Resolución do 11 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Tea e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca, no vindeiro ano 2005.

Diario Oficial de Galicia, 30-10-2004, Núm. 212, Páx. 14768
Resolución do 11 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Tea e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca, no vindeiro ano 2005. De conformidade coa disposición adicional segunda da Orde do 20 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia, na que se faculta o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra para ditar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca da lamprea no río Tea e, co obxecto de que se realice un aproveitamento ordenado da dita pesquería, establécese un réxime especial para o vindeiro ano 2005, que só poderá practicarse desde 700 metros augas abaixo da ponte romana de Ponteareas ata a confluencia do Tea co río Miño, coas limitacións que a seguir se indican: - Os pescadores interesados nesta pesca deberán participar no sorteo público que celebre o Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra, na data, a hora e o lugar que se fará público, no que se indicarán os postos de pesca para a colocación das estacadas. - Os medios que se empreguen serán a estacada, fisga (1 por pescador) e luz artificial. Enténdese por estacada a ponte ou pasarela de madeira situada en voadizo sobre o río, perpendicularmente á dirección da corrente e cunha lonxitude máxima que non superará a metade do cauce fluvial, apoiándose nun extremo na marxe do río e o resto sobre pilotes ou postes de madeira ou ferro, de xeito que non se impida a libre circulación das augas baixo ela. - Antes de proceder á instalación das estacadas, deberán estar en posesión de licenza de pesca e autorizados cos permisos de 4ª categoría para cada día, documentos que deberán levar consigo xunto co DNI durante a práctica desta actividade. - Prohíbese ter na estacada un número superior de fisgas a pescadores con permiso presentes nela; serán todos eles responsables do incumprimento desta condición. - O período hábil de pesca será desde o 17 de xaneiro ata o 30 de abril. - A pesca realizarase en días alternos, pescando os luns, mércores e venres desde as estacadas impares e os martes, xoves e sábados desde as pares. As persoas que pesquen os luns, mércores e venres comezarán ás 21.00 horas destes días e poderán facelo ata as 8.00 horas do día seguinte. As persoas que o fagan os martes, xoves e sábados comezarán ás 21.00 horas destes días e poderán facelo ata as 8.00 horas do día seguinte. - Prohíbese a pesca desde as 21.00 horas dos domingos ata as 21.00 horas dos luns. Requisitos que hai que seguir na instalación das estacadas: * Deberán estar debidamente numeradas e situadas de conformidade co recollido no anexo, onde se fixen sobre o terreo polo persoal da Consellería de Medio Ambiente, e en ningún caso se poderán montar as estacadas fóra do lugar establecido, nin se poderá cambiar de marxe. No caso de que os adxudicatarios de 2 estacadas contiguas queiran montalas conxuntamente, solicitarano previamente e, se é o caso, montarase no lugar correspondente á sinalada máis augas abaixo. * Deberán ter acceso desde terra e en ningún caso as dimensións das estacadas superarán a metade do río. * Non se poderá cortar vexetación de ribeira sen autorización do Servizo de Conservación da Natureza, de acordo co establecido na vixente Lei 7/1992, de pesca fluvial. * Na iluminación da estacada só se poderán utilizar bombillas, quedando prohibido focos ou similares. * Finalizado o réxime especial o día 30 de abril, os pescadores disporán dun prazo de 15 días para retirar as estacadas e demáis instalacións, deixando o contorno libre de lixo, e presentar debidamente cubertos os libros de rexistro de capturas no refuxio da Freixa ou no Servizo de Conservación da Natureza en Pontevedra, rúa Benito Corbal, 47-5º andar. Do incumprimento dos anteditos requisitos de instalación e retirada das estacadas responderán todas as persoas autorizadas conxunta e solidariamente. A pesca desde as estacadas enténdese selectiva para a lamprea, non podendo causar dano a outras especies piscícolas. As barcas empregadas polos pescadores para os labores auxiliares da pesca da lamprea deberán estar en posesión de licenza especial para embarcación (licenza clase E). Estas embarcacións deberán levar en lugar ben visible o número de estacada que lles correspondera no sorteo. En ningún caso, estas barcas poderán ser accionadas a motor. O persoal que designe o Servizo de Conservación da Natureza revisará cada estacada e, cando non se axuste ás condicións fixadas ou non exista persoa autorizada para a pesca desde ela, procederase ao seu levantamento. Se durante a temporada de pesca da lamprea os axentes observan que algún pescador incumpre calquera outra condición desta normativa, poderanlle retirar nese intre os permisos que lle resten, sen dereito á devolución do seu importe. O Servizo de Conservación da Natureza, por razóns hidrobiolóxicas, de estiaxe ou calquera outra que o faga necesario, poderá modificar o contido desta normativa adoptando as medidas axeitadas. Sorteo de postos de pesca para a captura da lamprea no río Tea. Para poder participar neste sorteo os interesados deberán presentar: - Solicitude segundo modelo oficial. - Fotocopia cotexada do DNI. O sorteo para a posesión dos postos correspondentes terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o día 7 de xaneiro de 2005, ás 11.00 horas, á vista das solicitudes que para este fin se reciban no Servizo de Conservación da Natureza, rúa Benito Corbal, 47-5º andar (Pontevedra) ata ás 14.00 horas do 15 de novembro de 2004. A zona de pesca está comprendida entre a ponte do ferrocarril e a praia da Moscadeira, cun número de 48 estacadas. Cada solicitante elixirá logo de presentación do DNI, pola orde obtida no sorteo. De acordo co número obtido no sorteo, cada pescador retirará un lote de permisos de 4ª categoría para toda a temporada, logo de pagamento do prezo público que corresponda e presentación da licenza de pesca. A cada posto de pesca deberán optar catro pescadores xuntándose na mesma solicitude. Se se comprobase que o nome dun pescador aparece reflectido en máis dunha solicitude, procederase á súa anulación. Os permisos serán persoais e intransferibles, polo que ningún pescador poderá facer uso doutro permiso que non fose o seu propio, nin pescar desde un posto distinto a aquel que figura no seu permiso. Se quedara algún posto vacante sortearase entre os pescadores que, por razón do sorteo estarán incluídos nel, non tiveran opción de escoller posto, sempre que o número de solicitudes supere o número de postos autorizados e que se indican no anexo desta resolución. Non se cambiará ningún posto despois da elección do sorteo. Os pescadores que teñan pendente o pagamento dalgunha sanción administrativa da lexislación de pesca non poderán optar ao sorteo das estacadas. Xunto cos permisos entregaranse uns libros de rexistro de capturas, que deberán ser debidamente cubertos e deberán estar sempre á disposición dos axentes de Conservación da Natureza. O cumprimento deste requisito será indispensable para optar ao sorteo da próxima temporada. Pontevedra, 11 de outubro de 2004. José Antonio López Rodríguez Delegado provincial de Pontevedra ANEXO - Estacadas do río Tea 2003 Lonxitude total: 12.412 metros. Nº estacada // Distancia (m) Ponte do ferrocarril // 60 1 a 2 //100 2 a 3 // 60 3 a 4 // 50 4 a 5 // 60 5 a 6 // 370 (ponte romana/ponte PO-412) 6 a 7 // 100 7 a 8 // 105 8 a 9 // 70 9 a 10 // 305 10 a 11 // 100 11 a 12 // 120 12 a 13 // 120 13 a 14 // 100 14 a 15 // 352 15 a 16 // 50 16 a 17 // 677 17 a 18 // 173 18 a 19 // 280 (ponte Cordeiro) 19 a 20 // 1.160 20 a 21 // 120 21 a 22 // 400 22 a 23 // 100 23 a 24 // 290 24 a 25 // 210 25 a 26 // 200 26 a 27 // 1.350 27 a 28 // 1.850 28 a 29 // 220 29 a 30 // 300 (ponte das Partidas) 30 a 31 // 100 31 a 32 // 100 32 a 33 // 100 33 a 34 // 590 34 a 35 // 100 (desembocadura Uma) 35 a 36 // 350 36 a 37 // 110 37 a 38 // 110 38 a 39 // 110 39 a 40 // 120 40 a 41 // 90 41 a 42 // 120 42 a 43 // 120 43 a 44 // 160 44 a 45 // 210 45 a 46 // 80 46 a 47 // 150 47 a 48 // 100 48 á praia da Moscadeira // 120
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
resII11102004.pdf Galego
resII11102004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles