RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN848C).

Diario Oficial de Galicia, 15-03-2021, Núm. 50, Páx. 14725
Data norma
Organismo
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) As empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
b) Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.
Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas do programa Principia da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo dun ano de persoal para a realización de actividades de I+D+i aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as devanditas axudas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva (código procedemento IN848C).
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Res 01-03-2021_gl.pdf Galego
Ext_Res 01-03-2021_empresas_gl.pdf Galego
Ext_Res 01-03-2021_investigación_gl.pdf Galego
Ext_Res 01-03-2021_investigación_es.pdf Castellano
Res 01-03-2021_es.pdf Castellano
Ext_Res 01-03-2021_empresas_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles