RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

Diario Oficial de Galicia, 15-06-2023, Núm. 113, Páx. 37209
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
1. Ao abeiro do artigo 41 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas.
2. As persoas beneficiarias das axudas poderán facultar e autorizar, mediante o correspondente acordo, que un axente ou xestor da rehabilitación actúe por conta daquelas.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas, previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, coa finalidade de financiar actuacións ou obras de mellora da eficiencia enerxética nas vivendas, para a anualidade 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).
Prazo
Ata o 2 de outubro de 2023,
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Res 01-06-2023_eficiencia_enerxética_gl.pdf Galego
Res 01-06-2023_eficiencia_energética_es.pdf Castellano
Res 01-06-2023_eficiencia_enerxética_gl.pdf Galego
Ex Res 01-06-2023_eficiencia_enegéitca_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles