Resolución conxunta do 18 de outubro de 2005, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se resolve a concesión de premios á innovación educativa sobre as enerxías renovables en Galicia.

Diario Oficial de Galicia, 30-11-2005, Núm. 230, Páx. 19046
Resolución conxunta do 18 de outubro de 2005, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se resolve a concesión de premios á innovación educativa sobre as enerxías renovables en Galicia. A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o Instituto Enerxético de Galicia convocaron por Resolución conxunta do 7 de abril de 2005 (DOG do 22 de abril) premios á innovación educativa sobre as enerxías renovables en Galicia. De conformidade co disposto no artigo 7 da devandita resolución conxunta, o día 18 de outubro de 2005 constituíuse o xurado encargado de avaliar os traballos presentados, procedendo á súa valoración e levantándose na mesma data acta da proposta para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia co anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o Instituto Enerxético de Galicia DISPOÑEN: Primeiro.- Conceder os premios á innovación educativa sobre as enerxías renovables convocados por Resolución conxunta do 7 de abril de 2005, aos traballos que se relacionan no anexo á presente resolución. Segundo.- Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Disposición derradeira Única.- A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación. Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2005. María José Pérez Mariño Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa Xoán Ramón Doldán García Director do Instituto Enerxético de Galicia ANEXO * Modalidade educación primaria-1º premio. Título: Sopra o vento no Cra. Coordinador: Rosa María Barreiro Carujo. Centro: CRA Nosa Señora do Faro, sito na travesía Rúa do Concello 14, Ponteceso, 15110-A Coruña. * Modalidade educación primaria-2º premio. Declárase deserto e, segundo o punto 3º do artigo 7 da resolución, determina a súa acumulación e compartimento dentro dos accésits da modalidade de educación secundaria. * Modalidade educación secundaria-1º premio. Título: As enerxías renovables no IES Castro da Uz. Coordinador: Xosé López Somoza. Centro: IES Castro da Uz, sito na rúa José Mª Penabad López s/n, As Pontes de García Rodríguez, 15320-A Coruña. * Modalidade de educación secundaria-2º premio. Título: Seguidor solar autónomo. Coordinador: Luis Mel Galocha. Centro: IES María Sarmiento, sito na rúa Misericordia 58, Viveiro, 27850-Lugo. * Modalidade de educación secundaria-Accésit 1. Título: Abastecemento enerxético dun edificio de vivendas mediante enerxía solar térmica, enerxía solar fotovoltaica e trixeración con pila de combustible. Coordinador: José Abelairas Vilariño. Centro: IES As Mercedes, sito na estrada de Madrid 75, 27002-Lugo. * Modalidade de educación secundaria-Accésit 2. Título: Promover o uso das cociñas solares. Coordinador: Rodrigo Pérez Pintos. Centro: IES de Meaño, sito rúa dos Colexios, Meaño-Dena, Pontevedra.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
EDUCACIÓN E FORMACIÓN AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
res18102005.pdf Galego
res18102005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles