REGULAMENTO DO USO E VERTEDURAS Á REDE MUNICIPAL DE SANEAMENTO DE PONTEVEDRA

Boletin Oficial Provincial, 10-05-2007, Núm. 91, Páx. 39
REGULAMENTO DO USO E VERTEDURAS Á REDE MUNICIPAL DE SANEAMENTO DE PONTEVEDRA PREÁMBULO O obxectivo do Concello de Pontevedra é dotarse dun instrumento normativo que faga compatíbeis, de forma razoábel, o desenvolvemento urbano económico e social coa mellora da calidade de vida e un desenvolvemento sostíbel. Os veciños gozarán duns servizos de calidade para o que resulta imprescindíbel dotarse dun corpo normativo que faga compatíbel os dereitos dos veciños e veciñas co necesario coidado e mantemento deses servizos, evitando calquera deterioro, menoscabo, degradación ou entorpecemento dos mesmos. A Directiva 91/271/CEE, de 21 de maio, relativa ao tratamento das augas residuais urbanas, sinala a necesidade de que as verteduras de augas residuais industriais que sexan incorporadas ao sistema de saneamento e depuración de augas residuais urbanas, sufran un tratamento previo para garantir, principalmente, que non teñan efectos nocivos sobre as persoas e o medio ambiente, e que non deterioren a infraestrutura de saneamento e depuración. Este regulamento, que se fundamenta naquela Directiva, toma tamén como referencia o Real Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de xullo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas e o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, aprobado por Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, xunto ao Real Decreto-Lei 11/1995, de 28 de decembro, polo que se establecen normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, enmarcándose, no que a asignación de competencias se refire, na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local e na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, concretamente nos seus artigos 25 e 80, respectivamente que estabelecen que os municipios exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en materia de rede de sumidoiros e tratamento de augas residuais. Neste sentido cabe resaltar que a disposición adicional segunda da Lei 8/2001, de 2 de agosto, de Protección da Calidade das Augas das Rías de Galicia e de Ordenación do Servizo de Depuración das Residuais Urbanas, obriga aos Concellos que se encontren incluídos, na súa totalidade ou en parte, dentro do ámbito territorial desta lei, que deberán, no prazo de un ano a partir da entrada en vigor desta lei, aprobar ou, de ser o caso, revisar as súas correspondentes ordenanzas de verteduras, co fin de adecualas aos obxectivos de calidade estabelecidos nesta lei, para o que poderán contar co asesoramento da Administración hidráulica de Galicia. O Excmo. Concello de Pontevedra presta o servizo de sumidoiros e depuración das augas residuais e pluviais a través da empresa adxudicataria do servizo de mantemento da rede de saneamento e depuración de augas residuais. TÍTULO I - DISPOSICIÓNS XERAIS: DEFINICIÓN, FINALIDADES E CONCEPTOS ARTIGO 1º 1.— Constitúe o obxecto desta disposición a regulación do uso da rede municipal de saneamento ou sumidoiros públicos e das súas instalacións complementarias e colectores, fixando as prescricións ás que deben someterse as verteduras de augas a esa rede, tanto residuais como pluviais. Quedan, por conseguinte, sometidas aos seus preceptos todas as verteduras de augas residuais e pluviais, directos e indirectos tanto de natureza doméstica como industrial, que efectúen os usuarios actuais e futuros, ás conducións de saneamento e colectores que se integren ou vertan na rede pública do Concello de Pontevedra, desde edificios, industrias ou explotacións. 2.— Son finalidades deste Regulamento: Regular o uso e control dos sistemas públicos de saneamento para garantir o seu correcto funcionamento, así como o réxime de autorizacións municipais á que deben someterse os diferentes usuarios. Preservar aos bens ambientais das augas residuais que reciban, mediante a utilización de tratamentos axeitados para mellorar os obxectivos de calidade asignados a cada un destes medios e eliminar daquelas os efectos prexudiciais, insalubres ou nocivos e previr os sistemas de depuración de augas residuais da entrada de substancias prohibidas ou non tratables, con concentracións contaminantes superiores á capacidade de tratamento e aquelas que teñan un efecto prexudicial para estes sistemas. Protexela seguridade e salubridade pública e das instalacións da rede de sumidoiros. Establecer un réxime sancionador adecuado para o caso de incumprimento deste Regulamento, sen prexuízo das disposicións da lexislación sectorial específica en función do ben obxecto de protección. Melloralo contido dos lodos resultantes da depuración de augas residuais en beneficio da súa reutilización ambiental. ARTIGO 2º.- Para os efectos deste regulamento establécense as definicións seguintes: — Licenza de conexión: Autorización de conexión da acometida particular á rede de sumidoiros. — Permiso de vertedura: Autorización outorgada tras a tramitación dun procedemento que permita verter augas non domésticas á rede de sumidoiros. — Usuario: Aquela persoa física ou xurídica que solicite e á que se lle conceda a preceptiva licenza municipal para verteduras de augas residuais á rede de sumidoiros. — Actividade industrial: Calquera estabelecemento ou instalación que efectúe verteduras industriais ás instalacións de sumidoiros e saneamento. — Augas residuais: Augas utilizadas que, procedentes de vivendas e instalacións comerciais, industrias, sanitarias, comunitarias ou públicas, son admitidas nas instalacións públicas de sumidoiros e saneamento. — Augas residuais domésticas: Aquelas que están formadas polos restos líquidos procedentes da preparación, cocción e manipulación de alimentos, así como secrecións humanas ou materias semellantes vertidas a través das instalacións sanitarias das vivendas, ou de calquera outra instalación mencionada no parágrafo anterior. — Augas residuais industriais: Aquelas procedentes das instalacións xa mencionadas e que son debidas aos procesos propios desas actividades, comportando presencia de restos, como consecuencia dos mesmos, e, en xeral, diferentes dos mencionados no parágrafo anterior. — Augas industriais non contaminadas: As procedentes das instalacións da actividade industrial definida, que foron utilizadas unicamente para refrixeración de máquinas ou que foron depuradas e sexan susceptíbeis de vertido no colector de pluviais dada a súa inocuidade, e cumpran en ambos os casos co presente Regulamento. — Augas pluviais: As producidas simultaneamente ou inmediatamente a continuación de calquera forma de precipitación natural e como resultado da mesma. — Rede de sumidoiros: Conxunto de condutos e instalacións que, no subsolo dos municipios, serven para a evacuación de augas residuais e pluviais. — Sumidoiro público: Todo conxunto subterráneo de saneamento construído ou aceptado polo Concello para servizo xeral do seu territorio ou parte do mesmo, dos que a súa limpeza e conservación perténcelle ao Concello ou, por adxudicación das mesmas, á empresa adxudicataria. — Empalme: Aquel conduto subterráneo colocado transversalmente á vía pública, que sirva para conducir as augas residuais ou pluviais dende un edificio a un sumidoiro público. — Embornal: Toda instalación composta de boca e dispositivo de caída e condución ata a rede de sumidoiros, destinado a recoller e conducir á rede de sumidoiros públicos as augas superficiais de escorrentías dunha vía pública. — Informe de vertedura: Informe obrigatorio que deberá emitir o servizo de saneamento, en todas as solicitudes de conexión á rede de sumidoiros. — Estación depuradora: Aquela instalación na que se someten as augas residuais a un tratamento de depuración física, biolóxica ou química, tal que permita a súa posterior reutilización para diversos fins ou a súa reincorporación ao medio natural. — Verteduras residuais: Toda materia residual sólida, líquida ou gasosa, incluídas as augas de refrixeración, resultante dunha actividade manufactureira ou industrial, e outras non asimilábeis a augas residuais domésticas ou de desenvolvemento, recuperación ou procesamento de recursos naturais. — Verteduras perigosas: Toda vertedura, voluntaria ou involuntaria, que poida ocasionarlles unha emerxencia real ou potencial ás persoas, instalacións ou ao propio leito receptor. — Verteduras limitadas: Toda vertedura que polo seu potencial contaminador e baixo certas limitacións poida tolerarse nas instalacións municipais e no seu leito receptor. — Verteduras permitidas: Calquera vertedura tolerábel ou inofensiva que teña concedida a correspondente autorización de vertedura. — Verteduras prohibidas: Aquelas verteduras que pola súa natureza e perigosidade son totalmente inadmisíbeis nas instalacións de sumidoiros e depuración, ou aqueles que excedan dos parámetros estabelecidos nos artigos 12 e 13 deste Regulamento. ARTIGO 3º 1. Corresponde ao Concello de Pontevedra, a través do órgano ambiental competente, velar polo cumprimento deste regulamento, previr, vixiar e controlar a súa aplicación, adoptar as medidas cautelares ou provisionais procedentes e cantas accións conduzan a súa observancia. 2. A competencia, en cada caso, se determinará de conformidade coa organización dos Servizos administrativos e o réxime de delegación de competencias que se estableza a través de decretos da Alcaldía e acordos da Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra. 3. O Concello de Pontevedra ten encomendada á empresa concesionaria do servizo de mantemento da rede de saneamento e depuración de augas residuais, en adiante, a “concesionaria” a administración e explotación dos servizos aos que se refire este Regulamento e a súa actividade, efectuando, entre outras, aquelas funcións de mantemento, conservación, instalación, vixilancia, control, supervisión e denuncia de todos aqueles actos que supoñan o incumprimento deste regulamento, actuando, neste último caso, en coordinación cos Servizos Técnicos Municipais de Medio Ambiente, Infraestrutura e Enxeñería e de Inspección Municipal, que exercerán as funcións de inspección por medio do seu persoal técnico competente. ARTIGO 4º.- Sen prexuízo do estabelecido no presente Regulamento, a construción de calquera elemento da rede de sumidoiros, empalmes, embornais, etc., axustarase ao disposto nos anexos deste Regulamento e á normativa ambiental e urbanística do Concello, así como ás “Normas Tecnolóxicas da Edificación: Instalacións de Salubridade e Saneamento” (NTE-ISS). TÍTULO II - DESCARGA DE VERTEDURAS LÍQUIDAS RESIDUAIS CAPÍTULO I - DAS AUTORIZACIÓNS DE VERTEDURAS RESIDUAIS ARTIGO 5º.- A tódalas edificacións, industrias ou explotacións, tanto de natureza pública como privada, con independencia do seu uso e da coexistencia de diferentes usos nos mesmos, seranlle de aplicación, consonte coas súas características, as respectivas disposicións e preceptos do presente Regulamento en función da súa conexión actual ou futura. Todas as instalacións, tanto existentes como futuras, deberanse conectar á rede de sumidoiros a través do correspondente empalme. Non se permitirán verteduras a ceo aberto, nin a sumidoiros alleos a rede municipal de saneamento, nin a eliminación de augas residuais por inxección ao subsolo. Se excepcionalmente e por circunstancias debidamente xustificadas que sexan obxectivamente verificadas se poderán autorizar verteduras a canles públicas ou outros sistemas de eliminación das mesmas, debendo axustarse en tal caso ao estabelecido na Lei de augas e disposicións complementarias ou outra normativa que resulte de aplicación. Os usuarios domésticos non precisarán, para obter a licenza de Conexión á rede de sumidoiros, do permiso de vertedura. As industrias, explotacións ou instalacións responsables de calquera descarga de augas residuais non domésticas á rede de sumidoiros, deberán remitir ao Concello ou ben a través do Servizo concesionario no seu caso, a documentación a que se fai referencia no Anexo I do presente Regulamento, para a obtención do correspondente permiso de verteduras. Así mesmo a solicitude de autorización de vertedura incluirá unha declaración responsable asinada polo titular ou representante da persoa física ou xurídica que solicita a vertedura, por medio da cal declare o cumprimento deste Regulamento en canto a que non se verte ningunha substancia das catalogadas como prohibidas nin se excedan as concentracións máximas permitidas para aquelas que se especifican no capítulo 3º do presente Título. A solicitude de vertedura e a declaración responsable axustaranse ao modelo que figura no Anexo IV. Quedan exceptuados da referida obriga, os titulares de actividades propias de comercios, oficinas e despachos, cando estas se realicen en locais divisionarios de edificios de vivendas, para os que non poidan estabelecerse condicións de vertedura diferenciadas. A concesión de licenza de primeira ocupación nos edificios suxeitos á respectiva Ordenanza Municipal reguladora (BOP nº 211 do 31710/97) será precisa para obtención da Licenza de Conexión, así mesmo a Licenza ou permiso de apertura, nas instalacións ou actividades industriais ben resultantes da súa construción, ampliación ou modificación da estrutura ou do seu uso, será precisa para obtención do Permiso de Vertedura e da Licenza de Conexión. ARTIGO 6º.- O Servizo de saneamento estudará a documen¬tación achegada polos usuarios non domésticos, para a concesión do permiso de vertedura; realizará unha visita ás instalacións e as análises que estime oportunas da composición da vertedura para comprobar que cumpre as condicións impostas neste Regulamento, con cargo ao peticionario, e informará ao respecto ao Concello para a súa aprobación ou denegación. Para a concesión da Licenza de Conexión á rede de sumidoiros para os usuarios domésticos e os non domésticos con permiso de vertedura concedido, o Servizo realizará un orzamento das obras e instalacións a realizar para a dita conexión, segundo o cadro de prezos vixente aprobado polo Concello quen será o que aprobe a licenza. Outorgadas a licenza ou permiso preceptivo, efectuado o aboamento dos tributos municipais correspondentes e a totalidade do orzamento por parte das persoas ou entidades peticionarias, no seu caso, procederase á realización das obras e instalacións necesarias, correspondéndolle a titularidade da acometida efectuada á persoa ou entidade peticionaria. ARTIGO 7º.- Os usuarios que dispoñendo de permiso de vertedura efectúen modificacións nas súas instalacións ou no uso das mesmas causen variacións no efluente, deberán solicitar un novo permiso de vertedura á rede de sumidoiros. Os usuarios da rede de sumidoiros deberán efectuar o pretratamento necesario das súas augas residuais para adecualas ás esixencias do presente Regulamento. Ditas instalacións deberán ser construídas e explotadas polo propio usuario, totalmente ao seu cargo. As instalacións de pretratamento ás que se refire o parágrafo anterior, poderán ser realizadas por un só usuario ou unha agrupación deles, sempre que esta última estea legalmente constituída. ARTIGO 8º.- O Concello, naqueles casos que se coide procedente, en función dos datos de que se dispoña, e/ou do informe de vertedura, poderán esixir a adopción de medidas especiais de seguridade co fin de evitar accidentes que puidesen supoñer unha vertedura incontrolada á rede xeral, de produtos almacenados de carácter perigoso. ARTIGO 9º.- As instalacións existentes no momento de entra¬da en vigor do presente Regulamento e que vertan augas residuais á rede de sumidoiros deberán solicitar o permiso de vertedura segundo o disposto nesta norma e no prazo e forma que se fixa nas súa disposicións transitorias. ARTIGO 10º.- Os usuarios da rede de sumidoiros e instalacións complementarias de depuración, deberán satisfacer as taxas, e no seu caso, cánones que por ditos feitos lles corresponda. O importe das mesmas será fixado na correspondente ordenanza municipal e neste Regulamento. Os permisos de vertedura outorgaranse por un período de tempo non inferior a cinco anos e se á expiración dos mesmos, o titular non recibe aviso ou notificación da Administración no sentido contrario, considérase prorrogado ata que a Administración se pronuncie sobre o particular. O período de tempo do permiso de vertedura estará suxeito a modificación, se hai variacións pola banda da propia vertedura (segundo o artigo 7), ou ben por necesidades do Concello. O usuario será informado con antelación das posíbeis modificacións e disporá de tempo necesario previamente xustificado e aceptado pola Administración para a adaptación ao seu cumprimento. O permiso deberá incluír os seguintes extremos: a) Valores máximos e medios permitidos en concentración e en características das augas residuais vertidas. b) Limitacións en relación co caudal e co horario das descargas. c) Esixencias referentes ao mantemento, informes técnicos e rexistros en relación coas verteduras. d) Programas de cumprimento, en relación coas posibilidades do servizo. e) Condicións complementarias que aseguren o cumprimento deste Regulamento. f) O número de inspeccións e análises que se realizarán anualmente con cargo ao responsábel da vertedura para comprobar as características. CAPÍTULO II - CONTROL DA CONTAMINACIÓN DE ORIXE ARTIGO 11º.- A regulación da contaminación na orixe, me¬diante prohibicións e limitacións nas descargas de verteduras, estabelécese cos seguintes fins: 1º) Protexer a cunca receptora, eliminando calquera efecto tóxico, crónico ou agudo, tanto para as persoas coma para os recursos naturais e preservar a calidade do medio receptor tendo en conta os tipos de depuración. 2º) Salvagardar a integridade e seguridade das persoas e instalacións de saneamento. 3º) Previr de toda anomalía os procesos de depuración empregados. CAPÍTULO III - VERTEDURAS PROHIBIDAS E LIMITADAS ARTIGO 12º.- Con carácter xeral queda totalmente prohibido verter directa ou indirectamente á rede de sumidoiros calquera dos seguintes produtos: 1º— Mesturas explosivas. — Entenderase como tales, aqueles sólidos, líquidos, gases ou vapores que por razón da súa natureza ou cantidade sexan ou poidan ser suficientes por si mesmos, ou en presenza doutras substancias, de provocar ignicións ou explosións. En ningún momento as medicións sucesivas efectuadas con un explosímetro no punto de descarga da vertedura á rede xeral deberán indicar valores superiores ao 5% do límite inferior de explosividade, así como unha medida realizada de forma illada non deberá superar nun 10% o citado límite. Prohíbense expresamente: os gases procedentes de motores de explosión, gasolina, queroseno, nafta, benceno, tolueno, xileno, éteres, tricloroetileno, aldehidos, cetonas, peróxidos, cloratos, percloratos, bromuros, carburos, hidruros, nitruros, sulfuros, disolventes orgánicos inmiscíbeis en auga, e aceites volátiles. 2º— Residuos sólidos ou viscosos. — Entenderanse como tales aqueles residuos que provoquen ou poidan provocar obstrucións no fluxo da rede xeral, ou que poidan interferir no transporte das augas residuais. Inclúense os seguintes: graxas, tripas, tecidos animais, estercos, ósos, peles, carnazas, entrañas, sangue, plumas, cinzas, escouras, areas, cal morto, residuos de formigóns, leitadas de cemento, aglomerantes hidráulicos, fragmentos de pedras, mármore, metais, vidro, palla, labras, recortes de céspede, trapos, lúpulos, sobrantes de papel, madeiras, plásticos, alcatrán, así como residuos e produtos alcatranados procedentes de operacións de refinado e destilación, residuos asfálticos e de procesos de combustión, aceites lubricantes usados (minerais ou sintéticos), incluíndo auga-aceite, emulsións, axentes escumantes e, en xeral, todos aqueles sólidos de calquera procedencia con tamaño superior a 1,5 centímetros en calquera das súas tres dimensións. 3º— Materiais colorantes. — Entenderanse por materiais colorantes aqueles sólidos, líquidos ou gases tales como: tintas, vernices, lacas, pinturas, pigmentos e demais produtos de efecto similar, que incorporados ás augas residuais coloréanas de tal xeito que non se poden eliminar con ningún dos procedementos de tratamento usuais empregados na estación depuradora. 4º— Residuos corrosivos. — Entenderanse por tales aqueles sólidos, líquidos, gases ou vapores que provoquen corrosións na rede xeral, tanto nos equipos como nas instalacións, e que sexan capaces de reducir, considerabelmente, a vida útil destas, ou de producir avarías. Inclúense entre outros os seguintes: ácidos clorhídrico, nítrico, sulfúrico, carbónico, fórmico, acético, láctico, butílico, lixivias de sosa ou potasa, hidróxido amónico, carbonato sódico, augas de moi alta salinidade, e gases como sulfuro de hidróxeno, cloro, fluoruro de hidróxeno, dióxido de carbono, dióxido de xofre e, en xeral, todas aquelas substancias que reaccionando coa auga dean lugar a solucións corrosivas como sulfatos, cloruros, etc. 5º— Residuos que produzan gases nocivos. — Entenderanse como tales os residuos que produzan gases nocivos na atmosfera da rede de sumidoiros, colectores, e/ou emisarios, en concentracións superiores aos límites seguintes: Monóxido de carbono (CO): 100 cc/m3 de ar Cloro (Cl2): 1 cc/m3 de ar Sulfhídrico (SH2): 20 cc/m3 de ar Cianhídrico (CNH): 10 cc/m3 de ar 6º— Restos radioactivos ou isótopos de vida media. — Aquelas concentracións tales que poidan provocar danos nas instalacións e/ou perigo para o persoal de mantemento das mesmas. Nisto estarase ao disposto no anexo II do presente Regulamento. 7º— Substancias non admitidas. — En xeral, son aquelas substancias que poidan perturbar a boa marcha das instalacións da rede e de depuración de augas residuais, inhibindo ou dificultando o proceso biolóxico de depuración. Pódense resumir como tales aquelas comprendidas nas seguintes disposicións: — Lei 10/1998, de 21 de abril de Residuos — Real Decreto 833/1988, de 20 de xullo, que aproba o Regulamento da Lei básica de residuos tóxicos e perigosos, modificado polo Real decreto 952/1997, de 20 de xuño. — Decreto 298/2000, de 7 de decembro, que regula a autorización e notificación de produtor e xestor de residuos de Galicia. — Orde de 12 de novembro de 1987, sobre normativa aplicada ás novas substancias nocivas e perigosas que poden formar parte de determinadas verteduras de augas residuais, coas súas modificacións. — Orde de 13 de marzo de 1989 (Anexos 9 ao 12). — Orde de 31 de outubro de 1989 do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo sobre as de substancias perigosas. — Orde de 13 de outubro de 1996 sobre a ca¬racterización de residuos tóxicos e perigosos. Das sustancias ou materias tóxicas e perigosas indícase unha relación non exhaustiva no anexo III do presente Regulamento. ARTIGO 13º..- Verteduras limitadas. Queda prohibido verter directa ou indirectamente ás instalacións de sumidoiros e saneamento, verteduras coas características ou con concentracións de contaminantes iguais ou superiores en todo momento aos expresados na seguinte relación: Parámetros Concentración Valor/límite Ph 6-10 Sólidos en suspensión 500 mg/l. Demanda bioquímica de osíxeno (DBO5) 1000 mg/l. Demanda química de osíxeno (DQO) 2000 mg/l. Temperatura 40 Cº Condutividade eléctrica (25º C) 5000 μ/cm Aluminio 20’0 mg/l. Arsénico 1’0 mg/l. Bario 10 mg/l. Boro 3’0 mg/l. Cadmio 0’5 mg/l. Cromo hexavalente 0,5 mg/l. Cromo total 3 mg/l. Ferro 10’0 mg/l. Manganeso 10’0 mg/l. Níquel 5 mg/l. Mercurio 0’1 mg/l. Chumbo 1’0 mg/l. Selenio 1’0 mg/l. Estaño 5’0 mg/l. Cobre 3’0 mg/l. Zinc 10’0 mg/l. Cianuros totais 5’0 mg/l. Cloruros 2000 mg/l. Sulfuros totais 5’0 mg/l. Sulfitos 2’0 mg/l. Sulfatos 1000 mg/l. Fluoruros 15’0 mg/l. Fósforo total 50’0 mg/l. Nitróxeno amoniacal 85’0 mg/l. Aceites e graxas 50,0 mg/l. Fenois totais 2’0 mg/l. Aldehidos 2’0 mg/l. Deterxentes 6’0 mg/l. Pesticidas 0’1 mg/l. Toxicidade 30’0 U.T. ARTIGO 14º.- Quedan sometidas as prescricións deste Regulamento, na medida que corresponda, todas aquelas sustancias, produtos ou verteduras relacionadas nos dous preceptos precedentes e aquelas susceptibles de producir toxicidade, nocividade ou prexuízos as persoas ou ao medio ambiente e independentemente de que consten ou non neses preceptos que non posúen carácter limitativo. As relacións estabelecidas neses preceptos serán revisadas periodicamente. Nos casos en que a vertedura por si soa, ou conxuntamente con outras verteduras autorizadas con anterioridade, supere no seu caudal/horario punta, de 15 minutos, o 5% do caudal medio horario da estación depuradora de augas residuais, realizarase un estudo específico con valores límite dos elementos detallados que poderán ser máis estritos que os especificados con anterioridade. ARTIGO 15º.- Sen prexuízo das sancións e responsabilidades ás que houber lugar, calquera vertedura ao sumidoiro público que posúa algunha das características definidas nos artigos anteriores e que poida causar efectos perniciosos nos procesos de depuración, e nas obras de fábrica dos sumidoiros e instalacións anexas, perigo para o persoal ao servizo da rede, ou algunha molestia pública, dará lugar a que a Administración adopte algunha das seguintes medidas: a) Prohibir totalmente a vertedura cando se trate de materias non corrixíbeis a través do oportuno tratamento. b) Esixir un tratamento previo que permita concentracións comprendidas dentro dos límites tolerados. c) Impoñer a vixilancia e sistemática comprobación das cantidades e proporcións da vertedura. d) Esixir o pago anticipado de danos e custos adicionais que esixan a protección das obras de fábrica e instalacións, e do persoal. ARTIGO 16º.- Todas as industrias, calquera que sexa a súa ac¬tividade, que estean autorizadas para verter, e incluso aquelas que realicen pretratamento, deberán colocar unha reixa de desbaste de 50 mm, antes da vertedura ao sumidoiro. Os caudais punta vertidos á rede non poderán exceder do quíntuplo (5 veces) nun intervalo de quince (15) minutos ou de dúas veces e media (2’5) nunha hora o valor termo medio por día. Deberase controlar, especialmente o caudal e calidade do efluente no caso de limpeza de tanques, peche de vacacións con baleirado dos mesmos ou circunstancias análogas. Queda prohibido, salvo nos casos previstos no Capítulo IV (situación de emerxencia ou perigo), o emprego de auga de dilución nas verteduras. Cando exista rede de augas pluviais non poderán verterse á rede de sumidoiros de augas residuais, augas industriais non contaminadas, ben sexan de refrixeración ou calquera outras sen autorización especial. A vertedura das augas industriais non contaminadas á rede de augas pluviais deberá posuír a autorización correspondente. No suposto de que os efluentes non cumpran coas condicións e limitacións que se estabelecen no presente capítulo, o usuario queda obrigado á construción, explotación e mantemento ao seu cargo de todas aquelas instalacións de pretratamento, homoxeneización ou tratamento que sexan necesarios. Queda prohibida a vertedura á rede de sumidoiros, tanto por parte das industrias farmacéuticas, como dos centros sanitarios, daqueles fármacos obsoletos ou caducos que aínda que non se teñan citado de xeito expreso antes, poidan producir graves alteracións na estación depuradora, aínda en pequenas concentracións, como por exemplo os antibióticos. ARTIGO 17º.- Calquera vertedura á rede de sumidoiros que non cumpra coas limitacións ou prohibicións que se especifican na presente normativa, dará lugar á adopción das medidas e sancións que se estabelecen no título VI deste Regulamento. CAPÍTULO IV - SITUACIÓNS DE EMERXENCIA ARTIGO 18º.- Entenderase que existe unha situación de emer¬xencia ou perigo cando, debido a un accidente nas instalacións do usuario, se produza ou exista risco inminente de producirse unha vertedura inusual á rede de sumidoiros, que poida ser potencialmente perigoso para a seguridade física das persoas, instalacións, estación depuradora ou ben a propia rede. Ante unha situación de emerxencia ou con risco inminente definida no parágrafo anterior o usuario deberá comunicar urxentemente a situación á empresa concesionaria, ao Concello e a Augas de Galicia co obxecto de evitar ou minimizar os danos que se poidan ocasionar. Deberá así mesmo empregar todas as medidas de que dispoña ao fin de conseguir que as verteduras que se efectúen se fagan na mínima cantidade posible ou que se reduza ao máximo a súa perigosidade. Tamén lle corresponde empregar todas aquelas medidas das que dispoña co fin de conseguir minimizar o problema. Posteriormente o usuario remitirá a aquela entidade e organismo o correspondente informe. O usuario deberá tamén, e coa maior brevidade, usar todas aquelas medidas de que dispoña, a fin de conseguir que os produtos vertidos se efectúen na mínima cantidade posíbel, ou reducir ao máximo a súa perigosidade. Nun prazo máximo de sete días o interesado deberá remitir á empresa concesionaria que xestiona a rede de sumidoiros un informe detallado do sucedido, así como a Augas de Galicia e ao Concello. Deberán figurar nel, como mínimo, os seguintes datos: nome e identificación da empresa, emprazamento da mesma, caudal, materias vertidas, causa do accidente, hora na que se produciu, correccións efectuadas “in situ” polo usuario, hora e forma en que se comunicou a incidencia, e, en xeral, todos aqueles datos que permitan ao servizo de saneamento unha correcta interpretación do imprevisto e unha adecuada valoración das consecuencias. ARTIGO 19º.- A empresa concesionaria que xestiona a rede de sumidoiros e saneamento, facilitará aos usuarios un modelo das instrucións a seguir nunha situación de emerxencia ou perigo. No devandito modelo figurarán, en primeiro lugar, os números telefónicos aos que o usuario deberá comunicar a emerxencia, sendo o primeiro deles o da estación depuradora, receptora do efluente anómalo ou perigoso. No suposto de non poder comunicar con dita estación, deberá efectualo aos seguintes e pola orde en que estean colocados. Estabelecida a pertinente comunicación do usuario, este deberá indicar o tipo de produtos e cantidade dos mesmos que se verteron á rede. Nas instrucións o propio usuario incluirá as medidas que deberá tomar para contrarrestar ou reducir ao mínimo os efectos nocivos que puidesen producirse. Nestas instrucións particulares de cada usuario preveranse os accidentes máis perigosos que puidesen producirse, en función das características dos seus propios procesos industriais. As instrucións redactaranse en termos que poidan resultar comprensibles para o/a usuario/a ou calquera outra persoa, e situaranse en todos os puntos estratéxicos do local e, especialmente, nos lugares nos que os operarios deban actuar para levar a cabo as medidas correctoras. A necesidade de dispor das instrucións de emerxencia por un usuario determinado fixaranse na autorización de conexión á rede de sumidoiros, ou por resolución posterior. Na mesma autorización ou resolución estabelecerase así mesmo o texto das instrucións e os lugares mínimos nos que deban colocarse sendo ambos os dous aspectos obxecto de comprobación e inspección en calquera momento por parte dos Servizos Técnicos do Concello ou persoal da empresa concesionaria e xestora do servizo. TÍTULO III - MEDIDAS E DETERMINACIÓN DAS VERTEDURAS ARTIGO 20º.- A determinación das verteduras e a súa medida farase con cargo ao titular da vertedura, baixo a dirección e supervisión técnica do Concello. 1º) Para o caso en que se autorice un tratamento previo das verteduras, ou ben un control de cantidades, o proxecto das instalacións precisas para isto deberá ser aprobado pola Administración municipal ao outorgar a licenza correspondente. 2º) Os aparellos de rexistro, medida, control e toma de mostras esixidos, deberán situarse en lugar accesíbel e seguro, sinalado previamente nos planos do proxecto. 3º) Os estabelecementos industriais, potencialmente contaminantes, deberán instalar e poñer á disposición dos Servizos Técnicos para os efectos de determinación da carga contaminadora, as seguintes instalacións: a. Pozo de rexistro. —Cada industria colocará na zona de descarga das súas verteduras residuais un pozo de mostras de fácil acceso, libre de calquera interferencia e localizábel augas abaixo antes da descarga e, a ser posíbel, fóra da propiedade; deberá remitir á Administración planos de situación dos pozos e aparellos complementarios para a súa identificación e censo. b. Aforo de caudais. — Se a procedencia da auga de captación é dun pozo ou doutras fontes, deberá instalarse no pozo de rexistro un vertedoiro aforador, tipo Parshall ou semellante, cun rexistro totalizador para a determinación exacta do caudal residual vertido. O Servizo poderá aceptar unha fórmula indirecta de medida de caudais residuais. Se os volumes de auga consumida e os volumes de auga de vertedura fosen aproximadamente os mesmos, a medición da lectura do caudal de auga por contador poderá ser utilizada como aforo de caudal residual. c. Mostras. — A técnica na toma de mostras variará segundo a determinación a realizar. Para concentracións máximas que non poidan ser superadas en ningún momento, a medida será instantánea e efectuada a calquera hora do día. Para concentracións medianamente representativas de valores de cargas residuais contaminadoras, as medidas serán horarias, integradas proporcionalmente ao caudal e tomadas durante o período de verteduras. Os requirimentos mínimos para calcular a contía representativa das verteduras serán concretadas pola Administración de acordo coa industria interesada e poderán revisarse cando se estime oportuno. Aquelas industrias, que a criterio do Servizo, pola súa dimensión e/ou contaminación resulten significativas polas súas augas residuais e/ou volumes de vertedura, necesitarán un equipo de control de verteduras ubicado no punto final de vertedura, deseñado de forma que todas as verteduras do abonado circulen a través de este, impedindo a súa manipulación e sabotaxe. Debe ter un aparello de toma de mostras automático programábel no tempo, con bomba para a aspiración, e que permita a refrixeración das mostras. Dito equipo deberá ser compacto, con cerradura, e só accesíbel ao Servizo. As características do equipo móstranse nos anexos. d. Pretratamento. — En caso de existir pre¬tratamentos individuais ou colectivos, legalmente autorizados, e que particular ou colectivamente realicen tratamentos das verteduras residuais, deberase instalar á saída dos efluentes depurados un pozo de mostras coas mesmas condicións e requisitos que os mencionados no apartado a) deste artigo. 4º) A construción, instalación e mantemento das instalacións e tratamentos, correrán ao coidado do propietario e poderán ser revisados periodicamente pola Administración municipal. ARTIGO 21º.- Os danos e perdas que puidesen derivarse dunha vertedura prohibida ou limitada, definidas nos artigos 12º e 13º, serán imputados totalmente ao causante do mesmo. ARTIGO 22º.- As análises e probas para comprobar as caracte¬rísticas das verteduras efectuaranse de acordo cos métodos estándar adoptados polo laboratorio acreditado do Servizo Municipal. En todos os casos, ben sexa para a concesión do permiso de vertedura ou por accións de inspección ou comprobación, ditas análises realizaranse con cargo ao usuario ou responsábel da vertedura mais segundo as determinacións e tarifas aprobadas polo Concello e definidas na Ordenanza Fiscal de aprobación. ARTIGO 23º.- A Administración municipal poderá aprobar tipos normalizados para os casos máis frecuentes de homoxeneización, neutralización, almacenamento de líquidos e verteduras absolutamente prohibidas, para separadores de graxas e aceites, e para decantadores de sólidos. Poderá, no entanto, o interesado propoñer outro sistema distinto que deberá, en todo caso, ser obxecto de aprobación municipal. ARTIGO 24º.- Sen prexuízo do disposto en relación coas características e tratamento particular das verteduras, o Concello poderá proceder á instalación de estacións para o servizo de depuración e tratamento xeral de aquelas. Tal prestación poderá dar lugar a imposición das correspondentes exaccións. TÍTULO IV - INSPECCIÓN E VIXILANCIA ARTIGO 25º 1) Sen prexuízo das específicas funcións inspectoras que correspondan aos órganos sectoriais competentes das Administracións Públicas, a fin de poder realiza-lo seu cometido, en orde á conservación, medida, toma de mostras, exame de verteduras, e cumprimento do establecido neste Regulamento, a Inspección Técnica dos Servizos Municipais de Medio Ambiente, Infraestrutura e Enxeñería e Técnico de Inspección está facultada para acceder, sen previo aviso e tras ser identificados, ás “instalacións” nas que se desenvolvan as prescricións e usos obxecto desta disposición, pudendo requirir de selo caso ás demais policías ou garderías o auxilio administrativo nas funcións de inspección recoñecidas no ordenamento xurídico. 2) A Inspección non poderá investigar, nembargantes, os procesos de fabricación, salvo aqueles particulares dos mesmos que teñan unha relación directa co tipo e causa da vertedura, ou co sistema de tratamento da mesma. A propia Inspección poderá tamén penetrar naquelas propiedades privadas sobre as que o Concello manteña algunha servidume de paso de augas, a fin de levar a cabo eses servizos de inspección, observación, medición, toma de mostras, reparación, limpeza e mantemento de calquera parte da instalación dos sumidoiros que estea situada dentro dos límites da devandita servidume. A inspección e control por parte do Concello refírese tamén ás plantas de pretratamento ou de depuración do usuario, de habela. Os propietarios das anteditas fincas manterán sempre expedita a entrada aos puntos de acceso á rede de sumidoiros. 3) A Inspección Municipal, a fin de poder realizar o seu cometido poderá requirir á empresa concesionaria o auxilio e colaboración de persoal coa cualificación e medios axeitados que se precisen, sen prexuízo de que esta tamén realice aquelas funcións establecidas no artigo 3.3 consonte coa relación mantida co Concello de Pontevedra e no desenvolvemento das súas funcións propias, o persoal da concesionaria deberá remitir os informes e as denuncias pertinentes aos correspondentes Servizos municipais que disporán as posibles actuacións que requiran da Inspección Municipal. 4) Esta Inspección, no marco da protección do medio ambiente, ten como función o control e vixilancia do correcto uso da rede municipal de sumidoiros e da debida execución e inspección das verteduras de augas residuais á mesma para evitar accións ou omisións de calquera tipo susceptibles de afectar negativamente a ese ben, de maneira que poderá efectuar tantas inspeccións como estime oportunas para verificalas condicións e características das verteduras á rede de sumidoiros. 5) As inspeccións poden ser: a) Previas ao outorgamento dunha autorización, licenza ou permiso. b) As estipuladas na autorización, licenza ou permiso, coa periodicidade establecida na mesma. c) En virtude de denuncia. d) Acordadas de oficio durante o funcionamento dunha actividade. 6) As inspeccións que se realicen adoptarán as medidas necesarias para aseguralo bo resultado destas, co contido establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo sancionador. As actas de inspección que se redacten neses termos gozan de presunción de veracidade respecto aos feitos que na mesma se declaren probados. Estas prescricións enténdense sen prexuízo das establecidas para determinadas inspeccións, tanto pola lexislación básica estatal como pola regulación autonómica”. ARTIGO 26º 1º) O Servizo realizará a inspección e vixilancia, sobre as instalacións de vertedura de augas residuais á rede de sumidoiro, arquetas de rexistro correspondentes e instalacións do usuario, co obxecto de comprobar o cumprimento do disposto no presente Regulamento. 2º) En todos os actos de inspección o persoal do Servizo, deberán ir provistos e exhibir o documento que os acredite para a práctica dos anteditos actos. 3º) As inspeccións e controis poderán ser realizados de forma motivada a iniciativa do Servizo, a instancia do usuario ou ben en cumprimento do estipulado no permiso de vertedura, sendo custeados na forma establecida na Ordenanza Fiscal de aplicación. 4º) Non será necesaria a comunicación previa das visitas do persoal da Inspección Municipal, e o usuario deberá facilitarlles o acceso ás instalacións no momento en que estas se produzan. 5º) Do resultado da inspección levantarase acta por triplicado que asinarán o inspector e a persoa con quen se atenda a dilixencia. A seguir entregaralle un exemplar a tal persoa. ARTIGO 27º.ç 1º) O titular da instalación que produza verteduras industriais, estará obrigado diante do persoal facultativo, debidamente acreditado, a: a. Facilitarlles aos inspectores, sen necesidade de comunicación previa, o acceso a aquelas partes da instalación que coide necesarias para o cumprimento da súa misión. b. Facilitar a montaxe dun equipo ou dos instrumentos que se precisen, para realizar as medidas determinantes, ensaios, e comprobacións necesarias. c. Permitirlles aos inspectores a utilización dos instrumentos que a empresa utilice con fins de autocontrol, en especial aqueles para o aforamento de caudais e toma de mostras, para realizar as análises e comprobacións. d. Facilitarlle á inspección cantos datos precise para o exercicio e cumprimento das súas funcións. 2º) O resultado da inspección constará en acta, que deberá, en todo caso, conter: a. Data e número de inspección. b. Persoas que a asinan. c. As tomas e tipos de mostras realizadas. d. Resultado das medicións “in situ”. e. Comprobación dos elementos de medición. f. Residuos xerados que puideren ser susceptíbeis de ser vertidos á rede de sumidoiros e xestión dos mesmos. g. E as observacións adicionais que se estimaren oportunas. 3º) Notificarase ao titular da instalación para que persoalmente, ou mediante persoa delegada, presencie a inspección e asine a acta que se levante. 4º) O informe de inspección ao que se refire o presente capítulo consistirá total ou parcialmente en: — O resume do historial das verteduras dende a última inspección, consignando o xuízo do inspector sobre se a empresa mantén baixo un control eficaz a descarga das súas verteduras. — As modificacións introducidas e as medidas adoptadas pola industria para corrixir as eventuais deficiencias sinaladas pola inspección en visitas anteriores, cunha valoración da eficacia das mesmas. — As posíbeis novas anomalías detectadas na inspección, e cantas observacións adicionais se estimaren oportunas. — Resultado das análises. — Acta de inspección. — E as observacións adicionais que se estimaren oportunas. O Servizo poderá esixirlle ao usuario ocasional ou periodicamente un informe que deberá incluír os caudais efluentes, a concentración de contaminantes e en xeral, unha definición completa das características da vertedura. En caso de que a empresa estea desconforme cos ditames, apreciacións e xuízos formulados pola inspección, poderá presentar as oportunas alegacións diante da Administración co fin de que esta, logo do informe dos Servizos Técnicos municipais correspondentes, dite a resolución que estime procedente. Cando o usuario ou agrupación de usuarios deba construír unha planta de tratamento para poder satisfacer os límites fixados á vertedura de augas á rede de sumidoiros, procederase a unha inspección previa á concesión da autorización definitiva das verteduras, sen prexuízo da correspondente licenza municipal. TÍTULO V - INSTRUCIÓNS SOBRE O USO E EMPALMES DA REDE DE SUMIDOIROS CAPÍTULO I - DISPOSICIÓNS XERAIS ARTIGO 28º.- En toda vía pública, a construción dos sumidoiros deberá preceder ou, cando menos executarse simultaneamente, á pavimentación definitiva da respectiva vía ou espazo público urbanizado. Poderá autorizarse aos particulares a execución, por si mesmos, de tramos de sumidoiro en vías públicas. En tal suposto, o interesado poderá optar pola presentación dun proxecto propio, que deberá ser obxecto de informe favorábel dos Servizos correspondentes, ou ben solicitar destes últimos a redacción do mesmo, aboando, en tal caso, as taxas e honorarios que lle sexan de aplicación. CAPÍTULO II - USO OBRIGADO DA REDE DE SUMIDOIROS ARTIGO 29º 1) Os edificios existentes ou os que se constrúan con fachada a un vial no que exista rede de sumidoiros pública, deberán verter a este as súas augas residuais a través do correspondente empalme, sempre que as devanditas augas reúnan as condicións físico-químicas esixidas neste Regulamento, e unha vez teña obtido a preceptiva licenza municipal. 2) Se a edificación tivese fachada a máis dunha vía pública, o propietario poderá escoller de modo razoado, o sumidoiro público ao que vai a verter as súas augas, agás que existan razóns técnicas que o impidan. 3) As redes de sumidoiro de titularidade priva¬da e resultantes da execución sistemática de obras de urbanización, deberán conducir separadamente as augas pluviais e as residuais de forma que sexa posíbel a identificación, mostraxe e inspección dunhas e doutras, sen prexuízo do disposto nas disposicións transitorias. ARTIGO 30º.- Cando non exista sumidoiro público fronte á parcela en solo urbano consolidado ou non consolidado, sen prexuízo da condición de soar e do cumprimento dos deberes urbanísticos impostos pola normativa de réxime do solo e ordenación urbana, o propietario ou usuario deberá conducir as augas ata o sumidoiro mais próximo existente, mediante a construción dunha prolongación deste sumidoiro, que poderá construírse mancomunadamente por tódolos propietarios de predios situados no antedito tramo. Esta prolongación deberá axustarse ás aliñacións e rasantes dos viais previstos no planeamento vixente, sendo admisíbel, en casos debidamente xustificados, a súa execución con carácter provisional para ser substituída pola instalación definitiva, sen ningún dereito de indemnización para o particular. ARTIGO 31º 1) Os propietarios daqueles edificios xa construídos na data de entrada en vigor deste Regulamento, deberán axustarse ás seguintes condicións: — Se tivesen desaugadoiro por medio de pozo negro ou fosa séptica e fose tecnicamente posíbel a súa conexión á rede de sumidoiros, os propietarios están obrigados a enlazar dito desaugadoiro coa rede a través do empalme correspondente, e a modificar a rede interior da finca para conectala co referido empalme se fose preciso, debendo cegar o antigo sistema. En tal caso, transcorrido o prazo de un mes a partir do requirimento que para o efecto deberá dirixirlles aos interesados a Administración Municipal, cando aqueles non solicitasen a conexión, ordenaralles a execución da súa construción, ata a liña de fachada do edificio. Así mesmo aplicará o arbitrio con fin non fiscal sobre pozos absorbentes cos recargos que procedan, en tanto non se modifique a rede interior e se cegue o sistema antigo de xeito que o desaugadoiro do sumidoiro sexa correcto. No caso de incumprimento da orde, a Administración procederá, polos medios que en dereito correspondan, a execución subsidiaria dela ou a execución forzosa consonte a normativa de disciplina urbanística mediante imposición de multas coercitivas ata lograr a súa execución, e sen prexuízo das sancións procedentes. — Se tales edificios tivesen desaugue a ceo aberto, directa ou indirectamente, sen tratamento previo, ou con calquera sistema de tratamento incorrecto que produza unha vertedura anómala, os interesados veranse obrigados a enlazar dito desaugadoiro coa rede de sumidoiros, salvo que se trate do suposto do parágrafo 2 do artigo 32º no que se admita un tratamento previo. Transcorrido o prazo de quince días dende o requirimento que para o efecto lle dirixirá a Administración Municipal ao propietario interesado, sen que este teña eliminado a vertedura anómala ou solicitase o empalme de desaugadoiro, a Administración ordenaralle a execución da súa construción. No caso de incumprimento da orde, procederase, polos medios que en dereito correspondan, a execución subsidiaria dela ou a execución forzosa consonte a normativa de disciplina urbanística mediante imposición de multas coercitivas ata lograr a súa execución. Isto realizarase sen prexuízo de aplicación das sancións procedentes mentres non se modifique a rede interior para o enlace correcto ao empalme, independentemente daquelas ás que houbese lugar por vertedura a ceo aberto. 2) A obriga estabelecida neste artigo só será esixíbel cando na vía pública á que teña fachada a parcela edificada exista sumidoiro público ou cando a houbese a unha distancia inferior a 100 m., no caso deste suposto a condución das augas ao sumidoiro deberá efectuarse a través da correspondente prolongación á que se refire o artigo anterior. ARTIGO 32º 1. Cando a distancia dende a aresta do edificio ao sumidoiro, sexa superior a 100 m., non se autorizará a edificación do terreo edificábel, a non ser que o propietario previamente ou ao mesmo tempo que a solicitude da licenza de edificación, presente proxecto de desaugadoiro que deberá ser aprobado polo Concello, a través do seu servizo técnico. 2. No caso de vivendas unifamiliares en zonas carentes de sumidoiros e noutros casos ex¬cepcionais, o Concello poderá autorizar a depuración completa individual das augas residuais ou a vertedura a ceo aberto das augas pluviais, sen prexuízo da obriga de enlazar no sumidoiro público cando se constrúan, tal e como se dispón no artigo 39º. No entanto estarase ao disposto na normativa do Plan Xeral vixente. CAPÍTULO III - EMPALMES E EMPALMES LONXITUDINAIS ARTIGO 33º.- As augas residuais dun edificio conduciranse á rede de sumidoiros públicos a través do denominado empalme, que constará, basicamente, dunha arqueta de rexistro pegada á liña de fachada e construída sempre na vía pública, e dun conduto transversal á rúa, dende dita arqueta ata o sumidoiro propiamente dito. Como regra xeral, os condutos de augas residuais discorrerán por unha franxa distinta daquela que sirva para os condutos de abastecemento de auga, e isto de acordo coas normas técnicas municipais. Dado que a rede de sumidoiros de Pontevedra é separativa, as instalacións de empalmes deberán conducir separadamente as augas pluviais e as residuais. ARTIGO 34º.- Con carácter xeral, as instalacións de empalmes serán construídas a cargo do interesado, logo do permiso e inspección da empresa concesionaria do servizo, ou dos servizos técnicos municipais. Serán condicións previas, e esixíbeis en todo caso, para a concesión do permiso de construción dun empalme, ou dunha prolongación dos sumidoiros: 1.— Que o efluente previsto reúna as condicións físico-químicas que se especifican neste Regulamento. 2.— Que o sumidoiro estea en servizo e sexa de propiedade municipal. 3.— Cando sexa preciso enlazar a unha prolongación, esixirase acordo previo entre o solicitante e o promotor daquela. ARTIGO 35º 1. O solicitante da licenza de empalme presentará un plano da rede de desaugadoiro interior do edificio en planta e alzado a escalas de 1:100 ou 1:50, detallando expresamente os sifóns xerais e a ventilación aérea. 2. Ademais de cumprirse na construción de empalmes as disposicións e dimensións adecuadas para un desaugue correcto, deberán cumprir, así mesmo, as seguintes condicións: a. A instalación de desaugadoiro interior ata a arqueta de rexistro deberaa efectuar o propietario, que virá obrigado a axustarse ao disposto nas normas técnicas municipais e nas ordenanzas municipais da construción. Dun xeito especial asegurarase a ventilación aérea e o illamento sifónico das baixantes. b. Nas instalacións hoteleiras e asimiladas, hospitais, obradoiros, estacións de servizo, talleres automobilísticos, garaxes e similares e aquelas outras estabelecidas na normativa específica, antes do empalme, e no interior da propiedade, construirase unha arqueta decantadora de graxas e sólidos, cun dimensionado xustificado axeitadamente. c. Nas instalacións industriais, a rede de desaugadoiro interior completarase cun pretratamento que asegure que o efluente reúne as condicións que se esixen neste Regulamento. O Concello poderá esixir a construción de depósito de retención ou almacenamento do efluente con capacidade suficiente para recollelo durante vinte e catro horas, para os efectos de toma de mostras e análises. d. A arqueta deberá ser dun deseño e forma que permita a toma de mostras do efluente. e. Sempre que sexa tecnicamente posible esixirase que as acometidas enlacen á rede nun pozo de rexistro. Quedan sometidas a tal circunstancia, con carácter preceptivo, aquelas novas construcións e instalacións, na medida que a cada unha corresponda e que, motivadamente, e a xuízo do Concello, así o requiran, ao careceren de carácter limitativo este precepto en función do ben ambiental a protexer. Se non existise ningún pozo de rexistro fronte ao punto en que se desexa efectuar o empalme, e aquel fose preceptivo, construirase xunto co empalme a cargo do propietario, sen que este adquira sobre o mesmo dereito ningún. ARTIGO 36º 1. Sen prexuízo do disposto no parágrafo 3 do artigo 39º, para o suposto a que se refire, o Concello ou o servizo construirán os empalmes no traxecto existente entre o sumidoiro público e a fachada da finca, e procederá, no seu caso á reposición do pavimento, todo isto con cargo ao propietario que deba efectuar verteduras, con suxeición aos prezos unitarios aprobados polo Concello. 2. As obras darán comezo dentro dos quince días seguintes ao da xustificación de ter feito os ingresos previstos nas ordenanzas fiscais polos dereitos de licenza e como depósito do custo de obra, nas oficinas do servizo. ARTIGO 37º.- A construción da parte do empalme no interior da finca, ata o paramento externo da fachada, debera efectuala o peticionario; quen estará na obriga de observar as indicacións que para tal efecto lle formule a inspección técnica municipal, para que se poida realizar debidamente a conexión co empalme exterior e se cumpran as prevencións do artigo 35 deste Regulamento. ARTIGO 38º 1) Quen teña obtido licenza municipal para a construción dunha prolongación dos sumidoiros, en terreo de dominio público, sempre que a sección e o caudal o permita, quedan obrigados a admitir na mesma auga pública e as procedentes de fincas daqueles particulares que obteñan a autorización municipal correspondente, para o que previamente haberán de asumir a obriga de contribuír aos gastos ocasionados pola construción de dita prolongación e os que orixine a súa conservación, de xeito que o custo dunha e outra sexan soportados por cantos a utilicen. 2) O Concello ao variar a disposición das vías públicas poderá ordenar a modificación ou variación do emprazamento dos empalmes, sen dereito por parte dos interesados a indemnización ningunha. As devanditas obras serán por conta do Concello, conservando sempre as mesmas condicións de evacuación do edificio. ARTIGO 39º 1. Ao levarse a cabo obras de construción de novos sumidoiros públicos anularanse todos os desaugadoiros particulares que con carácter provisional (prolongacións ou empalmes aos mesmos) se autorizasen para as fincas situadas fronte a aquelas, sendo obrigatorio o enlace directo aos novos sumidoiros. 2. Para aqueles edificios ou terreos edificábeis que tiveran desaugadoiro provisional, estabelécense as normas seguintes de carácter xeral que só se poderán alterar con informe xustificado dos técnicos municipais competentes: a) Se o novo sumidoiro en construción correse a unha profundidade igual ou menor a 2,50 metros respecto da rasante da vía pública, non se permitirá a construción de empalmes de desaugadoiro ao novo sumidoiro dende que se inicien as obras de pavimentación da devandita vía ata que transcorresen tres anos dende a súa terminación. Este prazo comezará a contarse dende a recepción definitiva das anteditas obras, cando estas se levaren a cabo por medio de contrata. b) Se o novo sumidoiro correse a unha profundidade maior de 2,50 metros respecto á rasante da vía publica, poderán autorizarse empalmes de desaugadoiro ao novo sumidoiro ao longo do período sinalado no epígrafe anterior, sempre que tecnicamente sexa posíbel desenvolver a construción do albanel en mina, de xeito que o novo pavimento da calzada non poida sufrir deterioro nun período de tres anos, contados do xeito indicado no antedito epígrafe. 3. As obras precisas para os enlaces aos novos sumidoiros, ao longo do período de construción destas, levaraas a cabo o contratista adxudicatario da construción dos devanditos sumidoiros. A tal fin valorarase independentemente cada empalme, coa obriga de ingresar no Concello o importe daquelas para o seu aboamento ao contratista adxudicatario. ARTIGO 40º.- Cando o nivel de desaugue particular non permita a condución á rede de sumidoiros por gravida-de, a elevación deberá ser realizada polo propietario da finca. En ningún caso poderá esixirse á Administración local xestora responsabilidades polo feito de que a través do desaugue poida penetrar nunha finca particular augas procedentes do sumidoiro público. ARTIGO 41º 1. A limpeza e reparación dos desaugadoiros particulares realizarana os seus propietarios trala obtención da oportuna licenza municipal. Non obstante, poderán solicitar que ditos traballos sexan realizados polo Concello a través da empresa concesionaria con gastos a cargo do solicitante. 2. Cando se observase algunha anomalía ou desperfecto que fixera preciso algunha obra de reparación ou limpeza de empalmes de calquera clase, requiriráselle ao propietario que a execute, con indicación do prazo de realización, previa licenza. Se pasase o prazo sen terse feito a obra, a Administración Municipal poderá proceder á devandita limpeza ou reparación con cargo ao propietario titular do empalme. 3. De tratarse dunha prolongación na que existira máis dun empalme, o responsábel perante o Concello da limpeza e conservación será única e exclusivamente o propietario titular do devandito empalme, sen prexuízo do seu dereito a repartir entre todos os usuarios os gastos que lle ocasione. 4. A reparación ou limpeza pola Administración municipal á que se refiren os parágrafos anteriores, comprenderá só o tramo de desaugadoiro situado na vía pública, debéndose levar a cabo polo propietario as do tramo correspondentes ao interior da finca. ARTIGO 42º.- O Concello resérvase o dereito de realizar na vía pública por si ou a través de empresas adxudicatarias, calquera traballo de construción, reparación ou limpeza de empalmes, o de remoción ou reposición de pavimento afectado por aqueles. ARTIGO 43º.- As instalacións industriais quedarán suxeitas ás seguintes condicións: a.— As conexións á rede deberán ser independentes para cada industria, salvo o indicado no artigo 7. b.— Toda instalación de vertedura de augas industriais, dispoñerá dunha arqueta de rexistro non inferior a un por un metro, con partes de acceso e soleira situada a un metro por debaixo do sumidoiro situado augas abaixo da instalación de homoxeneización e/ou depuración propia se existise, e, en todo caso, o máis próxima posíbel á saída da instalación. Estará construída de acordo co deseño indicado no Anexo V. Deberá, así mesmo situarse como mínimo a un metro de calquera accidente (reixas, reducións, curvas, etc.), que poidan alterar o fluxo normal do efluente. c.— O rexistro deberá ser accesíbel en todo momento aos servizos técnicos competentes para a obtención de mostras. d.— No suposto de existir agrupacións de industrias legalmente constituídas que conxunta ou exclusivamente leven a cabo actuacións de mellora dos efluentes, deberá instalarse á saída das correspondentes depuradoras unha arqueta de rexistro como a indicada no parágrafo anterior. Das mostras obtidas nela, deducirase a idoneidade ou a falla de calidade do efluente. TÍTULO VI - INFRACCIÓNS, SANCIÓNS E MEDIDAS CORRECTORAS ARTIGO 44º 1.— Consideraranse infraccións administrativas, en relación co presente regulamento aquelas accións ou omisións contrarias ao estabelecido no mesmo. 2.— As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves, conforme se determina no artigo seguinte. 3.—A potestade sancionadora aquí regulada e a esixencia de responsabilidade exercerase de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común e tamén, no primeiro caso, no seu Regulamento polo que se aproba o procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto. Consonte con esa esta norma legal e ao Título XI da Lei 7/1985, de 2 de abril, as responsabilidades administrativas e sancións que se deriven do procedemento sancionador serán compatibles coa esixencia ao infractor da reposición da situación alterada polo mesmo ao seu estado orixinal, así como da indemnización polos danos e perdas causados na forma normativamente establecida, e mesmo sen prexuízo das responsabilidades de outro tipo que poidan concorrer. Cando o dano afecte ás infraestruturas de saneamento, ou sexa redes de sumidoiros, colectores, emisarios, instalacións correctoras de contaminación ou estacións depuradoras de augas residuais, a reparación será realizada polo Concello a costa do infractor. 4.— Sen prexuízo do disposto pola normativa sectorial específica, para a adecuada ordenación do uso dos servizos, instalacións, e elementos obxecto deste Regulamento, establécense os tipos de infraccións e imposicións de sancións por incumprimento de deberes, prohibicións ou limitacións nel establecidos. En consecuencia esta disposición de carácter xeral considera infraccións administrativas aquelas accións ou omisións contrarias as súas prescricións que se clasifican en leves, graves ou moi graves segundo se determinan no artigo seguinte. 5.— Poderán ser sancionadas por feitos constitutivos de infraccións administrativas a este Regulamento as persoas físicas e xurídicas que resulten responsables dos mesmos aínda a título de simple inobservancia. Cando o cumprimento das obrigas previstas nunha, disposición legal corresponda a varias persoas conxuntamente, responderán de forma solidaria das infraccións que, no seu caso, se cometan e das sancións que se impoñan”. ARTIGO 45º 1) Infraccións leves. — Consideraranse infraccións leves: a. A obstaculización á función inspectora do Servizo. b. Omitir información aos servizos sobre as características da descarga da vertedura ou sobre os cambios que afecten á natureza dos mesmos. c. A posta en funcionamento de aparellos ou instalacións non autorizadas, ou distintas ás aprobadas para o permiso de vertedura, así como o desprecintado ou anulación dos que fosen colocados polos servizos municipais. d. Calquera incumprimento do disposto neste Regulamento e non incluído expresamente neste artigo. e. Non aboar o servizo as taxas das análises e probas para comprobar as características das verteduras, en todos os casos, ben sexa para a concesión da licenza de conexión ou por accións de inspección ou comprobación. 2) Infraccións graves. — Consideraranse infraccións graves: a. A reincidencia ou comisión no termo dun ano de mais de unha falta leve declaradas por resolución firme. b. A construción e alteración de sumidoiros, empalmes ou conexións á rede, ou de instalacións anexas á mesma, aínda que uns e outros fosen de propiedade particular, sen obter a previa licenza municipal de conexión aos sumidoiros, ou sen axustarse ás condicións sinaladas na licenza concedida ou ás disposicións deste Regulamento, así como sen o permiso de vertedura, no caso preciso. c. O uso da rede de sumidoiros, empalmes, conexións ou instalacións anexas sen previa licenza municipal de conexión á rede de sumidoiros ou sen axustarse ás condicións sinaladas na licenza concedida ou ás disposicións deste Regulamento, así como sen o permiso de vertedura, no caso preciso. d. Os danos á rede de sumidoiros, aos seus empalmes, obras ou instalacións anexas de toda clase, xa sexan causados maliciosamente ou por neglixencia. e. A falta de comunicación da situación de emerxencia e/ou a infracción de calquera das prescricións orixinadas como consecuencia de declararse dita situación e recollidas neste Regulamento. f. A omisión, demora ou renuencia na instalación dos tratamentos depuradores esixidos polos servizos municipais, así como a falla das instalacións, funcionamento e mantemento de todos os seus equipos, en especial os dispositivos fixos de aforamento de caudais, toma de mostras e aparellos de medición aos que se fai referencia neste Regulamento. g. Realizar verteduras afectadas por limitacións sen respectar estas. 3) Faltas moi graves. — Consideraranse faltas moi graves: a. A comisión no termo dun ano de mais de unha falta grave declaradas por resolución firme. b. Realizar verteduras prohibidas segundo o estabelecido nos artigos deste Regulamento. c. A produción de danos moi graves á rede de sumidoiros, aos seus empalmes ou instalacións de toda clase, xa sexan causados dolosa, maliciosamente ou por culpa ou neglixencia. ARTIGO 46º.- As infraccións serán sancionadas da forma seguinte: a.— As leves, con multas de ata 750 euros. b.— As graves, con multas de ata 1500 euros. c.— As moi graves, con multas de ata 3000 euros. Estas multas, consonte co anteriormente estabelecido, imporanse, en defecto de normativa sectorial específica e sen mingua nin prexuízo das sancións superiores autorizadas legalmente pola Autoridade competente que puidera proceder e mesmo sen detrimento de esixir, cando proceda, as correspondentes indemnizacións por danos e perdas así como a reparación do dano e das responsabilidades civís, penais, administrativas ou de outro tipo a que deran lugar. Para graduar a contía da sanción terase en conta a natureza da infracción, a gravidade do dano producido, a intencionalidade, a reincidencia e demais circunstancias concorrentes. ARTIGO 47º 1) O exercicio da potestade sancionadora correspóndelle a Xunta de Goberno Local segundo o artigo 127.1.l) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, agás que consonte á normativa sectorial correspondente se atribúa a outro órgano. 2) De conformidade co previsto nos artigos 72 e 136 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o órgano competente para resolver, poderá adoptar, de oficio ou a instancia de parte, en calquera momento, mediante acordo motivado, as medidas de carácter provisional que estime oportunas para asegurala eficacia da resolución que puidera recaer, se existiran elementos de xuízo suficientes para elo. 3) Antes da iniciación do procedemento administrativo, o órgano competente, de oficio ou a instancia de parte, nos casos de urxencia e para a protección provisional dos intereses implicados, poderá adoptar as medidas correspondentes nos supostos previstos expresamente por unha norma. As medidas provisionais deberán ser confirmadas, modificadas ou levantadas no acordo de iniciación do procedemento, que deberá efectuarse dentro dos quince días seguintes a súa adopción, o cal poderá ser obxecto do recurso que proceda. En todo caso, esas medidas quedarán sen efecto se non se inicia o procedemento no devandito prazo ou cando o acordo de iniciación non conteña un pronunciamento expreso acerca das mesmas. 4) Nos procedementos sancionadores que se instrúan por mor de feitos inicialmente cualificados como infraccións graves ou moi graves poderanse adoptar, de acordo coa Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, e as súas normas de desenvolvemento, e sen prexuízo das que puideran establecer as normas das Comunidades Autónomas, as medidas de carácter provisional previstas en ditas normas que se estimen necesarias para asegurar a eficacia da resolución que definitivamente se dite, ao bo fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción e as esixencias dos intereses xerais. 5) As medidas de carácter provisional poderán consistir na suspensión provisional da execución das obras e instalacións que contraveñan o disposto neste regulamento así coma impedir, tamén de forma provisional, o uso indebido das instalacións municipais, por razóns de sanidade, hixiene ou seguridade e as demais previstas no artigo 49º de este Regulamento. Estas medidas deberán axustarse a intensidade, proporcionalidade e necesidades dos obxectivos que se pretenda garantir en cada suposto concreto. En todo caso, ditas medidas quedarán sen efecto se non se inicia o procedemento en dito prazo ou cando o acordo de iniciación non conteña un pronunciamento expreso acerca das mesmas. 6) As medidas provisionais poderán ser alzadas ou modificadas durante a tramitación do procedemento, de oficio ou a instancia de parte, en virtude de circunstancias sobrevidas ou que non puideron ser tidas en conta no intre da súa adopción. En todo caso, se extinguirán coa eficacia da resolución administrativa que poña fin ao procedemento correspondente. ARTIGO 48º.- No caso de vulneración das disposicións do pre-sente Regulamento, e con independencia da imposición das sancións procedentes, o Concello, coa finalidade de suprimir os efectos da infracción e restaurar a situación de legalidade, poderá adoptar algunha das seguintes disposicións: a.— A suspensión dos traballos de execución das obras de empalme ou de instalación de pretratamento indebidamente realizadas. b.— Requirir ao infractor para que no termo que para o efecto se sinale, introduza nas obras e instalacións realizadas as rectificacións precisas para axustalas ás condicións do permiso ou ás disposicións deste Regulamento e/ou, no seu caso, proceder á reposición das obras e instalacións indebidamente efectuadas ao seu estado anterior á produción dos danos que tiveran ocasionado. c.— A imposición ao usuario das medidas técnicas necesarias que garantan o cumprimento das limitacións consignadas na licenza de vertedura, evitando o efluente anómalo. d.— A introdución de medidas correctoras concretas nas instalacións con tal de evitar o incumprimento das prescricións deste Regulamento e a redacción, se e o caso, do proxecto correspondente, dentro do prazo que fixe a Administración. e.— A clausura ou precinto das instalacións no caso de que non sexa posíbel técnica ou economicamente evitar a infracción mediante as oportunas medidas correctoras. f.— A revogación do permiso de vertedura á rede de sumidoiros, no caso de contumacia no incumprimento das condicións deste Regulamento. g.— A reposición dos danos e perdas ocasionados ás instalacións, obras anexas ou calque-ra outro ben que resultase danado ou prexudicado. DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS PRIMEIRA As instalacións xa existentes no momento da en¬trada en vigor do presente Regulamento deberán adoptar as medidas necesarias para o seu cumprimento na forma e termos que a continuación se indican: 1.— Nos seis meses naturais seguintes á entrada en vigor, todos os estabelecementos industriais deberán remitirlle ao servizo a documentación que se indica no Anexo I para obter o correspondente permiso provisional de vertedura, ademais da solicitude do anexo IV. 2.— No termo dun ano contado dende a entrada en vigor deste Regulamento, todos os usuarios ou agrupacións de usuarios industriais deberán de ter construída a arqueta de medida e control a que fan referencia os artigos 20 e 35 desta ordenanza, ademais dos equipos de toma de mostras e caudalímetro para medición da vertedura. 3.— Nos seis meses seguintes á aprobación deste Regulamento, a calidade dos efluentes industriais deberase adaptar ás condicións e límites estabelecidos no presente Regulamento. SEGUNDA 1.— Transcorridos os prazos mencionados, a Administración adoptará as medidas necesarias para a comprobación de datos e da existencia de arquetas, toma de mostras e caudalímetros. Será motivo de sanción a inexactitude nas primeiras ou a falta nas segundas. 2.— No suposto de que se superaren os valores admitidos, a Administración informará ao usuario das medidas correctoras a estabelecer e do tempo de que dispón para facelo. Transcorrido este adoptaranse as medidas e as sancións que se contemplan neste Regulamento. DISPOSICIÓN DERROGATORIA Quedan derrogadas cantas disposicións municipais de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste Regulamento DISPOSICIÓNS FINAIS Primeira.— Este regulamento poderá ser desenvolvido por disposicións particulares referidas a determinados aspectos técnicos ou zonas particulares do municipio. Segunda.— O presente Regulamento e o acordo correspondente publicarase no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor unha vez publicado o seu texto íntegro e transcorrido o prazo de quince días previsto nos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local. ANEXO I - Documentación necesaria para obter o permiso de vertedura ás instalacións municipais de saneamento. As instalacións industriais e comerciais, para obter o permiso de vertedura á rede deberán achegar os datos e documentación que se detallan a continuación: 1.— Modelo de solicitude anexo IV. 2.— Licenza de primeira ocupación / licenza de apertura. 3.— Materias primas e auxiliares ou produtos semielaborados, caudais e usos. 4.— Memoria explicativa do proceso industrial, con diagramas de fluxo. 5.— Descrición dos procesos e operacións causantes das verteduras, réxime e características das verteduras resultantes (características previas a calquera pretratamento). 6.— Descrición dos pretratamentos adoptados, alcance e efectividade prevista dos mesmos. Condutos e tramos da rede de sumidoiros onde conecta ou pretende conectar. 7.— Verteduras finais ao sumidoiro, para cada conduto de evacuación, descrición do réxime de vertedura, volume e caudal, épocas e horarios de vertedura. 8.— Composición final da vertedura cos resultados das análises de posta en marcha realizados no seu caso. 9.— Dispositivos de seguridade adoptados para prever accidentes nos elementos de almacenamento de materias primas ou produtos elaborados líquidos susceptíbeis de ser vertidos á rede de sumidoiros. 10.— Enumeración dos residuos xerados, tanto no proceso de produción como no pretratamento da vertedura, así como a documentación que acredite unha correcta xestión dos mesmos. 11.— Planos de situación. Planos de rede interior de recollida e instalacións de pretratamento. Planos de detalle das obras de conexión, dos pozos de mostras e dos dispositivos de seguridade. 12.— Todos aqueles datos precisos para a determinación e as características da vertedura industrial e do sumidoiro de conexión. ANEXO II - sposicións sobre actividades que supoñan produción de residuos radioactivos. As actividades de calquera tipo que supoñan produción de residuos radioactivos, para conservalos, disporán de dispositivos protectores das radiacións que abranguerán todas as esixencias estabelecidas pola normativa de rango superior, tanto autónoma coma nacional ou internacional. A súa evacuación realizarase cando se teña diminuído convenientemente a súa “intensidade de actividade radioactiva”, mediante os sistemas de evacuación de residuos radioactivos que resulten de obrigada instalación. O Concello deberá ter coñecemento de todas as actividades relacionadas coa evacuación de augas residuais, co fin de poder adoptar cantas medidas sexan precisas para garantir a salubridade dos servizos de saneamento das augas residuais e da propia rede de sumidoiros. ANEXO III - sta de substancias e materias tóxicas e perigosas 1.— Acenafteno 2.— Acrilonitrilo 3.— Acroleína (Acrolín) 4.— Aldrina (Aldrín) 5.— Antimonio e compostos 6.— Asbestos 7.— Benceno 8.— Bencidina 9.— Berilio e compostos 10.— Carbono, tetracloruro 11.— Clordán (Chlordane) 12.— Crurobenceno 13.— Cloroetano 14.— Clorofenois 15.— Cloroformo 16.— Cloronaftaleno 17.— Cobalto e compostos 18.— Dibenzofuranos policlorados 19.— Diclorodifeniltricloroetano e metabolitos (DDT) 20.— Diclorobencenos 21.— Diclorobencidina 22.— Dicloroetilenos 23.— 2.4-Diclorofenol 24.— Dicloropropano 25.— Dicloropropeno 26.— Dieldrina (Dieldrín) 27.— 2.4-Dimetilfenoles ou Xilenoles 28.— Dinitrotolueno 29.— Endosulfán e metabolitos 30.— Endrina (Endrín) e metabolitos 31.— Éteres haloxenados 32.— Etilbenceno 33.— Fluoranteno 34.— Ftalatos de éteres 35.— Halometanos 36.— Heptacloro e metabolitos 37.— Hexaclorobenceno (HCB) 38.— Hexaclorobutadieno (HCBD) 39.— Hexaclorocicloexano (HTB, HCCH, HCH, HBT) 40.— Hexaclorociclopentadieno 41.— Hidrazobenceno (Diphenylhidrazine) 42.— Hidrocarburos aromáticos polinucleares (PAH) 43.— Isoforona (Isophorone) 44.— Molibdeno e compostos 45.— Naftaleno 46.— Nitrobenceno 47.— Nitrosaminas 48.— Pentaclorofenol (PCP) 49.— Policlorado, bifenilos (PCB’s) 50.— Policlorado, trifenilos (PCT’s) 51.— 2,3,7,8-Tetraclorodibenzo-pdioxina (TCDD) 52.— Tetracloroetileno 53.— Talio e compostos 54.— Teluro e compostos 55.— Titanio e compostos 56.— Totueno 57.— Toxafeno 58.— Tricloroetileno 59.— Uranio e compostos 60.— Vanadio e compostos 61.— Vinilo, cloruro de 62.— As substancias químicas de laboratorio e compostos farmacéuticos ou veterinarios novos, identificábeis ou non, e dos que os seus efectos poidan supoñer risco para o medio natural ou para a saúde humana. A anterior listaxe é enunciativa e non debe considerarse exhaustiva e, poderá ser revisada e ampliada de acordo coas circunstancias do desenvolvemento do Plan de Saneamento. ANEXO IV - MODELO DE SOLICITUDE DE PERMISO DE VERTEDURA SOLICITUDE DE PERMISO DE VERTEDURA DATOS XERAIS DO SOLICITANTE: Nome ou razón social:................................................................... CNAE:................................... Enderezo:.............................................. Tel.:................................................... Fax.:.......................................... Titular ou representante legal:........................................................ PERSOA QUE EFECTÚA A SOLICITUDE: Apelidos e nome:.......................................................................... N.I.F.:............................Enderezo:................................................ Tel:..................................................... Fax.:......................................... Representación.............................................................................. Ref. catastral................................................................................. Breve DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE, instalacións e procesos que se desenvolven: ............................................................................... CONSUMO DE AUGA DA ENTIDADE SOLICITANTE Subministrada polo Concello de Pontevedra (m3/mes):...................... Outros recursos (pozos, mananciais, presas, etc.) (m3/mes):............. TOTAL AUGA CONSUMIDA (m3/mes): .................................................................................... DECLARACIÓN RESPONSABLE Eu, ./Dna. .................................................................................... con DNI ....................................................................................... e domicilio .................................................................................., en calidade e representación de..................................................... DECLARO QUE: Á data da presente solicitude, o volume de auga residual de descarga e réxime da mesma é a seguinte: Horario......................................................................................... Duración....................................................................................... Caudal medio ....................................................................................... Caudal punta ........................................................................................ Variacións diarias, mensuais e estacionais .......................................... Nunha xornada normal evacúase aproximadamente un volume de..........................................................................................m3. En caso de abastecemento de orixe distinto a Concello de Pontevedra indicar as características do método de obtención da auga: Se é procedente de pozos: Potencia do equipo de bombeo (Kw) .................................................. Caudal do equipo de bombeo (m3/h) .................................................. Altura de elevación (m) ........................................................................ N.º de quendas de 8 horas diarias, durante os que funciona o equipo de bombeo ........................................................................................ E se é procedente de mananciais ou outras conducións: Área da sección mollada da condución (m3) ....................................... Velocidade media do fluxo na condución (m/s) ................................... Núm. de quendas de 8 horas durante os que funciona a captación ................................................................................................... A vertedura é: Exclusivamente doméstico............................................... SI NON Industrial .......................................................................... SI NON Doméstico e industrial..................................................... SI NON As augas residuais van a: A rede de sumidoiros pública do Concello de Pontevedra. SI NON A outras redes de saneamento ......................................... SI NON O río/ría/mar .................................................................... SI NON A vertedura á rede pública de saneamento faise: Nun só punto ...................................................................................... En varios puntos ................................................................................. Vértese algunha vertedura prohibida no artigo 12 do regulamento: ......................................................................................... SI NON Supera na súa vertedura as concentracións máximas permitidas do artigo 13 do regulamento: .............................................. SI NON Dispón de instalacións de pretratamento, para non superar na súa vertedura as concentracións máximas permitidas no regulamento: ......................................................................................... SI NON En caso afirmativo, podería describila: ............................................... ............................................................................................................ ............................................................................................................ ............................................................................................................ ............................................................................................................ ............................................................................................................ ............................................................................................................ ........................................................................... ANEXO VI - Normas de execución de empalmes e ampliacións das redes de sumidoiros e pluviais. 1. Empalme (acometida) á REDE DE SUMIDOIROS E DE PLUVIAIS realizarase con tubo de policloruro de vinilo (PVC) color laranxa, clase SN4, segundo norma EN 1401, con certificado de produto AENOR ou entidade acreditada por ENAC e cun diámetro suficiente (mínimo 160 mm). En función do tráfi¬co e recubrimento poderase esixir clase SN8. 2. As ampliacións da REDE DE SUMIDOIROS E PLUVIAIS realizaranse con tubo de policloruro de vinilo (PVC) color laranxa, SN-4 segundo a norma EN 1401, de 315 mm. de diámetro exterior para as redes de sumidoiros e de 400 mm. para as redes de pluviais, como mínimo. En función do tráfico e recubrimento podase esixir clase SN8. 3. Os empalmes (acometidas) ás redes municipais de sumidoiros e augas pluviais, faranse por separado en todos os casos. Os empalmes (acometidas) á nova rede municipal, conectaranse á mesma nun pozo de rexistro obrigatoriamente no caso de edificacións ou ben os empalmes de vivendas unifamiliares de lonxitude superior a 10 m e tamén cando os materiais da rede existente non permitan outro sistema. No resto dos casos, podería realizarse directamente o tubo mediante un sistema homologado de “enxerto click”. 4. Os empalmes e ampliacións da rede municipal de sumidoiros e pluviais, realizaranse sen codos, e no caso de que foran necesarios quiebros realizaranse con arquetas, en empalmes e con pozos no caso de ampliacións da rede. 5. empalme (acometida) de sumidoiros e pluviais, próxima á saída do sumidoiro de fecais e pluviais e no exterior del edificio construirase unha arqueta de rexistro de 40x40, de forma que permita a limpeza da empalme no seu traxecto pola rúa. 6. Nas ampliacións da rede de sumidoiros e pluviais, cada 30 m. disporanse os preceptivos pozos de rexistro circular concéntrico realizados en fábrica de formigón en masa HM-20/B/25/I. de diámetro mínimo de 80 e cono de redución a 60, soleira, enfoscado interior e xuntas tomadas con morteiro 1:3, bruñido, paredes e soleira de formigón en masa HM-20 de 20 cm. de espesor, i/tapa circular de diámetro de abertura 600 mm., con cerco de ferro fundido modelo Rexel de Saint-Gobain ou similar, clase D-400 segundo Norma EN 124, con certificado de produto AENOR o entidade acreditada por ENAC, xunta de elastómero, bloqueo automático por apéndice elástico e tapa con articulación, sobre dado de formigón armado HA-25 enrasado co pavimento. As tapas dos mencionados pozos serán de fundición dúctil e das clases D-400 ou C-250, segundo os casos (en calzada, D-400 e en beirarrúa C-250). Así mesmo, no extremo da nova rede non conectada á existente, deixarase un pozo de rexistro de similares características aos anteriores. 7. Cando o nivel de desaugue particular non permita a condución á rede de sumidoiros por gravidade, a elevación deberá ser realizada polo propietario da finca. En ningún caso poderá esixirse á Administración local xestora responsabilidades polo feito de que a través do desaugue poida penetrar nunha finca particular augas procedentes do sumidoiro público. 8. Sempre que sexa posíbel respectarase unha distancia mínima co resto de servizos de 30 cm., tanto en cruzamentos, como en canalizacións que discorran en paralelo. 9. A apertura de gabias practicarase a un mínimo de 1 m. de profundidade, ou no seu caso, á profundidade requirida polo servizo. 10. A apertura de gabias en pavimentos irá precedida de un precorte dos mesmos. 11. O recheo de gabias efectuarase en camadas de 30 cm. de espesor, compactadas ao 95% proctor modificado, con material seleccionado, procedente ou non da propia escavación. 12. A reposición de pavimento de beirarrúas realizarase en todo o ancho da mesma, e na lonxitude que quede afectada polas obras. 13. Dita reposición constará dunha base de formigón HM-20 de 15 cm. de espesor, unha capa de morteiro de cemento de 3 cm. e baldosón do color e dimensións iguais ao existente, mantendo sempre a calidade “terrazo”. 14. A reposición do pavimento da calzada execu¬tarase cunha base de formigón HM-20 de 30 cm. de espesor, con mallazo 15x15/8 en acceso a garaxes, e unha capa de rodadura de 8 cm. de espesor de mestura bituminosa en quente, tipo D-20, logo do rego de imprimación con 0,6 Kg/m2 de ECR-1. 15. Tanto nas reposicións de calzada como de beirarrúas, os pozos de rexistro, arquetas, bordos, sumidoiros e demais elementos existentes nas mesmas, reporanse e elevaranse á cota da rasante ao substituírense por outros das mesmas características. 16. Tomaranse as medidas necesarias de precaución e sinalización na execución das obras, responsabilizándose de posíbeis danos a terceiros, tanto durante a execución como despois dela. Así mesmo, deberase estar en posesión dos pertinentes permisos na mesma obra, no caso de ser necesarios. 17. Non poderá interromperse o tráfico pola rúa, e no suposto de que a gabia tivese que permanecer aberta durante a noite ou en momentos nos que non se traballe, disporase dos sinais necesarios para evitar calquera risco de accidente. 18. Nas obras que obrigue a desviar aos peóns total o parcialmente fóra das beirarrúas, acondicionarase un paso debidamente protexido por vallas en toda a súa lonxitude e paralelo ás mesmas. 19. A empresa comunicará por escrito ao servizo con quince días de antelación a data de comezo das obras. Así mesmo, ditos servizos poderán controlar e inspeccionar en todo momento o desenvolvemento das obras, así como estabelecer novas condicións se o considerasen oportuno. ANEXO VII - CARACTERÍSTICAS EQUIPO CONTROL DE VERTEDURAS a. Equipo automático para a toma de mostras de forma periódica e automática en función do caudal ou dun autómata programable. b. Todos as verteduras da empresa circulan a través da condución e do caudalímetro do equipo. c. Caudalímetro para o control, monitorización e rexistro do caudal instantáneo e acumulado vertido. d. Contadores horarios para o control das horas de funcionamento ou parada do equipo. e. Equipo blindado e antimotín impedindo calquera tipo de manipulación que poda falsear as mostras recollidas. A figura seguinte mostra a estrutura básica do equipo de Control de Verteduras: A Armario eléctrico de control e habitáculo para os recipientes das mostras. B Conexión de saída a sumidoiro. C Caudalímetro. D Rexistro de acceso para o peche do sumidoiro. E Depósito de entrada con acceso superior para a retirada de sólidos (opcional). F Conexión de entrada a sumidoiro. Segundo as características da instalación as formas de realizar a súa instalación son as seguintes: Modelo con sistema de bombeo. RECURSOS PROCEDENTES: Contra a aprobación definitiva da precedente ordenanza pode interpoñerse directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte ó establecido nos artigos 10-1-6) e 46-1 da Lei 29/98, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa. Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que o interesado estime procedentes conforme a Dereito, significándolle que o artigo 107-3 da Lei 30/1992, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral. O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes. Pontevedra, 25 de abril de 2007. Visto e Prace, O Alcalde-Presidente, Miguel Anxo Fernández Lores. Por acumulación de funcións, O Secretario da Administración municipal, José Carlos Castiñeira Piñeiro.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Clasificación
AUGAS CONTINENTAIS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
regl vertidos- pont..pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles