RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).

Diario Oficial de Galicia, 21-03-2019, Núm. 56, Páx. 15351
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) Asociacións, organizacións e entidades sen ánimo de lucro representativas ou relacionadas co sector forestal.

b) Agrupacións empresariais innovadoras (AEI).

c) Colexios profesionais cando as accións subvencionables se correspondan co seu obxecto e fins sociais, segundo o teor do disposto nos seus estatutos.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras das axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño e innovación e o desenvolvemento sustentable, en concordancia coa Estratexia de formación da industria forestal, e proceder a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2019.
Prazo
Un (1) mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación no DOG desta resolución.