Boletin Oficial Provincial, 22-03-2007, Núm. 67, Páx. 3152
Anuncio aprobación definitiva regulamento.
Transcorrido o prazo de exposición ó público do acordo provisional adoptado polo Pleno en sesión celebrada o día do 10 de novembro de 2006, publicados no BOP nº: 264 do17 de novembro de 2006, relativo á aprobación do "REGULAMENTO DO SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA VIARIA, RECOLLIDA E TRANSPORTE DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE SANTA COMBA", sen que se presentase reclamación ningunha contra o mesmo. Por elo, considérase aprobado definitivamente o acordo provisional.
O que se fai público reproducindo o seu texto íntegro no BOP, transcorrido o prazo a que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local:
"REGULAMENTO DO SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA VIARIA, RECOLLIDA E TRANSPORTE DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE SANTA COMBA.
INDICE
TITULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS., 4
TITULO II. LIMPEZA VIARIA, 6
CAPITULO I. ÁMBITO E OBRIGAS, 6
CAPITULO II.- LIMPEZA E PROTECCIÓN AMBIENTAL DA VÍA PÚBLICA, 7
CAPITULO III. LIMPEZA DE INMOBLES, 12
CAPITULO IV. TENZA DE ANIMAIS, 14
CAPITULO V. LIMPEZA DERIVADA DE USOS ESPECIAIS DA VÍA PÚBLICA, 15
SECCIÓN I.- TERRAZAS DE HOSTELERÍA, 15
SECCIÓN II.- COLOCACIÓN DE CARTEIS E PANCARTAS NA VÍA PÚBLICA, 15
TITULO III.- RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS., 17
CAPITULO I.- NORMAS XERAIS., 17
CAPITULO II. RESIDUOS DOMICILIARIOS, 20
CAPITULO III.- RESIDUOS INDUSTRIAIS, 22
CAPÍTULO IV . RESIDUOS PERIGOSOS, 23
CAPITULO V.- RESIDUOS ESPECIAIS, 24
SECCIÓN 1ª.- TERRAS E ENTULLOS., 24
SECCIÓN 2ª.- MOBLES, UTENSILIOS E OBXECTOS INÚTILES., 25
SECCIÓN 3ª. VEHÍCULOS ABANDONADOS, 25
SECCIÓN 4ª.- ANIMAIS MORTOS., 27
SECCIÓN 5ª.- RESIDUOS CLÍNICOS., 27
SECCIÓN 6ª.- OUTROS RESIDUOS., 28
TITULO IV.- TRATAMENTO DE RESIDUOS, 28
TITULO V.- PUNTO LIMPO MUNICIPAL, 29
TÍTULO VI .- RÉXIME SANCIONADOR, 30
CAPÍTULO I.- NORMAS XERAIS, 30
CAPÍTULO II.- INFRACCIÓNS, 31
CAPÍTULO III.- SANCIÓNS, 33
DISPOSICIÓN DERROGATORIA, 34
DISPOSICIÓN FINAL, 35
Este Regulamento pretende ser a norma que delimite os dereitos e obrigas dos cidadáns de Santa Comba no ámbito do servizos de limpeza viaria, recollida de residuos sólidos urbanos e réxime de acceso e utilización das instalacións do punto limpo municipal situadas no Polígono Industrial de Santa Comba.
Os residuos que se producen nos núcleos de poboación convértense en axentes de degradación ambiental cando non se atende con normalidade á súa retirada, eliminación ou aproveitamento. A limpeza das vías públicas e dos espazos comunitarios regúlase no presente Regulamento, que presta tamén atención aos espazos, aínda que sexan privados, que por estar libres de edificacións poidan convertirse en focos de insalubridade. A ordenación de todos estes espazos constitúe unha competencia municipal, encamiñada sobre todo á protección do medio ambiente, o que supón unha obriga de tódolos poderes públicos e tamén dos particulares.
Regúlanse no texto, no seu Título I, unha serie de disposicións xerais que conteñen os principios de actuación e as definicións dos elementos obxecto de ordenación.
O Título II refírese á limpeza da vía pública, con disposicións tanto sobre o seu uso xeral como as medidas concretas que son posteriormente amplamente reguladas no Título adicado á recollida de residuos urbanos.
Outórgase unha concreción á limpeza de inmobles, á tenza de animais, e á limpeza derivada de usos especiais da vía pública, tales como: a colocación de terrazas de hostelería; os actos ou manifestacións públicas; ou a colocación de carteis e pancartas na vía pública.
O Título III adícase á recollida dos residuos urbanos, coas distintas especies de lixo que se poden atopar.
O Título IV refírese ao tratamento e aproveitamento dos residuos, no que se únicamente se declara á competencia municipal sobre a materia, dado que no momento actual non existe vertedoiro municipal.
O Título V regula brevemente a nova instalación do Punto Limpo Municipal situado no Polígono Industrial de Santa Comba.
O Título VI, derradeiro, explícita o réxime sancionador aplicable ás infraccións ao disposto no presente Regulamento. Neste Título faise un recoñecemento expreso da normativa aplicable na actualidade, incorporando en canto ás contías das sancións económicas e á clasificación das infraccións as previsións do Título XI da Lei 7/85, de 2 de abril, de bases do réxime local, incorporado polo artigo 1 da Lei 57/03, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local. Todo esto sen prexuízo de acudir á normativa administrativa sectorial de residuos que con rango de lei estea vixente tanto no marco estatal como autonómico.
En definitiva, o Regulamento pretende unha protección integral dos espazos públicos dentro do seu ámbito material, cunha adecuación á normativa administrativa sectorial vixente, e que era aconsellable debido á antigüidade da Regulamento Municipal aplicable ata a data, que contaba con trece anos. O novo texto pretende adaptar a normativa municipal ás manifestacións normativas estatais e autonómicas recentes, e poñer de manifesto a obriga e intención do Concello en canto á defensa do medio ambiente en beneficio de todos.
TITULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS.
Artigo 1. Obxecto
No presente texto regúlanse os servizos municipais de limpeza viaria, recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, e punto limpo municipal, e os dereitos e obrigas dos cidadáns en relación con ditos servizos.
Artigo 2. Actividades obxecto de regulación
1.- A Regulamento regula as seguintes actividades:
a) A limpeza da vía pública e dos solares de propiedade municipal e o control e realización subsidiaria da limpeza de solares de propiedade privada.
b) A limpeza dos bens demaniais con independencia da tipoloxía de usos aos que estean adscritos.
c) A recollida de residuos sólidos urbanos.
d) A acumulación, carga, transporte de verteduras de terras, entullos, cascallos e outros materiais asimilables producidos como consecuencia de obras ou derrubamentos.
e) O control e a inspección dos sistemas e equipamentos destinados ao tratamento, aproveitamento, depósito e eliminación dos residuos.
f) O funcionamento do punto limpo municipal.
g) Calquera outra actividade susceptible de producir lixo na vía pública.
2.- Os servizos municipais regulados na presente regulamento quedan asumidos como actividades propias do Concello de Santa Comba.
3.- Os servizos municipais regulados na presente regulamento podrán xestionarse directa ou indirectamente.
Artigo 3. Remisión Normativa
No non regulado expresamente na presente regulamento será de aplicación o disposto na normativa estatal e autonómica, sobre recollida de desfeitos e residuos sólido urbanos, normativa de protección ambiental e demais disposición aplicables.
Artigo 4. Tipos de residuos
1. Considérase residuo calquera substancia ou obxecto do que o seu posuídor teña a intención ou obriga de desprenderse ou se desprenda. En todo caso, terán esta consideración os que figuren nalgún catálogo de residuos aprobado por institucións comunitarias, estatais ou autonómicas.
2. Considérase residuo urbano os xerados nos domicilios particulares, comercios, oficinas e servizos, así como aqueles que non teñan a cualificación de perigosos e que pola súa natureza ou composición poidan asimilarse aos producidos nos anteriores lugares ou actividades.
3. Terán tamén a consideración de residuos urbanos os seguintes:
a) Residuos procedentes da limpeza das vías públicas, zonas verdes, áreas recreativas e praias fluviais.
b) Animais domésticos mortos.
c) Mobles, enseres e electrodomésticos desbotados.
d) Residuos, entullos e cascallos procedentes de obras de construcción e reparación domiciliaria e movementos de terras.
e) Vehículos abandonados.
4. Considérase residuo perigoso aquel que figure catalogado como tal pola normativa comunitaria ou os que poida aprobar o Goberno de conformidade co establecido na normativa europea ou en convenios internacionais dos que España sexa parte.
Artigo 5. Obrigas xerais
1. Todos os cidadáns están obrigados a cumprir esta Regulamento e as disposicións complementarias que en materia de limpeza en xeral, mantemento do ornato público ou estética do municipio dicte a Alcaldía no exercicio das súas facultades.
2. Os axentes da Policía Local poderán esixir en todo momento o cumprimento inmediato da presente regulamento, obrigando ao causante dun lixo á súa reparación, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Artigo 6. Principio de subsidiariedade
1. O Concello realizará subsidiariamente os traballos de limpeza que segundo a presente Regulamento corresponda efectuar directamente aos responsables, exaccionando o custo da actuación, e sen prexuízo da instrución do expediente sancionador correspondente.
2. Os servizos municipais poderán proceder á limpeza da vía pública, ou ao mantemento, reparación e limpeza dos elementos e partes exteriores dos inmobles, e á carga, retirada, transporte e eliminación dos materiais residuais abandonados.
TITULO II. LIMPEZA VIARIA
CAPITULO I. ÁMBITO E OBRIGAS
Artigo 7. Ámbito da limpeza viaria
1. A limpeza da vía publica: Rúas, glorietas, prazas, zonas axardinadas e espazos públicos en xeral, así como a dos mercados, praias fluviais, e a recollida dos residuos procedentes da mesma será realizada pola Administración Municipal, ben directamente ou no seu caso, a través das empresas concesionarias do servizo coa frecuencia e a través das formas que determine o Concello.
2. A limpeza das rúas e solares de dominio privado, deberá efectuarse polos seus propietarios.
3. A limpeza da zona portuaria, rúas de competencia estatal, autonómica ou provincial, deberá ser efectuada polas súas entidades xestoras.
Artigo 8. Limpeza de espazos particulares
1. Corresponde aos propietarios ou comunidades de propietarios a limpeza de:
a) Patios de luces, patios de mazá, galerías comerciais ou calquera outra zona común de uso particular.
b) A limpeza de solares e fincas de propiedade privada, non sinalados anteriormente.
2. Os residuos obtidos pola actividade de limpeza deberán depositarse en recipientes normalizados para a súa recollida selectiva polos servizos autorizados, quedando prohibido depositalos directamente na vía pública.
CAPITULO II.- LIMPEZA E PROTECCIÓN AMBIENTAL DA VÍA PÚBLICA
Artigo 9. Concepto de vía pública
1. Para os efectos da limpeza, considéranse vía pública as rúas, avenidas, paseos, prazas, travesías, camiños, xardíns, zonas verdes e demais bens públicos de uso público municipal destinadas directamente ao uso común xeral dos cidadáns.
Artigo 10. Prohibicións
Prohíbense as seguintes accións:
1. Botar ou abandonar na vía pública toda clase de productos en estado sólido ou líquido. Os residuos sólidos de pequeno formato xerados por quen transite polas rúas, prazas ou xardíns, depositaranse por quen queira desprenderse deles en pequena cantidade nas papeleiras instaladas para tal fin.
2. Danar as papeleiras, movelas, volcalas ou arrincalas, así como calquera outro acto que deteriore a súa presentación ou as faga inservibles para o seu uso.
3. Botar cigarros ou cabichas e semellantes acesos nas papeleiras. En todo caso, deberán depositarse unha vez apagados.
4. Botar no chan calquera clase de despoxo dende os vehículos, xa estean detidos ou en marcha.
5. Sacudir roupa ou alfombras sobre a vía pública.
6. Regar as plantas colocadas no exterior dos edificios se a consecuencia desta operación prodúcense verteduras e salpicaduras sobre a vía pública ou sobre os seus elementos.
7. Facer as necesidades fisiolóxicas na vía pública.
Artigo 11. Papeleiras
1. A instalación, mantemento e reposición das papeleiras realizarase ben pola Administración Municipal ou por quen asuma a xestión indirecta do servizo obxecto de este Regulamento.
2. Os danos causados papeleiras, que signifiquen a necesidade da súa reposición, serán sufragados polos que o houbesen ocasionado, sen prexuízo das sancións reflectidas na presente regulamento.
3. Os danos que se causen, en árbores ou no mobiliario urbano ou en calquera espacio ou ben publico, serán así mesmo sufragados polas persoas que os houbesen ocasionado, independentemente das sancións que lles correspondan de acordo con esta Regulamento.
Artigo 12. Verteduras
Queda prohibida calquera operación que poida lixar as vías e espazos libres públicos, e en particular:
a) Reparar, lavar ou limpar vehículos, así como cambiarlles o aceite ou outros líquidos.
b) Manipular ou seleccionar os desfeitos dos residuos urbanos, producindo a súa dispersión, dificultando a súa recollida ou alterando os seus envases.
c) Baleirar o contido de piscinas na vía pública.
d) Derramar e verter augas sucias sobre terreos de dominio público ou terreos sen edificar, causándose prexuízos de entidade sanitaria.
Artigo 13. Propaganda
1.O obxecto de mante-las condicións de limpeza e pulcritude que esixen o ornato e a estética da vila, queda prohibido:
a) Colocar carteis e realizar inscricións ou pintadas en paredes, muros, quioscos, fachadas, farolas, cancelas, velas, papeleiras, etc.
b) Esgazar, manchar ou arrincar aqueles carteis ou anuncios situados nos lugares ou emprazamento autorizados ó efecto.
c) Esparexemento de folletos ou follas de publicidade pola vía publica.
2. Terán a consideración de acto independente a efecto na sanción cada actuación separada no tempo ou no espacio, contraria ó establecido no numero anterior, sendo responsables das infraccións aquelas persoas físicas ou xurídicas que promovan ou xestionen a publicidade, e, no seu defecto e salvo proba en contrario, aquelas en cal favor se faga a mesma.
3. Por parte do Concello de Santa Comba regularánse os lugares destinados á instalación de publicidade, extremo que será obxecto da difusión adecuada.
Artigo 14. Obrigas xerais
As actividades que poidan ocasionar suciedade na vía pública, calquera que sexa o lugar no que se desenvolvan, e sen prexuízo das licenzas ou autorizacións que en cada caso sexan procedentes, requiren dos seus titulares a obriga de adoptar as medidas necesarias para evitar a suciedade na vía pública, así como limpar a parte dela e dos seus elementos estruturais que se visen afectados, e a de retirar os materiais resultantes.
Artigo 15. Obras
1. As persoas que realicen obras deberán protexer a vía pública mediante a colocación de elementos axeitados arredor dos derrubamentos, terras e outros materiais sobrantes de obra.
2. As superficies inmediatas de gabias, canalizacións e conexións realizadas na vía pública deberán manterse limpas e exentas de toda clase de materiais residuais. As terras extraídas deberán protexerse e todo caso segundo determina o apartado anterior.
3. Cando se trate de obras na vía pública ou anexos da mesma, deberán instalarse valados e elementos de protección así como tubos para carga e descarga de materiais e productos de derrubamento, que deberán reunir as condicións necesarias para impedir que se lixe a vía e que se causen danos ás persoas e cousas.
4. Prohíbese abandonar na vía pública calquera material residual, ou realizar verteduras nela. Os residuos depositaranse mediante elementos de contención autorizados polo Concello.
5. A utilización de contedores para obras será sempre preceptiva cando os materiais de extracción ou recollida excedan do volume dun metro cúbico. Estes contedores non poden ser utilizados para depositar o lixo doméstico ou calquera tipo de producto non derivado das obras.
6. A retirada de entullos xerados polas actividades ás que se refire o presente artigo deberá realizarse dentro das 24 h seguintes ao remate das obras. Se transcorre este prazo e os cascallos non fosen retirados, os servizos de limpeza municipais realizarán a súa recollida con cargo ao responsable, sen prexuízo das sancións que correspondan.
Artigo 16. Operacións de carga e descarga
1. Os titulares dos vehículos que efectúen operacións de carga e descarga están obrigados a limpar as beirarrúas e calzadas que fosen lixadas durante a operación, e retirarán da vía pública os residuos verteduras.
2. Os titulares dos establecementos, fincas ou inmobles para quen se efectúen as devanditas operacións, deberán esixir o cumprimento das obrigas descritas no anterior apartado na contratación dos servizos. De non facelo así, responderán solidariamente do seu cumprimento.
Artigo 17. Vehículos nas vías públicas
Os titulares de talleres de reparación de vehículos, os propietarios de camións e de vehículos de transporte de mercadorías ou pasaxeiros que, sen prexuízo da autorización administrativa solicitada previamente ao Concello, e logo da súa concesión, estacionen habitualmente na vía pública, estarán obrigados a manter limpos os espazos ocupados.
Artigo 18. Vehículos de transporte de terras, entullos, formigón, etc.
1. Os propietarios e conductores de vehículos que transporten terras, entullos, áridos, formigón, cartóns, papeis ou materiais similares, deberán adoptar as medidas necesarias para evitar que, a causa da súa natureza ou por efecto da velocidade do vehículo ou do vento, caian sobre a vía pública parte dos materiais transportados.
2. Do mesmo xeito, estarán obrigados a lavar os baixos e rodas dos vehículos antes da súa saída das obras, evitando lixar a vía pública.
3. Dos incumprimentos do que se determina neste artigo serán responsables as empresas que realicen as actividades descritas ou os propietarios dos vehículos.
Artigo 19. Establecemento de servizos
1. Quen estea ao frente de quioscos ou postos de venda de mercadorías autorizados na vía pública está obrigado a manter limpo o espazo no que se desenvolva o seu cometido e as súas proximidades durante o horario no que realicen a súa actividade, e a deixalo en correcto estado unha vez que esta finalice.
2. A mesma obriga téñena os donos de cafés, bares e establecementos hosteleiros en canto á superficie da vía ou espazo público que se ocupe coas correspondentes terrazas, así como a beirarrúa correspondente á lonxitude da súa fachada.
Artigo 20. Mobles e enseres particulares
1. Prohíbese abandoar mobles e enseres particulares na vía pública.
2. Será potestade da administración municipal a retirada de todo obxecto ou material abandoado cando dificulte o paso, a libre circulación ou poida afectar á limpeza ou decoro da vía.
3. O depósito destes materiais rexerase en todo momento pola lexislación vixente. Os gastos producidos polo seu traslado, depósito e custodia destes materiais será por conta dos seus propietarios ou productores.
Artigo 21. Prohibicións
1. Prohíbese realizar na vía pública os actos especificados a continuación:
a) Baleirar, verter ou depositar calquera clase de materiais residuais na calzada, beirarrúas, solares sen edificar e á rede de sumidoiros.
b) Verter calquera clase de auga sucia sobre as calzadas, beirarrúas e bordos.
c) As verteduras de calquera producto industrial líquido, sólido ou solidificable, que pola súa natureza sexa susceptible de producir danos aos pavimentos ou afectar á integridade e seguridade das persoas e das instalacións municipais.
d) Realizar calquera acto que produza suciedade ou sexa contrario á limpeza e ornato da vía pública.
Artigo 22. Actividades ambulantes
As actividades circenses, teatros ambulantes, tiovivos e outras que polas súas características especiais utilicen a vía pública, sen prexuízo de obter o correspondente permiso, están obrigados á limpeza e adecentamento dos espazos utilizados, debendo repoñelos ao estado orixinario cando finalice a súa actividade. Neste caso, o Concello poderá esixir ao interesado a constitución dunha garantía para asegurar o cumprimento desta obriga. Esta fianza terá unha contía mínima de 6 Ç/m2. No suposto de incumprir a obriga de limpeza, esta realizarase por parte dos servizos públicos por conta dos responsables da actividade, e sen prexuízo da instrución do expediente sancionador que corresponda.
Artigo 23. Responsabilidade da organización de actos ou actividades públicas
A organización dunha actividade na vía pública ou en espazos públicos será responsable da suciedade derivada da súa celebración. Para os efectos da limpeza, os organizadores do acto terán a obriga de comunicar ao Concello o lugar e horario do evento. O Concello poderá esixir a constitución dunha fianza en metálico ou aval bancario para garantir a reposición dos espazos públicos ao seu estado orixinario.
Esta fianza terá unha contía mínima de 6Ç /m2.
CAPITULO III. LIMPEZA DE INMOBLES
Artigo 24. Limpeza das partes exteriores dos inmobles
1. Os propietarios de edificios, fincas, vivendas e establecementos terán a obriga de manter limpas as fachadas, os rótulos de numeración das rúas, as entradas, escaleiras de acceso e, en xeral, as partes dos inmobles que sexan visibles dende a vía pública.
2. En todo ao que se refire o apartado precedente, os propietarios deberán realizar os traballos de mantemento, limpeza, rebozado e estucado, cando por motivos de ornato público sexa necesario e o ordene a autoridade municipal, logo do informe dos servizos municipais competentes.
3. Os propietarios tamén terán a obriga de manter limpas as chemineas, depósitos, patios, patios de luces, conducións de auga e de gas, pararraios, antenas de televisión e calquera outra instalación complementaria dos inmobles.
4. Prohíbese ter á vista do público nas aberturas das casas e barandas exteriores das terrazas roupa tendida sucia ou lavada e calquera outra clase de obxecto que sexa contrario ao decoro da vía pública ou ao mantemento da estética urbana.
5. O incumprimento das previsións deste artigo implicará a apertura dun procedemento sancionador.
Artigo 25. Precaucións
1. Cando se realice a limpeza de escaparates, portas, marquesiñas, toldos ou cortinas dos establecementos comerciais adoptaranse as debidas precaucións para non causar molestias os transeúntes nin manchar a vía publica, e si, non obstante, esta fora manchada, os donos do establecemento están obrigados a súa limpeza, retirando os residuos resultantes.
2. Iguais precaucións deberán de adoptarse para a limpeza de balcóns e terrazas, así coma a rega das plantas instaladas nos mesmos.
Artigo 26. Anuncios
1. Os propietarios ou titulares de inmobles, monumentos, quioscos, etc., coidarán, en cumprimento da obriga establecida no artigo 13, de manter limpas as paredes e fachadas de calquera tipo de anuncio que non sexa o especifico dunha profesión ou actividade mercantil.
2. Unicamente permitirase a colocación de carteis ou anuncios nos sitios destinados a este obxecto.
3. Cando un inmoble fose sido obxecto de pintadas, ou pegada de carteis, o propietario ou persoa encargada, ó Concello, o cal, decidira, si procede á limpeza por persoal municipal, con cargo á persoa ou empresa responsables da actuación, en caso de ser esta coñecida, sendo todo isto, sen prexuízo da obriga xenérica de manter por parte dos propietarios a limpeza das fachadas.
Artigo 27. Fincas sen edificar
1. Os propietarios de solares e terreos deberán mantelos limpos, libres de residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e ornato público. Esta obriga inclúe a esixencia de desratización e desinfección dos solares.
Nos supostos en que sexan varios os propietarios dun mesmo solar ou terreo entenderase que a obriga establecida no párrafo anterior é de natureza solidaria.
2. De conformidade coa Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia o Concello poderá ordenar a execución desas obras de limpeza por motivos de interese turístico, estético ou de hixiene. No caso de que se incumpra a orde de execución das obras, a administración municipal procederá á súa execución forzosa mediante a execución subsidiaria ou a imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución das obras ordenadas.
3. Os propietarios de solares ou terreos que linden coa vía pública deberán valalos con cerramentos situados na aliñación oficial, construídos con materiais que garantan a súa estabilidade e conservación, e respectando en canto a estas condicións e á súa altura a normativa urbanística do Concello.
4. Se por motivos de interese público ou sanitario fose necesario asumir subsidiariamente as obrigas do propietario, o Concello, coa correspondente autorización xudicial cando proceda, poderá acceder aos solares de propiedade privada, imputando os custos da actuación que corresponda aos propietarios do terreo.
CAPITULO IV. TENZA DE ANIMAIS
Artigo 28. Responsabilidades
1. Os propietarios son directamente responsables dos danos a persoas e cousas e de calquera acción que ocasione suciedade na vía pública producida por animais da súa pertenza.
2. En ausencia do propietario, será responsable subsidiariamente a persoa que levase o animal no momento de producirse a suciedade.
3. Ante unha acción que cause suciedade na vía pública producida por un animal, os axentes da Policía Local están facultados en todo momento para:
a) Esixir do propietario ou posuídor do animal a reparación inmediata do lixo causado.
b) Denunciar a infracción cometida.
Artigo 29. Cans.
1. As persoas que conduzan cans ou outros animais polas vías e espazos públicos, ademais de leva-los atados e, no seu caso, con bozo dependendo da perigosidade potencial do animal e cumpri-los demais requisitos establecidos nas disposicións legais vixentes, deberán levar obrigatoriamente unhas bolsas e un recolledor, ou accesorios similares, para a recollida e limpeza das dexeccións.
O Concello poderá establecer zonas onde levar a cabo as mesmas.
2. No caso de que as dexeccións queden depositas nas beirarrúas, xardíns, praias fluviais ou outras zonas destinadas ó transito peonil, a persoa que conduza o animal esta obrigada a súa limpeza inmediata, e deberá debidamente empaquetada deposita-la en papeleiras, ou en contedores de lixo.
3. Queda totalmente prohibido o acceso dos cans ou outros animais ás praias fluviais na época de baño dende o 1 de xuño ata o 30 de outubro, podendo o concello establecer calquera outra prohibición ou limitación que por razóns hixienico-sanitarias sexa procedente.
4. As persoas que leven en grandes cantidades comida ós animais e lla dean na vía publica, poderán ser sancionados.
CAPITULO V. LIMPEZA DERIVADA DE USOS ESPECIAIS DA VÍA PÚBLICA
SECCIÓN I.- TERRAZAS DE HOSTELERÍA
Artigo 30. Condicións de limpeza
1. Os titulares de establecementos que teñan autorizada e dispoñan dunha terraza de hostelería, ou titulares de postos de venda autorizados, terán a obriga de manter nas debidas condicións de limpeza tanto as propias instalacións como o espacio urbano da súa influencia.
2. O Concello poderá esixir aos titulares expresados no apartado anterior a colocación de elementos que autorice para a contención dos residuos producidos polo consumo nos seus establecementos, correspondéndolles o mantemento e limpeza dos ditos elementos.
3. Os titulares das terrazas de hostelería teñen prohibido o almacenamento ou apilamento de productos ou materiais xunto ás terrazas, así como residuos propios das instalacións.
SECCIÓN II.- COLOCACIÓN DE CARTEIS E PANCARTAS NA VÍA PÚBLICA
Artigo 31. Definicións
Para os efectos da presente Regulamento considéranse:
a) Carteis: os anuncios (impresos ou pintados) sobre papel ou outro material de escasa consistencia.
b) Octavillas: Carteis de formato reducido e distribución manual.
c) Pancartas: Anuncios publicitarios de grande tamaño situados ocasionalmente na vía pública por un período non superior a 15 días, coincidindo coa celebración dun acto público.
d) Folletos: Fragmentos de papel ou material análogo entregado aos cidadáns na vía pública ou que se difundan con motivo de calquera manifestación, pública ou privada.
e) Rótulos: Anuncios fixos ou móbiles realizados mediante pintura, baldosas e outros materiais destinados a conferírlles unha longa duración. Terán a condición de rótulos os carteis que, debido ás súas condicións de colocación ou protección, estean destinados a ter unha duración superior a 15 días.
Artigo 32. Prohibicións
1. Prohíbese toda clase de actividade publicitaria das reguladas neste capítulo nos edificios catalogados como patrimonio histórico-artístico, coa excepción das pancartas ou rótulos que fagan referencia ás actividades que terán lugar no edificio, colocados polos responsables delas.
2. Prohíbese a colocación de carteis e pancartas en bens afectos a un servizo público municipal, como é o caso das marquesinas e contedores. O promotor ou beneficiario desta publicidade procederá á retirada destes carteis ou pancartas e á limpeza dos elementos públicos, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3. Prohíbese o fixado de carteis e a suxeición de pancartas no arborado. O promotor ou beneficiario desta publicidade procederá á retirada destes carteis ou pancartas e á restauración das condicións previas da árbore, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
4. Prohíbese desgarrar, arrincar e/ou tirar á vía pública carteis, anuncios ou pancartas autorizadas.
5. Prohíbese a realización de actividades publicitarias mediante megafonía, agás nos supostos de autorización municipal previa.
Artigo 33. Supostos autorizados para a colocación de carteis e pancartas e uso de megafonía na vía pública
1. A colocación de carteis e pancartas e banderolas, e o uso de megafonía na vía pública autorizarase:
a) En período de eleccións políticas e de acordo co previsto na lexislación do réxime electoral xeral.
b) En situacións expresamente autorizadas pola Alcaldía, como eventos festivos, cos condicionamentos que correspondan ao caso.
2. As pancartas e banderolas só poderán conter a propaganda de tipo político ou popular obxecto da correspondente solicitude de autorización, sen incluír ningunha outra clase de publicidade.
3. A solicitude de autorización para a colocación de pancartas ou banderolas deberá conter:
a) O contido e medidas da pancarta.
b) O lugar onde se pretende instalar.
c) O tempo en que permanecerá instalada.
d) O compromiso do responsable de reparar os desperfectos causados na vía pública, e de indemnizar os danos e perdas que se puidesen ocasionar.
4. As pancartas e banderolas deberán retirarse tan axiña como caduque o prazo para o que se autorizaron. De non facerse así, os servizos municipais retirarannas, e se lles imputará aos seus responsables os custos correspondentes ao servizo prestado, e sen prexuízo da imposición da sanción correspondente.
TITULO III.- RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS.
CAPITULO I.- NORMAS XERAIS.
Artigo 34. Forma de Xestión
A recollida de residuos sólidos será establecida polo concello, cos itinerarios, frecuencia e horario que se consideren oportunos, e prestarase, ben directamente pola Administración Municipal ou por xestión indirecta.
Artigo 35. Titularidade Municipal do Servizo
1. Da recepción dos residuos sólidos urbanos, farase cargo o persoal do Servizo Municipal ou no seu caso da empresa concesionaria ou a entidade de xestión que corresponda en cada momento, segundo se decida polo Concello.
2. Ningunha persoa física ou xurídica poderá adiarse á recollida, transporte ou aproveitamento dos residuos sólidos urbanos, e industrias asimilables, ni non asimilables, (sexan papel, cartón, madeira, plásticos, metais, pilas e baterías) calquera que sexa a súa natureza, sen a previa concesión ou autorización municipal.
3.A recollida ou retirada de residuos sólidos por particulares sen autorización municipal poderá ser obxecto de sanción, así con o seu deposito ou tenencia.
Artigo 36. Ámbito do servizo
O servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos comprende a recollida dos residuos orgánicos, dos envases reciclables, do papel e cartón, do vidro, de animais domésticos mortos, así como mobles, enseres, vehículos abandonados, residuos e entullos procedentes de obras menores de construcción e reparación domiciliaria.
O servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos non comprende a recollida de residuos sanitarios, industriais ou outros non incluídos expresamente no párrafo anterior.
Artigo 37. Horario e recepción
Este artigo comprende as normas que deben cumprir os productores dos residuos con referencia a súa presentación e entrega para a recollida e transporte. Así, normas xerais son:
a) Horario xeral de recollida de residuos no casco urbano da Santa Comba: o lixo depositarase entre as 19 e as 22 h, e se prohíbe depositalo fóra do horario establecido. No caso de incumprir esta norma, o infractor estará obrigado a retirar o lixo depositado, e deixar limpo o espazo que se ensuciase. A madrugada do sábado ao domingo non se presta o servizo de recollida do lixo, quedando prohibido depositar o lixo durante dito período.
Prohíbese deposita-lo lixo nas datas que o Concello indique como inhábiles do servizo.
b) Horario de recollida de residuos para os locais de hostelería: os locais de hostelería contarán cos elementos de contención axeitados no seu interior, dado que non poderán depositar o lixo fóra do horario establecido. Sen embargo, poderán facer o libramento no momento do peche do local, aínda que se exceda do límite das 24 horas, e sempre antes de que se procedese ao paso do servizo de recollida. Esta excepción non subsistirá na madrugada do sábado ao domingo, dado que non se presta o servizo de recollida do lixo, quedando prohibido depositar o lixo dende as 24 horas do venres (ou hora de peche do establecemento), ata as 19 horas do domingo.
c) Excepcionalmente poderá autorizarse mediante resolución de alcaldía o depósito de lixo do sábado ao domingo nos meses de verán no caso que se preste o servizo eses días da semana.
d) O depósito de residuos nos contedores situados no resto do municipio fóra do casco urbano de Santa Comba realizárase de 19 as 22 horas da véspera do día, ou no seu caso, días, que se anuncien para a recollida en cada parroquia ou lugar.
e) Recepción de residuos: Realizaráa o persoal adicado a este labor. Os produtores de residuos que os entreguen a un terceiro non autorizado serán responsables solidarios de calquera prexuízo que poida derivarse desa actuación, así como das sancións que proceda impoñer. Dos danos producidos no proceso de eliminación como consecuencia da mala fe na entrega dos residuos, será responsable o que fixera a entrega.
Artigo 38. Aproveitamento dos residuos
1. Unha vez depositados os residuos na rúa, dentro dos elementos de contención autorizados, mentres non son recollidos polos servizos municipais, adquirirán o carácter de propiedade municipal.
2. Ninguén pode recoller ou aproveitar ningún tipo de residuo sen autorización previa. Está prohibido seleccionar, clasificar e separar calquera clase de material residual depositado na vía pública mentres non son recollidos polos servizos de limpeza, salvo que se conte con licenza outorgada polo Concello.
3. O Concello poderá fomentar a través dos medios que considere oportunos as iniciativas públicas ou privadas encamiñadas á recollida selectiva e reciclaxe dos residuos.
Artigo 39. Recollida do lixo
1. O Concello establecerá o servizo de recollida domiciliaria do lixo coa frecuencia e horarios que considere máis idónea, e a través de calquera forma de xestión admitida en dereito.
2. O Concello poderá introducir en todo momento as modificacións ao programa de recollida que, por motivos de interese público, teña por conveniente. Os servizos municipais farán pública coa suficiente antelación calquera cambio de horario, de forma ou de frecuencia no servizo.
3. O lixo depositarase entre as 19:00 e as 22:00 horas da noite. Queda prohibido o depósito fóra do horario establecido no parágrafo anterior.
4. A madrugada do sábado ao domingo non se presta o servizo de recollida do lixo. Polo tanto, prohíbese depositar lixo durante dito período.
5. O disposto nos apartados 3 e 4 deste artigo entenderase sen prexuízo da excepción en canto ao horario de libramento do lixo que se recoñece con respecto aos locais de hostelería no artigo 37.b) desta Regulamento.
Artigo 40. Cualificación dos residuos
Os servizos de limpeza estarán facultados para interpretar segundo a natureza dos residuos o tipo de recollida que lles corresponda, así como a súa aceptabilidade ou non de acordo coas precisións desta Regulamento.
CAPITULO II. RESIDUOS DOMICILIARIOS
Artigo 41. Definición
Considéranse residuos domiciliarios aqueles que proceden da normal actividade doméstica, así como os producidos en establecementos comerciais que, pola súa natureza e volume, se asimilen aos anteriores, por non superar un volume na entrega diaria de 20 litros.
Artigo 42. Puntos de recollida
O Concello fomentará a separación en orixe dos residuos urbanos, facilitando o seu maior aproveitamento con fines de recuperación e reciclaxe. A tal fin, distribuirá en distintas áreas do termo municipal puntos de recollida, contedores ou recipientes especiales para o depósito diferenciado de materiais non orgánicos, tales como: vidrios, latas, pilas, papel e cartón.
Artigo 43. Operacións do servizo de recollida de residuos urbanos
A prestación do servizo de recollida de lixo comprenderá as seguintes operacións:
a) O traslado do lixo dende os puntos de libramento e o baleirado nos vehículos de recollida.
b) A devolución dos elementos de contención, logo de baleirados, aos puntos orixinarios, debendo deixalos colocados de xeito que non afecten á visibilidade do tráfico e non ocasionen molestias aos demais usuarios da vía.
c) A retirada dos residuos verteduras na vía pública como consecuencia destas operacións.
d) O transporte e a descarga dos residuos nos equipamentos habilitados a tal efecto.
Artigo 44. Recipientes para os residuos domiciliarios
1. A presentación dos residuos domiciliarios farase obrigatoriamente no tipo de recipiente normalizado que, en cada caso, sinale o Concello, de acordo coa natureza dos residuos, as características do sector ou a vía pública, e coa planificación realizada para a recollida e transporte por parte do servizo municipal competente.
2. Nas zonas, sectores ou barrios onde a recollida se efectúe mediante recipientes herméticos subministrados pola administración, os usuarios de tales recipientes teñen a obriga de conservalos e mantelos en axeitadas condicións, coa dilixencia que o dereito común require aos usuarios de bens alleos, e serán responsables do deterioro que os recipientes poidan sufrir pola súa culpa ou neglixencia.
Artigo 45. Uso dos recipientes para residuos urbanos
1. Os usuarios do servizo deberán cumprir as seguintes regras:
a) Usarase unicamente o contedor asignado á comunidade de veciños ou establecemento.
b) Só se depositarán verteduras urbanos, quedando excluídos os líquidos, entullos, enseres ou mobles, animais mortos, etc.
c) Non se depositará ningún material en combustión, nin se fará lume nas proximidades.
d) Os residuos depositaranse nos contedores en bolsas hermeticamente pechadas, nunca lixo a granel.
e) Aproveitarase a capacidade dos contedores, e para iso, se é preciso, partiranse os obxectos voluminosos
f) O contedor manterase sempre coa tapadeira pechada.
g) Non se modificará a súa ubicación sen autorización municipal, e a operación realizaráa o servizo de recollida ou limpeza.
h) Nas urbanizacións ou barrios con rúas interiores nas que sexa difícil o acceso do vehículo colector, os recipientes deberán colocarse ao paso do vehículo colector.
i) Os contedores manterase sempre ben conservados.
l) Queda prohibida estacionar vehículos de tal xeito que impidan o normal acceso aos contedores de lixo, tanto aos usuarios como ao persoal do servizo de recollida e limpeza.
m) Os servizos de recollida de lixo poderán rexeitar a retirada de lixo que non estea convenientemente presentado de acordo coas especificacións do apartado anterior.
Artigo 46. Contedores
A administración, ou a empresa que asuma a xestión indirecta do servizo, deberá proceder á limpeza dos elementos contedores sucios, así como impoñer a súa renovación, retirando incluso o contedor inservible e substituíndoo por un novo. Tanto no caso da limpeza como no da substitución, poderase imputar o custo do servizo ao responsable de acordo co que sinale a regulamento fiscal correspondente, e sen prexuízo de impoñer a sanción que proceda.
Artigo 47. Reservas de espacio
1. O Concello poderá establecer vados e reservas especiais do espacio urbano para carga, descarga e demais operacións necesarias para a colocación de contedores de lixo.
2. As urbanizacións de nova construcción deberán contar con espazos proxectados para a ubicación dos elementos de contención do lixo, que serán obxecto de fiscalización pola administración con carácter previo á súa colocación e, en todo caso, autorizados administrativamente. Deberase nestas instalacións facilitar o uso do servizo polos cidadáns e a preservación do entorno da urbanización.
3. Nas zonas onde o Concello estableza a recollida de lixo mediante o uso de contedores fixos na rúa, os cidadáns coidarán de non impedir as operacións correspondentes á súa descarga, carga e traslado. Esta conducta implicará unha infracción sancionable.
Artigo 48. Residuos en cantidades superiores á producción diaria normal
1. Cando unha entidade ou establecemento tivese, por calquera causa, que desprenderse de residuos urbanos en cantidades superiores ás que constitúen a producción diaria normal, non poderá depositalos conxuntamente cos residuos habituais.
2. Nos casos en que se dea a circunstancia do apartado anterior, a entidade poderá, logo da autorización municipal, transportalos a través dos seus propios medios aos puntos de transformación ou eliminación que correspondan á súa natureza, ou ben poderá solicitar a súa retirada por parte dos servizos públicos. En ámbolos dous casos, a administración pasará o correspondente cargo pola eliminación, transformación ou transporte dos residuos.
CAPITULO III.- RESIDUOS INDUSTRIAIS
Artigo 49. Concepto
Serán considerados residuos industriais especiais aqueles que polas súas características non poidan ser clasificados como inertes ou asimilables ós residuos urbanos e en xeral os que presenten un risco potencial para a saúde publica ou o medio ambiente.
Artigo 50. Obrigas
Os productores e posuídores de residuos industriais especiais, estarán obrigados a adopción de cantas medidas sexan necesarias para asegurar que o transporte, tratamento, eliminación ou, no seu caso, aproveitamento dos mesmos, se realice sen risco para as persoas.
Artigo 51. Autorización
1. Para desfacerse dos residuos industriais serán necesarias as c autorizacións esixidas pola Lei 10/1998, de Residuos. Indicándose, a vista da natureza e características dos mesmos, o lugar para a súa eliminación ou aproveitamento.
2. Os productores de residuos que poidan resultar tóxicos ou perigosos, deberán previamente á súa recollida, realizar un tratamento para eliminar ou reducir as súas características, así como adopta-las medidas para asegurar o seu traslado.
3. Nestes casos a empresa ou o productor destes residuos estará obrigado a cumpri-la normativa vixente.
Artigo 52. Verteduras e incineración
1. En ningún caso, se permitirá o vertido de residuos industriais que pola súa natureza sexan causantes de malos olores, etc. , en zonas próximas a vivendas e en lugares non preparados para isto, nin na rede de sumidoiro municipal.
2. Non pode realizarse no termo Municipal a eliminación de residuos mediante a súa incineración.
CAPÍTULO IV . RESIDUOS PERIGOSOS
Artigo 53. Residuos perigosos
1. Cando á xuízo do servizo municipal competente, e pola súa natureza, os residuos urbanos poidesen presentar características que os fagan tóxicos ou se atopen listados polo Real decreto 952/97, e na Lei 10/1998, esixirase ao seu productor ou posuidor que os deposite nos centros de tratamento autorizados para o efecto.
2. Os productores ou posuidores de residuos potencialmente perigosos, ou que polas súas características poidan producir trastornos no transporte e tratamento, serán responsables en todo momento de cantos danos se produzan. Quedan obrigados a presentar no Concello información completa da súa orixe e da cantidade e características do residuo.
CAPITULO V.- RESIDUOS ESPECIAIS.
SECCIÓN 1ª.- TERRAS E ENTULLOS
Artigo 54. Depósito de entullos
1. Queda terminantemente prohibido depositar nos recipientes normalizados, os entullos procedentes de calquera clase de obras.
2. Poderá autorizarse o vertido de entullo non asimilable nos terreos que propoña o solicitante sempre que se trate de material inerte. A solicitude tramitarase como licencia de obras ou, no seu caso, autorización autonómica, segundo a regulación establecida na Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, e normas concordantes.
3. Nos supostos de utilización do entullo ou terras para recheos ou utilización en terreos particulares, deberá solicitarse previamente a preceptiva licencia municipal, acompañando no seu caso memoria sobre impacto medioambiental.
Poderá autorizarse así mesmo con carácter provisional o deposito de entullos namentres se realice unha obra determinada.
5. Queda prohibido o acumular productos perecedoiros en solares ou terreos.
Artigo 55. Prohibición de depósito de entullos na vía pública
1. Prohíbese depositar na vía publica toda clase de entullos ou desfeitos procedentes de obras de construción e remodelación de edificios ou de obras realizadas no interior dos mesmos, sexa na totalidade ou nalgunha das vivendas.
2. Igualmente queda prohibido almacenar na vía publica, fóra dos limites do valado protector das obras, material de construción: area, ladrillos, cemento, etc., así como a súa manipulación.
Artigo 56. Contedores de almacenamento
1. Os residuos e materiais do artigo anterior so poderán almacenarse na vía publica utilizando para isto contedores adecuados a cal instalación deberá cumpri-los requisitos e condicións que se sinalan na Regulamento Municipal correspondente ou sexan autorizados polo Concello.
2. A colocación de contedores requirirá autorización municipal, previo abono das taxas correspondentes.
3. Os contedores deben estar dotados dos dispositivos adecuados que permitan mantelos cubertos cando nos sexan utilizados, para preserva-lo ornato urbano e evitar que outras persoas arroxen naqueles varreduras domiciliarias ou trastes inútiles.
4. Cando os contedores se atopen cheos de entullos procederase, en prazo non superior a vinte e catro horas, a súa retirada e substitución por outros baleiros. A estes efectos materiais depositados no poderán exceder en ningún caso o plano delimitado polas arestas superiores do colector, estando prohibido o uso de suplementos ou engadidos para aumenta-la capacidade do recipiente.
En caso de incumprimento, o Concello poderá retira-lo colector, que unha vez baleirado quedara en depósito, previo pago dos gastos a que ascenda a retirada, transporte e vertido.
5. Os contedores deberán se retirados, a ser posible, os sábados antes das 20 horas e non poderán se instalados antes das 8 horas do luns. Caso de que houbera días festivos na semana, así mesmo deberán ser retirados os contedores.
SECCIÓN 2ª.- MOBLES, UTENSILIOS E OBXECTOS INÚTILES.
Artigo 57. Prohibición de Abandono
1. Queda prohibido depositar nos espazos públicos, mobles, enseres e obxectos inútiles para que sexan retirados polos camións contedores da recollida domiciliaria.
2. Queda prohibido depositar na vía publica obxectos para reserva de espacio.
3. Queda prohibido o ter como expositores na vía publica, vehículos ou calquera outro aparello, así mesmo utiliza-la vía pública como exposición de alimentos ou materiais. Estes artigos poderán se requisados por persoal municipal e sempre se cobraran as taxas correspondentes.
6. As persoas que desexen desprenderse de tales elementos o solicitarán, no seu caso, debendo abonar aquelas os custos si os houbera.
SECCIÓN 3ª. VEHÍCULOS ABANDONADOS
Artigo 58. Consideración de vehículo abandonado
1. De acordo coa normativa de seguridade vial, considérase vehículo abandonado o que se atope nalgún destes casos:
a) Cando transcorran máis de dous meses dende que o vehículo se depositou logo da súa retirada da vía pública por parte da autoridade competente.
b) Cando permaneza estacionado por un tempo superior a un mes no mesmo lugar e presente desperfectos que fagan imposible o seu desprazamento polos seus propios medios ou lle falten as placas de matrícula.
c) Cando o estado de suciedade exterior ou interior indique abandono.
d) Cando teña unha ou máis rodas baixas ou careza dalgunha.
e) Cando acumule suciedade baixo o vehículo a consecuencia da inmobilidade.
f) Si o vehículo ten cristais rotos, portas abertas, falta de asentos, etc.
2. Cando un vehículo se atope nun dos casos previstos no apartado anterior terá o tratamento de residuo sólido urbano.
Artigo 59. Prohibición
1. Queda prohibido, en todo caso, abandoar vehículos fóra de uso nas vías ou espazos públicos.
2. Aqueles vehículos definidos no artigo 58 serán retirados polos servizos municipais.
3. Calquera persoa poderá comunicar ao Concello ou aos axentes da autoridade a existencia dun vehículo ou dos seus restos posiblemente abandonados, sen que por tal actuación adquira dereito ningún sobre aqueles ou o seu valor.
Artigo 60. Retirada dos vehículos
1. Cando se retire un vehículo da vía pública que teña as características descritas no artigo 58, o Concello notificará ao titular ou lexítimo propietario a retirada do vehículo.
2. No suposto contemplado no artigo 58.1.a), naqueles vehículos que, aínda tendo signos de abandono, manteñan a placa de identificación ou dispoñan de calquera signo ou marca visible que permite a identificación do seu titular, requerirase a este, unha vez transcorridos os correspondentes prazos, para que en 15 días retire o vehículo do depósito, coa advertencia de que, no caso contrario, procederase ao seu tratamento como residuo sólido urbano.
3. No caso de que o propietario do vehículo ou os seus restos fose descoñecido, a notificación indicada efectuarase no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial de Provincia da Coruña.
Artigo 61. Depósito dos vehículos e gastos
Os vehículos recollidos polos servizos municipais do Concello depositaranse nas dependencias municipais destinadas a tal efecto, e os seus titulares quedan obrigados a aboar a taxa que corresponda polo depósito e retirada fixada na regulamento fiscal correspondente.
Artigo 62. Eliminación
Unha vez transcorrido o prazo para que o titular do vehículo o retire sen que así o faga, será tratado como residuo sólido urbano, e o Concello adquirirá a súa propiedade para poñelo a disposición dun xestor de residuos autorizado para a súa eliminación, tramitándose a súa correspondente baixa definitiva ante a administración de Tráfico.
SECCIÓN 4ª.- ANIMAIS MORTOS.
Artigo 63. Traslado
As persoas que necesiten desprenderse de animais mortos, trasladaranos ao lugar establecido, debendo indicar aos operarios do mesmo, a causa da morte, co fin de que se adopten as medidas sanitarias pertinentes na súa eliminación; antes de levalos ao lugar establecido, deberán obter o permiso municipal ou sanitario correspondente.
Artigo 64. Retirada
A retirada de animais mortos na vía publica, será competencia do Servizo Municipal de Limpeza, ou empresa concesionaria do servizo e do propietario si é coñecido.
SECCIÓN 5ª.- RESIDUOS CLÍNICOS.
Artigo 65. Concepto
A efectos desta Regulamento, considéranse residuos clínicos:
1. Os procedentes de vendaxes, gasas, algodón, xiringas, restos de medicamentos ou os seus envases, tubos de ensaio, etc.
2. Os asimilables ou residuos domiciliarios, tales como restos de comida, lixo procedentes da limpeza, embalaxes, de residencias e centros sanitarios.
3. En xeral todo residuos que se produza en clínicas, centro de saúde, laboratorios e demais establecementos de carácter análogo.
Artigo 66. Obrigas
1. Os residuos procedentes de centros sanitarios teñen que estar debidamente envasados e pechados utilizando para isto recipiente normalizados.
2. En ningún caso se permitirá o depósito ou vertido de materiais radioactivos, nin de restos patolóxicos.
3. Non se autoriza o vertido no termo municipal debendo facelo nos autorizados pola Comunidad Autónoma.
SECCIÓN 6ª.- OUTROS RESIDUOS.
Artigo 67. Definición
Inclúense neste epígrafe calquera outros residuos non sinalados especificamente entre os especiais ou aqueles que; procedendo de actividades comerciais esixan unha recollida, transporte ou tratamento selectivo por razón das condicións anormais en que os mesmos puideran encontrarse.
Artigo 68. Alimentos deteriorados
Os donos dos establecementos comerciais que teñan que desprenderse, en grande cantidade, de alimentos deteriorados, conservas caducadas, deberán traslada-los aos lugares de depósito autorizados.
Artigo 69. Vertedura de aceites ou líquidos
Non se permitirá a vertedura de produtos químicos materias graxas, oleaxinosas, líquidos e calquera outro material non asimilable ou que sexan propios de vertedoiros industriais ou especiais, nin en contedores nin en sumidoiros.
TITULO IV.- TRATAMENTO DE RESIDUOS.
Artigo 70. Competencia Municipal
1. Son de exclusiva competencia municipal, de existir, os vertedoiros e planta de eliminación de lixo e residuos urbanos.
2. As instalacións industriais para a eliminación e aproveitamento dos residuos, nas súas formas de compostaxe, reciclado, incineración, pirolise e pirofusión, etc., estarán o que dispoñan as leis vixentes na materia.
3. Todo vertedoiro clandestino será clausurado inmediatamente sen prexuízo das sancións a que houbera lugar.
TITULO V.- PUNTO LIMPO MUNICIPAL
Artigo 71. Definición
O Punto Limpo Municipal, situado no polígono industrial de Santa Comba, é unha instalación de titularidade municipal para a entrega voluntaria por parte dos cidadáns de aqueles residuos que non poden depositarse nos contedores de recollida de lixo.
O Punto Limpo Municipal deberá abrir alomenos dous días á semana en horarios axeitados para o cumplimento do seu fin. O horario será determinado pola Alcaldía e suficientemente publicitado.
Artigo 72. Residuos Admitidos
Poderán depositarse os seguintes residuos:
- Entullos de obra doméstica (ata 25 Kg.)
- Ferralla
- Mobles (máx. 3 uds)
- Colchóns (máx. 2 uds)
- Sofás (máx. 3 uds)
- Metais e restos metálicos (ata 60 Kg.)
- Plásticos domiciliarios (ata 10 Kg.)
- Plásticos de silos o invernadoiros (ata 100 Kg.)
- Aerosoles
- Baterías
- Pilas
- Aceites vexetais (máx. 8 litros)
- Aceites minerais (máx. 5 litros)
- Tubos fluorescentes e lámpadas
- Disolventes, pinturas e vernices domésticos (máx. 1 Kg.)
- Electrodomésticos con CFC's (máx. 1 ud)
- Electrodomésticos sin CFC's (máx. 2 uds)
- Textiles e restos
TÍTULO VI .- RÉXIME SANCIONADOR
CAPÍTULO I.- NORMAS XERAIS
Artigo 73. Denuncias
1. O Concello a través dos servizos técnicos e dos axentes da policía municipal ou outro persoal municipal denunciaran cantas infraccións se produzan en relación coas normas da presente regulamento.
2. Igualmente poderá calquera persoa natural ou xurídica denunciar ante o Concello as infraccións da presente regulamento sempre que ostente interese lexítimo e directo.
3. A denuncia deberá conter os datos precisos para facilitar aos servizos municipais a correspondente comprobación.
4. Nos casos de recoñecida urxencia, poderase recurrir directamente aos servizos municipais que teñan encomendada a xestión destes supostos. Estes, logo de comprobalo, adoptarán as medidas de urxencia necesarias.
5. En todo caso, as denuncias formuladas polos particulares darán lugar á incoación do oportuno expediente, e se notificarán aos interesados as resolucións adoptadas.
Artigo 74. Reposición dos danos causados
A vulneración do disposto na presente Regulamento pode dar lugar a que o Concello adopte as medidas precisas para que se restaure a realidade física alterada ou transformada como consecuencia das citadas actuacións, utilizándose os procedementos de execución forzosa recoñecidos pola normativa de procedemento administrativo, e sen prexuízo da obriga de indemnizar os danos e perdas causados.
Artigo 75. Infraccións
1. Considéranse infraccións administrativas en relación coas materias a que se refire esta Regulamento os actos e omisións que contraveñan o establecido no seu contido.
2. As infraccións clasificaranse en leves, graves e moi graves.
Artigo 76. Responsabilidades por incumprimentos
1. As responsabilidades polos incumprimentos das obrigas sinaladas nesta Regulamento serán esixibles non só por actos propios, senón tamén polos de aquelas persoas de quen se deba responder e polo proceder dos animais dos que se fose propietario ou posuidor.
2. Cando se trate de obrigas colectivas, tales como o uso, conservación e limpeza de recipientes normalizados, limpeza de zonas comúns, etc., a responsabilidade atribuirase á respectiva comunidade de propietarios ou habitantes do inmoble cando aquela non estea constituída, e as denuncias efectuaranse contra ela ou contra a persoa que actúe como representante.
CAPÍTULO II.- INFRACCIÓNS
Artigo 77. Infraccións leves
Cualificaranse como infraccións leves as que seguen:
a) Botar desperdicios na vía pública, así como realizar as operacións prohibidas do artigo 10, agás a do número 2, que terá carácter de grave.
b) Non manter en constante estado de limpeza as diferentes partes dos inmobles visibles dende a vía pública.
c) Deixar na vía pública residuos procedentes da limpeza de escaparates, portas e toldos de establecementos comerciais, ou a non limpeza das beirarrúas cando corresponda.
d) Rachar, ensuciar ou arrincar carteis ou anuncios instalados nos lugares ou emprazamentos autorizados.
e) Con relación aos recipientes herméticos e contedores normalizados de lixo, a súa falta de coidado, a colocación incorrecta nas vías públicas ou retiralos fóra do tempo establecido, desbordalos de lixo e non colocalos ao paso do camión da recollida.
f) Presentar as escorias e cinzas dos xeradores de calor en recipientes non homologados.
g) Incumprir as regras de uso dos recipientes para residuos urbanos sinaladas no artigo 45.
h) Non limpar as deposicións de cans ou outros animais cando se estea obrigado a facelo, e incumplir a normativa de tránsito de animais establecida no artigo 29.
i) Facer o libramento de residuos domiciliarios fóra dos horarios autorizados.
l) Calquera outra acción ou omisión contraria ás disposicións desta Regulamento non expresamente cualificada como grave ou moi grave.
Artigo 78. Infraccións graves
Cualificaranse como infraccións graves as seguintes:
a) Realizar as operacións prohibidas que supoñan verteduras particularizados no artigo 12 desta Regulamento.
b) Realizar actos de propaganda mediante o reparto, pegado ou lanzamento de carteis, folletos ou octavillas que lixen ou se coloquen nos espazos públicos, cando non se conte coa autorización preceptiva, así como a realización de publicidade con megafonía non autorizada.
c) O fixado de carteis no arborado.
d) Omitir as operacións de limpeza logo da carga e descarga de vehículos, e incumprir as obrigas establecidas para as actividades de obras no artigo 15, e o transporte de terras no artigo 18.
e) Non retirar no prazo establecido os entullos procedentes de obras na vía pública, así como almacenar nela entullos ou materiais de construcción, sen utilizar os contedores, ou colocar os mesmos con incumprimento do establecido na Regulamento, e incumprir as demais obrigas sinaladas na Sección 1ª do Capítulo V do Título III da presente Regulamento.
f) Colocar carteis en lugares non permitidos e realizar inscricións ou pintadas.
g) Usar indebidamente ou danar os recipientes herméticos subministrados ou as papeleiras en terreos de dominio público.
h) Abandoar mobles ou enseres voluminosos na vía pública ou espazos públicos.
i) Abandoar cadáveres de animais na vía pública, no lixo domiciliario, ou nos espazos públicos.
l) Depositar os residuos sanitarios ou os procedentes de locais de hostelería en recipientes non normalizados.
m) Evacuar residuos sólidos ou líquidos pola rede de sumidoiros municipal.
n) O consumo de bebidas alcohólicas na vía pública.
o) Danar as papeleiras ou o resto de mobiliario urbano, movelas, volcalas ou arrincalas, facer pintadas nestes elementos, así como calquera outro acto que deteriore a súa presentación, e sempre e cando estas infraccións non tiveran a consideración de moi graves.
p) Facer lume na vía pública, sexa no pavimento das calzadas ou no das beirarrúas, sempre e cando esta infracción non tivera a consideración de moi grave.
q) Facer o libramento de residuos dos locais de hostelería e os de terras e entullos fóra dos horarios autorizados.
r) A comisión de dúas faltas leves no prazo de dous anos. Para estes efectos, entenderase cometida a falta cando estea rematado o expediente sancionador na vía administrativa, con independencia do recurso contencioso administrativo que se poida interpoñer contra a resolución sancionadora.
Artigo 79. Infraccións moi graves
Cualificaranse como infraccións moi graves as seguintes:
a) Adicarse á recollida, transporte ou aproveitamento de residuos sen a debida autorización, ou entregalos a quen teña tal adicación.
b) A vertedura incontrolada de residuos industriais, perigosos e tamén os sanitarios que non estean asimilados a residuos domiciliarios.
c) O abandono dun vehículo fóra de uso nas vías públicas ou espazos públicos.
d) Non proporcionar ao Concello información sobre a orixe, cantidade e características dos residuos que poidan producir trastornos medioambientais no transporte ou tratamento, así como proporcionar datos falsos ou obstruír o labor inspector nos supostos de residuos industriais.
e) Facer lume na vía pública, sexa no pavimento das calzadas ou no das beirarrúas, cando se produzan danos nos mesmos que os fagan inservibles ou os deterioren gravemente.
f) A comisión de dúas faltas graves no prazo de dous anos. Para estes efectos, enténdese cometida a falta cando estea rematado o expediente sancionador na vía administrativa, con independencia do recurso contencioso administrativo que se poida interpoñer contra a resolución sancionadora.
CAPÍTULO III.- SANCIÓNS
Artigo 80. Sancións
1. A comisión dunha infracción administrativa das tipificadas no Capítulo anterior determinará, logo da instrución do correspondente procedemento sancionador, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo común, a imposición das sancións sinaladas neste artigo. Os límites das sancións ordenaranse de acordo co establecido na Lei 57/03, de medidas para a modernización do goberno local.
2. Os límites dispostos no apartado anterior utilizaranse sen prexuízo da aplicación das sancións previstas na Lei 10/98, do 21 de abril, de residuos, no suposto referido no artigo 37.2 desta lei, e sen prexuízo ,, da esixencia, cando proceda, das responsabilidades de carácter penal ou civil correspondentes.
3. As infraccións leves serán sancionadas con multa de contía variable dende 60 ata 500 euros.
4. As infraccións graves serán sancionadas con multa de contía variable dende 501 ata 1.500 euros.
5. As infraccións moi graves serán sancionadas con multa de contía variable dende 1.501 ata 3.000 euros.
6. En ningún caso a sanción será inferior ao beneficio económico que a infracción supoña para o infractor.
Artigo 81. Gradación das sancións
Na gradación das sancións deberase gardar a axeitada adecuación entre a gravidade da infracción cometida e a sanción aplicada. Valorarase a existencia de intencionalidade, a natureza dos prexuízos causados, a reiteración na comisión dos feitos e a intensidade dos danos causados a bens públicos ou as perturbacións ocasionadas aos demais usuarios da vía pública.
Artigo 82. Competencia para impoñer as sancións
1. O alcalde do Concello, ou ben o concelleiro que teña delegadas as funcións, serán competentes para impoñer as sancións cando procedan, logo da instrución do correspondente expediente sancionador.
2. Será competencia do alcalde, ou do concelleiro en quen delegue, garantir o exacto cumprimento das normas contidas nesta Regulamento, a través dos servizos administrativos aos que se lle encomenden estas funcións e co auxilio da Policía Local.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Queda derrogadas cantas disposicións se opoñan á presente Regulamento.
DISPOSICIÓN FINAL
Esta Regulamento entrará en vigor unha vez cumpridos os trámites de exposición pública e aprobación definitiva (se é o caso), transcorra o prazo regulamentario a que se refire o artigo 70.2 en relación co artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, de bases do réxime local, e se publique integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia.
Santa Comba, 28 de febreiro de 2007.
O ALCALDE,
Asdo.: José Toja Parajó.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Rango legal
Regulamento
Clasificación
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS