida considerarse igualmente época de máximo perigo aqueloutros períodos do ano en que as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios. Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2006. Alberte Blanco Casal Director xeral de Montes e Industrias Forestais
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
RES12062006.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles