Resolución do 1 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fixan as normas do sorteo de permisos para pesca en coutos para a tempada 2004.

Diario Oficial de Galicia, 10-10-2003, Núm. 197, Páx. 12614
Resolución do 1 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fixan as normas do sorteo de permisos para pesca en coutos para a tempada 2004. Conforme establece o artigo 34, do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), correspóndelle a esta dirección xeral fixa-las normas que rexerán o sorteo de permisos de pesca en coutos para pescadores. As normas do sorteo de permisos de pesca en couto para pescadores para a tempada 2004 serán as seguintes: - As solicitudes presentaranse antes das 14 horas do 15 de novembro de 2003 no rexistro do Servicio Provincial de Conservación da Natureza que corresponda, ou mediante o procedemento descrito no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. - Os modelos de solicitude estarán á disposición dos interesados nos servicios provinciais de Conservación da Natureza ou nesta dirección xeral. - O sorteo terá lugar nos servicios provinciais o día 25 de novembro. - A hora do sorteo, o procedemento deste e de selección de permisos e outras normas complementarias serán establecidas por cada servicio provincial e expostas no taboleiro de anuncios de cada Delegación Provincial de la Consellería de Medio Ambiente. - A normativa de funcionamento dos coutos será a que estableza a orde anual que regula os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2004. Os permisos seran outorgados con esta condición e sen que os posibles cambios na normativa poidan dar lugar a cambios de permisos, agás no caso concreto de que se prohiba a práctica da pesca na data ou no couto obtido. Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2003. Francisco García-Bobadilla Prósper Director xeral de Conservación da Natureza
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res10102003.pdf Galego
res10102003.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles