Diario Oficial de Galicia, 31-07-2007, Núm. 147, Páx. 1308
Resolución de 13 de xuño de 2007, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de creación do couto troiteiro de San Román.
De conformidade co disposto no artigo 15.3º do vixente Regulamento de pesca fluvial e ordenación dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997), sométese a información pública a creación do couto troiteiro dos Ánxeles, coas seguintes características:
Concellos: Oroso, Trazo, Tordota, Ordes.
Río: Lengüelle.
Límite superior: confluencia do Lengüelle co río Cabrón
Límite inferior: ponte da estrada local que une Sigüeiro con Ventas do Lengüelle.
Lonxitude total: 7,533 Km.
Categoría do couto: 3ª (troita).
Nº de permisos diarios: 12 laborables e 15 en sábados, domingos e festivos.
Talla de captura: 19 cm.
Cupo de troitas: 10 troitas/pescador/día.
O que se fai público para xeral coñecemento, sinalándose un prazo de quince díaIs contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que as entidades e persoas que se consideren afectados poidan consultar o expediente e informarse nas oficinas do Servizo Provincial de Conservación da Natureza provincial desta delegación, sita no edificio administrativo de Servizos Multiples-Monelos da Coruña.
Rematado o prazo que se sinala, o expediente remitiráselle ao director xeral de Conservación da Natureza, para a resolución do procedemento.
A Coruña, 13 de xuño de 2007.
Manuel Tajes Gómez
Delegado provincial da Coruña
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Resolución
Clasificación
CAZA, PESCA E MARISQUEO
Resolución de 13 de xuño de 2007, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de creación do couto troiteiro de San Román.
De conformidade co disposto no artigo 15.3º do vixente Regulamento de pesca fluvial e ordenación dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997), sométese a información pública a creación do couto troiteiro dos Ánxeles, coas seguintes características:
Concellos: Oroso, Trazo, Tordota, Ordes.
Río: Lengüelle.
Límite superior: confluencia do Lengüelle co río Cabrón
Límite inferior: ponte da estrada local que une Sigüeiro con Ventas do Lengüelle.
Lonxitude total: 7,533 Km.
Categoría do couto: 3ª (troita).
Nº de permisos diarios: 12 laborables e 15 en sábados, domingos e festivos.
Talla de captura: 19 cm.
Cupo de troitas: 10 troitas/pescador/día.
O que se fai público para xeral coñecemento, sinalándose un prazo de quince díaIs contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que as entidades e persoas que se consideren afectados poidan consultar o expediente e informarse nas oficinas do Servizo Provincial de Conservación da Natureza provincial desta delegación, sita no edificio administrativo de Servizos Multiples-Monelos da Coruña.
Rematado o prazo que se sinala, o expediente remitiráselle ao director xeral de Conservación da Natureza, para a resolución do procedemento.
A Coruña, 13 de xuño de 2007.
Manuel Tajes Gómez
Delegado provincial da Coruña
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN |
|---|---|
| Corrección de erros.-Resolución do 13 de xuño de 2007, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de creación do couto troiteiro de San Román | 14/09/2007 |