RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría, artístico-recreativas e outros servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2022 (código de procedemento IN417Z).

Diario Oficial de Galicia, 05-04-2022, Núm. 66, Páx. 21818
Data norma
Organismo
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
– Sección G: comercio por xunto e polo miúdo, divisións 45 a 47 incluídas.
– Sección I: hostalaría, divisións 55 a 56 incluídas.
– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións 90 a 93 incluídas.
– Sección S: outros servizos, só as divisións 95 e 96.
Obxecto
Regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos con actividade económica no campo do comercio, hostalería, artístico-recreativa e outros servizos, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).
Prazo
Rematará o 14 de xullo de 2022.