Resolución do 11 de xullo de 2006, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública e audiencia aos interesados o Catálogo galego de árbores senlleira

Diario Oficial de Galicia, 26-07-2006, Núm. 143, Páx. 11970
Resolución do 11 de xullo de 2006, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública e audiencia aos interesados o Catálogo galego de árbores senlleiras. A Lei do Parlamento galego 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, considera que o interese científico, estético ou monumental e ornamental dalgúns exemplares de árbores ou espécimes da flora existentes en Galicia, de calquera especie botánica autóctona ou foránea, os fai merecedores de normas protectoras específicas, xa que constitúen un patrimonio natural e cultural valioso, de interese público, irrecuperable no caso da súa destrución. Con tal fin créase o Catálogo galego de árbores senlleiras, no cal se prevé incluír aqueles exemplares ou mouteiras que, polos seus valores ou interese natural, cultural, científico, estético ou paisaxístico, sexa necesario conservar. Sendo o fomento da participación pública un dos principios inspiradores da Lei 9/2001, de conservación da natureza, considérase necesario someter a información pública e audiencia aos interesados o proxecto normativo que regulará o Catálogo galego de árbores senlleiras. Por todo o exposto, RESOLVO: Primeiro.- Someter a información pública e audiencia aos interesados o Catálogo galego de árbores senlleiras. Segundo.- Para os devanditos efectos informativos poranse exemplares do proxecto de decreto á disposición dos interesados nas seguintes dependencias: - Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela. - Delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: - A Coruña, praza Luís Seoane, s/n, 15008 A Coruña. - Lugo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo. - Ourense, rúa do Paseo, 18-5º, 32003 Ourense. - Pontevedra, rúa Nova de Abaixo, 2, 36071 Pontevedra. Así mesmo, poderase consultar o texto da proposta na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (http://medioambiente.xunta.es/arbores senlleiras.jsp) Terceiro.- As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, que comezarán a contar a partir do seguinte día ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2006. Xosé Benito Reza Rodríguez Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL
MEDIO AMBIENTE XERAL
PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
14300D041P054.PDF Galego
14300D041P054_ES.PDF Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles