Regulamento do Servizo de abastecemento de auga potable - Concello de Marín (Pontevedra)

Diario Oficial de Galicia, 16-04-2007, Núm. 73, Páx. 58
CAPÍTULO I.— NORMAS XERAIS ARTIGO 1.— OBXECTO O presente regulamento ten por obxecto regular as relacións entre a entidade que preste o servizo do subministrar de auga potable e os abonados do mesmo. ARTIGO 2.— ENTIDADE SUBMINISTRADORA Os efectos deste regulamento considérase entidade subministradora de auga potable a persoa física ou xurídica, pública ou privada, que adica a súa actividade á distribución domiciliaria de auga potable, conforme o estabrecido na vixente lexislación de Réxime Local. ARTIGO 3.— ABONADO Enténdese por abonado o titular do dereito de uso da finca, local ou industrial,ou o seu representante, que teña contratado o subministrar de auga potable. CAPÍTULO II.— DEBERES E DEREITOS Sección 1ª.— Deberes. Deberes da entidade subministradora ARTIGO 4 Correspode: a) Proxectar e explotar as obras e instalacións necesarias para captar, regular, conducir, de¬purar, almacenar e distribuir auga potable á poboación con arranxo ás condicións que se fixan no Regulamento. b) Manter e conservar ó seu cargo as instalacións de captación, conducción, tratamento, distribución e acomeTida. c) Subministrar auga ós usuarios cumprindo as condicións de potabilidade para o consumo humán esixidas nas disposicións aplicables. d) Informar ós abonados de todo o referente ó Regulamento, ás tarifas e ós recursos e garantías que amparan os dereitos dos usuarios. e) Atender ó público coa máxima corrección e celeridade procurando satisfacer as necesidades da poboación mediante unha atención constante ós problemas do abastecemento e distribución. Tentarase ademáis manter informados ós usuarios da existencia dos problemas e das solucións e medios que se precise arbitrar para a mellora do servizo. ARTIGO 5 1.— Agás no caso de forza maior a entidade subministradora ten a obriga de manter permanentemente o abastecemento. Non se considerarán casos de forza maior os derivados da inadecuación das instalacións xerais ó fin ó que serven. 2.— A suspensión temporal do servizo nalgunha parte da rede cando sexa imprescindible para pro-ceder ó mantemento, reparación ou mellora da mesma deberá avisarse con antelación suficiente ós abonados e non dará lugar a indemnización. ARTIGO 6 A entidade subministradora adoptará as medidas mais aconsellables no caso de restriccións por razón de escasez de auga, tal feito non dará lugar a indemnización pola interrupción do subministrar. No caso de restricción será prioritario o subministrar para uso doméstico. ARTIGO 7 Considerarase deficiencia de calidade no servi¬zo, e servirá de base á reclamación de indemnización, o subministrar de auga en condicións inferiores ás estabrecidas regulamentariamente. Deberes dos Abonados: ARTIGO 8 Sen prexuízo das obrigas e prohibicións que de xeito específico estabrécense no Regulamento os usuarios cumprirán os deberes que con carácter xeral se indican: a) Facer un consumo de auga de acordo coas súas necesidades, evitando consumos excesivos ou innecesarios., especialmente nos casos de restricción xeral ou na zona. b) Manter en boas condicións a súa instalación, sendo responsable dos consumos de auga que por fuga, avería ou defecto de construcción ou conservación, se produzan na súa instalación, e dicir, a partir do aparato medidor ou contador. c) Comunicar a entidade subministradora calquera avería que observe nas instalacións do mesmo ou nos casos de fuga ou perdas. d) Facilitar a entidade subministradora os datos interesados polo mesmo coa maior exactitude. e) Facilita-lo acceso á persoa encargada da lectura dos aparellos de medición. ARTIGO 9 Prohíbese a realización dos seguintes actos que constituirán no seu caso supostos de infracción ou fraude suxeitos a sanción: a) Empregar auga para usos distintos dos que sexa concedida, non podendo vende-la nin cede-la. b) Realizar conexións ou derivacións clandestinas, así como consumir auga sen ostenta-la condición de abonado ou sen contador. c) Manter culposa ou dolosamente defectos ou fugas nas instalacións que den lugar a consumos innecesarios. d) Empregar aparellos ou dispositivos que provoquen pérdidas de carga na rede xeral en prexuízo doutros usuarios. e) Ocultar ou falsear datos na declaración para a contratación do subministrar. f) Manipular nas chaves, rexistros e demáis elementos da rede, agás nos casos de emerxencia en prevención de danos ás persoas ou ós bens. g) Cambia-lo emprazamento do contador sen coñecemento da entidade subministradora; romper ou manipular os contadores, os precintos dos mesmos ou utilizar mecanismos que alteren o seu normal funcionamento. h) Verter á rede de auga procedente doutros aproveitamentos ou alterar de calquera xeito as condicións de potabilidade. i) Remunerar ós empregados da entidade subministradora aínda que sexa por mor de traballos feitos por éstos nas instalacións do abonado, sen autorización da entidade subministradora. j) Impedi-la entrada do persoal da entidade subministradora debidamente acreditado ó lugar onde se atopan as instalacións cando exista indicio razoable de posible defraudación ou perturbación ó servizo; ou co gallo de traballos relacionados coa execución ou revisión de instalacións. CAPÍTULO III.— ACOMETIDAS, CONTADORES E INSTALACIONS INTERIORES. Sección 1ª .— Acometidas ARTIGO 10 Enténdese por acometida o ramal que partindo dunha tubería de distribución, conduza a auga ó pé do edificio ou ó acceso do inmoble que se desexa abastecer; comprende dende o collarín de toma na tubería xeral ata a chave de rexistro situada nunha arqueta de rexistro ó pé da edificación; e está formada dunha tubería única de características específicas segundo o caudal e presión de auga a subministrar. ARTIGO 11 1.— A determinación das características das novas acometidas ou da ampliación do servizo a un inmoble, a súa instalación, conservación e manexo son competencia da entidade subministradora. 2.— Toda persoa que desexe ser abastecida de auga potable fará unha solicitude a entidade subministradora realizándose polos Técnicos Municipais un informe das condicións necesarias para o abastecemento así como un presuposto do custo de dita acometida. ARTIGO 12 As acometidas faranse polo persoal da entidade subministradora ou alleo autorizado pola nomeada entidade, sendo os traballos a cargo do peticionario. Se a instalación faise polo persoal da entidade subministradora previamente o solicitante satisfará ó custo da mesma segundo o presuposto antedito; se fose por persoal alleo debidamente autorizado o peticionario comunicará a entidade subministradora ó remate da obra para a súa posterior revisión polo persoal do servizo. ARTIGO 13 No caso de necesitar subministración de auga para realiza-las obras necesarias para a acometida, emitirase un contrato de subministración de auga, regulado nos artigos 28 e 30 deste regulamento. ARTIGO 14 Feita a instalación,os ramais dende a rede de distribución ata a chave de rexistro quedarán de propiedade da entidade subministradora, sendo ó seu cargo o mantemento, reparación e conservación normal. A renovación ou sustitución total ou parcial da acometida cando sexa necesario farase pola entidade subministradora a conta do propietario do in¬moble como se fose unha nova instalación. ARTIGO 15 Normalmente só haberá unha acometida para dar servizo a unha finca ou inmoble, necesariamen¬te polo portal principal ou acceso máis próximo á vía pública. Se por causa xustificada, segundo a entidade subministradora, se desexase un subministrar especial ou independente poderá contratarse a instalación doutra acometida independente da existente. Asemade a entidade subministradora, cando o considere aconsellable para o subministrar, poderá realiza-la instalación dunha segunda acometida. ARTIGO 16 A chave de toma e de rexistro serán utilizadas só polo persoal da entidade subministradora ou persoa autorizada sen que propietarios, abonados ou terceiros poidan manipula-las salvo nos casos de forza maior . Sección 2ª.— Contadores e lecturas ARTIGO 17 1.— O contador será propiedade do abonado. Deberá cumprir cos calibres e características técnicas aprobadas pola entidad subministradora; terá cáracter xeral e obrigatorio e será verificado axeitadamente. 2.— A entidade subministradora poderá subministrar o contador ou, en todo caso, supervisará os adquiridos polos usuarios. 3.— Será obrigatoria a instalación de contadores para que se proceda a subministración de auga, deberá colocarse o contador entre a chave de retención e a chave de corte, a ser posible debe contar con filtros que eviten o paso da area. No caso de que o contador sexa instalado polo interesado, o persoal da Entidade subministradora comprobará que a instalación do contador así como a rede interior cumpre coas especificacións técnicas deste regulamento. 4.— No caso de que nun mesmo local existan servizos de carácter doméstico e comercial ou industrial poderá optarse polo estabrecemento dun ou mais contadores; se por opción ou esixencia técnica só houbera un contador, o consumo tarificarase con arranxo a tarifa máis cara. 5.— Con independencia do seu estado de conservación, ningún contador ou aparato de medida poderá permanecer instalado por un espacio de tempo superior ós doce anos. ARTIGO 18 1.— Os contadores estarán colocados nun lugar adecuado de libre acceso, na pranta baixa, preto da chave de paso instalada fronte a edificación de que se trate. 2.— No caso de vivendas colectivas situaranse nun compartimento ou caixa pechada cunha chave mestra, mediante o sistema chamado de batería ou outro semellante, de tal xeito que o persoal da entidade subministradora municipal que efectúe a lectura poida libremente anotar as indicacións de tódolos contadores nun só acto. Ademais nestes casos esixiráse a instalación dun contador xeral de entrada ó edificio. 3.— O cambio na titularidade do contrato , así como calquer obra de reforma nas vivendas ou locais implicará adaptar a instalación do contador o disposto nas prescripcións técnicas deste regulamento. 4.— En aquelas subministracións cuxo contador non esté instalado de acordo co ordenado neste artigo, será responsabilidade do abonado aportar as lecturas dos contadores periódicamente á entidade submnistradora, para o que se lle facilitarán os impresos axeitados. Todo elo sen menoscabo do dereito por parte do servizo, á inspección dos contadores. ARTIGO 19 Queda prohibido alterar os precintos que como garantía levan colocados os contadores; se por calquera accidente rompese un deles, avisarase a entidade subministradora para que o repare o antes posible. ARTIGO 20 1.— O consumo efectuado é o rexistrado polo contador. 2.— Se o contador estivera parado, calcularase o consumo en función do promedio de gasto realizado nos últimos 12 meses; de non ter o promedio dun ano, facturaráse polo promedio dende a data de alta, tal circunstancia comunicaráse o abonado. 3.— Se o contador estivera averiado o abonado estará obrigado a substituí-lo previa comunicación a entidade subministradora, quen autorizará a substitución e supervisará a nova instalación. Se a instalación do contador lévase a cabo pola entidade subministradora o titular deberá pagar a taxa por instalación. Se o usuario non procede a substitución do contador facturaráselle un consumo de 100 m3 nos períodos sucesivos ata a subsanación da situación, sen prexuízo do estabrecido no artigo 21 do Regulamento. 4.— Se por calquer causa imputable ó abonado non se poidera efectuar a lectura do contador nun período de 12 meses, facturaráselle un consumo de 100 m3 nos períodos sucesivos, ata a subsanación da situación. ARTIGO 21 Manter o contador averiado incumprindo a obriga sinalada no anterior apartado producirá a suspensión do subministrar e a rescisión do contrato. ARTIGO 22 Os lectores da entidade subministradora xirarán o trimestre unha visita ós contadores e anotarán o consumo orrespondente; no caso de ausencia do usuario o lector deixará unha tarxeta coa data e hora na que pasou, esta tarxeta deberá ser presentada na entidade subministradora, no prazo de cinco días, debidamente cumprimentada para practicar a liquidación polo consumo correspondente. A lectura do contador, facturación e cobro efectuaranse trimestralmente. ARTIGO 23 Características técnicas dos contadores: — As tomas de entrada e saida serán distintas — Entrada sete octavos (7/8) de pulgada — Saida tres cuartos (3/4) de pulgada. Sección 3ª.— Instalacións interiores ARTIGO 24 1.— Enténdese por instalacións interiores as que se atopen a partires da chave de rexistro cara ó interior da finca. 2.— A partir do contador o abonado poderá distribuir as augas para o seu uso e facer executa-los traballos por quen queira, sen intervención da entidade subministradora de augas; nembargantes a entidade subministradora deberá informar ó abonado de cantas cuestións se lle requerise sobre o tema. 3.— A distribución interior poderá ser inspecionada pola entidade subministradora para garanti-la corrección da subministración e a súa adecuación ás normas aprobadas pola entidade subministradora podendo suspenderse a subministración mentres non se corrixan as deficiencias que poideran existir. 4.— O abonado non poderá realizar manipulacións na instalación interior que perxudiquen as condicións da subministración concertada. 5.— Os depósitos de reserva conectaranse obrigatoriamente ó tramo de conexión interior, é dicir, con posterioridade ó emprazamento do contador. ARTIGO 25 Ó ser propiedade do abonado a tubería a partir da chave xeral de corte da acometida, será ó seu cargo a reparación das posibles fugas, limitándose a entidade subministradora a pecha -la chave da acometida e a avisar ó propietario da anomalía e volvendo a abrila unha vez a instalación esté en condicións axeitadas. Asemade será responsable dos danos e prexuízos que causase. ARTIGO 26 Prohíbese utilizar acoplamentos á acometida xeral da finca mediante aparellos succionadores, bombas ou mecanismos análogos que poidan causar depresión ou pérdida de carga na rede xeral de distribución. CAPÍTULO IV.— ALTAS, BAIXAS E MODIFICACIONS ALTAS: ARTIGO 27 1.— O subministrar de auga concederase pola entidade subministradora a aquelas persoas naturais ou xurídicas , que o soliciten, reúnan as condicións previstas no presente Regulamento e se obriguen ó seu cumprimento. 2.— A vixencia do contrato será indefinida podendo ser denunciado libremente por calquera parte. ARTIGO 28 1.— A subministración formalizaráse nun contrato, acompañándose a solicitude por parte do interesado: documento que acredite a súa propiedade ou demostre dereito dabondo óu autorización ó seu favor sobre a finca onde se vaia a presta-lo servizo; boletín de instalador autorizado; e xustificante de alta no imposto de bens inmobeis. 2.— Ademáis dos requisitos xerais anteriores tratándose de vivenda ou local de nova construcción presentarase licencia de primeira ocupación ( art. 17.5 do Regulamento de disciplina urbanística, decreto 28/1999 do 21 de xaneiro) ; ademais da licencia de apertura se se trata de local de negocio ; e se é para uso de obra a licencia urbanística. 3.— Non se procederá á subministración sen ter cumprimentado os requisitos anteriores, pagados os dereitos de acometida, instalado o contador-medidor e constituído o depósito ó que se refire a Ordenanza reguladora da taxa da subministración de auga. ARTIGO 29 1.— Non se suscribirá contrato da subministración a aquel usuario con recibos pendentes de cobro, sexa cal fora a ubicación da nova subministración solicitada, nin a nome de ningún dos compoñentes da unidade familiar ou dos que convivan. 2.— Asemade non se subscribirán contratos de subministración de auga ós obxectos tributarios con débedas no servizo, en tanto que o propietario, como substituto do contribuínte, non satisfaga ditas débedas. 3.— A condición de abonado é intransferible sendo causa de rescisión o cese da titularidade; nos casos de cambio de titularidade por cesión "mortis causa" os herdeiros terán que comunicar a entidade subministradora nun prazo de tres meses o nome do novo abonado debidamente acreditado. ARTIGO 30 1.— A subministración de auga concederase baixo as seguintes modalidades: a) A subministración domiciliaria para uso doméstico de vivenda, é dicir, o que ten por aplicación as necesidades da vida, como son a bebida e preparación de alimentos, limpeza, etc. b) A subministración comercial é a dos locais adicados ó comercio, ós efectos de tarificación, asimílase ó consumo industrial. c) A subministración industrial é aquela na que a auga úsase como medio de aproveitamento industrial, por exemplo bares, fábricas, garaxes, talleres, peluquerías, etc.. d) A subministración de obra é aquela que se aplica para a construcción, ten carácter temporal e provisional, cuia duración será a que se determine para a realización das obras. Cando se decrete a paralización das obras comunicarase ó departamento de xestión para a suspensión da subministración. e) As instalacións contra incendios no interior das edificacións, calquer que sexa o destino ou uso destas, requerirán o estabrecemento dunha subministración de auga para este uso exclusivo e o cumprimento, a tódolos efectos das condicións que este Regulamento prescribe para as instalacions destinadas o abastecemento ordinario, de conformidade cos seguintes criterios: e.1.— Independencia das instalacións: As instalacións contra incendios serán absolutamente independentes das destinadas a calquer outro fin, e delas non poderá efectuarse derivación algunha para outro uso. Queda igualmente prohibido tomar auga de calquer elemento destas instalacións, salvo en caso de incendio, sen a expresa autorización da entidade subministradora. Todo sistema que constituia a instalación contra incendios, alimentarase a través dunha acometida á rede pública de distribución independente a da subministración ordinaria. A ser posible, a acometida para incendios proxectarase e executaráse dende unha conducción distinta da que se acometa a subministración ordinaria. Cando a normativa específica de incendios esixa unha presión na instalación interior do abonado que non sexa a que a entidade subministradora garanta, será responsabilidade do abonado estabrecer e conservar os dispositivos de sobreelevación que lle permitan dar cumprimento á normativa específica antes nomeada. e.2.— Contratación da subministración: A co¬nexión á rede pública de distribución dunha subministración contra incendios, requerirá a formalización previa do contrato da subministración correspondente entre a entidade subministradora e o abonado. Ditos contratos terán a mesma tramitación e carácter que os da subministración ordinaria e estarán, polo tanto, suxeitos ás mesmas prescripcións regulamentarias de dita subministración. A tarifa será a que corresponda á subministración do local principal, debendo tributar tamén por sumidoiro e saneamento, non tributando pola recollida de lixo. f) Outros usos: Englobánse neste apartado aquelas subministracións que non teñan posibilidade física ou material de ser incluídos nalgún dos apartados anteriores e que: f.1.— Terán sempre a condición de domésticos, é dicir, para atende-las necesidades primarias da vida, a preparación de alimentos, a limpeza e hixiene persoal, sen prexuízo, no caso de escaseza de auga ou calquera outra causa que o xustifique, de que a subministración poida ser suspendido sen previo aviso e sen dereito a indemnización, sempre a xuízo da entidade subministradora. f.2.— Esta subministración conleva a alta na rede de sumidoiro e no servizo de recollida de lixo. f.3.— Estes usos non gozarán de ningún tipo de exención, bonificación ou reducción na tarifa, excepto a bonificación por domiciliación bancaria do pagamento. f.4.— Serán requisitos imprescindibles para a contratación do servizo, que o abonado sexa o propietario do obxecto tributario e que o pagamento esté domiciliado. 2.— A auga só poderá ter o destino para o que sexa contratada, o uso indebido leva consigo a suspensión inmediata da subministración. Non se autorizarán, en ningún caso, as conexións á rede municipal para o uso de rego de fincas agrícolas. BAIXAS: ARTIGO 31 1.— A baixa solicitarase polo interesado suscribindo o correspondente boletín, e previa comprobación, pasarase orde para o corte do subministrar. 2.— Non procederá a baixa automáticamente cando a entidade subministradora coñeza que con elo se pretende polo abonado propietario prexudicar o dereito do inquilino do local ou vivenda onde se subministra o servizo, sendo necesaria a comunicación ó que se beneficie do subministrar previamente. MODIFICACIONS: ARTIGO 32 As modificacións tramitaranse de acordo co estabrecido no artigo 10 sobre normas de xestión da Ordenanza de Auga. ARTIGO 33 1.— CAUSAS DE SUSPENSIÓN DA SUBMINISTRACION As entidades subministradoras de auga poderán, sen prexuízo do exercicio de accións de orde civil ou administrativo que a lexislación vixente o ampare, suspender a subministración ós abonados ou usuarios nos seguintes casos: a) Polo impago das facturacións dentro do prazo estabrecido ó efecto pola entidade subministradora. b) Cando un usuario goce da subministración sen contrato escrito. c) Por falta de pagamento no prazo de quince días hábiles contados a partires da data de comunicación, das cantidades resultantes da liquidación firme de fraude ou no caso probado de reincidencia no mesmo. d) En tódolos casos no que o abonado faga uso da auga que se lle subministre en forma ou para usos distintos dos contratados. e) Cando o abonado estabreza ou permita estabrecer derivacións na súa instalación para a subministración de auga a outras fincas, locales ou vivendas diferentes ós consignados no seu contrato de subministración. f) Cando polo persoal da entidade subministradora se atopen derivacións nas súas redes con consumo de auga sen contrato algún, e dicir, realizadas clandestinamente. Neste caso poderá a entidade subministradora efectua-lo corte inmediato da subministración de auga en tales derivacións. g) Cando o abonado non permita a entrada no local a que afecta a subministración contratado en horas hábiles ou de normal relación , co exterior, o persoal que, autorizado pola entidade e provisto da súa correspondente documentación de identidade, trate de revisa-las instalacións cómpre, se é o caso, que a entidade subministradora levante acta dos feitos. h) Cando o abonado non cumpra, en calquera dos seus aspectos, o contrato que teña estabrecido coa entidade ou as condicións xerais de utilización do servizo. i) Cando nas subministracións nas que o uso da auga ou disposición das instalacións interiores puderan afecta-la potabilidade da auga na rede de distribución, ata que, polos abonados, se tomen as medidas oportunas na evitación de tales situacións, neste caso a entidade subministradora poderá realiza-lo corte inmediato da subministración. j) Pola negativa do abonado a modifica-lo rexistro ou arqueta do contador, e incluso a súa instalación interior, cando iso fora preciso para substituir o contador por calquera das causas que autoriza este Regulamento. k) Cando o abonado mesture augas doutra procedencia e requirido pola entidade subministradora para que anule a devandita anomalía, non a leve a efecto nun prazo máximo de cinco días. l) Cando durante doce meses persista a imposibilidade de tomar lectura dentro do réxime normal estabrecido ó efecto, por causas imputables ó abonado, a entidade subministradora, poderá suspender, transitoriamente , a subministración, ata tanto o abonado acceda a modificar, ó seu cargo e pola súa conta, a instalación do equipo de medida, de forma que non dificulte o acceso ó mesmo para poder toma-la lectura. m) Por neglixencia do abonado respecto da reparación de avarías nas súas instalacións se, unha vez notificado por escrito pola entidade subministradora, transcorrese un prazo superior a sete días sen que a avería fora subsanada. n) Cando o usuario se negue a actualiza-la titularidade do contrato de acordo co artigo 3 da Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo da subministración de auga. 2.— A suspensión da subministración axustaráse ás normas do Regulamento de verificación, do 12 de marzo de 1954, modificado parcialmente polo R.D. 1.725/84 do 18 de xullo. ARTIGO 34.— PROCEDEMENTO PARA A SUSPENSION DO SUBMINISTRAR 1.— A entidade subministradora dará conta ó Organismo competente en materia de Industria e ó abonado por correo certificado, considerándose que queda autorizado para a suspensión da subministración se non recibe orde na contra do devandito Organismo no termo de quince días hábiles, contados a partires da data na que se dou conta dos feitos, agás que o solicitado non se axustara a dereito. 2.— A suspensión da subministración de auga por parte da entidade subministradora, agás nos supostos de corte inmediato, non poderá realizarse nos días festivos ou días nos que, por calquer motivo, non exista servizo administrativo e técnico de atención ó público, os efectos da tramitación completa do restabrecemento do servizo, nin vésperas do día no que se den algunhas destas circunstancias. 3.— En todo caso o expediente de suspensión da subministración axustarase á normativa vixente en materia de procedemento administrativo. 4.— O restabrecemento do servizo realizarase o mesmo día ou, no seu defecto, ao seguinte día hábil despois de subsanadas as causas que orixinaron o corte da subministración. 5.— A notificación do corte da subministración, incluirá, como mínimo, os seguintes puntos: Nome e enderezo do abonado. Identificación da finca abastecida. Data a partir da cal producirase o corte. Detalle da razón que orixina o corte. Enderezo, teléfono e horario das oficinas comerciais da entidade subministradora na que poidan enmendar as causas que orixinaron o corte. 6.— A reconexión da subministración farase pola entidade subministradora que poderá cobrar ó abonado, por esta operación, unha cantidade máxima equivalente ao importe da cota de instalación do contador. De ningunha maneira poderán precibirse estos dereitos se non se efectúa o corte da subministración. 7.— No caso de corte por falla de pagamento, se no prazo de tres meses, contados dende a data do corte, non se efectuou o pagamento polo abonado dos recibos pendentes, darase por rematado o contrato sen prexuízo dos dereitos da entidade subministradora á esixencia do pagamento da débeda e resarcemento dos danos e prexuízos a que houbera lugar. CAPÍTULO V.— FACTURACION E PAGO ARTIGO 35 As tarifas aplicables polos servizos prestados pola entidade subministradora municipal de augas virán determinadas nos acordos de fixación da taxa do servizo de subministrar de auga. ARTIGO 36 1.— Os recibos serán emitidos pola entidade subministradora de auga anunciándose o seu período de pago voluntario de acordo co estabrecido no artigo 17 da Ordenanza de auga. 2.— O abonado poderá domiciliar o pago do subministrar en calquera entidade Bancaria; no caso contrario obrígase a facer efectivo o importe nas oficinas do Concello. ARTIGO 37 A falta de pago suporá, previa incoación do oportuno expediente, a baixa do abonado e o corte da subministración pasando os recibos pendentes a Recadación Executiva para o seu cobro por vía de constrinximento. CAPÍTULO VI.— INSPECCION. ARTIGO 38 1.— Cando o persoal da entidade subministradora de auga inspecione, a instancia de parte ou de oficio, as instalacións do subministrar levantará acta na que faráse constar: a) Os motivos que a orixinan. b) A data e hora de realización das comprobacións. c) O lugar onde se realice. d) O nome e demáis datos identificativos do abonado. e) Os resultados obtidos. A firma do empregado da entidade subministradora e a do abonado se éste estivese presente na inspección. 2.— Da acta, entregarase copia ó abonado. CAPÍTULO VII.— INFRACCIONS E SANCIONS ARTIGO 39 1.— Toda actuación ou comportamento que contraveña o disposto neste Regulamento, orixinará a apertura de expediente e, se procede, a sanción ós infractores que é independente da suspensión da subministración que se regula nos artigos 33 e 34 deste Regulamento. 2.— Os feitos que poidesen constituir infracción penal, tales como a rotura de precintos, destrucción das instalacións, contaminación das augas e demáis especificados no código penal serán postos en coñecemento do Xulgado de Instrucción. ARTIGO 40 As infraccións, atendida a súa importancia e gravidade, clasificaranse en: a) Leves, son os incumprimentos dos deberes sinalados no artigo 8º , e no artigo 9º apartado c) no caso de neglixencia. b) Graves, o incumprimento das prohibicións sinaladas no artigo 9º apartados c), d), f), h), i) e j): así como a reiteración na comisión de faltas leves. c) De fraude son as accións e omisións feitas infrinxindo a normativa contida neste regulamento con ánimo de lucro ou en prexuízo do servizo, en especial, o incumpremento das prohibicións previstas no artigo 9 apartados a), b), e) e g). ARTIGO 41 As sancións a impoñer gradúanse segundo a calificación da infracción en: a) Apercebemento nas infraccións leves con obriga do infractor de normalizar a súa situación cando proceda. b) Imposición de Multa pola Alcaldía en caso de infracción grave en contía equivalente a un consumo de 20 m3 ó trimestre , valorados o prezo de tarifa de obra, sen prexuízo da suspensión do subministrar nos casos estabrecidos. c) As infraccións de fraude sancionaranse pola Alcaldía cunha liquidación de consumo de ata 100 m3 ó trimestre valorados o prezo da tarifa de obra e multa. As liquidacións por fraude practicaranse dacordo co procedemento previsto no Regulamento de verificacións, tendo en conta as adaptacións necesarias debido as características da subministración de auga. Disposicións transitorias: 1.— As instalacións existentes deberán adaptarse ás prescripcións técnicas esixidas por este Regulamento, no momento que sobre elas se faga algún cambio tanto na titularidade do contrato como a realización de obras de reparación, modificación, ampliación ou mellora, así como adaptar o emprazamento do contador. En senso contrario, se transcorridos 3 meses non se adapta a instalación a ditas prescripcións abrirase expediente de suspensión da subministración. 2.— No prazo dun mes a partir da entrada en vigor deste regulamento virán obrigados a instalar contador os abonados que non o teñan; e a reparalo ou substituilo os que o teñan averiado. Transcorrido dito prazo abrirase expediente de suspensión da subministración. Disposición Final.- No non previsto neste Regulamento aplicaranse as normas da Lei de réxime local, os seus regulamentos e demáis disposicións aplicables. Marín, 23 de marzo de 2007. O Alcalde-Presidente, Francisco A. Santiago Fernández.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Clasificación
AUGAS CONTINENTAIS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
regl saneamento augas - marin.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles