Resolución do 11 de xullo de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública e audiencia aos interesados o proxecto de decreto polo que se declaran zonas de especial protección para as aves A Limia e Pena Trevinca.

Diario Oficial de Galicia, 02-08-2007, Núm. 149, Páx. 13237
Resolución do 11 de xullo de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública e audiencia aos interesados o proxecto de decreto polo que se declaran zonas de especial protección para as aves A Limia e Pena Trevinca. As zonas de especial protección para as aves (ZEPA) son os espazos delimitados para o establecemento de medidas de conservación especiais co fin de asegurar a supervivencia e a reprodución das especies de aves, en particular, das incluídas no anexo I da Directiva 79/409/CEE e das migratorias non incluídas no citado anexo pero cuxa chegada sexa regular. A súa declaración correspóndelle á Xunta de Galicia e leva consigo a súa inclusión directa na rede Natura 2000. Polo que antecede, RESOLVO: Abrir o período de información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación desta resolución, coa finalidade de que todos aqueles interesados que se consideren directamente afectados por esta declaración poidan, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e, de conformidade co disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitir suxestións ou alegacións. A proposta do proxecto de decreto permanecerá exposta nas seguintes dependencias: -Dirección Xeral de Conservación da Natureza, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela. -Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Rúa Paseo, 18-32003 Ourense. Así mesmo, poderase consultar o texto da proposta na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: http://medioambiente.xunta.es. Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2007. Xosé Benito Reza Rodríguez Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res11072007.pdf Galego
Res11072007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles