Resolución do 1 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do Parque Eólico La Celaya, nos concellos de Abadín e Vilalba (Lugo), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A.

Diario Oficial de Galicia, 14-07-2004, Núm. 135, Páx. 10134
Resolución do 1 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do Parque Eólico La Celaya, nos concellos de Abadín e Vilalba (Lugo), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A. En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 14 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do Parque Eólico La Celaya, con data 30 de setembro de 2002, nos concellos de Abadín e Vilalba (Lugo), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución. Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2004. Ramón Ordás Badía Director xeral de Industria, Enerxía e Minas A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) do Parque Eólico La Celaya o 30 de setembro de 2002. Por solicitude da empresa Desarrollos Eólicos, S.A., a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Lugo iniciou o procedemento de autorización administrativa do proxecto modificado do devandito parque eólico, con 32 aeroxeradores de 900 kW de potencia unitaria e unha potencia total instalada de 28,8 MW, fronte aos 47 iniciais de 600 kW que totalizaban 40,2 MW de potencia instalada. No anexo I resúmese o contido do proxecto e no anexo II as medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada. Con data do 25 de febreiro de 2004, recíbese na Consellería de Medio Ambiente o expediente ambiental do proxecto modificado, remitido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas como órgano substantivo por razón de materia. Con datas 24 de maio e 2 e 3 de xuño de 2004 recíbense dous novos informes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza sobre documentación complementaria ao estudo ambiental, o informe da Confederación Hidrográfica do Norte e mais documentación adicional, relativa ao plan de vixilancia e outras cuestións ambientais. Á vista do contido do expediente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental procede a modificar a declaración de impacto ambiental do Parque Eólico La Celaya nos termos que se sinalan a continuación, tendo en conta que, ademais do cumprimento das condicións que se establecen na presente modificación e as incluídas no estudo ambiental do proxecto modificado e restante documentación avaliada, para o non especificado nesta modificación serán de aplicación, con carácter xeral e sempre que proceda, os condicionados establecidos na DIA formulada sobre o proxecto inicial: 1. O ámbito da declaración queda definido nos seguintes termos: O proxecto modificado do Parque Eólico La Celaya consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 28,8 MW de potencia total nos concellos de Abadín e Vilalba (Lugo), constituído por 32 aeroxeradores NEG MICON NM 900/52 de 900 kW de potencia unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM: Vértice X           Vértice Y 616.000            4.809.000 616.000            4.806.300 618.300            4.803.500 619.300            4.803.500 619.300            4.805.900 618.050            4.808.500 616.600            4.809.000 A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle no plano Planta xeral. Compatibilidad ambiental. Número LC/0001-10. 28-5-2004, recibido o 2 de xuño de 2004, no que se integran todos os condicionantes relativos á configuración do parque derivados da tramitación ambiental do proxecto modificado. As coordenadas UTM dos 32 aeroxeradores previstos son as seguintes: Aeroxerador           UTM X           UTM Y 1                       617.038         4.808.613 2                       617.173         4.808.498 3                       617.303         4.808.406 4                       617.413         4.808.294 5                       617.549         4.808.214 6                       617.698         4.808.151 7                       616.698         4.808.349 8                       616.513         4.808.218 9                       616.604         4.806.938 10                     618.171         4.806.800 11                     618.280         4.806.601 12                     616.363         4.806.395 13                     618.190         4.806.088 14                     616.797         4.806.124 15                     616.938         4.806.052 16                     617.063         4.805.953 17                     617.179         4.805.818 18                     617.324         4.805.749 19                     617.737         4.805.742 20                     617.851         4.805.553 21                     618.000         4.805.488 22                     618.148         4.805.437 23                     618.285         4.805.363 24                     618.411         4.805.268 25                     618.496         4.805.132 26                     618.578         4.804.995 27                     618.661         4.804.861 28                     618.804         4.804.795 29                     618.286         4.804.366 30                     618.371         4.804.230 31                     618.456         4.804.095 32                     618.541         4.803.959 2. O punto 7. Protección do patrimonio cultural substitúese polo seguinte: Levaranse a cabo as medidas correctoras propostas no documento Informe final sobre o estudo de impacto cultural del proyecto de implantación del parque eólico de A Celaia. Para evitar posibles afeccións establécese, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio arqueolóxico, cun raio de 70 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. En canto aos elementos do patrimonio cultural localizados (Neveira de Montouto e Neveira do Alto da Niveira) establécese unha área de exclusión cun raio de 50 m medidos desde o límite exterior dos ditos bens, precisando tamén da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para calquera tipo de obra nas referidas áreas. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e previamente ao inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Durante a fase de execución de obra procederase á inspección dos terreos brozados e dos perfís das gabias do cableado. A sinalización dos bens do patrimonio cultural recollidos no estudo de impacto arqueolóxico farase na fase de replanteo ou, en todo caso, en momentos previos ao inicio das obras. Con base aos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia. 3. Establécense as seguintes condicións específicas: 3.1. Sobre o plan de seguimento do nivel de ruído. Á vista da distancia que separa os aeroxeradores dos puntos de control propostos no plan de seguimento do nivel de ruído, o control pode restrinxirse aos puntos situados no Rego Corado, A Arca e A Pardela. Na fase de obras só será necesario realizar medicións cando se estean executando obras preto de cada punto de control, e non con carácter xeral en todos os puntos. Na fase de funcionamento pódese comezar cunha frecuencia de medicións trimestral durante o primeiro semestre, e revisala para posteriores períodos en función dos resultados obtidos. 3.2. Fase previa ao inicio das obras. O promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao medio natural e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. Proponse como importe do aval, que será actualizable e deberá fixar o órgano substantivo, a cantidade de cento noventa e tres mil novecentos vinte e catro euros con setenta e oito céntimos (193.924,78 euros), correspondente ao orzamento de execución por contrata dos labores de restauración nas fases de obra (64.855,22 euros) e desmantelamento (129.069,56 euros) do parque. 3.3. Fase de funcionamento. Dado que os parques de La Celaya e Monseivane, ambos dous promovidos por Desarrollos Eólicos, S.A. se localizan no mesmo ámbito xeográfico, no desenvolvemento do plan de seguimento de avifauna teranse en conta os datos e propostas presentados no seu momento para este último parque. Levarase a cabo un seguimento da posible aparición de efectos acumulativos e/ou sinérxicos sobre a avifauna entre este parque e os de Moseivane, Fiouco e Álabe-Labrada, todos eles recollidos no estudo de sinerxias incluído no estudo ambiental, valorando conxuntamente os resultados dos seus respectivos plans de vixilancia de avifauna. ANEXO I: Resumo do proxecto modificado O proxecto modificado do Parque Eólico La Celaya, promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 32 aeroxeradores e a súa infraestrutura asociada, que se instalará nos concellos de Abadín e Vilalba (Lugo). Os aeroxeradores distribuiranse dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración. As características básicas do proxecto presentado son as seguintes: * Número de aeroxeradores: 32. * Modelo: NEG MICON NM 900/52. * Potencia unitaria por aeroxerador: 900 kW. * Potencia total instalada: 28,8 MW. * Altura das torres: 49 m. * Diámetro do rotor: 52 m. * Investimento previsto: 23.856.076,96 euros. Para a transformación e evacuación da enerxía producida no parque empregaranse as instalacións do parque eólico Monseivane, situado nas proximidades e que pertence ao mesmo promotor. A obra civil inclúe a execución duns 9.200 m de vías de acceso e servizo aos aeroxeradores, cun largo de rodadura de 5 m e dotados de cunetas e drenaxes para a recollida e evacuación de augas pluviais. Inicialmente disporanse sete pasos canadenses nas vías. Así mesmo, prevese a execución duns 9.300 m de gabias para soterrar o cableado de media tensión e de comunicacións que interconectará os aeroxeradores coa subestación e edificio de control do Parque Eólico Monseivane. Segundo a documentación avaliada, a vexetación na área do parque está composta maioritariamente por breixeiras húmidas, que foron modificadas ao longo dos anos coa introdución de arboredo de repoboación (piñeiros principalmente) e pasteiros para alimentar o gando. Nas zonas con maior acumulación de auga atópanse formacións de turbeira e nas de menor altitude a breixeira dá paso a mato seco de toxo e breixo. ANEXO II: Resumo das medidas preventivas e correctoras previstas na documentación avaliada No epígrafe de medidas protectoras e correctoras do estudo ambiental inclúense as seguintes: Protección do solo. - Non se eliminará a vexetación colindante a correntes de auga superficiais ou camiños, realizando a revexetacion nas marxes das vías de nova creación. - Utilizaranse sistemas de disipación de enerxía e xeotéxtiles para previr arrastres de partículas aos cursos de auga. - Calcularase axeitadamente a rede de drenaxe para que funcione correctamente. - Evitarase a maior actividade construtiva en períodos de chuvia forte ou con terreos asolagados. - Os residuos almacenaranse en zonas específicas e controladas. - Minimizarase a corta de árbores e as vías discorrerán por zonas de escaso interese ambiental. - Protexerase a capa superficial do solo. - Restauración de solos. - Aproveitaranse pistas forestais como camiños de acceso. - As escavacións manteranse abertas o mínimo tempo posible. - Aproveitamento da terra vexetal para os labores de restauración. - Retirarase calquera residuo xerado durante a obra. - Non se permitirán tarefas de mantemento que teñan perigo para o medio natural. - As infraestruturas do parque executaranse de acordo coas especificacións e dimensións do proxecto. - A circulación restrixirase a vías e plataformas. - Equilibrarase o volume de desmonte co de terraplén para minimizar sobrantes de terras, que se existisen serán depositados en lugar autorizado. - Plan de actuación en paso por zonas de húmidas: se ten que pasar unha gabia de cableado, o largo será dun metro como máximo. Se a lonxitude da gabia sobre a zona húmida é inferior a 1 m farase manualmente. Se pasa unha vía por zona higroturbosa, farase por terraplenado con drenaxe natural e tubos en zonas de valgada. Segundo o proxecto só existe un paso deste tipo, que é sobre unha vía existente, que se acondicionará e se reforzará o sistema de drenaxe. Atmosfera. - As moreas de terra vexetal permanecerán o mínimo tempo posibe. En períodos de seca protexeranse para evitar o levantamento de po. - En períodos prolongados de seca humectaranse vías e zonas nas que se realicen movementos de terras. Residuos. - Todos os residuos xerados, tanto na fase de obras como na de funcionamento e desmantelamento serán xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente. - Os labores de mantemento realizaranse en talleres autorizados. Cando non sexa posible, realizaranse na zona de instalacións de obra. - Ao finalizar as obras, a zona quedará totalmente limpa, procedendo á retirada e xestión de todo os residuos de obra. Paisaxe. - As casetas de obra e edificios de almacenaxe e montaxe durante a obra serán de cores mate e retiraranse cando termine a obra, así como calquera cartel ou indicador. - A localización das instalacións de obra farase en zonas de baixo impacto visual, como nas proximidades da subestación ou en zonas non elevadas. Augas e leitos fluviais. - Realizarase un control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe artificial e das condicións de incorporacion das augas á rede natural, co fin de comprobar que non se producen alteracións no réxime hídrico anterior á implantación do parque. - A incorporación das augas procecentes das drenaxes realizarase gradualmente, instalando sistemas protectores e de disipación de enerxía á súa saída, co fin de evitar erosión ou deposición de sólidos. - Non se acumularán terras, material de obra nin calquera outro tipo de materiais nas zonas de servidume dos cursos fluviais e áreas hidromorfas para evitar a súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga. - As instalacións de obra situaranse nunha zona que asegure unha correcta proteccion dos leitos fluviais ante posibles escorregas, e disporase dun sistema de depuración de fecais nestas instalacións. Fases de funcionamento e abandono. - A cor das torres e pas será branca ou gris. - Co obxecto de reducir potenciais colisións de avifauna, a separación de turbinas será de 3 rotores, cando tecnicamente serían necesarios só dous. - Cando finalice a vida produtiva do parque eliminarase toda a infraestrutura visible, procedendo á revexetación da zona, incluído as vías que non sexan de uso local. Outras medidas recollidas na documentación adicional ao estudo ambiental son as seguintes: - Deseño dos pasos canadenses para permitir a saída dos pequenos vertebrados que poidan caer ao foxo. - As medidas sinaladas nos informes emitidos pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza serán de obrigatoria adopción (inclúese listaxe). - Seguimento específico en obra daquelas vías localizadas en áreas sensibles. - As vías que discorran por áreas húmidas de especial protección terán un sistema especial de drenaxe, con pedraplenado e xeotéxtil, aumentando o número de drenaxes transversais se é necesario. - Modificación da vía de acceso ao aeroxerador nº 17 para protexer o hábitat existente. - Seguimento de ruídos, plan de control da rede de drenaxe e mantemento do réxime hídrico preexistente, plan de seguimento de avifauna e seguimento de sinerxias.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AVALIACIÓN DE IMPACTO, EFECTO, INCIDENCIA AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res01072004.pdf Galego
res01072004.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles