Diario Oficial de Galicia, 13-09-2005, Núm. 176, Páx. 15419
Resolución do 11 de agosto de 2005 pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 27 de xuño de 2005 relativa aos proxectos para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra). (Clave PO/5/156).
En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 27 de xuño de 2005 relativa aos proxectos para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra), que se transcribe como anexo á presente resolución.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2005.
P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)
Emilio García Gallego
Director xeral do organismo autónomo Augas de Galicia
ANEXO
Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 27 de xuño de 2005 relativa aos proxectos, presentados en competencia, para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra). Peticionarios: Técnicos Asociados Gallegos, S.L.; Hidroeléctrica A Carixa, S.L.; Hidroeléctrica O Cruceiro, S.L.; Norvento, S.L.; Norvento Hidráulica, S.A.; Energías del Deza, S.L. Clave: 2005/0040-8.
Antecedentes.
Dentro do procedemento substantivo do organismo autónomo Augas de Galicia para o outorgamento da concesión e autorización administrativas dun aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, e dentro das competencias que recaen nesta dirección xeral en materia de protección ambiental, procédese a formular a declaración de impacto ambiental (DIA) para os proxectos sinalados no encabezamento.
Os proxectos a que se refire esta declaración, resumidos no anexo I, foron cualificados en aplicación da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, ao estaren comprendidos entre as actividades listadas no seu anexo I, concretamente, no grupo 9, alínea c, relativo a determinados proxectos que se desenvolven en zonas especialmente sensibles, designadas en aplicación das directivas 79/409/CEE e 92/43/CEE.
En cumprimento do estipulado para o trámite de avaliación de impacto ambiental, con data 6 de abril de 2005 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 65 a Resolución do 15 de marzo de 2005, de Augas de Galicia, pola que se sometían ao trámite de información pública, entre outros, os estudos ambientais presentados polos distintos peticionarios.
Con data 6 de xuño de 2005 recibiuse copia do expediente ambiental, remitido por Augas de Galicia. No expediente constan os informes elaborados polas direccións xerais de Conservación da Natureza; Industria, Enerxía e Minas; Patrimonio Cultural e Saúde Pública; por Augas de Galicia; así como os certificados de información pública dos concellos e copia das alegacións presentadas durante o período de información pública por: María del Carmen García Lodeiro e dezanove persoas máis; José Garaloces Paz en nome da sociedade mercantil Baños da Brea, S.L.; María Mercedes Casal Jiménez, presidenta da Comisión Xestora do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia; Luis Álvarez Fernández en nome da entidade mercantil Desarrollos Urbanísticos e Inmobiliarios, S.A.; Xosé Veiras García en nome e representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia; Martiño Nercellas Méndez en representación da Federación Ecoloxista Galega; José Antonio Pena Fernández en calidade de presidente e representante da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda; José-Alfredo Vallo Costoia en nome e representación da entidade mercantil Minas de Bandeira, S.A.; e Concello de Vila de Cruces.
Cumprida a tramitación ambiental, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 106/2004, do 27 de maio, formula, só para os efectos ambientais, a declaración de impacto ambiental para os proxectos de referencia, tendo en conta no que procede os informes recibidos, así como as alegacións de carácter ambiental.
No anexo I recóllese o resumo dos proxectos e no anexo II un resumo das medidas protectoras e correctoras propostas polos peticionarios nos estudos ambientais.
Declaración de impacto ambiental.
Examinada a documentación que constitúe o expediente ambiental, esta dirección xeral considera establecer as seguintes condicións con carácter básico, ademais das incluídas na documentación avaliada, para poder considerar a viabilidade ambiental dos proxectos, tendo en conta que -no caso de existir contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido nesta declaración- prevalecerá o disposto nesta última. Ademais do anterior, de manifestarse calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano poderá ditar, só para os efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.
As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude dos peticionarios co obxecto de incorporar medidas que fornezan unha maior protección do medio. Ademais disto, poderase solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre que as novas medidas permitan atinxir os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o/s promotor/es remitirán esta solicitude, presentando documentación técnica que xustifique estas modificacións, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada esta declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.
a) Ámbito da declaración.
Esta declaración refírese aos proxectos, presentados en competencia para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, que se relacionan a seguir:
Denominación // Réxime // Caudal (m/s) // Cotas
Paradela // Fluente // 30 // 230,3-184,47
O Cruceiro // Fluente // 26 // 230-185
San Paio II // Fluente // 25 // 197-165,5
Quintás // Fluente // 25 // 197,5-122,5
A Carixa // Fluente // 28,5 // 178-136,5
Sulago II // Fluente // 25 // 178-140,5
Sulago III // Fluente // 25 // 180-140,5
San Paio // Fluente // 33 // 176,61-139,39
Carreira // Fluente // 41 // 133,22-116,21
Castelo // Fluente // 35 // 136,5-118
Dentro deste ámbito, exclúese expresamente o Salto de Vilanova por localizarse fóra do tramo de interese hidroeléctrico establecido no Plan sectorial hidroeléctrico das bacías hidrográficas de Galicia-costa, aprobado por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de novembro de 2001.
b) Condicións xerais.
1. Sobre as emisións á atmosfera, ruído e vibracións.
Procederase ao illamento dos edificios das centrais, seguindo o disposto no capítulo III da Lei 1/1997, de protección contra a contaminación acústica, co fin de garantir que se respectan os niveis de presión sonora establecidos legalmente para as zonas afectadas.
No caso de se realizaren voaduras, no seu deseño e execución adoptaranse as medidas precisas co fin de minorar as afeccións debidas a vibracións e proxeccións de po ou material groso (precisión na traza do sistema de perforación, especialmente na primeira fila da voadura; control da profundidade e inclinación dos barrenos unha vez perforados; control da carga de explosivo e a súa distribución ao longo do barreno, escolla dunha boa secuencia de acendido, etcétera). Estas medidas serán recollidas no plan de voaduras que se incorporará no proxecto construtivo.
Empregarase preferentemente maquinaria de deseño moderno con motores de baixo nivel sonoro. En todo caso, planificaranse os labores de xeito que non se superen durante a fase de obras os límites de presión sonora establecidos legalmente.
A totalidade da maquinaria e vehículos que se empreguen en todas as fases do proxectos contarán coa documentación que acredite que as súas emisións de substancias contaminantes e ruído cumpren co establecido legalmente (ITV en vigor).
Previamente ao inicio das obras disporanse de sistemas de rega de baixo consumo que se empregarán para minorar a emisión de po derivada, directa ou indirectamente, da construción dos saltos. Asemade, e co obxecto de minorar o levantamento de partículas en suspensión durante a fase de obras, procederase á cubrición dos vehículos durante o transporte de materiais pulverulentos.
2. Sobre o solo.
Como pauta xeral, a afección aos sistemas naturais será a mínima posible e imprescindible, xustificándose este aspecto. En todo caso, calquera actuación de carácter inevitable, que non inplique a ocupación permanente do terreo, levará asociada a restitución íntegra do espazo afectado o antes posible.
O deseño dos distintos elementos que compoñen os saltos realizarase baixo os seguintes criterios:
- Equilibrarase ao máximo o volume de desmontes e terrapléns.
- Empregaranse preferentemente accesos existentes. En caso de que tecnicamente non resulte posible, estes axustaranse á topografía do terreo para minimizar o movemento de terras ao máximo e reducir os impactos, reducindo ao mínimo tecnicamente necesario as súas dimensións.
- A traza e método construtivo dos sistemas de derivación responderá ás solucións con menores problemas de riscos xeomorfolóxicos. Neste momento, determinaranse en detalle as medidas específicas que se adoptarán para previr a xeración destes riscos.
- Asemade, e no que respecta ás galerías, terase especialmente en conta a non afección a acuíferos subterráneos, adoptándose as medidas técnicas que garantan este aspecto.
As superficies auxiliares de obra localizaranse preferentemente fóra do espazo natural protexido, en zonas afastadas dos cursos de auga, con escasa pendente e con baixo valor ambiental, evitándose a afección a especies naturais de elevado interese ecolóxico.
Dentro das superficies auxiliares de obra, e para aqueles casos en que non sexa operativo o seu traslado a taller, habilitarase unha zona para a realización das tarefas de mantemento da maquinaria. Esta zona contará coas medidas de protección precisas para evitar a contaminación do solo e/ou das augas.
Levarase a cabo un control topográfico preciso dos límites das zonas de obras, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos nos proxectos construtivos. Procederase ao balizamento ou, se é o caso, á sinalización das zonas de obra e de todas as infraestruturas e instalacións proxectadas, que deberá manterse en perfecto estado durante o transcurso das obras, sendo retirado cando estas finalicen.
Retirarase a terra vexetal co obxecto de mantela e empregala nos posteriores labores de restauración paisaxística, debendo garantirse o mantemento das súas propiedades edáficas mentres permanece amoreada.
O material de préstamo que sexa preciso empregar nas obras deberá ter a súa procedencia debidamente acreditada, procedendo de canteiras autorizadas.
Adoptaranse as medidas técnicas axeitadas para evitar que se produza un movemento en masa ou deslizamento do material amoreado e/ou terraplenado (colocación de barreiras físicas na cara inferior do amoreamento, etcétera).
Estableceranse medidas para evitar a erosión nos puntos de desaugamento dos vieiros, como a disposición de disipadores de enerxía e barreiras de sedimentos, entre outras.
Controlarase, asemade, a erosión das plataformas dos vieiros e das gabias, adoptándose medidas de protección oportunas de forma que a erosión sexa inapreciable. Os tramos onde a forza erosiva sexa importante, pola súa elevada pendente, deberán estar deseñados para adaptárense a esta situación, evitando as erosións e contaminacións das augas.
3. Sobre as augas.
Adoptaranse as medidas necesarias para evitar afeccións da calidade da auga debidas a arrastres de terras, lavados, depósitos temporais de terras, augas sanitarias, verteduras accidentais, etcétera.
Asemade, instalaranse elementos auxiliares para a defensa e control de arrastres de materiais utilizados en obra ás augas como consecuencia dunha posible crecida.
Instalaranse drens co fin de non interromper nin modificar sensiblemente a drenaxe natural das zonas de actuación.
Eliminarase a totalidade da vexetación das zonas que vaian quedar asolagadas, co obxecto de minorar os fenómenos de eutrofización.
O formigón será provisto desde instalación ou instalacións localizadas fóra da obra, que conten coas debidas autorizacións.
Os dispositivos do sistema oleohidráulico deberán contar cun depósito de recolla que evite a contaminación por verteduras accidentais.
No caso de que, por calquera motivo, se produza unha vertedura ás augas que altere a súa calidade nos tramos detraídos, incrementarase o volume de auga liberada no azude ata contrarrestar esta vertedura.
Previamente á apertura do desaugamento de fondo do azude darase conta por escrito (cunha anticipación mínima de quince días) ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza, indicándose o motivo, a data prevista e as medidas que se adoptarán para a protección do curso.
Con carácter xeral, queda prohibido o lavado de materiais nos cursos, así como calquera vertedura -directa ou indirecta- non autorizado previamente polo órgano de bacía.
4. Sobre a vexetación.
Reduciranse as alturas dos azudes ao mínimo tecnicamente necesario, co obxecto de diminuír as superficies asolagadas.
A eliminación da vexetación efectuarase selectivamente, de xeito que se evite a afección de exemplares que pola súa singularidade ou porte resulten de interese. Nas zonas en que se prevexa revexetar utilizaranse sistemas de roza que favorezan a rexeneración da vexetación.
Os caudais que se manterán nos tramos afectados considerarán a conservación das especies vexetais de paredes ou rochedos do fondo do val, así como das especies adaptadas a inmersións parciais ou temporais, como é o caso da bulbosa Narcissus cyclamineus.
Na xestión da biomasa vexetal prevalecerá a súa valorización, evitando a queima destes restos, que, de ser o caso, terá que contar coa preceptiva autorización. No caso de ser depositada sobre o terreo, procederase a súa trituración e esparexemento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ao solo, diminuír o risco de incendios forestais e evitar a aparición de enfermidades ou pragas.
5. Sobre a fauna.
No deseño dos azudes avaliarase previamente a posibilidade de que resulten pasos case-naturais franqueables para a fauna piscícola, combinando as filosofías de funcionamento das ramplas para peixes e das escadas rochosas de depósitos sucesivos. En caso de non resultar tecnicamente viable, disporanse dispositivos de paso para as especies piscícolas, tanto de subida como de baixada.
Instalaranse dispositivos de interdición que responderán aos requirimentos especificados no artigo 82 do Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.
A restitución das augas turbinadas ao río deseñarase co obxecto de que se evite o efecto chamada.
No tramo obxecto de derivación deberá deixarse unha reserva de caudal como caudal ecolóxico mínimo, que necesaria e obrigatoriamente, circulará polo río para compatibilizar, en cada época do ano, os efectos das detraccións de auga sobre o ecosistema. Este caudal ecolóxico establecerase conforme o establecido no Decreto 130/1997, e terá en conta, ademais da fauna piscícola, a conservación das especies vexetais de paredes ou rochedos do fondo do val, así como das especies adaptadas a inmersións parciais ou temporais.
Instalaranse dispositivos de medida en continuo homologados para o control do caudal en cada un dos elementos do salto. Estes dispositivos deberán transmitir os valores obtidos ata un sistema central que manteña unha base de datos en tempo real e un histórico. Este sistema central deixarase preparado para que a Administración poida acceder a estes datos a través dun ordenador remoto. Asemade, instalaranse regretas ou dispositivos similares, e disporase tabulado, nun lugar visible e accesible, o caudal concesional, o réxime de caudais ecolóxicos e a súa distribución polos diferentes elementos.
Adoptaranse medidas que garantan unha adecuada harmonización dos saltos e o mantemento nun estado de conservación favorable do medio piscícola. Estas medidas deberán ser executadas previamente á posta en explotación, salvo que exista xustificación técnica en contra.
6. Sobre a paisaxe, restauración e revexetación.
Os edificios das centrais, así como das edificacións auxiliares que se precisen para os aproveitamentos, deseñaranse respectando as invariantes tradicionais galegas, tanto en volumes como no seu acabamento, no que se empregarán materiais nobres.
Restauraranse e revexetaranse a totalidade das superficies alteradas durante a execución dos proxectos, empregándose, se é o caso, técnicas de enxeñaría paisaxística. Esta revexetación será, na medida do tecnicamente posible, progresiva.
A revexetación efectuarase conforme un proxecto redactado por técnico competente na materia. A selección de especies e a súa densidade e distribución determinaranse tendo en conta as especiais características da zona. En todo caso, este proxecto deberá consensuarse coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
No caso de se precisaren fornecementos externos de terra vexetal, estes provirán de amoreamentos ou zonas debidamente autorizadas.
Co fin de favorecer o éxito da revexetación, todas as árbores e sementes que se empregasen reunirán as condicións suficientes de pureza, potencia xerminativa e ausencia de pragas e enfermidades.
Procederase á rega regular, fertilización mineral de reforzo anual, resementeira daquelas superficies en que se observe a existencia de calvas, á reposición cando a porcentaxe de marras supere o 10%, e demais coidados ata se asegurar a viabilidade da revexetación.
7. Sobre o patrimonio cultural.
Observarase o que dispoña a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural nos seus correspondentes informes.
8. Xestión de residuos.
Adoptaranse as medidas técnicas e economicamente viables para reducir a cantidade de residuos xerados.
Todos os residuos que se xeren na explotación deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.
Adoptaranse as medidas correctoras oportunas co obxecto de que os residuos se almacenen en condicións axeitadas de hixiene, seguridade e segregación, garantindo, en todo caso, que se impida calquera afección ao ambiente. En relación con este aspecto, e no que respecta aos residuos perigosos, cumpriranse as normas técnicas vixentes relativas ao envasado, etiquetaxe e almacenamento establecidas no Real decreto 833/1988 e no Real decreto 952/1997, do 20 de xuño.
Os traslados dos residuos perigosos realizaranse do xeito indicado no Real decreto 833/1988 e/ou no Decreto 221/2003, do 27 de marzo, polo que se establece un réxime simplificado no control dos traslados de residuos perigosos producidos por pequenos produtores de residuos.
Os residuos urbanos ou asimilables a urbanos entregaranse ao concello ou empresa adxudicataria da xestión de residuos municipais nas condicións fixadas nas correspondentes ordenanzas. No caso de a entidade local xustificadamente obrigar á xestión dalgún tipo de residuo desta natureza á empresa, esta xestionaraos a través dos xestores autorizados.
9. Sobre os sobrantes de escavación.
A creación de depósitos de sobrantes de escavación deberá estar xustificada, procedendo á súa apertura soamente no caso de non existiren outras alternativas que eviten a afección de novos espazos. En todo caso, non se instalarán dentro dos límites do espazo natural protexido, e contarase -previamente ao inicio das obras- coa autorización do organismo competente.
No caso de que sexa necesario a creación destas instalacións, serán de aplicación as medidas recollidas nas condicións xerais desta declaración, tendo en conta ademais que:
- No transporte de materiais evitarase o paso por núcleos habitados co obxecto de evitar molestias á poboación.
- Coa finalidade de maximizar a integración paisaxística, os perfís finais das zonas de vertedura terán formas suaves e arredondadas, eliminando ángulos e perfís rectilíneos.
- Unha vez rematadas as obras, os camiños e accesos creados revexetaranse e reintegraranse ao terreo natural, a non ser que teñan unha utilidade permanente, o que terá que ser especificado no proxecto.
10. Medidas para a fase de abandono.
De preverse o abandono da explotación, remitirase ao órgano ambiental, cunha anticipación mínima de seis meses, memoria coas medidas que se prevé adoptar para a protección ambiental. No caso de as instalacións e infraestruturas auxiliares non se destinaren xustificadamente a outro uso, procederase con carácter xeral ao seu desmantelamento, con posterior restauración e revexetación dos terreos, conforme os usos futuros previstos.
Nun prazo máximo de dous meses, contados desde o final das accións previstas para o abandono, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións de carácter ambiental executadas, especialmente no relativo á xestión de residuos e, se é o caso, integración paisaxística; así como documento gráfico que reflicta o estado final do lugar.
11. Outras medidas.
A planificación das obras efectuarase considerando os seguintes criterios: compatibilidade cos períodos de cría da fauna sensible, revexetación progresiva na medida do posible, e especialmente, tomando as precaucións necesarias polas actuacións no curso durante os períodos de seca (xuño a setembro).
A contratación de servizos e/ou produtos terá en conta a variable ambiental e, en concreto, atenderase á guía publicada pola Consellería de Medio Ambiente na Colección Técnica Medio Ambiente, titulada Comprando verde.
A totalidade do persoal que participe nas obras e explotación dos saltos deberá coñecer as medidas de protección ambiental que lle son de aplicación.
Adoptaranse as medidas de seguridade de aplicación indicadas no artigo 75 do Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial, modificado polo Decreto 179/2004.
Non se afectarán directamente rutas de camiñadas e/ou zonas de interese turístico.
Colocarase a sinalización que garanta a seguridade nos desprazamentos dos vehículos, tanto propios como daqueles que empreguen as vías afectadas.
As infraestruturas viarias que sufran deterioracións como consecuencia do uso que se efectúe delas polas obras (procesos erosivos, contaminantes, desprendementos, etcétera) deberán ser restauradas.
Realizaranse tarefas periódicas de mantemento das instalacións, entre as cales se incluirá a limpeza periódica do sistema de recolla e tratamento de augas residuais, mantemento das edificacións e a calibraxe dos equipos de control de caudais, contando coa documentación acreditativa para este último aspecto.
12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.
Levarase a cabo un programa de vixilancia ambiental cuxo obxectivo será o de garantir ao longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor.
O programa deberá permitir verificar que se adoptan a totalidade das medidas consideradas para o proxecto en todas as súas fases, valorando -sempre que sexa posible cuantitativamente- a súa eficacia (medidas de proxecto, delimitación física do terreo, prevención e/ou corrección de riscos xeomorfolóxicos, alteración da calidade das augas, protección da fauna e da vexetación, etcétera), de forma que proporcione información sobre calidade e idoneidade destas medidas; e permita -ao mesmo tempocontrolar a evolución dos impactos residuais ou a aparición dos non previstos para, se é o caso, proceder á definición de medidas que permitan a súa minoración.
Para a realización do control e seguimento ambiental terase en conta que:
- Se deberá designar un técnico responsable do control ambiental da instalación en todas as súas fases, co fin de atinxir a máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, notificando o seu nomeamento ao órgano substantivo.
- Co obxecto de atinxir os fins anteriormente indicados, deberán seleccionarse os indicadores ambientais para os distintos aspectos a controlar (estabilidade de terrapléns, alteración da calidade da auga, xestión de residuos, etcétera), así como establecer os limiares de referencia co fin de determinar se o seu nivel é de normalidade, alerta ou crítico/inadmisible (límites legais de aplicación, se é o caso).
- A planificación das actividades de control ambiental da fase de obras coincidirá cos labores con incidencia, directa e/ou indirecta, nos medios obxecto de control. Contarase co branco ambiental (nivel de fondo existente previo ao inicio das obras) para as medicións de ruído.
- Todas as medicións e/ou analíticas do programa de vixilancia deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico cualificado desa entidade.
- Este programa estará documentado.
- Será obrigatoria a presentación perante o órgano substantivo de informes de seguimento ambiental. Estes comprenderán unha memoria cos contidos recollidos na táboa que segue, así como, para a fase de obras e ata que estea garantida a revexetación, reportaxe fotográfica e cronograma actualizado (especificando a porcentaxe de obra realizada).
Data comprobación // Persoa responsable // Aspecto ambiental // Indicador // Limiares // Descrición do indicador-Estado do aspecto ambiental // Medida/s adoptada/s // Observacións e sinatura
do responsable
A periodicidade de presentación destes informes será:
- Trimestral durante a fase de obras. No primeiro informe de seguimento identificarase o técnico responsable do control ambiental, indicando enderezo e teléfono de contacto.
- Semestral os dous primeiros anos en explotación.
- Anual os seguintes.
No caso de se detectaren, como resultado deste seguimento, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente ao órgano substantivo, propóndose as medidas correctoras precisas para corrixilas. De porse de manifesto a existencia de impactos ambientais severos ou críticos, o órgano substantivo porá este feito en coñecemento do órgano ambiental.
c) Condicións específicas.
1. Con carácter informativo sinálanse os caudais mínimos ecolóxicos (m/s) calculados de forma indicativa pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Estes réximes poderán verse modificados en función da análise dos resultados do estudo específico requirido en relación coa conservación de determinadas especies vexetais e dos datos que se obteñan pola medición directa no río, por aplicación da metodoloxía IFIM-PHABSIM.
- Para o Salto de Paradela:
O // N // D // X // F // M // A // M // X // X // A // S
3,32 // 4,52 // 4,52 // 4,52 // 4,52 // 4,00 // 4,00 // 3,50 // 3,02 // 3,02 // 1,70 // 2,12
- Para o Salto da Carixa:

3,65 // 5,04 // 5,04 // 5,04 // 5,04 // 4,50 // 4,00 // 3,50 // 3,35 // 3,35 // 1,87 // 2,27
- Para o Salto do Cruceiro:

- Para o Salto de Castelo:

4,21 // 5,80 // 5,80 // 5,80 // 5,80 // 5,00 // 4,50 // 4,00 // 3,74 // 3,74 // 2,10 // 2,62
- Para o Salto de Quintás:

- Para o Salto de San Paio II:

- Para o Salto de Sulago II:

- Para o Salto de Sulago III:

- Para o Salto de San Paio:

- Para o Salto de Carreira:

2. Para o adxudicatario ou adxudicatarios da concesión:
Previamente á aprobación do/s proxecto/s construtivo/s presentaranse perante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental este/s, co obxecto de que se proceda á súa análise e informe de aprobación. Neste/s proxecto/s deberán recollerse, expresamente, as solucións adoptadas para dar cumprimento á totalidade dos condicionados desta declaración, e en particular:
- Respecto dos accesos, superficies auxiliares e depósitos de sobrantes de escavación: alternativas estudadas (xustificando a selección efectuada e as súas dimensións); descrición detallada dos hábitats naturais directa ou indirectamente afectados; e análise detallado do grao de afección previsible coa alternativa seleccionada.
- Respecto das características dos azudes: xustificación técnica do seu deseño en relación cos requirimentos indicados nesta declaración.
- Respecto da protección das especies vexetais adaptadas a inmersións parciais ou temporais, así como das especies de paredes ou rochedos do fondo do val: caudal determinado para manter as condicións de humidade precisas para a súa conservación, acompañado do estudo que o xustifique.
- Respecto da potencial alteración da calidade da auga: detalle das medidas que se adoptarán para evitar a alteración, indicando para cada unha delas a eficacia prevista.
- Respecto dos acuíferos subterráneos: estudo hidrolóxico exhaustivo da zona e xustificación técnica de que as estruturas subterráneas non os afectan, tanto na fase de construción como na de explotación; ou medidas previstas para evitar a afección, indicando a súa eficacia.
- Respecto da integración paisaxística: proxecto de integración de estruturas e de restauración e revexetación.
- Respecto da afección aos intereses turísticos da zona: plano en que se localicen as rutas de camiñadas e zonas máis visitadas en relación coas instalacións proxectadas e, se é o caso, determinación da lonxitude e intensidade da afección (para o que se considerará a afluencia de xente) e medidas protectoras e/ou correctoras que se prevé adoptar.
- Valoración ambiental do proxecto con técnicas multicriterio ou custos-beneficios.
- Respecto da instalación de máis dun aproveitamento: estudo do impacto acumulativo destes aproveitamentos (entre si e cos existentes), especialmente no que respecta ao medio piscícola, acompañado de proposta de medidas que se adoptarán para a súa corrección xunto co estudo técnico valorativo da súa eficacia.
A totalidade dos estudos deberán ser realizados por técnico/s competente/s con experiencia acreditada na materia, debendo estar asinados por eles.
Previamente ao inicio das obras depositarase un aval para garantir o cumprimento das medidas preventivas e correctoras, así como para facer fronte aos posibles danos que se poidan causar ao medio, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro. A proposta de aval, que deberá fixar o órgano de bacía, establécese no 4% do orzamento de execución por contrata.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2005.
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO I - Características dos proxectos
1. Peticionario: Técnicos Asociados Gallegos, S.L.
Denominación: proxecto do aproveitamento hidroeléctrico do río Deza -Salto de Sulago III. De decembro de 2004. Clave: 2005/0040.
Obxecto: produción de enerxía eléctrica.
Tipo: aproveitamento hidroeléctrico estritamente fluente (sen encoramento de auga).
Corrente de derivación e de restitución: río Deza.
Caudal: 25.000 l/s.
Potencia: 7.656 kVA.
Tramo ocupado: 178 msnm - 140,5 msnm.
Salto bruto: 37,5 m.
Concellos onde radican as obras: Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra).
2. Peticionario: Técnicos Asociados Gallegos, S.L.
Denominación: proyecto do aproveitamento hidroeléctrico do río Deza -Salto de Sulago II. De decembro de 2004. Clave: 2005/0041.

Potencia: 8.094 kVA.
Tramo ocupado: 180 msnm - 140,5 msnm.
Salto bruto: 39,5 m.

3. Peticionario: Técnicos Asociados Gallegos, S.L.
Denominación: proyecto do aproveitamento hidroeléctrico do río Deza -Salto de San Paio II. De decembro de 2004. Clave: 2005/0042.

Caudal solicitado: 25.000 l/s.
Potencia: 6.348 kVA.
Tramo ocupado: 197 msnm - 165,5 msnm.
Salto bruto: 31,5 m.

4. Peticionario: Técnicos Asociados Gallegos, S.L.
Denominación: proxecto do aproveitamento hidroeléctrico do río Deza -Salto de Quintás. De decembro de 2004. Clave: 2005/0043.

Potencia: 14.766 kVA.
Tramo ocupado: 197,5 msnm - 122,5 msnm.
Salto bruto: 75,0 m.

5. Peticionario: Energías del Deza, S.L.
Denominación: proxecto do aproveitamento hidroeléctrico da bacía dol río Deza, Salto de Paradela, Salto de San Paio e Salto de Carreira. De decembro de 2004. Clave: 2005/004. Clave: 2005/0048.

- Salto de Paradela.
Caudal solicitado: 30.000 l/s.
Potencia: 11.111,11 kVA.
Tramo ocupado: 230,3 msnm - 184,47 msnm.
Salto bruto: 45,83 m.
- Salto de San Paio.
Caudal solicitado: 33.000 l/s.
Potencia: 11.111,11 kVA.
Tramo ocupado: 176,61 msnm - 139,39 msnm.
Salto bruto: 37,22 m.
- Salto de Carreira.
Caudal solicitado: 41.000 l/s.
Potencia: 5.550 kVA.
Tramo ocupado: 133,22 msnm - 116,21 msnm.
Salto bruto: 17,01 m.
6. Peticionario: Norvento, S.L.
Denominación: proxecto de concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Deza - Central do Cruceiro + Central da Carixa + Central de Castelo + Central de Vilanova. De decembro de 2004. Clave: 2005/0046.

- Central do Cruceiro.
Caudal solicitado: 26.000 l/s.
Potencia: 11.100 kVA.
Tramo ocupado: 230,0 msnm - 185 msnm.
Salto bruto: 45,0 m.
- Central da Carixa.
Caudal solicitado: 28.500 l/s.
Potencia: 11.100 kVA.
Tramo ocupado: 178,0 msnm - 136,5 msnm.
Salto bruto: 41,5 m.
- Central de Castelo.
Caudal solicitado: 35.000 l/s.
Potencia: 6.000 kVA.
Tramo ocupado: 136,5 msnm - 118,0 msnm.
Salto bruto: 18,5 m.
- Central de Vilanova.
Caudal solicitado: 38.000 l/s.
Potencia: 6.900 kVA.
Tramo ocupado: 95,0 msnm - 75,0 msnm.
- Salto bruto: 20,0 m.
7. Peticionario: Norvento Hidráulica, S.A.
Denominación: proxecto de concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Deza - Central do Cruceiro + Central da Carixa + Central de Castelo. De decembro de 2004. Clave: 2005/0047.

Segundo as características descritas máis arriba.
8. Peticionario: Hidroeléctrica O Cruceiro, S.L.
Denominación: proxecto de concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Deza - Central do Cruceiro + Central da Carixa. De decembro de 2004. Clave: 2005/0045.

9. Peticionario: Hidroeléctrica A Carixa, S.L.
Denominación: proxecto de concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Deza - Central da Carixa. De decembro de 2004. Clave: 2005/0044.

ANEXO II - Proposta de medidas protectoras e correctoras
a) Saltos de Sulago II, Quintás, Sulago III e San Paio II.
1. Calidade do aire:
* Control das condicións atmosféricas (ausencia de choivas e/ou ventos fortes), evitando traballar nestas condicións.
* Rega con auga para estabilización superficies afectadas polos movementos de terras, sobre todo en carga e descarga, tomando como indicador a presenza de po pola observación visual.
* Control de emisións mediante: a certificación da maquinaria (ITV), cuberta do basalante dos camións, limpezas periódicas dos vehículos e das vías empregados, e cubrición das materias transportadas mediante lonas.
2. Niveis sonoros:
* Nas operacións de carga e descarga realizarase a vertedura desde alturas o máis baixas posibles, evitarase a acción conxunta de varias actividades de elevado nivel de ruído durante tempo prolongado e/ou de noite.
* Nos movementos da maquinaria e do persoal de obra: a maquinaria terá pasado a ITV, aos operarios diránselles as medidas que se tomarán antes do inicio da obra, e os condutores adecuarán a velocidade ás condicións da zona.
* Nas voaduras minimizarase a carga do explosivo por unidade de microrretardo, farase un seccionamento das cargas dentro dos barrenos e iniciamento a distintos tempos, reducirase o diámetro de perforación e acurtarase a lonxitude dos barrenos, e recorrerase á disposición das frontes coa maior superficie libre posible.
* Levarase a cabo un plan continuado de información e concienciación do persoal.
* Cumpriranse os períodos de revisión dos equipamentos empregados.
3. Solos e ocupacións:
* Para minimizar a ocupación do solo e a afección á vexetación balizarase a área de traballo previamente ao seu despexamento e roza.
* No caso de non ser posible recorrer a establecementos autorizados para o mantemento da maquinaria, habilitarase unha zona de escaso ou nulo valor ambiental.
* O lavadoiro de maquinaria situarase sobre unha plataforma de formigón coa inclinación axeitada e contará cun sistema de recolla de efluentes e unha balsa de sedimentación.
* A zona de cambio de aceite e reposición de combustible contará cunha base de lona impermeable e cun teito que a cubra da choiva, realizándose un control exhaustivo sobre derramos e absorción para eliminar os residuos.
* Establecerase un plan viario e de accesos á obra e medidas de seguimento e control sobre a adecuación delas ao longo das obras.
* Tratarase de afectar o menos posible a rede de estradas do territorio, procurando aproveitar ao máximo os camiños existentes.
* Periodicamente limparanse as estradas por que circule a maquinaria.
* Programarase a recuperación e tratamento do máximo volume de terra fértil, para a posterior revexetación, acondicionamento paisaxístico e restauración de zonas alteradas. Para isto realizarase:
- A recolección de solos cuxa profundidade, textura e profundidade sexan suficientes (polo menos 10 cm).
- O depósito farase en parques de almacenamento situados en zonas de escaso interese ambiental, nas marxes da traza.
- O almacenamento en montóns de altura non superior aos 2 m, para evitar a compactación e mala aireación.
- O mantemento destes amoreamentos.
4. Xestión de residuos:
* Xestión de sólidos urbanos e asimilables:
- As zonas de traballo dotaranse de bidóns e outros sistemas para a recolla de residuos que serán mantidos e tratados en función da súa natureza, entregándose a unha empresa autorizada. O almacenamento de residuos sinalizarase e porase en coñecemento de todo o persoal.
- Solicitarase ao concello a recolla deste tipo de residuos.
- Residuos asociados a urbanos en oficina: separarase o papel, o tóner e o vidro que serán entregados ou depositados para a súa reciclaxe.
* Os residuos perigosos e os seus envases almacenaranse nunha zona acondicionada, por un espazo de tempo non superior aos seis meses, e entregaranse a un xestor autorizado documentando a súa xestión mediante os documentos de control e seguimento da entrega de aceite a un xestor autorizado, o libro de rexistro dos aceites producidos e xestionados e a copia da autorización de xestor a que se lle entreguen.
* Para o control das augas sanitarias instalaranse casetas prefabricadas de obra con tratamento químico para efluentes, e se for insuficiente recorrerase a unha fosa fixa, fosa movible ou fosa séptica, adoptando as medidas axeitadas.
5. Erosión e inestabilidade:
* Planificación e delimitación das zonas afectadas pola actividade.
* Recoméndase recorrer a canteiras ou outras instalacións xa en explotación.
* Os sobrantes entregaranse a un xestor autorizado e/ou trasladaranse a vertedoiro de RDC, nunha canteira abandonada ou integrándoa na propia obra.
6. Calidade das augas:
* Para os movementos de terras preto das augas do Deza (traballo do azude ou casa de máquinas), instalaranse foxos, e se procede, con filtros de sedimentos.
* Sistemas de control para evitar lavado de materiais de obra cara ás augas dos cursos.
* Recorrerase a establecementos autorizados para lavado e mantemento de maquinaria.
* Non se permitirá o mantemento da maquinaria fóra das zonas designadas para tal efecto.
* Adoptarase un sistema de tratamento dos efluentes orixinados no proceso de escavación do túnel de derivación segundo criterios establecidos.
* Informarase o persoal da obra dos coidados e normas para o manexo de materiais de risco.
* Disporase de sistemas para minimizar a turbidez das augas.
* Para evitar caídas e derramos de terras ao río adoptaranse as seguintes medidas:
- Uso de medios mecánicos convencionais para movementos de terras e retirada.
- Retirada dos fragmentos que saian fóra da plataforma de traballo, como medida de precaución disporase dunha faixa como capturadoiro.
- Antes do inicio da escavación, disporase paralelamente á canle, un colchón de terras para evitar o deslizamento do material pequeno fracturado.
- No suposto de ter que realizar voaduras, faranse de tal xeito que se dea saída ao material fragmentado cara á traza de obra aberta. Así mesmo, primarase unha maior densidade de perforación e pouca carga. A voadura terá o pertinente proxecto de voadura.
- Nas zonas de pendente disporase unha barreira de protección específico.
7. Fauna:
* Evitarase realizar actividades de obra que afecten a poboación piscícola.
* As ataguías deben ser permeables ao paso da fauna piscícola polo que se realizarán a modo de semiataguías.
* Dotación das cifras do caudal ecolóxico, dispositivo específico de remonte, de reixas de interdición na obra de toma e nos desaugadoiros, e dun sistema de amortecemento da saída das augas turbinadas.
8. Vexetación e paisaxe: restauración e acondicionamento paisaxístico.
* Definición das superficies a restaurar: noiros asociados cos accesos de nova creación, bocas do túnel, contorno do azude, dispositivo de remonte e obra de toma, condución forzada e contorno e fronte da central.
* Na selección de especies, prescindirase do emprego de plantas totalmente desenvolvidas e empregaranse preferentemente especies autóctonas, que precisen de mínimos labores de conservación, que sexan resistentes á seca estival e adaptables á deficiencia do substrato, con aspecto e formas diferentes (especies distintas), tendo en conta a viabilidade da implantación, a relación custo/calidade e a dispoñibilidade de vieiro.
* Previamente aos labores de revexetación, estenderase a terra vexetal amoreada. Sendo as unidades de restauración:
Zona // Tratamento 01 // Tratamento 02
Noiros asociados aos accesos de nova creación // Hidrosementeira de herbáceas (gramíneas e leguminosas) // --
Bocas de túnel // ID // --.
Azude, remonte e toma // ID. // Plantacións para a restitución da comunidade riparia e bosque caducifolio
Tubaxe forzada // ID // --.
Central // ID. // Plantacións para a restitución da comunidade riparia e bosque caducifolio
* A hidrosementeira realizarase en febreiro-maio, outubro-novembro, a plantación en outubro-marzo.
* Para aproveitar o carácter estabilizador, recoméndase a restauración progresiva dos noiros e terrapléns de maior inclinación.
* A idoneidade da revexetación asegúrase mediante a aplicación dunhas especificacións determinadas para os labores de revexetación que estarán contidas nun prego de prescricións técnicas específicas de restauración.
9. Medidas compensatorias:
* Deberán ser desenvoltas por Conservación, na fase correspondente á elaboración do proxecto construtivo e documentación de cumprimento da DIA.
10. Patrimonio:
* O asentamento fortificado medieval do Castelo - Eira dos Mouros (GA 36059023), o asentamento fortificado castreño de Tras do Castro - Monte de San Paio (GA 36059024), a Ponte da Carixa, o Muíño do Coxo, o Muíño de Carlos non se ven afectados directamente pola execución do proxecto construtivo.
Agás a Capela de San Paio e o Muíño do Coxo, as outras vense afectadas indirectamente, debido á apertura de camiños na súa área xenérica de respecto.
* O Castelo: debe constar nos planos de obra, coa súa zona de respecto.
* Tras do Castro: debe constar nos planos de obra, coa súa zona de respecto. Nesta zona non se poden tomar préstamos nin facer verteduras.
* Capela de San Paio: se non hai modificacións no proxecto, non precisa de medidas correctoras, xa que nas súas inmediacións se prevé o túnel subterráneo de Sulago II e III.
* Ponte da Carixa: debe constar nos planos de obra, coa súa zona de respecto.
* Muíño do Coxo: non precisa de medidas.
* Muíño de Carlos: debe constar nos planos de obra, coa súa zona de respecto. A proximidade do azude de Sulago II e III recomenda o balizamento do elemento durante a fase de obras.
* Como medida correctora xeral, precisarase realizar un control e seguimento das obras, con maior atención ás zonas de desmonte, especialmente na área de respecto dos bens arqueolóxicos.
11. Medidas correctoras sobre o medio socioeconómico:
* Nas inmediacións da restitución instalarase unha dobre sinalización acústica e luminosa e colocaranse sinais de advertencia nos puntos de paso obrigado dos accesos ás zonas de vadeo e recreo das marxes do curso.
* Colocaranse nas zonas de vadeo e recreo unhas regretas fixas que sinalarán os niveis de vadeo seguro, transición cara á zona de perigo, e zona de perigo.
* Nos sinais advertirase da posible variación do nivel do río e aconsellarase con letras grandes e expresión sinxelas e claras afastarse rapidamente da beira ante tal circunstancia. Farase constar que na zona de perigo se prohibe realizar calquera actividade nas áreas emerxidas da canle do río que non teñan conexión terrestre permanente coas marxes accesibles.
* Anualmente realizarase o mantemento das anteditas sinalizacións asegurando a súa lexibilidade e visibilidade, enviando información aos concellos sobre as zonas de risco e como actuar ante situacións de enchentes, para que difundan entre a poboación.
* Correcta sinalización de aviso das obras e do viario alternativo.
* Sinalización visual e acústica fronte a variacións bruscas de caudal orixinadas na explotación de ambos os aproveitamentos, tal e como xa consta no proxecto construtivo.
* Utilización preferente da man de obra, recursos materiais e materiais de construción de manufactura local.
* Información aos habitantes dos municipios afectados das obras.
* Maximizar a realización de movementos de terra e transporte de materiais en condicións atmosféricas favorables.
* Restauración do viario rural empregado no marco das obras.
b) Central da Carixa.
1. Protección da atmosfera:
* Regaranse as zonas de explanación nos períodos de seca, os vehículos circularán a unha velocidade moderada para non levantar po, aproveitaranse os vieiros existentes na zona, e nas épocas de seca, a non ser que se conte cos medios materiais para a humectación a pé de obra, non se realizará ningún labor que poida levantar po.
* Atenderase ao disposto na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica da Xunta de Galicia e o Decreto 150/1999, do 7 de maio, de regulación da protección contra a contaminación acústica.
2. Protección de augas e leitos:
* Non se afectará a rede hidrolóxica, salvo que se conte coa autorización do órgano de bacía.
* Non se poderán acumular residuos sólidos que non sexan resultado da actividade, que deberán estar almacenados en colectores debidamente illados e indicados.
* Este proxecto aproveita un azude existente no lugar.
* Velarase polo bo funcionamento da escada de peixes evacuando o caudal ecolóxico en medida suficiente pola escada de peixes permitindo o mantemento do continuo hidrolóxico do río. Para a medida deste caudal disporase dunha escada graduada na escala de peixes.
* Favorecerase a vexetación nas beiras e a formación de pozas para a creación de refuxios.
* Garantirase o caudal ecolóxico para a protección da fauna fluvial.
* Disporase un depósito que recolla os residuos dos dispositivos do sistema oleohidráulico, que será baleirado periodicamente entregando os residuos a un xestor.
* Azude formado por dique de desmonte, para mellora do hábitat fluvial.
* Non se farán captacións nin verteduras á auga e instalaranse mallas ou outros dispositivos para evitar o deslizamento.
* Evitarase o paso de maquinaria sobre o curso da auga.
* As tarefas de mantemento realizaranse en talleres autorizados.
* O lavado de maquinaria nunca se fará nos cursos de auga da área.
* Os aceites e outros residuos xerados durante a fase de explotación deberán ser recollidos en colectores e entregados a xestor autorizado.
* Aproveitarase a rede de camiños existentes e, de seren precisos novos acceso, faranse evitando os movementos de terra e a compactación do terreo pasando a maquinaria sobre as rodeiras anteriores.
* Limitarase a zona de obra, estando prohibido invadir terreos fóra deses límites.
* Buscarase a adaptación ao terreo e a mínima afección á rede natural dos posibles tramos de acceso.
* Disporanse medidas para evitar desprendementos.
* Retirarase a camada de terra vexetal e amorearase segundo criterios establecidos, durante non máis de 12 meses e estará fóra do tránsito.
* Equilibrarase o volume de desmonte co de terrapléns, os sobrantes trataranse segundo criterios establecidos.
* Os residuos xerados e materiais sobrantes xestionaranse de acordo coa súa natureza e segundo o disposto na lexislación de ser preciso entregaranse a un xestor autorizado.
* Os residuos retiraranse antes da fase de explotación.
* Revexetación de todos os terreos deteriorados conforme a súa situación orixinal.
3. Protección de fauna y flora:
* Non se poderán alterar as condicións de habitabilidade piscícola, prestando especial atención a evitar a deposición de finos no leito.
* Instalaranse reixas na derivación e dispositivo de franqueo que permitirán o paso de peixes de distintas clases e idades.
4. Sobre a fauna non piscícola:
* Disporase de medidas para evitar que a fauna terrestre e avifauna accedan ao interior das diversas estruturas.
5. Sobre a vexetación:
* Evitarase o paso de maquinaria polas zonas de ribeira; de ser inevitable rexenerarase e revexetarase coas especies da zona.
* Os restos de corta eliminaranse tendo en conta as boas prácticas de eliminación destes residuos, considerando as medidas para a prevención de incendios.
* Revexetarase con especies autóctonas, tentando acadar unha situación o máis semellante posible á de antes do inicio das obras.
* Aquelas pistas que non vaian ser empregadas durante a explotación reintegraranse na paisaxe.
6. Tratamento paisaxístico:
* As instalacións da central deberanse situar en lugares onde a visibilidade sexa menor ou aproveitar, de existiren, edificios en ruínas.
* As instalacións asemellaranse á arquitectura tradicional, se existe no seu contorno.
* As estruturas existentes e as novas proxectadas deberán revestirse na súa cara visible con pedras e materiais semellantes ao terreo do contorno.
* Integración cromática dos materiais empregados respecto ao contorno e á revexetación con especies autóctonas (realizarase de forma irregular evitando especies ornamentais e/ou con colorido en outono).
* Finalizada a vida útil da central, pecharanse as comportas de toma, baleirando as conducións de derivación e presión, extraendo o aceite dos sistemas oleohidráulicos e retirando os transformadores eléctricos e calquera tipo de elemento susceptible de producir contaminación, sendo transportados por un xestor autorizado.
7. Consideracións finais:
* Evitarase que as obras que afecten a fauna e vexetación acuáticas se estendan por varios ciclos de desova.
* Realización das obras en períodos construtivos e ambientalmente axeitados, evitando a duración innecesaria das obras.
8. Plan de restauración:
* Restauración da cuberta vexetal afectada pola obra.
* Minoración do impacto paisaxístico e integración paisaxística da obra, creando un contorno estético de percepción agradable.
* Estabilización de noiros, minorando procesos erosivos e perda de solo fértil.
* Recuperación dos hábitats existentes para a fauna.
* Problemas de erosión por perda de vexetación orixinal no terreo afectado. Inténtase unha rexeneración edáfica e florística, para minimizar o impacto e que permita recuperar a zona como hábitat para a flora e a fauna.
* Procederase a unha restauración vexetal dos noiros acorde coa vexetación existente.
* A vexetación que se retire para soterrar a tubaxe forzada, reinstalarase sobre o material de cubrición da tubaxe.
* A selección das plantas realizase en función da paisaxe da zona e seleccionando, na medida do posible, especies autóctonas.
* Sementeira de herbáceas empregando Festuca rubra, Dactylis glomerata, Lolium perenne, Poa pratensis e Trifolium repens cunha densidade de semente de 50 g/m.
* Nos noiros rochosos onde non se fixe terra vexetal, colocarase unha malla densa e sementarase Hedera helix.
* Sementeira de herbáceas e arbustivas cunha mestura de 80% de gramíneas e leguminosas cun 20% de Cytisus sp., nos lugares onde anteriormente existiu sotobosque.
* Plantación de especies arbóreas que incluirán Quercus robur, Betula celtibericam, Laurus nobilis e Ruscus aculeatus e nas zonas próximas ao leito do río sementaranse especies ripícolas autóctonas como Salix atrocinerea ou Alnus glutinosa.
* A plantación realizarase cunha densidade 1.600 ud/ha.
* Recuperación de solos mediante o fornecemento da terra vexetal dos horizontes orgánicos reservada previamente.
* No suposto de ser preciso revexetar o azude, na ribeira esquerda empregaríase Alnus glutinosa e na ribeira dereita, nos noiros especies ribeiregas contempladas e nas zonas sen drenaxe fluvial especies non edafohigrófilas.
* No suposto de ser preciso revexetar a tubaxe forzada empregaranse: na ribeira especies edafohigrófilas (Salix atrocinera e Alnus glutinosa), en zonas separadas do río plantarase carballo, bidueiro, loureiro e aceviño.
* No edificio da central realizarase unha sementeira manual. A modo de pantalla visual empregaranse Quercus robur, Laurus nobilis e Ruscus aculeatus.
* Nos accesos á central e ao azude empregaranse especies herbáceas con arbustivas ademais de incluír Ruscus aculeatus.
* Preservaranse os horizontes superficiais do solo en pequenos montóns de altura inferior a 50 cm que deben ser regados para o desenvolvemento de vexetación. O resto do solo pode amorearse en montóns de 1-2 m, regándoos para evitar a súa desecación e a aparición de fenómenos de hidrofobia.
* O primeiro material engadirase na superficie para favorecer a sementeira e optimizar o rendemento do banco de sementes.
* Para a preparación do terreo realizarase a perfilación evitando formas rectas e angulosas, de difícil integración paisaxística. Nas zonas de noiro suavizarase e arredonderase, evitando cambios bruscos de pendente.
* En todas as zonas de actuación recollidas procederase á colocación dos terróns estendendo en camadas de largo non superior a 10 cm a terra vexetal. Se non chegase a terra traerase de zonas próximas para garantir unha composición vexetal similar.
* Actuacións: extensión da camada de 10 cm de terra vexetal. Sementeira: a voleo manualmente ou con moega incorporada a un tractor ou mediante hidrosementeira. Cubrición das sementes: mediante anciño manual ou con grade lixeira ou por un tractor. Fertilización e encaladura. A semente de trevo virá inoculada, senón efectuaráselle a inoculación. A hidrosementeira farase a través dun canón da hidrosementadora, ou, de non ser posible o acceso, mediante mangueiras. Cando as condicións meteorolóxicas dificulten a realización da sementeira, suspenderanse os traballos.
* Tarefas de mantemento: rega (coas frecuencias apropiadas, con doses variables en función da época, tipo, idade e tamaño da planta). Segas (non recomendadas nos dous primeiros anos). Reposición de sementeiras e hidrosementeiras (no outono seguinte á actuación, cando o grao de cobertura sexa inferior ao 80%).
* Planificación temporal da sementeira: realizarase durante o período de outubro-novembro ou febreiro-marzo.
* Manexo da planta: a planta a raíz núa estará en camallón menos dun mes antes da plantación, que se fará en novembro-febreiro. A planta con terrón transportarase en bolsas de plástico en caixas de froita colocadas verticalmente, colocarase en herba ou plástico para que non enraíce e plantarase en novembro-marzo (abril) realizando un burato manual ou con retroescavadora.
* Fertilización: gradual en comprimidos ou granulado a 10 cm da árbore e enterrado 7 cm.
* Especies arbustivas: cunha densidade 2.500 ud/ha.
c) Centrais do Cruceiro + A Carixa.
* Basicamente igual ás da Central da Carixa.
d) Centrais do Cruceiro + A Carixa + Castelo + Vilanova.
* Basicamente igual ás da Central do Cruceiro + A Carixa.
e) Centrais do Cruceiro + A Carixa + Castelo.

f) Centrais de San Paio + Paradela + Carreira.
f.1) Salto de Paradela.
1. Protección da atmosfera:
* Rega das zonas de explanación nas épocas de menor pluviosidade.
* Evitaranse os ruídos da maquinaria, manténdoa en bo estado.
2. Protección do solo e da cuberta vexetal:
* Respectar o bosque presente na zona, incluída a vexetación de ribeira, non eliminando ningún pé arbóreo ou arbustivo, de non ser preciso.
* Delimitar as obras. Tentarase de reducir está zona á que será afectada pola propia actuación.
* Separarase a primeira camada do solo. Esta terra vexetal conservarase en cordóns. Para a súa conservación procederase á súa descompactación, fertilización e sementeira, cada certo tempo. Evitarase a compactación.
3. Protección das augas:
* Os réximes dos caudais ecolóxicos que se manterán nos azudes serán: 2.000 l/s todo o ano, agás de novembro a febreiro que será 2.800 l/s.
* Instalaranse dispositivos para medición e control dos caudais ecolóxicos e caudais derivados.
* Os lavados nunca se farán nos leitos.
* Planificaranse as obras para evitar o arrastre de sedimentos polo leito.
* De producirse caídas de bloques no leito, procederase á súa retirada.
4. Protección dos hábitats e a paisaxe:
* Na apertura de accesos empregaranse materiais que manteñan as gamas cromáticas.
* Reduciranse ao mínimo as modificacións no terreo.
* Reduciranse ao mínimo as posibles afeccións aos muros de separación de parcelas. No caso de producirse, restauraranse.
* Restauraranse os foxos dos accesos e a retirada de sobrantes de explanación.
* A liña eléctrica irá soterrada á saída da central, restaurándose o solo e vexetación afectados.
* Os sobrantes xerados serán transportados a un lugar apto para tal fin. Os residuos de obra levaranse a un vertedoiro controlado e os sobrantes de terra poden ser retirados a un lugar alternativo.
* Non se verterá en lugares non aptos.
* Os solos manchados (aceite, fuel, formigón, ....) serán retirados a vertedoiros aptos.
* Os residuos serán entregados a xestores autorizados.
* Procederase a restaurar de todos os terreos afectados.
* Recuperaranse os solos mediante fornecemento de terra vexetal.
* As especies seleccionadas son, das gramíneas Lolium perenne, Dactylis glomerata e Festuca rubra, das leguminosas: Trifolium repens e Trifolium pratense. Estarán adaptadas ás condicións climáticas e edafolóxicas e a súa densidade de sementeira será de 9 gr/m para o trevo e de 21 gr/m para as gramíneas.
* As zonas correspondentes a masas arbóreas e aquelas con problemas de erosión someteranse a unha revexetación adicional con especies arbóreas e arbustivas autóctonas.
* Nos noiros xerados as plantas empregadas serán de tamaño mediano e plantaranse en disposición triangular.
* Nos noiros plantaranse Pinus pinaster cunha densidade 1.600 pés/ha.
* No camiño central e terreos do contorno do edificio empregaranse: Quercus robur, Quecus suber, Acer pseudoplatanus coa mesma densidade anterior.
* Como especies acompañantes empregaranse Arbutus unedo, Pyrus sp, Crataegus monogyna, Frangula alnus cunha densidade 800 pés/ha.
* Nas zonas próximas ao leito do río plantaranse Alnus aglutinosa, Salix sp, Fraxinus angustifolia. Tamén se empregarán en segunda liña de vexetación ripícola Corylus avellana xunto coas especies referidas neste punto.
* O edificio da central construirase respectando as pautas arquitectónicas da zona
5. Protección de fauna:
* Para a protección da fauna terrestre: limitarase a zona de obras, planificarase para non cortar árbores de xeito innecesario, restauraranse e revexetaranse as áreas afectadas coa maior celeridade posible, e soterrarase a liña eléctrica á saída da central.
* A construción d, a escada de peixes e o dispositivo de baixada do areeiro permitirá a interconexión dos dous treitos do río. Pola escada de peixes evacuarase parte do caudal ecolóxico (500 l/s) e o resto polo dispositivo de baixada do areeiro (1.500 l/s). Esta escada consiste nun rampla cun 10% de pendente, con tabiques transversais cun desnivel entre eles de 30 cm. Os seus vasos terán 3 m de longo, 2,4 de largo e cun calado mínimo de 1,5 m. As dimensións do dispositivo de baixada son de 0,5 m de largo por 1,46 de calado medio.
* Na obra de toma de auga, na entrada da canle de derivación e/ou na tubaxe instalaranse unhas reixas que impidan o paso da fauna.
6. Valoración previa das actuacións:
* O resumo dos orzamentos de execución do proxecto técnico de medidas preventivas e correctoras ascende a 19.620,08 A.
f.2) Salto de San Paio.
Diferenzas respecto de Paradela:
* Os lavados de cubas e outras ferramentas non serán nunca realizados nos cursos de auga.
* Evitar o arrastre de sedimentos polo leito.
* Previr a contaminación das augas na zona de obras da central.
* Realización das obras durante a época de menor risco de precipitacións.
* Canalización das augas de escorremento durante as obras ao seu paso polo cruzamento da tubaxe con valgadas.
* Minoración das afeccións á vexetación na ladeira e inmediata revexetación as zonas afectadas.
* Con respecto á restauración vexetal dos terreos afectados polas obras, as especies seleccionadas son Rubus lusitanicus, Cytisus striatus, Daboecia cantabrica, Alnus glutinosa, Fraxinus excelsior e Quercus robur.
* Respecto da protección do patrimonio histórico-artístico: evitarase impacto sobre o contorno de Tras do Castro ou Monte de San Paio. Respecto aos elementos arquitectónicos e etnográficos localizaranse os muíños na cartografía da obra, para que todo o persoal teña coñecemento da súa existencia, e, de atopar novos xacigos arqueolóxicos, o promotor avisará deles.
* Respecto da protección do medio socioeconómico: reduciranse ao mínimo as afeccións aos muros de separación de parcelas, e presentarase un plan de seguridade fronte a apertura e peche de comportas (sinais acústicos e luminosos).
* En relación á protección do hábitat de interese comunitario con código 91E0, bosques aluviais de interese comunitario presente na zona de implantación do proxecto indican as seguintes medidas a tomar: respectar ao máximo a vexetación de ribeira. Evitar a eutrofización das augas. Creación dunha banda de vexetación de ribeira ao redor da zona de augas encoradas.
2. Valoración previa das actuacións:
* O resumo dos orzamentos de execución do proxecto técnico de medidas preventivas e correctoras ascende a 21.454 A.
f.3) Salto de Carreira.
1. Diferenzas respecto de Paradela:
* Os réximes dos caudais ecolóxicos que se manterán nos azudes serán: 2.500 l/s todo o ano, agás de novembro a febreiro que será 3.000 l/s.
* A construción da escada de peixes e o dispositivo de baixada do areeiro permitirá a interconexión dos dous treitos do río. Pola escada de peixes evacuarase parte do caudal ecolóxico (500 l/s) e o resto polo dispositivo de baixado do areeiro (2.000 l/s).
2. Valoración previa das actuacións:
Data norma
Organismo
AUGAS DE GALICIA
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL