REGULAMENTO DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DE AUGA POTABLE, REDE DE SUMIDOIROS E SANEAMENTO, DEPURACION E MANTEMENTO DE EDARES DO CONCELLO DE SARRIA

Boletin Oficial Provincial, 03-10-2006, Núm. 228, Páx. 12
Edicto REGULAMENTO DO SERVICIO DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DE AUGA POTABLE, REDE DE SUMIDOIROS E SANEAMENTO, DEPURACION E MANTEMENTO DE EDARES DO CONCELLO DE SARRIA En cumprimento dos artigos 49 e 70.2 da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local publicase o texto íntegro de modificación do Regulamento do Servizo de abastecemento Municipal de auga potable, rede de sumidoiros e saneamento, depuración e mantemento de EDARES do Concello de Sarria, aprobada inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do 28 de xullo de 2006, entendéndose definitivamente adoptado o acordo ó non presentarse reclamacións durante o periodo de exposición ó público. REGULAMENTO DO SERVICIO DE ABASTECEMENTO MUNICIPAL DE AUGA POTABLE, REDE DE SUMIDOIROS E SANEAMENTO, DEPURACION E MANTEMENTO DE EDARES DO CONCELLO DE SARRIA. CAPITULO I.- OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN E CONDICIONS DO SERVICIO. Artigo 1. 1.- O Regulamento ten por obxeto establecer as normas respecto a prestación dos servicios de suministro de auga potable, rede de sumidoiros e saneamento, depuración e mantemento de edares do Concello de Sarria, denominado Ciclo Integral do Servicio Municipal de Auga e as súas características, regular as relacions entre a empresa e os usuarios, determinando as suas respectivas situacions, dereitos, deberes e obligaciones básicas, así como recoller o ámbito de aplicación de precios e tarifas, e o réximen de infracciones e sancions. 2.- Para os efectos de simplificación, no presente reglamento se denomina "aboado" o usuario que teña contratado servicio de augas e saneamiento. O aboado debe ser titular do direito do inmoble, local ou industria, e depositará a correspondente fianza o formalizar o contrato de suministro. 3.- Se denomina "concesionario" o adxudicatario da xestión do ciclo integral do servicio municipal de auga de Sarria, en virtude do contrato administrativo que rixe a concesión do mesmo. Artigo 2. 1.- O servicio correspondente ó Ciclo integral da auga do Concello de Sarria seguirá ostentando, en todo momento, a condición de servicio público municipal do Concello de Sarria. 2.- Os servicios ós que lles afecta este regulamento quedarán sometidos ó control do Concello de Sarria, que poderá revisa-los traballos realizados polo concesionario, en todo momento e lugar, procurando non entorpece-la prestación dos mesmos. 3.- O concesionario queda subrogado nos dereitos e obrigas dimanantes dos contratos suscritos entre o Concello (directamente ou por medio de calquera outra forma de xestión anterior) e os aboados dos servicios con vixencia anterior á data de formalización do contrato co concesionario e da entrada en vigor deste regulamento. Artigo 3.- Corresponde ó concesionario, cos recursos a o seu alcance ademáis das obrigas impostas polas disposicións legais ou regulamentarias en materia de xestión do servicio público e as que se deriven do contrato de xestión do servicio, o seguinte: a) Planificar, proxectar, executar, conservar e explotar as obras e instalacións necesarias para captar, regular, conducir, depurar, almacenar distribuir auga potable a poboación do Municipio de Sarria, así como para recoller, conducir, separar e depurar as augas residuais para o seu vertido ós canles públicos, acorde as condicións que se fixan neste regulamento e na lexislación aplicable, utilizando para o efecto dos recursos e medios actualmente dispoñibles e nos que no futuro resulten dos investimentos que se realicen polo propio concesionario, ou lle sexan asinados. A incorporación ó servicio de obras e instalacións, con posterioridade ó comenzo da concesión, esixirá a recepción das mesmas polo Concello e a firma da acta correspondente de adscripción das mesmas ó servicio, conforme ó preceptuado no prego de cláusulas que rexerá o contrato de xestión do servicio. Incúmbelle ó concesionario a conservación, mantemento e explotación das obras e instalaciones destinadas a abastecimento e saneamento de augas que sexan executadas polo Concello, o Estado, a Xunta de Galicia e outras administracións, una vez que se lle entreguen ó Concello de Sarria e se adscriban ós citados servicios, nos termos previstos no citado prego de cláusulas que rexerán a concesión do servicio. b) A tramitación e execución de conexións de suministro de auga e saneamiento a toda-las aquelas persoas ou entidades que llo soliciten para o seu uso en edificios, locais ou recintos situados dentro da área da súa competencia, sempre que éstos reúnan as condicións esixidas por este regulamento e se foran aprobadas pola Corporación municipal. c) Suministrarlles auga ós usuarios, garantindo a súa potabilidade acorde as disposicións sanitarias vixentes, ata a chave de rexistro (considerada, con carácter xeral, como inicio da instalación interior do aboado), así como efectuar a recollida de augas fecales ou residuais dende a arqueta situada no límite da propiedade do aboado co dominio público. d) O concesionario deberá cubrir, na sua condición de xestor das infraestructuras municipais, a súa eventual responsabilidade civil polos danos causados a terceiros, suscribindo una póliza de seguros adecuada. e) Dispor dun servicio permanente para recepción de avisos de avarías e para informacións urxentes e aquelas anomalías que poidesen producirse relacionadas coa prestación do servicio. f) Informar ós aboados, sempre que sexa posible e polos medios adecuados de difusión, das interrupcións ou alteracións que se produzan nos contratos correspondentes como resultado das actuacións de terceiros. g) Colaborar coas autoridades e centros de educación para facilitar, sen afectar a explotación, que os aboados e o público en xeneral poida coñecer o funcionamento das instalaciones. h) Contestar as queixas e reclamacións que se lle formulen por escrito no pazo regulamentario. i) Aplicar os prezos e cadros de tarifas correspondentes ós distintos tipos de suministro e saneamento que, en cada momento, se teñan aprobados e se atopen vixentes. Artigo 4.- Ademais dos dereitos que lle otorguen ó concesionario as disposicións legais ou regulamentarias en materia de xestión do servicio público e dos que se lle recoñezan a empresa adxudicataria no contrato de concesión, con carácter xeneral, terá os seguintes dereitos: a) Inspeccionar, revisar ou intervir nas instalacións interiores do suministro que, por calquera causa, se encontren ou poidan encontrarse en servicio. b) Percibir nas súas oficinas ou nas entidades bancarias habilitadas ó efecto, o importe das facturacións ou cargos que, debidamente autorizados, lles corresponda ós aboados e usuarios pola prestación que realizase o concesionario e, de se-lo caso, foran utilizadas. Artigo 5.- Son obrigas do aboado: a) Todo aboado virá obrigado a aboar puntualmente os cargos que o concesionario lle formule de conformidade cos prezos e tarifas aprobados e vixentes, así como os que se deriven da prestación dos servicios complementarios a que fai referencia o presente regulamento. A obrigatoriedade do pago íntegro dos consumos de auga considerarase extensivo ós casos nos que os mesmos se orixinase por fuga, avaría ou defecto de construcción ou conservación das instalacións interiores, ou por calquera outra causa non imputable ó concesionario. b) Respetar as instalacións que integran a infraestructura dos servicios, redes de distribución de auga potable e evacuación de augas residuais e conexións correspondentes, como bens do servicio público, prohibíndose a manipulación ou alteración de cualquera elemento das mesmas polo persoal non autorizado. c) Proporcionar ó concesionario os datos interesados por el, en relación co contrato de suministro e as variacións que se poidan presentar. d) Manter as súas instalacións de forma que non se produzan perturbacións nas redes públicas de abastecemento e saneamento, e utilizar de forma correcta as instalacións do servicio, adoptando as medidas necesarias para conservar as mesmas na forma adecuada, mantendo intactos os precintos que garanticen a non manipulación do contador, absténdose de intervir sobre as instalacións de conexión, e garantindo as condicións idóneas para a toma de lecturas do consumo. e) Os aboados deberán en interese xeral e no seu propio, comunicarlle así mesmo ó concesionario calquera avaría ou perturbación (fugas, pérdidas de presión, vertidos incontrolados, etc) que a o seu xuicio se produzcan na rede de distribución pública ou nas instalacións privadas. Análogamente, deberán comunicarlle ó concesionario a existencia de obstruccións na rede de saneamento, que produzan ou sexan susceptibles de producir desbordamentos, olores ou cualquera tipo de molestias os cidadáns. Igualmente, deberán notificar ó concesionario as manipulacións nas redes ou usos indebidos de auga que poidan ser causa grave de contaminación ou perigo de accidente para persoas ou bens. f) Cumprir as limitacións e prioridades que o concesionario estableza no uso e consumo de auga, así como da rede de sumideiros, sen perxuizo da eventual obriga do concesionario de comunicar estos aspectos previamente o Concello. g) Facilitarlle o libre acceso ás instalacións, en horas hábiles ou de normal relación co exterior, ós empregados da empresa ou persoa autorizada para o desenrolo dos traballos relacionados coa realización de lecturas, inspeccións, obras e reparacións. h) Os aboados non poderán, baixo ningún concepto, cederlle gratuitamente ou remuneradamente auga a terceiros, xa sexa con carácter permanente ou temporal, sendo responsables de toda defraudación que se produza no seu suministro, ben por si ou por persoa que dependa del. i) Os aboados están obrigados a solicitar da empresa a autorización pertinente para calquera modificación nas súas instalacións que implique modificación no número de receptores ou emisores ou cambio no uso de auga. j) Cando o aboado desexe causar baixa no suministro, estará obrigado a interesarlle a empresa dita baixa con unha antelación mínima de 48 horas, para poder efectuar a lectura do contador, precintado do mesmo e facturar o consumo correspondente. k) Cando nun mesmo inmoble, xunto ca auga do servicio municipal, existise auga de outra procedencia, o aboado estará obrigado a establecer nas instalacións interiores medios adecuados para evitar a entrada das augas na rede xeral. O concesionario non se responsabilizará da calidade das augas nas instalacións interiores, advirtíndoselles ós aboados da responsabilidade na que poidan incurrir de producirse, por retroceso, a alteración das condicións de potabilidade das augas da traída pública. l) O aboado, baixo a súa exclusiva responsabilidade, intransferible a terceiras persoas, non poderá: 1.- Incluír nos canles de abastecemento, sen autorización previa do concesionario, bombas ou cualquera aparello que modifique ou poida afectar ás condicións da rede de distribución no seu entorno e, consecuentemente, interfiran co servicio prestado a outros aboados. 2.- Revender ou ceder, incluso a título gratuito, a auga suministrada polo concesionario. 3.- Modificar os accesos a ós contadores e aparellos de medida, sen comunicar a o concesionario. 4.- Utilizar a auga do servicio público para fins distintos ós contratados. 5.- Manipular as instalacións interiores xerais, nin instalar elementos nelas. 6.- Realizar consumos de auga que non sexan controlados polo equipo de medida ou introducir calquera alteración nas instalacións que permitísen estos consumos. 7.- Ocasionar voluntariamente ou por conducta neglixente fugas de auga. 8.- Romper ou altera-los precintos de medida. 9.- Permitir que a traveso das súas instalacións se vertan augas residuais a terceiros. m) Os abonados deberánse abster de establecer ou de permitir derivacións na súa actividade ou modificacións que supoñan alteración no caudal ou características do verquido con respecto ós que figuran no correspondente contrato de subministro ou autorización de verquido. n) Os abonados así mesmo asumirán calesquera outras obrigas derivadas da aplicación do presente regulamento e demáis lexislación xeral e sectorial de aplicación, así como as que puideran xurdir da relación contractual entre o Concello e o concesionario do servicio Artigo 6.- Serán dereitos dos aboados, ademáis dos que veñan recoñecidos no presente regulamento e demáis lexislación xeral e sectorial, así como as que puideran xurdir da relación contractual entre o Concello e o concesionario do servicio,os seguintes: a) Recibir nas súas instalacións auga que reúna os requisitos de potabilidade establecidos nas disposicións vixentes. b) Dispor permanentemente do suministro de auga potable e saneamento, acorde as condicións que figuren no seu contrato, sen outra limitación que as establecidas no presente regulamento e nas demais disposicións de aplicación. c) Ser informado de toda-las cuestións derivadas da prestación e funcionamento do servicio en relación o seu suministro, así como recibir contestación por escrito, no prazo regulamentariamente previsto, ás consultas, queixas e reclamacións,formuladas por idéntico procedemento. d) Visitar, sen afectar as exigencias da explotación e sempre tra-la solicitude a o concesionario, as instalacións para tratamento de auga e depuración de residuais, establecendo o concesionario, baixo a súa responsabilidade e criterio, os momentos mais adecuados para garantir a menor interferencia coa prestación do servicio. e) Sobor do percorrido das conducións existentes, así como nas extensións e ampliciacións da rede, os abonados terán dereito a subscribir contrato de subministración e obter autorización de verquidos suxeitos ás taxas e garantías previstas no presente regulamento e demáis acordos municipais. f) Dispoñer nos recibos ou facturas da información necesaria que lle permita contrastala coa subministrada polo seu contador. g) Solicita-la verificación do contador polo organismo administrativo correspondente, cando houbese diverxencias sobor do seu correcto funcionamento. Artigo 7. 1.- O persoal do concesionario irá provisto obrigatoriamente dun documento expedido por él, no que consten os datos de identificación persoal e da súa condición profesional na empresa. 2.- Toda persoa física que, en nome propio ou en representación de terceiros, desexe formular reclamacións ou queixas contra os empregados do concesionario ou contra o que considere calquera anomalía no funcionamento do mesmo, poderá facerlo mediante escrito dirixido á dirección do servicio de augas. 3.- Nas reclamacións que se poidan formular sobre o cumplimento das condicións do servicio, o reclamante deberá acreditar a condición de aboado e estar o día no pago dos recibos correspondentes. Contra as resolucións da empresa, o reclamante poderá utilizar os recursos legais aplicables, según a materia de reclamación, cuia resolución corresponderá ó Concello. 4.- As reclamacións que se formulen polos danos e pérdidas que se causen polo concesionario rexiranse pola lexislación aplicable, tendo en conta a natureza das mesmas e ó seu carácter contractual ou extracontractual. As reclamacións faranse dentro das primeiras 48 horas despois de producírense os danos. CAPITULO II.- SUMINISTRO DE AUGA, CONEXIÓN DE VERTIDOS E PÓLIZA DE ABONO. Artigo 8.- Denomínase póliza de abono a o contrato suscrito entre o concesionario e o aboado, que inclúe os términos das condicións pactadas para o suministro de auga e a prestación do servicio de saneamento conforme ós artigos 12 e 13 do presente regulamento. Para a petición do suministro e/ou verquido, ademáis da documentación esixida polo artigo 13 do presente regulamento, presentaranse os seguintes documentos: - No caso de vivenda nova, o usuario presentará a licencia da primeira ocupación e o boletín de instalación de fontanería da Delegación de Industria. - No caso dunha obra, o peticionario presentará a licencia para a mesma, realizándose un contrato de auga de obra que se terá que dar de baixa una vez terminada. - No caso dunha industria ou comercio, o usuario presentará a licencia municipal de apertura ou o recibo ou declaración de alta do IAE. En ningún caso se procederá a suministrar se non se realizan os anteriores requisitos. Nos casos nos que está constituida a comunidade de propietarios con contador xeral único, ésta deberá suscribir unha póliza de abono xeral. Non se lle suscribirá contrato de suministro a aquel usuario con recibos pendentes de cobro, sexa cal sexa a situación do novo suministro solicitado. Baixo ningún concepto se farán concesións gratuitas, calquera que sexa o carácter e natureza do peticionario, considerándose caducadas as que actualmente poidan existir, agá-las asignadas ás obras, servicios e instalacións municipais . O traslado de domicilio e a ocupación do mesmo local por persoa distinta a que formalizou o contrato, esixe novo contrato o, de se-lo caso, a subrogación do anterior sempre que se cumplan todos os requisitos deste regulamento. Non se autorizarán altas nin baixas temporais, excepto no especificado no artigo 11º. Artigo 9. 1.- A solicitude de conexións ás redes de distribución de auga potable e de evacuación de augas residuais, deberá presentarse de forma independente para cada inmoble que legal ou físicamente constitúa unha unidade de edificación, debendo cada unha delas satisfacer por separado as condicións previstas neste regulamento. Consideránse unidades de edificación independentes os edificios dun solo portal, ou cada un dos portais no caso de que existan varios dun mesmo edificio. No caso de que un mesmo edificio ou construcción teña mais dun acceso, o concesionario podera decidir a conveniencia de realizar, a medida que lle sean solicitadas, mais dunha conexión. 2.- Queda expresamente prohibida a utilización dun suministro de auga ou dun colector de vertidos por outro inmoble ou propiedade distinta daquela para a que se contratou, aínda pertenzan o mesmo dono. No caso de segregacións ou divisións ou acumulacións, aínda que non estivesen rexistradas oficialmente, deberán comunicárselle estas circunstancias ó concesionario, para a modificación das condicións de conexión e, se é o caso, da póliza de servicio. 3.- Naqueles casos nos que, a xuicio do concesionario, exista causa xustificada, o titular de uso dun local comercial ou industrial de planta baixa dun inmoble poderá contratar, ao seu coste, conexiones independentes. 4.- A conexión á rede xeral de abastecemento de auga potable e rede de saneamento só a realizará o persoal da entidade xestora do servicio. Toda persoa que desexe conexión de abastecemento de auga potable ou conexión de vertido de augas residuais, faralle unha solicitude á entidade xestora que realizará un informe das condicións necesarias para a conexión, así como un presuposto, según a tarifa vixente, do custo de ditas conexións, que satisfará o solicitante antes de dar comenzo as obras. Artigo 10. 1. A determinación das características das novas conexións a un inmoble que se atope na zona servida polas redes de auga e rede de saneamento, a súa instalación, conservación e manexo, serán sempre competencia exclusiva do persoal da entidade que xestione o servicio, quen, atendendo ás características do inmoble, en canto ó servicio e as redes de distribución e rede de saneamento, posibles proxectos que poida te-lo Concello, confeccionará o orzamento correspondente. O importe será satisfeito polo usuario e o traballo realizado polo persoal da entidade xestionadora do servicio. O cadro de prezo unitarios empregado será o vixente que figura incorporado á correspondente ordenanza fiscal. Asimesmo, o servicio determinará, no seu caso, as modificacións que na rede existente deben efectuarse como consecuencia da petición e que tamén satisfará o peticionario, entendéndose que esta modificación pertence, para tódolos efectos, ó patrimonio municipal. No caso de non aboar o solicitante esta modificación, non se procederá ó suministro. 2. No suposto de pedimento do servicio polo promotor dun inmoble para o que sexa necesario ampli-las redes existentes, o concesionario, tendo en conta as características do inmoble e doutras fincas adxacentes, no que se refire á subministración da auga, rede de sumidoiros e saneamento, redactará un informe co orzamento, no que se incluirá a ampliación en cuestión. Este debe ser aprobado expresamente polo Concello. O importe que sume, debe ser satisfeito polo promotor no momento de aceptalo, e o traballo realizarao o concesionario. 3.- As extensións das redes de abastecemento ou saneamento para edificacións novas ou antigas que non a posúan serán executadas a cargo do aboado e pasarán a rede municipal. 4.- As instalacións das redes de abastecemento e saneamento propias de urbanizacións, novas calles ou polígonos, serán executadas a cargo do promotor con suxección ó correspondente proxecto técnico necesariamente aprobado polo Concello e previo informe favorable do concesionario. 5.- Para os efectos deste regulamento, enténderase por urbanizacións e polígonos aqueles terreos sobre os que a lexislación ou a correspondente actuación urbanística esixa a creación, modificación, ampliación ou complementación da infraestructura viaria e de servicios, tanto se as obras se realizan para conexión entre as distintas parcelas ou solares nos que se divida o terreo, como se se executasen para unir a urbanización ou polígono con outra zona xa urbanizada e con servicios. 4.- O permiso de conexión de suministro e saneamento para o polígono ou urbanización, así como para os solares e inmobles situados nel, estará supeditado a que previamente se acredite o cumplimento das condicións seguintes: - Os esquemas das redes interiores de distribución e saneamento, así como as demais instalacións relacionadas, deberán ser aprobados polo concesionario do servicio e proxectados polo técnico competente, debendo executarse pola conta do promotor ou propietario da urbanización ou polígono, e con cumplimento das normas técnicas do concesionario ou das que teñan previstas para tales fins o propio Concello. - As obras e instalacións que se prevexan no proxecto aprobado e as modificacións que convenientemente se autoricen polo concesionario, introducidas posteriormente, executaranse igualmente pola conta do promotor ou propietario, e sempre baixo a dirección dun técnico deste último. - O concesionario poderá esixir, tanto durante o desenrolo das obras como na súa recepción ou posta en servicio, as probas e ensaios que estime convenientes, co fin de garantizar a idoneidade de execución de acordo coa regulamentación técnica específica do servicio, e o cumprimento das especificacións de calidade que lles afecten ós materiais previstos co proxecto, sendo os gastos derivados de tales probas a cargo do promotor ou propietario da urbanización. 5.- En ningún caso estará facultado o promotor ou executor da urbanización para realizar as conexiones de abastecimento ou saneamento nos posibles edificios, soares ou parcelas da mesma, o que é competencia exclusiva do concesionario. 6.- O enlace das redes interiores coas conduccións exteriores que forman a rede pública xestionada polo concesionario, así como as modificacións ou eventuais reforzos d as mesmas que houbesen de efectuarse nelas, como consecuencia das novas demandas impostas pola urbanización, quedarán perfectamente delimitadas no proxecto previo e executaráa sempre o concesionario a cargo do promotor ou propietario da urbanización. 7.- Unha vez terminadas as instalacións, serán verificadas polo concesionario e, se as encontra conformes, informará o Concello no que afecte para a aceptación da propiedade das instalacións, as súas servidumes de paso e usos da urbanización que pasen a dominio público, asumindo a xestión e o mantemento dos servicios de abastecemento e saneamento, unha vez que lle sexa ordenado por lo Concello. Poderase denegar a solicitude de conexión ou conexións a súas redes polas causas ou circunstancias seguintes: a) Pola falta de presentación de cualquera dos documentos. b) Polo incumplimento do estipulado neste regulamento ou demáis lexislación sectorial específica de aplicación, no que se refire a requisitos previos para a conexión as redes públicas. c) Cando a cota de vertido do inmoble para o que solicita a conexión da rede de saneamento sexa inferior a rede de conducción xeral correspondente, salvo que o propietario instale, ó seu coste, o sistema de bombeo adecuado. d) Cando algunha parte das instalacións xerais debe discurrir pola propiedade de terceiros, sen que se acredite a constitución de servidume de paso, inscrita no rexistro da propiedade ou non se adquira a franxa de terreo afectada. e) Cando a presión no punto de conexión de abastecemento sexa insuficinte para un correcto servicio, e non se instalase, a cargo do aboado, o grupo de elevación e cisterna correspondentes. f) O concesionario poderá, se aboado o acepta expresamente, contratar o servicio sen responsabilizarse das deficiencias que se produzan pola falta de presión. g) Cando a presión no punto de conexión de abastecemento sexa excesiva para un correcto servicio, e non se instalasen, a cargo do aboado, as medidas de reducción de presión adecuadas. h) Cando se comprobe que o peticionario deixou de satisface-lo importe da auga consumida en virtude doutro contrato co prestador do servicios e ata tanto non abone a súa débeda. i) No referente á autorización de vertido, cando a xuízo do concesionario ou o Concello puidesen produciren alguns destes efectos: 1.- Formación de mezclas inflamables ou explosivas. 2.- Efectos corrosivos que afecten á vida normal das tuberías e conductos das alcantarillas así como dos materiais constituyentes das instalacións. 3.- Creación de condicións ambientais perigosas ou molestas que impidan ou dificulten o acceso e/ou labor do persoal encargado da inspección, limpeza, mantemento ou funcionamento das instalacións. 4.- Producción anormal de sedimentos, incrustacións ou calquera outro tipo de obstrucción física que dificulte o libre fluxo das augas residuais. 5.- Molestia pública grave. 6.- Radiacións nucleares de intensidade superior á establecida pola regulamentación vixente. 7.- Formación de películas grasas flotantes. Artigo 11. 1.- Excepcionalmente, o concesionario poderá conceder conexións ou tomas de auga con carácter provisional ou temporal para obras. Estas tomas concederanse sempre en precario, rexíndose polas mesmas condicións xerais establecidas, máilas que se poida determinar particularmente para este caso. 2.- En ningún caso se utilizará para vivendas e locais a auga suministrada para unha conexión de obra. A o rematar as obras o constructor lle comunicará este feito a o concesionario e quedará clausurada automáticamente esta conexión, rixíndose o suministro polas condicións xerais establecidas, ou polas que se poidan establecer atendendo o carácter e finalidade do mesmo. 3.- Ata a firma das pólizas definitivas do servicio, manterase en vigor a póliza do servicio provisional para obra, sendo o constructor ou solicitante autorizado o responsable de aboar toda a auga consumida, a que se lle facturará a tarifa de obra, independentemente do uso que tivera. Artigo 12. 1.- O contratante do suministro e saneamento será o titular ou titulares do inmoble, local ou industria para abastecer, ou quen o represente legalmente, a salvo das excepcións que se detallan neste artigo. De ser o caso, o contratante poderá ser o inquilino, con autorización bastante da propiedade. Esta autorización implicará a asunción, por parte do propietario, das eventuais responsabilidades e do resarcimento de danos a o concesionario, no caso de incumplimento do contrato de suministro e saneamento por parte do inquilino. 2.- Non poderá ser aboado do suministro e saneamento quen, sendo con anterioridade para outro inmoble, local ou industria, fose penalizado con suspensión do suministro ou resolución do contrato por falta de pago ou medida regulamentaria, a non ser que satisfaga íntegramente os seus anteriores obrigas, con recargas, intereses e gastos que houbera lugar. 3.- Toda conexión se destinará exclusivamente ós usos para os que fose solicitada e concedida, debendo comunicarlle o aboado previamente ó concesionario calquera modificación, para solicitar a súa aprobación e a formalización dun novo contrato no que se inclúan as circunstancias modificadas. 4.- Nos casos de cambio de titularidade do inmoble, local ou industria abastecidos, e cando sexa o propietario ou aboado titular do contrato de suministro, ambos deberán comunicar fidedignamente, dentro do prazo dun mes, o cambio co fin de proceder a formalizar un novo contrato de suministro a nome do novo titular. 5.- Nos casos nos que os titulares do contrato de suministro fosen os inquilinos, o novo inquilino deberá sustituir a autorización do propietario a que se fai referencia no apartado primeiro deste artigo, por outra semeñante a o seu nome. Se houbese modificación de propiedade do inmoble, local ou industria sen cambio de titularidade do contrato de suministro e saneamento, o novo propietario entenderase inexcusablemente subrogado nas responsabilidades asumidas polo anterior propietario en relación cos incumprimentos do contrato e resarcimento dos danos que lle podiesen ocasionar ó concesionario os inquilinos do inmoble, cando estos non se asumisen. 6.- Nos casos nos que o solicitante dos servicios sexa unha comunidade de propietarios, somente os poderá contratar o seu representante legal, debidamente acreditado. 7.- Nos casos nos que se soliciten os servicios para execución de obras, o contratante deberá ser o titular da licencia municipal. 8.- No caso de que existan dispositivos para rego de xardíns, piscinas, etc., deberase subscribir un contrato xeral de abono independente dos restantes do inmoble e a nome do titular dos mesmos. Artigo 13. 1. Toda alta no servicio será obxeto de solicitude do interesado e suscripción da correspondente póliza, na que se fará constar as características do suministro e que producirá efectos económicos dentro do brimestre en que comence o disfrute do servicio e coa facturación correspondente ao bimestre completo, ou no seu caso, coa periodicidade establecida. No caso de contadores colectivos, cada unha das vivendas ou locais suministrados a través dese contador abonará a cuota de "alta de contrato" especificada na ordenanza fiscal correspondente. Cada vez que se produzca unha alta pagaranse as taxas municipais dacordo có establecido na ordenanza fiscal. As baixas as solicitará o titular do contrato, que suscribirá a correspondente solicitude e trala comprobación e pago dos recibos pendentes e do trimestre en que se solicita a baixa, pasarase orden para o corte do suministro e precintarase a chave de paso. 2. Tanto o contrato de subministro como autorización de verquidos serán extendidos polo concesionario e asinados por ambalas dúas partes e por duplicado, por conter dereitos e obrigas recíprocas, quedando un exemplar en poder do abonado e outro no poder do concesionario. Ademáis formalizarase un exemplar máis para o Concello. O modelo de contrato normalizado a empregar así como as súas posteriores modificacións deberá ser conformado polo Concello. As cláusulas especiais que poidan consignarse nos contratos non conterán concepto nen condición algunha contraria ós preceptos deste regulamento, nin ás demáis disposicións legais vixentes na materia. 3. Previa á subscripción do contrato de subministro ou documento de autorización de verquido deberase aporta-la documentación que como preceptiva se sinale no presente regulamento e como mínimo a seguinte información: a) Datos de identificación do interesado: Nome, dirección e NIF ou CIF, así como os datos do representante que, no seu caso, efectúe a solicitude. b) Lugar de prestación do servicio. c) Clase de uso a que se destina e cando se trate de usos non domésticos o volume de consumo contratado, se procedera esta determinación, e ou características do verquido. d) Características do aparato de medida se xa estivese instalado. e) Memoria resume da instalación se xa estivese efectuada, subscrita polo instalador autorizados ou boletín de conformidade coa mesma, visado polo organismo competente da Administración. O concesionario informará en calquera caso, sobre as posibilidades de novo subministro e/ou verquido e as características da acometida. Artigo 14.- A prestación do servicio clasificarase según o especificado na ordenanza fiscal polos tipos de tarifas, pero como norma xeral será: 1. Usos domésticos. Son aqueles nos que a auga se utilize exclusivamente para atender necesidades primarias da vida, preparación dos alimentos e higiene persoal. Aplicaráselles esta modalidade ós locais destinados a vivendas, sempre que neles non se realice actividade industrial, comercial, profesional, nin de servicios de cualquera tipo. 2. Usos comerciais e industriais. Son aqueles en os que auga constitúe un elemento directo ou indirecto dun proceso de producción ou nos que se utiliza para o acondicionamento, limpeza ou hixiene nun establecimento profesional, comercial, industrial ou de servicios. Aplicaráselles esta modalidade a todo-los locais ou establecementos nos que se desempeñe unha actividade industrial, comercial, profesional ou de servicios, sexa ou non lucrativa, así como a centros de enseñanza, deportivos, clubes sociais e recreativos, garaxes e, en xeral, para todos aqueles non destinados a vivenda. Terán a consideración de usos industriais aqueles usos, potencialmente domésticos, para os que, como resultado das inspeccións e análise que realizará o servicio municipal ou os laboratorios autorizados para o efecto, se determinara unha contaminación improcedente das augas residuais, sen perxuizo das responsabilidades nas que incurrise o actuante. 3. Usos municipais. Son aqueles que lles corresponden á totalidade dos edificios, servicios,obras e instalacións municipais establecidas nos pregos de cláusulas que regula o contrato de xestión do servicio. O Concello autoriza ó concesionario a instalar contadores en todos e cada un dos puntos de suministro que lle afecten, calculándose polos servicios técnicos do concesionario os consumos municipais onde, polas circunstancias de ditos puntos, non se poida instalar un contador. 4. Uso para obras. Son aqueles nos que a auga se usa na construcción. 5. Usos especiais. Consideranse suministros especiais aqueles non incluidos nas modalidades anteriores. Artigo 15. 1.- En virtude do disposto no artigo 34 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais, por razóns de sanidade e hixiene o servicios de subministro de auga potable e servicio de saneamento serán de recepción e uso obligatorio. Será obligatoria a acometida de auga e o seu uso por toda clase de vivendas ou instalacións hixiénicas de todo xénero de establecementos industriais ou comerciais en xeral, sempre que a rede de distribución se atope a unha distancia do inmoble inferior a 250 mts., e a cota o permita. 2.- Dado o carácter obrigatorio dos servicios regulados no presente Regulamento, os contratos de subministro de auga e os de autorización de verquido só se darán por finalizados no suposto de vivendas ou establecementos derruidos ou ruinosos, desalquilados, deshabitados ou sen uso, actividade ou funcionamento (aínda cando sexa temporalmente), previa-las comprobacións e informes oportunos. 3.- Para a suspensión do servicio de abastecimento a un aboado o concesionario deberá seguir os trámites legais previstos ó efecto. A utilización inadecuada por parte dun aboado do servicio de saneamento ocasionará a suspensión do servicio de abastecemento, como medida complementaria. 4.- O concesionario poderá suspender o servicio de abastecemento ou saneamento a un aboado nos seguintes casos: a) Se non satisface puntualmente o importe dos servicios conforme ó estipulado na ordenanza fiscal, no presente regulamento ou segundo acordado expresamente. b) Pola falta de pago das cantidades resultantes de liquidacións en firme de fraude o no seu caso probado de reincidencia no mesmo. c) En todo-los casos nos que o aboado emprege a auga que lle suministre en forma ou para usos distintos dos contratados. d) Cando o aboado estableza ou permita establecer derivacións na súa instalación para o suministro de auga ou evacuación de residuais a outros locais ou vivendas diferentes á consignada na súa póliza de servicio. e) Cando o aboado non permita a entrada no local ó que lle afecta a póliza de servicio, en horas hábiles ou de normal relación co exterior, ó persoal que, autorizado polo concesionario e provisto da súa correspondente documentación acreditativa, trate de revisar as instalacións, sendo preciso, en tal caso, que se faga constar a negativa ante testimonios ou en presencia dalgún axente da autoridade. f) Por neglixencia do aboado respecto a reparación de avarías na súas instalacións, que poidan causar danos as redes, a vía pública ou a terceiros. g) No caso de realizar vertidos non autorizados que poidan producir danos nas instalacións de saneamento ou depuración, aténdose o concesionario á lexislación vixente. h) No caso de que o aboado utilice a auga para regado de hortas, cultivos ou zonas verdes en terreos anexos a vivenda habitual, cando por causas excepcionais, o Alcalde prohiba os consumos para estes usos e así o dispoña mediante bando. 5.- Os gastos orixinados polo restablecemento serán por conta do aboado, que non recuperará o servicio ata que non proceda a o seu pago. Artigo 16.- Reserva de auga. 1.- O concesionario poderá establecer as condicións e prioridades no uso de auga potable, tras a autorización municipal, no suposto de restriccións por seca, catástrofes ou accidentes graves nas instalacións de captación, tratamento ou distribución de auga, empleando o seu mellor criterio para reducirlle o dano a pobación afectada e, comunicando as medidas adoptadas, informarase as autoridades competentes e se comunicará a través dos medios de difusión mais adecuados. Deberá informar prioritariamente o Concello destas medidas, da súa previsible duración e das razóns que levaron a adoptalas, sen perxuicio da normativa xeral de seguridade civil que sexa de aplicación. 2.- Os aboados que prevean utilizar a auga para alimentar aparellos ou instalacións que poidan verse danados como consecuencia dunha interrupción ou disminución de presión no suministro, en todo-los locais nos que se desenvolve calquera tipo de actividade na que a auga represente unha permanente e inexcusable necesidade para a saúde pública ou seguridade de persoas e bens, e especialmente, en centros hospitalarios, almacéns de productos inflamables e combustibles e grandes centros comerciais deberán dispoñer de depósitos de reserva con capacidad suficiente e adoptar, en xeral, as medidas necesarias para garantir a continuidade do servicio, sen prexuizo do que establezan as regulamentacións específicas de cada sector. Igualmente as industrias nas que a auga represente un elemento indispensable no proceso de producción ou conservación de productos deberán dispoñer de depósitos de reserva, de maneira que quede asegurado o seu abastecemento durante, polo menos, 24 horas. O prestador do servicio quedará exonerado de responsabilidade civil nestes casos, que polas suas características especiais deberán proveerse de medios de reserva. 3.- Nen o Concello nen o concesionario serán responsables dos danos que poida ocasionar unha eventual falta de suministro motivada por avarías ou pola normal manipulación da rede. En tales casos resérvase o dereitode interrumpi-la prestación dos servicios tanto con carácter xeral como en sectores ou zonas que así o aconsellen as necesidades do servicios ou intereses xerais do Concello. 4.- Os suministros para usos non domésticos estarán sempre subordinados as necesidades dos restantes usos. Por conseguinte, estes suministros poderán seren interrumpidos pola Administración Municipal ou o concesionario cando as circunstancias o aconsellen, aínda que non se interrumpira o subministro para os usos preferentes. Artigo 17. 1.- En todo-los edificios que por albergar un alto número de usuarios, a presión da rede no punto de conexión poida ser insuficinte para o correcto abastecemento estarán obrigados á instalación dun grupo elevador e depósito que garanta o abastecemento regular a toda-las vivendas ou locais do inmoble. É aconsellable que o edificio teña depósito de reserva, con capacidade para polo menos, 24 horas de consumo normal. 2.- Como medida de hixiene e control recoméndase que estes depósitos dispoñan dos medios adecuados para a súa fácil e eficaz limpeza periódica. Obrigatoriamente, deberán estar provistos dun rexistro de entrada, desagüe e tubo de ventilación. O desaugue do depósito de reserva irá conectado a rede de saneamento. 3.- Os depósitos de reserva se conectarán obrigatoriamente ó tramo de conexión interior, é decir, con posterioridade ó emprazamento do ontador. Artigo 18. 1.- Enténdese por instalación interior de abastecemento a comprendida a partir da chave de rexistro de conexión. 2.- O propietario dun edificio será responsable das avarías que se produzan na instalación interior. 3.- O propietario realizará, ó seu cargo, coa maior rapidez que lle sexa factible e, en todo caso, dentro dun prazo máximo de cinco días naturais, a reparación das avarías que se presenten a partir da chave de rexistro. O concesionario procederá ó corte de suministro ata que se efectúe a reparación e inspeccionará a instalación con posterioridade a mesma antes de proseguir o servicio. 4.- Se, a xuizo do concesionario ou do técnico competente, se determinara que existe perigo grave para a seguridade das persoas por mal estado das instalacións ou ameaza de danos graves, o concesionario poderá suspender o suministro de forma inmediata, poñéndoo en coñecemento do interesado e do Concello. Neste caso, como naqueles outros nos que exista necesidade de acometer a reparación por urxencia, o concesionario poderá repercutir ó aboado os gastos nos que se incurrise, debidamente xustificados. Artigo 19. 1.- A conexión á rede pública de abastecemento das conexións para sistemas contra incendios esixirá a firma dun contrato específico entre o concesionario e o aboado. 2.- Dito contrato terá a mesma tramitación e carácter que os do suministro ordinario e estará, por tanto, suxeita ás mesmas prescripcións reguladas por aqueles. A utilización da rede contra incendios será únicamente con este fin. 3.- Efectuada a instalación, as bocas de incendio serán precintadas polo persoal do concesionario, entendéndose que foron utilizadas cando desapareza o precinto. De non ser utilizadas na extinción dun incendio, o aboado debe poñelo en coñecemento do concesionario co fin de que se repoñan os precintos correspondentes e evitar posibles responsabilidades derivadas. 4.- As redes interiores de incendio serán sempre independentes das restantes existentes no inmoble no que se instale e non poderá ser conectada derivación ningunha para outros casos. 5.- Nas instalacións contra incendios non se instalará contador nin se rexirá cargo ningún derivado de maior ou menor consumo de auga nin polos vertidos da mesma á rede de saneamento. De ser necesaria a utilización das bocas de incendio, facturarase exclusivamente polo concepto de dispoñibilidade do servicio e pola tarifa mínima industrial vixente en cada momento. Artigo 20. 1.- Para a execución de obras de urbanización e daquelas instalacións que se realicen nas rúas, vías públicas ou bens de dominio público, o concesionario autorizará, a petición da entidade pública ou do contratista adxudicatario da obra, o uso de auga procedente das bocas de rego ou hidrantes. 2.- Cando o solicitante sexa o contratista da obra deberá constituir previamente ante o concesionario, para responder de eventuais danos sobre as instalacións públicas, un depósito equivalente ó doble do valor de reposición da boca de rego ou hidrante. A constitución deste depósito e o dereito a utilizar a auga por estos medios quedará reflexado no acordo específico. O depósito será devolto ó contratista, una vez transcurrido ó prazo de utilización do suministro, se non se producisen danos. 3.- No suposto de obras municipais, corresponderá ó contratista adxudicatario das obras solicita-la autorización citada no apartado primeiro do presente artigo e a constitución do depósito a que se refire o apartado anterior 4.- O consumo de auga ó que se refiere o presente artigo será aboado polo contratista, según o consumo rexistrado polo contador que o concesionario instale para tal efecto. No suposto de obras municipais, o contratista adxudicatario das obras será o obrigado a aboa-lo consumo rexistrado polo contador instalado. 5.- Non obstante, no suposto de execución de obras municipais, directamente pola Administración, o Concello estará exento de solicitar as correspondentes autorizacións, constitución de depósitos e o abono do consumo de auga. 6.- Salvo os casos previstos nos anteriores números de este artigo, a utilización das bocas de rego ou hidrantes só lles estará permitida ós servicios públicos de extinción de incendios e a outros servicios municipais, calquera que sexa a forma de xestión, quedando exentos de pago os consumos que se produzan pola utilización daquelas. CAPITULO III.- SERVICIO DE ABASTECEMENTO. Artigo 21. a) Enténdese por conexión de abastecemento o ramal que, partindo dunha canalización de distribución, conduza a auga ó pe do edificio ou ó límite da propiedade que se desexa abastecer. Esta conexión comprende dende ó collarín de toma da canalización xeral ata a chave de rexistro sito nunha arqueta de rexistro ó pe da edificación. Estará formada por unha canalización única de características específicas según o caudal e presión da auga para suministrar. b) Enténdese por conexión de saneamento ó colector das augas residuais dunha instalación, edificio (establecemento) ou nave industrial, que se extende dende a arqueta sito no borde do inmoble ou propiedade pública ou privada ata o pozo de rexistro de saneamento ó que está conectado. Nas instalacións onde puidese faltar o pozo de rexistro enténdese que a conexión remata, excepcionalmente, no colector xeral. As instalacións que non se axusten a estas normas serán obrigadas a adaptarse ante calquera modalidade ou reparación nas conexiones. O custo correspondente será a cargo do aboado. Para os efectos das obrigas do concesionario, éste deberá realizar ó seu cargo exclusivamente a limpeza da rede xeral de saneamento a que esté conectada a conexión e ata o pozo de rexistro onde se produza o entronque da mesma. Os custos do mantemento, substitución e reparación da conexión de saneamento serán a cargo do aboado. No caso de execución de conexións clandestinas, por parte do propietario, suspenderase o servicio ata que teña a autorización correspondente e unha vez aprobada aboará os costes totais de execución da conexión, previamente á realización do contrato. c) Denomínase rede de distribución de auga potable ó conxunto de canalización, cos seus elementos de manobra, control e accesorios, instalado nas rúas, prazas, camiños e demás vías públicas para distribuir a auga a poboación. d) Denomínase rede de saneamento ó conxunto de colectores, sumideiros e rexistros, con todo-los elementos de bombeo, control e accesorios, instalados nas rúas, prazas, camiños e demais vías públicas, que sirven para a evacuación das augas residuais hasta o canle público ou as estacións depuradoras. Artigo 22. a) O suministro de auga ou a autorización de vertidos das augas residuais será autorizada polo Concello e prestada polo concesionario con suxeción a este regulamento e demais disposicións de carácter xeral. De calquera maneira, os vertidos a canles públicos realizaranse sempre nas condicións e circunstancias e cos límites impostos na vixente lexislación de augas, á que deberá axustarse plenamente o presente regulamento. b) O concesionario poderá establecer limitacións na prestación do servicio de suministro de auga ou para autorizar vertidos de augas residuais ou realizar dito servicio en precario, cando as circunstancias do caso así o fagan aconsellable, según as condicións previstas no artigo correspondente deste regulamento. c) Como norma xeral, non se concederán aisladamente conexións de suministro de auga potable nin de vertido de augas residuais, e se tramitarán asimesmo ambas solicitudes. As obras correspondentes executaranse, na medida do posible, ó mesmo tempo, sempre que exista rede de auga e colectores en servicio. d) Sobre o percorrido das conduccións existentes, o concesionario está obrigado a subministra-lo servicio ós particulares que o soliciten previa autorización do Concello e sempre que antes se realizara o enlace das redes do servicio por conta do promotor do inmoble, e o pagamento das taxas e fianzas que o Concello teña estipuladas en cada momento. Estas obras de acometidas serán de exclusiva competencia do concesionario e o abono do seu custo será por conta do usuario. Artigo 23.- Normalmente existirá unha conexión para dar servicio a unha obra, edificio, portal ou inmoble. Pero se un inquilino ou aluger de parte dun inmoble desexa un suministro especial ou independente, e se existe una causa xustificada a xuicio do servicio, poderá contratar a instalación dunha derivación ou conexión, independentemente da existente con anterioridade para todo o inmoble. Asimesmo o servicio poderá, nos casos nos que para beneficio do suministro encontre aconsellable, acceder á instalación dunha segunda conexión. Artigo 24.- Se na ordenanza municipal estivese prevista cuota de conservación de conexións de abastecemento, as reparacións das avarías nas conexións e que sexan debidas ó seu normal uso corresponderanlle ó servicio de augas, sen que se produza cargo ningún ó aboado por este motivo. No suposto de non estar prevista dita cuota ditas reparacións deberán ser por conta do abonado do servicio. Se a avaría fora debida a outras razóns diferentes as do seu normal uso, a reparación ou substitución será realizada polo servicio de augas e se lle facturará ó aboado ou ó causante da avaría o importe da reparación. Artigo 25. CONTADORES. 1.- Os contadores ou medidores de caudais de abastecemento de auga potable serán dos tipos aprobados e verificados polas Delegacións de Industria ou organismos competentes. Serán propiedade do aboado e colocarao o concesionario ou un profesional do ramo a cargo do aboado, en lugar visible, debidamente verificado. O concesionario posuirá un stock de contadores para poder subministralos, non obstante, o usuario pode adquirir libremente os contadores en casas comerciais ou ó concesionario 2.- O concesionario manterá unhas existencias de contadores, adecuadas as necesidades e caudais de abastecemento, para a súa venta os aboados que o soliciten. A venta dos citados contadores realizarase de conformidade coas tarifas que se establecan e aproben polo Concello. Artigo 26. 1.- A colocación e instalación de contadores realizaraa exclusivamente ó concesionario, correndo os gastos pola conta do aboado. O custo da instalación quedará determinado polo correspondente cadro de prezos. 2.- No caso de existencia de cota de conservación de contadores, a substitución ou reparación dos inutilizados ou avariados polo uso normal ou antigüidade corresponderalle ó concesionario. De non existir esta cota, os gastos correspondentes serán por conta do aboado. 3.- A substitución ou reparación dos contadores inutilizados ou avariados por outras razóns diferentes ás do seu uso normal (xeadas, actos vandálicos, etc), será por conta do aboado, caso no que se lle notificará por escrito dándolle un prazo de 7 días para presentarse nas oficinas do servicio e aboar o importe correspondente á reparación ou substitución. De non facelo así, se procederá ó corte do suministro. Artigo 27. 1.- Toda vivenda unifamiliar ou local comercial (independentemente de que sexa destinado a actividades industriais, ó exercicio profesional ou a prestación de calquera servicio) disporá dun contador individual. 2.- Cando nun mesmo edificio exista mais dun usuario, cada un deberá ter contador independente. No caso de comunidade de propietarios con contador xeral, o mínimo de abono obrigatorio e cotas de mantemento, será o que lle corresponda a suma de tantos mínimos e cotas como número de vivendas ou locais constitúa a comunidade, incluidos os abastecementos a servicios propios da mesma. A Comunidade de propietarios será a responsable do pago do recibo correspondente. O contador, que estará verificado pola Delegación de Industria, será propiedade do aboado e será colocado no seu emplazamento definitivo únicamente polo servicio. Ós abastecementos existentes sen contador medidor de caudal estableceráselles un período de 7 días para a instalación do citado aparello, durante o que se facturará o estimado polo servicio en función das características do abastecemento, e polo menos o dobre do mínimo marcado pola ordenanza en cada tipo de abastecemento. Pasado o citado período procederáse ó expediente de corte do suministro no caso de que sexa aboado ó servicio, ou ó corte directo se é un consumidor clandestino. Nos casos nos que nun mesmo edificio existan distintos tipos de suministro (doméstico, industrial, etc), intalaranse contadores independentes para cada un deles, pero se debido a esixencias técnicas, soamente se podidera instalar un, o consumo total tarifarase de acordo coa tarifa máis alta correspondente os englobados no contador único. Non se permitirá extender unha mesma concesión a varios inmobles ou edificacións, aínda no caso de estar contiguas e pertencer ó mesmo dono. Os contadores estarán colocados nun lugar adecuado, de libre acceso, na planta baixa, cerca da chave de paso instalada frente ó inmoble de que se trate e sempre no exterior da vivenda. No caso de vivendas colectivas situaranse nun compartimento ou caixa, mediante o sistema chamado de batería ou similar, de tal maneira que o empregado lector do servicio poida libremente anota-las indicacións de todo-los contadores nun so acto. Aquelas industrias que para o seu proceso de producción empreguen medios propios de abastecemento de auga, exclusivamente ou conxuntamente coa auga da rede municipal e vertan na rede de alcantarillado un caudal superior ó consumido da rede municipal, instalarán á súa costa, aparatos para a medida do caudal de verquido á rede. De mutuo acordo entre a empresa e o concesionario do servicio de augas se poderá realizar unha estimación do caudal de verquido, a efectos de facturación. As obras serán proxectadas e executadas polo usuario previo visto e prace do concesionario e outorgamento da preceptiva licencia municipal Artigo 28. 1.- O aboado estará obrigado a facilitarlle o acceso ó contador ó persoal do concesionario, quen deberá levar a oportuna identificación.O concesionario deberá facer a lectura dos contadores no período comprendido entre as nove e as vinte horas. Artigo 29. 1.- No caso de que o aboado estime que o volumen da auga consumida na súa instalación non corresponda ó rexistrado polo seu contador, poderá solicitar a súa revisión ó concesionario. O aboado deberá depositar para ditos efectos as tarifas de verificación correspondentes. 2.- Se se probara que o funcionamento do contador é correcto, o aboado perderá a fianza de verificación depositada. Se o funcionamento do contador fora incorrecto, devolveraselle ó aboado a cantidade depositada como fianza, resultando os gastos de verificación a cargo do concesionario. As tolerancias para verificacións de contadores serán as que fixe, en cada caso, o Centro Nacional de Metroloxía ou organismo equivalente. No caso de verificación de funcionamento incorrecto, e exclusivamente para aqueles casos nos que o propoñente sexa o aboado, o concesionario procederá a refacer as liquidacións por consumo de auga, correxidas nos porcentaxes de desviación detectadas, correspondentes ós tres primeiros meses anteriores ó momento da petición de verificación polo aboado. Artigo 30. 1.- O aboado poderá instalar, pola súa conta e para a súa propia administración, cantos contadores divisionarios de consumo estime conveniente. 2.- O concesionario guiarase, sen embargo, para a facturación de consumos, exclusivamente polos aparellos de medida do servicio, non estando obrigado a aceptar as reclamacións que se apoien en lecturas dos contadores non instalados polo concesionario. 3.- As operacións de colocar e retirar os contadores soamente poderán executalas os empregados do servicio, prohibíndose a calquera outra persoa facer calquera operación neles. Así mesmo queda prohibido alterar os precintos que como garantía levan colocados os contadores. Se por calquera accidente se rompera un deles, pasarase inmediatamente aviso ó servicio, quen procederá a repoñelo o antes posible. No caso de rescisión de contrato ou de contadores colocados polo persoal distinto ó do servicio municipal de augas, o servicio procederá a retirar o contador do aboado, que poderá pasar a recollelo polas oficinas do servicio dentro dos tres meses seguintes. Artigo 31. 1.- A lectura periódica dos contadores será realizada por empregados do concesionario, debidamente acreditados. A lectura tomada determinará o consumo do aboado. 2.-A lectura e facturación do consumo farase bimestralmente. Non obstante o Concello poderá modifica-lo periodo de lectura, comunicándoselle ó concesionario a lo menos con dez días de antelación. 3.- Cando, por circunstancias alleas a vontade do concesionario, non fose posible a lectura do contador do aboado, o empregado estará obrigado a deixar constancia da súa visita, depositando no buzón de correos do aboado ou similar unha tarxeta na que reflexará esa circunstancia e na que o aboado poderá reflexar a lectura efectuada polo mesmo. O aboado deberá devolver o impreso da lectura debidamente cuberto antes dos seis días seguintes a data de entrega do mesmo polo lector. Os impresos de lectura recibidos polo concesionario con posterioridade a este prazo poderán ser considerados nulos, realizándose a facturación como se ó consumo fose cero nese período e sen que dera lugar a descontos por esos mínimos en facturacións posteriores. Todo elo sen prexuízo do disposto no artigo 61 do presente Regulamento. Artigo 32.- ACOMETIDAS. 1.- As acometidas que conducen a auga da rede de distribución ó interior dos inmobles a abastecer, comprenden dende a conducción ata o aparello de medición e serán instalados polo concesionario. Estes gastos pagaraos o aboado conforme ós prezos establecidos e aprobados polo Concello mediante ordenanza fiscal. 2.- Cada acometida levará unha chave de peche situada sobre a beirarrúa ou fachada, ou ben nunha zona adecuada. O aparello de medición estará colocado sempre no exterior da vivenda. O concesionario instalará a acometida nun prazo máximo de 15 días. Artigo 33.- CONSERVACION. A conservación e substitución das acometidas será por conta do abonado e realizadas polo concesionario conforme ás tarifas aprobadas polo Concello ou por un profesional do ramo. Artigo 34.- BOCAS DE REGO CONTRA INCENDIOS.- A situación das bocas de rego contra incendios a pedimento do Concello, realizaráa o concesionario do servicio e á súa costa. Se o solicita un particular, deberá previamente solicitalo ó Concello e, logo de obte-la autorización se procede, será o concesionario o que a instale á custo do peticionario. Estas bases estarán precintadas e só poderán empregarse en caso de sinistro. Artigo 35.- REPARACION DE AVARIAS. O concesionario porá a disposición do servicio un equipo de mantemento e reparación que cubra con eficacia e eficiencia as reparacións das avarías que se produzan durante a xornada laboral normal, así como os días festivos e tanto en horario diurno coma nocturno. Tales reparacións correrán sempre a cargo do concesionario. Unha vez detectada, o concesionario, de xeito inmediato, terá que intentar resolvela. Sempre terá o concesionario que repoñe-lo pavimento que estrague, levante ou deteriore, e deixalo no estado en que se atopaba. Se a avaría se produce fóra do horario laboral, é necesario solucionala con persona de retén ou outro tipo de medidas que posúa a empresa. Artigo 36.- OFICINA DE SERVICIO. A empresa concesionaria disporá dun local para atención ó cliente que, poderá ser atendido a tempo parcial, a lo menos catro horas ó día, de luns a venres, así como un teléfono de atención ó cliente 24 horas. A dotación de persoal administrativo e técnico será da empresa concesionaria e adscrita a esta oficina. O Concello resérvase a facultade de ordea-la adecuación dos días e horarios ás necesidades dos usuarios do servicios. Así mesmo estará obrigado a dispoñer dunha liña de atención persoalizada na oficina do servicio a disposición dos usuarios a lo menos perante o periodo de tempo en que permaneza aberta o público dita oficina. Artigo 37.- RELACION COS USUARIOS. En relación ó usuario dos servicios de servicios de suministro de auga potable e saneamiento do Municipio de Sarria, o concesionario será responsable: - Da obtención de novos abonados. Facilitaráselle o impreso para a solicitude da subministración. - Creación e posta ó día de ficheiros de abonados, facendo constar tódalas características inherentes ó contrato de abono. Estes ficheiros teñen que estar sempre á disposición do Concello. - Da execución das conexións ós usuarios. - Instalación e conservación de contadores e lectura. - Confección de padróns e recibos sobre as tarifas dos servicios aprobadas definitivamente polo Concello. - Correspondencia cos abonados. - Instalacións e conservación de acometidas. - Cobro dos recibos dos servicios. - Cortes de subministracións nos casos oportunos. - O adxudicatario debe contestar por escrito tódalas queixas e reclamacións dos usuarios e pasar copia ó Concello no prazo máximo de 24 horas. A contestación destas reclamacións debe realizarse no prazo máximo de 10 días. - O concesionario terá á disposición dos usuarios un libro de reclamacións que estará a disposición do Concello. Estas relacións someteranse ademáis do previsto no presente regulamento ás demáis condicións contractuais existentes entre o Concello e concesionario dos servicios. CAPÍTULO IV. SERVICIO DE SANEAMENTO. Artigo 38. 1.- O concesionario está facultado para a prestación dos seguintes servicios relacionados có saneamento: a) Utilizar a rede pública para a captación e canalización das augas residuais ata a instalación de depuración. b) A execución das instalacións, ampliacións, substitucións, reparacións, reformas e melloras das redes e conexións de saneamento. c) A limpeza da rede de sumideiros, levando os residuos ás instalacións previstas e autorizadas para tal fin. d) De forma transitoria, a limpeza, nos casos nos que sexa posible cos medios mecánicos do servicio e sempre a costa do usuario, das fosas sépticas dos aboados ó servicio de saneamento, ata que a rede pública de saneamento non cubra a totalidade do Concello. e) O tratamento, cos medios e infraestructuras postos a disposición polo Concello ou, de se-lo caso, polas entidades públicas correspondentes, das augas residuais con anterioridade o seu vertido ós canles públicos. Artigo 39. 1.- Os aboados ó servicio de augas deberán obrigatoriamente conectarse á rede de saneamento cando a súas vivendas ou instalacións se encontren a menos de cen metros da rede pública. Para esto, solicitará a conexión correspondente, que se realizará por conta do aboado, salvo que se prevean formas de financiamento diferentes, de acordo có Concello. 2.- O prezo da limpeza das fosas sépticas verase incrementado nas taxas ou prezos de vertido dos residuos ó, vertedeiro público ou lugar debidamente habilitado polo Concello, ou no seu caso, polos gastos de entrega a xestor autorizado. 3.- É responsabilidade do aboado, como propietario da fosa séptica, a execución das obras necesarias para o seu correcto funcionamento ou o seu mantemento. Artigo 40.- Os edificios frente ós que exista rede pública de saneamento, verterán a ésta directamente as augas residuais a través da correspondente conexión, sen atravesar propiedades de terceiros. Será necesario que as augas vertidas cumpran as condicións físico-químicas esixidas neste regulamento e, de ser o caso, na lexislación vixente. Artigo 41. 1.- As instalacións interiores de desagüe dun edificio que se localice a cota inferior á rasante da rúa, deberán ser completamente estancadas a presión dun 1kg/cm2. 2.- Naqueles casos nos que os desagües dun edificio se encontren a cotas inferiores ó colector da rúa, o propietario ou propietarios instalarán o seu cargo a infraestructura e equipo de bombeo necesario para efectua-lo vertido á rede pública. Artigo 42. 1.- Naqueles casos nos que as vivendas, locais comerciais e edificios industriais utilicen auga de outras procedencias, exclusivamente ou xunto cóa rede pública de abastecemento, e vertan as súas augas residuais a rede pública de saneamento, o concesionario aplicará a tarifa de saneamento que corresponda na ordenanza fiscal, ou a correspondente estimación de ambos caudais. 2.- Está prohibido o vertido á rede pública de saneamento de augas residuais por quenes non sexan aboados ó servicio. 3.- Non se poderá verter a rede de saneamento as augas non residuais que se recollan nos baixos e sótanos dos edificios e provenientes de manantiais ou filtracións do terreo. No caso de que fora autorizado o citado vertido por non ter outra posibilidade, o responsable do mesmo estará obrigado a aboar unha cantidade mensual calculada dacordo cós gastos ocasionados en bombas e depuración polo caudal vertido. Artigo 43. 1.- Queda totalmente prohibido verter directa ou indirectamente a rede pública de saneamento calquera dos seguintes productos: a) En xeral, todo tipo de substancias coas concentracións referidas no anexo nº 2 do Regulamento de actividades molestas, nocivas e perigosas ou en aquelas disposicións globais vixentes en cada momento que resulten de aplicación, e que o concesionario poñerá a disposición dos aboados para a súa eventual consulta. b) En particular, productos inflamables ou explosivos, baixo calquera estado físico e en cantidad ningunha, e substancias tóxicas que poidan constituir un perigo para a saúde dos operarios do servicio de mantemento ou provocar molestias públicas. c) Substancias ou corpos capaces de causar a obstrucción dos colectores, pola súa propia natureza ou por reacción química. d) Disolventes orgánicos ou pinturas, substancias químicas tales como carburo cálcico, sulfuros, cianuros, formaldehído, etc., nas concentracións marcadas pola ley. e) Materias grasas ou aceites de concentración maior de 250 ppm. (partes por millón). f) En ningún caso se poderán utilizar vertidos que afecten ós acuíferos que conteñan substancias das expresadas na relación primeira do anexo ó título II do RDPH. 2.- Cando o concesionario deba encargarse da xestión de estacións de depuración de residuais, en relación có inventario de vertidos industriais que deberá redactarse para ós efectos, quedarán determinadas as substancias que poidan perturbar a boa marcha da instalación da depuración e os tratamentos particulares que deberán realizar, de selo caso, ó aboado industrial, para que lle sexa permitido verter a rede pública de saneamento. 3.- Os danos e pérdidas que poideran derivarse de un vertido prohibido definido neste artigo será imputado totalmente ó causante do mesmo, sen perxuicio das responsabilidades de tipo legal en que poidera incurrir. Artigo 44. 1.- Está prohibida a realización de calquera tipo de vertido que poida causar efectos perniciosos na infraestructura de saneamento, supoña risco para as persoas ou molestias para a colectividade. 2.- A infracción do disposto no parágrafo anterior deste artigo, independentemente da adopción das medidas legais que sexan de caso, dará lugar a que o concesionario adopte as seguintes medidas: a) A prohibición inmediata e total do vertido cando se trate de substancias de efecto perxudicial e non poida correxirse na estación depuradora. b) A obriga de implantar o tratamento preventivo, por exclusiva conta do aboado, que reduza as concentracións dos elementos contaminantes ós límites permitidos. 3.- O concesionario establecerá a vixilancia e comprobación regular dos vertidos e as súas concentracións, complementando os medios das entidades públicas destinados para este fin e en estreita colaboración con elas. Descuberta polo concesionario, ou por inspectores autorizados, a existencia de vertidos irregulais, redactaráse a acta de infracción, que será posta inmediatamente en coñecemento do Concello para a imposición das sancións administrativas ou a esixencia das responsabilidades que procedan. Artigo 45. 1.- As conexións de saneamento serán realizadas exclusivamente polo concesionario, e comprenden dende a arqueta de rexistro situada no límite da propiedade do aboado ata o seu entronque no colector xeral. 2.- As conexións de saneamento que, pola súa antigüidade e mal estado, non cumpran correctamente a súas funcións e deban ser substituidas na súa totalidade, suporán a realización polo concesionario dun presuposto que será presentado ó aboado para proceder ó cambio de conexión. Se o aboado non se fixera cargo deste presuposto, o concesionario quedará eximido de toda responsabilidade frente ós eventuais efectos de mal funcionamento da conexión de saneamento, que serán de conta exclusiva do aboado. Artigo 46.- As obras de construcción e instalación dos colectores e conexións de saneamento axustaranse na súas características ás condicións e prescripcións técnicas establecidas nas ordenanzas municipais de edificación, e ó disposto nas Normas Subsidiarias aprobadas polo Concello. O concesionario no poderá aplicar outros criterios, salvo que, debidamente cumplimentados, foran aprobados polo Concello. Artigo 47. 1.- As obras de construcción e instalación das conexións dende a fachada do inmoble ata a conexión coa rede pública de saneamento executaranse polo concesionario de acordo có presuposto presentado ó constructor, propietario ou aboado interesado, e según ó cadro de prezos autorizado polo Concello e ó seu cargo. 2.- A sección das conduccións, tipo de rexistros e demais características da conexión rexiránse según as normas municipais de Aplicación, as disposicións aplicables á edificación ou a planificación urbanística correspondente. Artigo 48. 1.- Toda conexión da rede de sumidoiros deberá dispoñer dunha arqueta de rexistro no límite da propiedade do aboado. 2.- A limpeza das conexións, será executada polo aboado, no caso de realizala o concesionario, percibirá do aboado o importe debidamente facturado pola citada limpeza como contraprestación. Artigo 49. 1.- Para proceder a execución da conexión de saneamento, o propietario do inmoble ou, de se-lo caso, o aboado deberá depositar previamente ó comenzo das obras o importe íntegro do presuposto que, de acordo có cadro de prezos aprobado polo Concello, terá que realizar o concesionario. Artigo 50. 1.- Previamente á conexión a rede pública de saneamento, o concesionario realizará as comprobacións que estime necesarias para controlar que o fluente previsto cumple as condicións físico-químicas que se especifican neste regulamento, e que a instalación interior se axusta as normas aplicables. 2.- Se o aboado ocultase datos ou enmascarase as características do fluente, serán de aplicación as actuacións de control e de posible suspensión do servicio que se reflectiron no artigo correspondente deste regulamento. Artigo 51. 1.- Cando con ocasión da reforma, ampliación ou rehabilitación dun edificio ou nave industrial, se incremente ó número de vivendas, establecementos ou locais, ou varíen as condicións do vertido, o propietario ou promotor estará obrigado a solicitar do concesionario as novas conexións, no caso necesario, e a modificación das pólizas do servicio que procedan. As novas conexións executaráas o concesionario con cargo ó propietario ou aboado, e se executarán as normas e procedementos que se recollen neste regulamento. 2.- No caso de que polos servicios técnicos do Concello ou do concesionario, se detectara a realización de obras de saneamento non comunicadas ó servicio, levantarase acta deste feito, propoñéndolle o concesionario ó Concello a actuación que corresponda. A execución de obras de saneamento que supoñan a utilización non autorizada dos servicios regulados neste regulamento, tanto directa como indirectamente, e a ocultación de datos das conexións, poderá motiva-la inmediata suspensión do servicio e o cargo polo concesionario ó aboado ou usuario dun ano de utilización do servicio, conforme as tarifas vixentes. Artigo 52. 1.- O concesionario non asume responsabilidade ningunha polas filtracións, inundacións, f undimentos e, en xeral, calquera tipo de dano que se produza en propiedades particulares, como consecuencia do mal funcionamento de conduccións que discurran por terreos excluidos das vías públicas. 2.- No caso de que os servicios de sanidade do Concello ou das entidades públicas que correspondan, e que por existir risco grave para a saúde pública, previo informe técnico sanitario en tal sentido, decidiran a necesidade de executar obras de saneamento en terreos non públicos, ou labores de limpeza e desatascamento en dominios privados, o Concello poderá ordearlle ó concesionario a execución destes traballos, autorizando o reparto ou escote dos custos incurridos entre todo-los aboados e usuarios afectados. A relación de afectados e o presuposto e custo das obras será xustificado polo concesionario e serán sometidos a aprobación por parte do Concello, previo-los informes que se estimen pertinentes. Artigo 53. 1.- Nos casos nos que se concedan conexións ou tomas de auga provisionais para obras, o concesionario indicará ó constructor ou solicitante, cando fora necesario, o punto autorizado para o vertido de augas residuais. 2.- O constructor e os usuarios desa conexión provisional absteránse de verter materia algunha que, por si mesma ou en reacción coa auga, poida provocar atascos ou danos na conducción de saneamento, sendo responsables dos danos nos que poideran incurrir. 3.- A autorización de vertidos, conexións provisionais á rede de sumideiros e utilización puntual da rede pública de saneamento seralle solicitada ó concesionario nos impresos que se faciliten por éste, consignándose os datos necesarios para identificación dos vertidos que se pretendan. O concesionario aplicará os prezos que correspondan, deducidos da tarifa de saneamento aprobada. Artigo 54. 1.- Para os efectos do presente regulamento, os vertidos clasificanse nas modalidades seguintes: a) Augas de desfeito domésticas, ou residuais domésticas. b) Augas de desfeito industriais, ou residuais industriais. 2.- Consideranse como augas residuais domésticas as que proceden do uso da auga de abastecemento en vivendas, sexan individuais ou colectivas, así como daquelas institucións e centros que sexan asimilados, pola súa natureza ou en razón do servicio social que presten, a tarifa de saneamento aprobada. Estas augas residuais levarán, salvo casos excepcionais, os desfeitos procedentes da preparación, cocción e manipulación dos alimentos, as augas de lavado de roupas e utensilios de cociña, excrementos humáns e materiais biodegradables producidos no normal desenrolo das actividades domésticas. Non se permite a incorporación ás augas residuais domésticas de disolventes, pinturas, ácidos, substancias non sólidas non degradables, plásticos nin aqueles elementos que poidan provocar obturación das conduccións ou o seu dano. Evitaránse igualmente, aqueles elementos que sexan de difícil ou imposible eliminación nas depuradoras de residuais, na que a súa relación será proporcionada, a petición dos aboados e usuarios, polo concesionario. 3.- Consideranse como augas residuais industriais as procedentes do uso da auga de abastecemento en establecementos industriais, naves e locais comerciais de todo tipo, que poidan ser susceptibles como consecuencia da actividad destes establecementos, ó carear outros desfeitos diferentes ademais, ou en vez, dos presentes nas augas residuais definidas como domésticas. 4.- A tarifa de abastecemento e saneamento que se aplicará deberá ser, en todos os casos, uniformemente, industrial ou doméstica. Artigo 55. 1.- As autorizacións de vertidos á rede de saneamento quedarán sen efecto nos seguintes casos: a) A petición do usuario, de non existir finalmente ocupación de vivenda, local ou establecemento, o que suporá darse de baixa como aboado do abastecemento e, simultánea e consecuentemente, do saneamento. b) Por decisión das autoridades, como consecuencia da resolución xudicial ou administrativa, a proposta ou non do concesionario. 2.- Con carácter específico, os vertidos á rede de sumideiros axustaránse na súa composición e características as condicións e requisitos que se indican, afectándolles as prohibicións que se expresan: a) Ausencia total de gasolina, nafta, petróleo e productos intermedios de destilación, benceno, tolueno, xileno e calquera outro disolvente inmiscible en auga, así como substancias combustibles ou inflamables. Os talleres de automóbiles, garaxes e similares de nova apertura deberán dispoñer de fosas de decantación, e os existentes carentes delas instalarannas e estarán en disposición de funcionamento nun prazo máximo de dous anos dende a aprobación definitiva do presente regulamento. b) Ausencia total de carburo cálcico e outras sustancias tóxicas potencialmente perigosas como hidruros, peróxidos, cloratos, percloratos e bromatos. c) Ausencia de compoñentes susceptibles de dar lugar a mezclas inflamables ou explosivas. Para tales efectos, as medidas efectuadas cun exposímetro no punto de descarga de vertidos á rede de sumideiros deberán dar sempre valores inferiores ó 10% do límite inferior de explosividade. d) Non se permitirá o envío directo á rede de sumideiros de gases procedentes de escapes de motores de combustión interna. e) Non se permitirá presencia de cantidades notables de materias sólidas, viscosas ou constituidas por partículas de gran tamaño, susceptibles de provocar obstruccións na rede de sumideiros e obstaculizar os traballos de conservación e limpeza da rede, incluíndose entre outras substancias ou materiais, cinsas, feluxe, area, barro, paxa, labra, metal, vidrio, trapos, ceras e graxas semisólidas, sangue, estiércol, desperdicios de animais, cáscaras, e outras análogas, xa sexan enteiras ou trituradas. f) Vertidos periódicos ou esporádicos cunha concentración, caudal horario ou cantidade horaria de polucionantes que exceda durante calquera período maior de 15 minutos e en mais de 5 veces o valor promedio en 24 horas da concentración, caudal horario ou cantidade horaria de polucionantes, e que poidan causar perturbacións no proceso de tratamento das augas residuais. g) Concentración de desfeitos radiactivos que infrinxan as regulamentacións aplicables. h) Desfeitos con coloracións indesexables, e non eliminables polo proceso de depuración de augas aplicado. i) Disolventes orgánicos e pinturas, calquera que sexa a súa proporción e cantos líquidos conteñan productos susceptibles de precipitar ou depositarse na rede de sumideiros ou reaccionar coas augas desta. j) Con carácter xeral, quedará prohibido o vertido de substancias ou materias que, por disposición da Lei 10/98 de 21 de abril, das normas reguladoras en materia de residuos e disposicións que a desenrolan, teñan a condición de tóxicos ou perigosos. Específicamente, con respecto ós talleres de automóbiles, garaxes ou similares, atenderase obrigatoriamente ó disposto no Real Decreto 676/2006, do 2 de xuño que regula a xestión dos aceites industriais usados, considerados por esta regulamentación como tóxicos e perigosos. 3.- A presencia dos residuos enviados á rede pública de corpos ou substancias que, aunque non sendo por sí mesmos perxudiciais, poidan provocar obstrucción na rede, obrigará á instalación da fosa de captación correspondente. O concesionario informará o Concello destes casos, ademais de ó aboado, para que a entidade pública proceda en consecuencia no caso de que o causante dos vertidos non adopte as medidas aconsellables. 4.- En todo caso, está totalmente prohibido o vertido a rede de sumideiros de calquera substancia comprendida nas tablas 3 e 4 do anexo I do RD. 833/88 de 20 de xullo. Artigo 56.- Consideracións para a autorización de vertidos industriais. 1.- Con independencia dos requisitos de carácter xeral, que son de obrigado cumprimento, os solicitantes de conexións de saneamento para residuos industriais deberán presentarlle ó concesionario un proxecto que conteña a descripción detallada dos vertidos, e indique características físico- químicas, caudais e a periodicidade. A vista dos datos aportados, o concesionario poderá autorizar ou non a conexión á rede pública de colectores, sen necesidade de tratamento corrector previo. 2.- Desa valoración realizada polo concesionario do proxecto citado desprénderase que non é posible a autorización dos vertidos e fora necesario establecer instalacións correctoras para adecuarlos ós límites permitidos, o concesionario comunicarallo o interesado, ordeándolle as correccións que ten que introducir e concedéndolle un prazo que estará en razón da magnitude das mesmas. Artículo 57. 1.- A execución das obras e instalaciones de saneamento interiores, e a súa conservación e garantía de correcto funcionamento estarán a cargo dos propietarios ou titulares da industria, poidendo ser comprobado o seu estado polo persoal do concesionario cando sexa necesario, en razón das garantías de control e bon servicio que está obrigado a suministrar. Artigo 58. 1.- Non se permitirá a conexión ás redes de auga nin as redes de sumideiros ás industrias que non dispoñan de autorización, emitida en conformidade cós proxectos e informes técnicos presentados. 2.- Se das comprobacións e análisis que se efectúen para os efectos, determinárase que os resultados do tratamento corrector non son os previstos no proxecto aprobado ou resultaran insuficientes, o abonado está obrigado a introducir as modificacións necesarias para obter os resultados do proxecto inicial. Artigo 59. 1.- Os análisis e probas para comproba-las características dos vertidos efectuaranse polo persoal facultativo do concesionario, cos seus medios ou os que foran necesarios, de acordo cos métodos estándar aprobados polo concesionario ou os organismos competentes. 2.- O concesionario utilizará os procedementos normalizados polo Concello ou administración competente para os casos mais frecuentes de homogeneización, neutralización, identificación e almacenamento das substancias, análisis dos vertidos prohibidos, separación de graxas e aceites, decantación de sólidos, etc, poidendo non obstante, os interesados propoñer un sistema de control e identificación distinto, que deberá ser previamente aprobado pola administración competente. 3.- Os gastos dos análisis correrán a cargo do aboado, empresa ou particular que sexa causante dos vertidos ou, de se-lo caso, teña encargada a realización das probas de identificación ou os seus contrastes. Artigo 60. 1.- Para a toma de mostras, examen e control dos vertidos, o persoal do concesionario ou o designado polo Concello, verá facilitado polos donos ou titulares das industrias o acceso as propiedades, dependencias e instalacións nas que se produzan vertidos á rede pública de saneamento, para realiza-las medicións ou outros medios de comprobación que se estimen necesarios en relación co servicio. CAPITULO V. RÉXIME ECONÓMICO. 1.- Facturación, cobro e información. Artigo 61.- Como normal xeral, a determinación dos consumos que realice cada aboado concretarase pola diferencia entre as lecturas de dous períodos consecutivos de facturación. O importe da facturación calcularáse de acordo coa ordenanza vixente. O concesionario poderá modifica-lo tipo de tarifa para aplicarlle ó usuario, si éste usara a auga para fins distintos ós especificados no contrato. Artigo 62. 1.- Cando non sexa posible coñecer os consumos realmente realizados, como consecuencia da avaría no equipo de medida, a facturación do consumo efectuaráse de acordo có consumo realizado durante o mesmo período de tempo e na mesma época do ano anterior; de non existir referencia, liquidaránse as facturacións de acordo coa media aritmética dos seis meses anteriores. 2.- Naqueles casos nos que existan datos históricos para obte-lo promedio ó que se alude no parágrafo anterior, facturaráse o mínimo. Artigo 63. 1.- É obrigatorio o precintado de todo o aparello de medida; en canto a súas lecturas serven de base de liquidación das facturacións por consumo de auga. Este precinto oficial garantiza: a) Que o contador pertence a un sistema aprobado. b) Que o funcionamento no momento da instalación é correcto. c) Que o seu mecanismo non sufríu modificación externa que poidera altera-lo seu bo funcionamento. 2.- O aboado nunca poderá manipular o aparello de medida nin o seu precinto. A súa instalación e precintado será realizado sempre polo persoal do concesionario. Artigo 64.- É obriga do aboado a conservación en bo estado do aparello de medida e do recinto no que se acolle, así como o acceso a o mesmo. Artigo 65.- Os impostos, taxas, arbitraxes, dereitos, tributos ou gastos de calquera clase, establecidos ou que poida establecer o Estado, provincia, Concello ou calquera administración pública, que grave dalgunha maneira, ben a documentación que sexa necesaria formalizar para suscribir un contrato de suministro, ou ben o suministro en si mesmo, así como calquera outra circunstancia relacionada con éste, será por conta do aboado. Artigo 66. 1.- A facturación do consumo farase bimestralmente. Non obstante o Concello poderá modifica-lo periodo de facturación, comunicándoselle ó concesionario a lo menos con dez días de antelación. 2.- A facturación do servicio de abastecemento e saneamento dunha vivenda ou local faráse nun so recibo, a nome do aboado do abastecemento e polo mesmo período de facturación para ambos servicios. 2.- Nos casos de comunidade de propietarios con contador xeral colectivo, a facturación do servicio de saneamento faráse no mesmo recibo de abastecemento e con cargo á comunidade. 3.- O aboado poderá facer efectivo os importes facturados polo concesionario nas súas oficinas, ou nas entidades financieiras ou noutros establecementos ou oficinas autorizadas polo concesionario. A tales efectos o concesionario, poderá establecer convenios con entidades bancarias con oficina no Concello, para que os usuarios poidan facer efectivos ou domicilia-los recibos. 4.- O abono dos recibos periódicos do servicio efectuaránse preferentemente polo sistema de domiciliación bancaria, con oficina aberta no Concello ou, no seu lugar, nas oficinas do concesionario en días hábiles e en horario de oficina. 5.- No caso da devolución de recibos polas entidades bancarias, por causas imputables ó aboado, será por conta do mesmo a totalidade dos gastos que se produzan por motivo da citada devolución, incluida a liquidación de intereses de demora correspondentes. Duas devolucións consecutivas darán lugar á anulación da domiciliación bancaria. Pasado o período voluntario sen facer efectivo o correspondente recibo, esto será causa de suspensión do suministro, dacordo co artigo 84 do Regulamento de verificacións eléctricas, aplicable ós suministros de auga potable, sen perxuicio de que o importe impagado quede incluido en procedimento executivo. Para os casos de morosidade no abono dos recibos, o Concello autorizará a xestión do corte de suministro. Correrán a cargo do aboado os gastos da citada xestión (elaboración de comunicados, certificado de correos, etc) se se realizase o pago antes de efectuarse o corte, así como os de reposición do suministro, no caso de que o corte se realizase. Os recibos de cobro do suministro serán emitidos polo servicio municipal de augas. Artigo 67.- O aboado poderá obter do concesionario calquer información relacionada coas lecturas, facturacións, comprobacións do contador, cobros, tarifas aplicadas e, en xeral, sobre toda cuestión relacionada có suministro que se xenera nun período de dous anos anteriores a data de presentación da petición correspondente. O concesionario disporá dunha oficina de información ó público dentro do núcleo urbano da ciudade, para os efectos de información e reclamacións. Artigo 68. 1.- O aboado terá dereito a reclamar a devolución de ingresos indebidos do concesionario. A devolución das cantidades percibidas indebidamente deberá ser inmediata, unha vez que se comprobe o error de facturación, de medida ou calquera outra causa que provocara o error. 2.- Cando o aboado presente unha reclamación para a devolución de ingresos indebidos, expresará de forma clara concisa os conceptos polos que reclama e os fundamentos de reclamación, e acompañaránse a mesma os xustificantes dos ingresos supostamente indebidos e calquera outra documentación que corresponda. 3.- O concesionario queda obrigado a resolver a reclamación, o mais rápido posible. Artigo 69.- Non será atendida ningunha reclamación sobre consumo de auga que non sexa formulada polo aboado ou persoa que lle represente legalmente. Artigo 70. 1.- O concesionario está autorizado para vixia-las condicións e forma nos que os aboados utilizan o servicio de abastecemento e saneamento. 2.- A negativa a facilitarlles a entrada en horas hábiles as persoas autorizadas polo concesionario para efectuar as citadas comprobacións, xustificaranse mediante a presencia dun axente da autoridade para os únicos efectos de que sexa testemuña da negativa. Nos casos nos que sexa posible lograr a súa presencia, bastará a xustificación mediante testemuñas. Artigo 71.- Cando o aboado desexa causar baixa no suministro, virá obrigado a aboar todo-los recibos pendentes e o importe total da facturación do trimestre no que se cause baixa. 2.- Inspección e sanción. Artigo 72. 1.- A actuación dos inspectores acreditados polo concesionario reflexarase nun documento que adoptará unha maneira de acta, na que quedarán reflexados o nome e domicilio do aboado inspeccionado, día e hora da mesma, e os feitos contrastados. Unha copia deste acta, firmada polo inspector, entregarase ó aboado. 2.- Os inspectores deberán invitar ó aboado, ó persoal dependente do mesmo, familiar ou calquera outra persoa que poida actuar como testigo a que presencie a inspección e firme a acta, poidendo o aboado facer constar, coa firma, as manifestacións que estime pertinentes. A negativa a facelo non afectará á tramitación e ás conclusións que se establezan posteriormente. O aboado poderá dirixirse, posteriormente, dentro das cuarenta e oito horas seguintes, coas alegacións que estime oportunas, ó enderezo do concesionario. Non se tomarán en consideración as manifestacións que non veñan firmadas polo aboado titular ou quen acredite a súa representación. Artigo 73. 1.- O concesionario, en posesión da acta, formulará a liquidación de fraude, distinguíndose para os efectos de devolución e as responsabilidades do fraude, os seguintes casos: a) Que non exista contrato ningún para o suministro da auga. b) Que por calquera procedemento, manipulara ou alterara o rexistro do contador ou aparello de medida. c) Que se realizaran desviacións do caudal, permanente ou circunstancial, antes dos equipos de medida. d) Que se utilice a auga para usos distintos dos contratos, afectando a facturación dos consumos según a tarifa que se aplicará. 2.- O concesionario practicará a correspondente liquidación, según os casos, da seguinte maneira: Caso a).- Formularase unha liquidación por fraude que incluirá un consumo equivalente á capacidade nominal do contador que regulamentariamente lles corresponde as instalacións utilizadas para a acción fraudulenta, cun tempo de oito horas diarias de utilización e durante un prazo de polo menos un mes, ou ben o que medie entre a adquisición da titularidade ou dereitos de uso de instalacións citadas, e ó momento no que reparará a existencia de fraude detectado, sen que poida extenderse, en total, a mais dun período de facturación. Caso b).- Se se falsearon as indicacións do contador ou aparello de medida instalado, por calquera procedemento ou dispositivo que produza un funcionamento anormal do mesmo, tomarase como base para a liquidación da contía do fraude a capacidade da medida do caudal nominal, computándose o tempo para considerar en oito horas diarias dende a data da última verificación oficial do contador, sen que este tempo non exceda do ano, descontándose os consumos que durante este período de tempo aboara o autor do fraude. Caso c).- Se o fraude efectuouse derivando o caudal antes do aparello do contador, liquidaranse como no caso primeiro, de non existir contrato de suministro, e sen facerse desconto pola auga medida polo contador. Caso d).- Neste caso, o importe deducido de acordo cos preceptos establecidos nos parágrafos anteriores, estará suxeito ós impostos que lle foran repercutibles debéndose consigna-la conta dos mesmos nas correspondentes liquidacións. 4.- As liquidacións que formule o concesionario serán notificadas ós interesados que, contra as mesmas, poderán formular reclamacións ante o organismo competente en materia de consumo, no prazo de quince días contados a partir da recepción da notificación sen perxuizo das demais accións en que se consideren asistidos. Artigo 74.- Toda actuación, comportamento ou conducta que incumpla a normativa deste regulamento, dará lugar a imposición de sancións ós infractores, de acordo co previsto neste regulamento e na normativa sectorial aplicable, sen perxuizo e con independencia da existencia de danos e pérdidas e das responsabilidades de orden penal que procederan. DISPOSICION ADICIONAL 1ª.- As previsións establecidas neste Regulamento desenrolaranse a traveso dos acordos municipais precisos adoptados polo órgano competente, que en ningún caso poderán implicar unha modificación daquel. DISPOSICION ADICIONAL 2ª.- As referencias efectuadas no Regulamento a lexislación específica entenderanse derogadas, modificadas ou substituídas de conformidade coas disposicións legais que en cada momento se atopen en vigor. DISPOSICIÓNS FINAIS. Deroganse cantas disposicións de igual ou inferior rango opóñanse ó preceptuado neste regulamento. O presente regulamento entrará en vigor unha vez publicado o seu texto íntegro definitivo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e cumplido o prazo de comunicación a que se refiren os artigos 65.2 e 70 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Sarria, a 18 de setembro de 2006.- O Alcalde, D. José Antonio García López.
Data norma
Organismo
AUGAS DE GALICIA
Ámbito Normativo
Local
Clasificación
AUGAS CONTINENTAIS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Sen datos dispoñibles
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles