RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU301D).

Diario Oficial de Galicia, 24-02-2025, Núm. 37, Páx. 13902
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos e as entidades locais menores responsables de sistemas de saneamento que teñan unha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes.
Obxecto
A finalidade das subvencións é que as entidades locais responsables do saneamento á poboación coñezan os problemas existentes no funcionamento dos sistemas de saneamento e conten cun instrumento básico para a detección e corrección dos distintos problemas existentes nas súas redes de saneamento.
Prazo
Comezará ás 9.00 horas do día 3/03/2025 e rematará ás 14.00 horas do día 3/04/2025.