Resolución do 12 de abril de 2019, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións pola Fundación Biodiversidade, F. S. P.

Boletín Oficial del Estado, 04-05-2019, Núm. 107, Páx. 47937
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) As entidades e organizacións sen ánimo de lucro de ámbito estatal ou comunitario, con sede en España, legalmente constituídas e inscritas no rexistro correspondente.
b) Os organismos públicos de investigación.
c) As universidades públicas.
d) Os colexios profesionais de ámbito nacional.
e) As administracións públicas e entidades locais que estean integradas en redes ou programas de ámbito estatal ou comunitario.
f) As entidades mercantís, ou outras persoas xurídicas, públicas ou privadas, nos casos e coas especificidades e requisitos esixidos en cada convocatoria.
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto a execución de proxectos que proporcionen datos relevantes que permitan avaliar o estado de conservación de todos os elementos terrestres integrantes do patrimonio natural en España, especialmente a aqueles sobre
os que recaian medidas específicas de conservación ou de interese comunitario.
Os datos e resultados destes proxectos servirán, no seu caso, de ferramenta para a toma de decisións estratéxicas que garantan a consecución dos fins inherentes ao réxime xurídico básico da conservación, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade española, a preparación do informe sexenal derivado do Artigo 17 do Directiva Hábitat.
En cada convocatoria concretaranse as Liñas de Actuación ás que se dirixen as axudas.
Prazo
Virá fixado en cada convocatoria.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 12-4-2019.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Extracto da Resolución 27 de maio de 2020 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se acorda novo prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de axudas, en concorrencia competitiva, para a avaliación da biodiversidade terrestre española 2020, unha vez renovados os prazos administrativos previstos no Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, que declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19. 02/06/2020
Extracto da Resolución 27 de maio de 2020 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se acorda novo prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de axudas, en concorrencia competitiva, para a conservación da biodiversidade mariña en España, unha vez renovados os prazos administrativos previstos no Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, que declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19. 02/06/2020
Extracto da Resolución 6 de maio de 2019 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a contratación de persoas desempregadas do Programa empleaverde cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020. 09/06/2019
Extracto da Resolución 6 de maio de 2019 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a avaliación da biodiversidade terrestre española 2019 09/05/2019
Extracto da Resolución 6 de maio de 2019 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación da biodiversidade mariña en España. 09/05/2019
Extracto da Resolución 6 de maio de 2019 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de axudas da Fundación Biodiversidade F. S. P., en réxime de concorrencia non competitiva, a determinadas organizacións non gobernamentais para a participación na definición, proposta e execución de políticas públicas de competencia estatal. 09/05/2019
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles