Regulamento de funcionamento do Punto Limpo de Miño

Boletin Oficial Provincial, 09-02-2007, Núm. 33, Páx. 1392
Regulamento de funcionamento do Punto Limpo de Miño ARTIGO 1. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN. O presente regulamento ten por obxecto regular as características e o funcionamento da instalación denominada "Punto Limpo" do Concello de Miño, de modo que se efectúe una correcta xestión dos residuos domiciliarios que pola súa natureza non son obxecto habitual do servizo ordinario da recollida de residuos urbanos. O Punto Limpo de Miño sitúase en Galtamonde. O acceso ao mesmo está sinalizado na beira da estrada nacional 651, á altura do punto quitométrico 11. Os preceptos do presente regutamento son de aplicación ao Punto Limpo, ás súas instatacións, elementos e mobiliario. ARTIGO 2. DEFINICIÓNS E DESCRICIÓN. 1. Punto limpo: instalación onde se reciben, previamente seleccionados, certos residuos domiciliarios que pola súa natureza non son obxecto habitual do servizo ordinario de recottida de residuos urbanos. Quedan exctuídos os residuos de orixe industrial que tañan a consideración de perigosos ou industriais, de conformidade coa planificación vixente en materia de residuos. Nesta instalación recíbense os residuos relacionados no listado de residuos admisibles vixente previamente seleccionados e entregados de forma voluntaria polos cidadáns, os cales os depositan nos contedores correspondentes para o seu posterior reciclado, reutilización ou valorización. Non se trata dun vertedoiro, senón dun lugar onde se almacenan temporalmente os residuos, para ser posteriormente trasladados a lugares axeitados para o seu tratamento a través de transportistas e xestores autorizados. A instalación ten as seguintes características: Recinto pechado perimetralmente na súa totalidade. O acceso ao público conta cun posto de información ao usuario e de vixilancia. A entrada conducirá á plataforma superior onde están situados os diferentes contedores para cada un dos residuos, con indicación expresa mediante sinais horizontais debuxados sobre o pavimento e sinais verticais consistentes en carteis situados xunto a cada contedor; así como á plataforma inferior, destinada a facilitar a retirada dos contedores de gran tamaño. Conta cunha zona cuberta disposta para certos residuos sensibles á intemperie. ARTIGO 2. OBXECTIVOS DO PUNTO LIMPO Os obxectivos principais desta instalación son: Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, como o papel, vidro, metais, etc. - Evitar o vertido incontrolado de cascallos e residuos voluminosos como mobles ou electrodomésticos. - Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, baterías, pinturas, etc. - Aforrar materias primas e enerxía. ARTIGO 3. SERVIZOS QUE PRESTARÁ O PUNTO LIMPO. Os servizos do Punto Limpo son os que a continuación se citan: - Recepción de residuos previamente clasificados polo usuario, para o seu posterior transporte aos lugares axeitados para o seu tratamento. - Información aos usuarios sobre a actividade do Punto Limpo: residuos aceptados, cantidades, horarios, ... - Control dos residuos que se depositan. - Elaboración de estatísticas sobre o uso das instalacións. - Mantemento e xestión da instalación. - Visitas guiadas pola instalación a escolares e grupos interesados. ARTIGO 5. CARACTERÍSTICAS DOS RESIDUOS. Para o adecuado funcionamento do Punto Limpo será necesaria unha correcta admisión dos residuos, de forma que non se produza un almacenamento de residuos non aceptados dentro das instalacións. Todos os residuos que non se especifiquen como admisibles neste regulamento serán rexeitados e será obrigación do usuario a súa adecuada xestión. A/o operaria/o poderá non aceptar a recottida dun residuo cando este non sexa considerado admisible potos servizos técnicos municipais. Estas restriccións establécense debido a que o Punto Limpo é para uso exclusivo de cidadáns e non é apto para os usos das empresas nin de grandes xeradores de residuos. Soamente se admitirán residuos xerados por particulares. Os residuos deben estar perfectamente separados, nunca mesturados. 1. RESIDUOS ADMISIBLES NO PUNTO LIMPO. Residuos especiais: fluorescentes e luminarias de vapor de mercurio; disolventes, pinturas e vernices; baterías; radiografías; aceites minerais e vexetais usados, procedentes de particulares. Residuos urbanos e asimilables: papel e cartón; vidro; envases de plásticos; bricks e latas; ferralla e metais; téxtites. Residuos voluminosos: Mobles, colchóns e electrodomésticos. Ademais de poder levar estes residuos ao punto limpo, continúa en vigor o servizo de recollida ao lado do contedor que existía ata agora nas distintas parroquias e no núcleo urbano, e que consiste na recollida destes residuos (soamente mobles e electrodomésticos) nos días establecidos para isto. Residuos verdes: Residuos procedentes de podas. Cascallos: Cascallos de pequenas obras domiciliarias. 2. RESIDUOS NON ADMISIBLES NO PUNTO LIMPO. Materia orgánica: usualmente a súa recollida está prevista para ser levada a cabo a través de contedores instalados nas rúas do municipio. Residuos xerados por empresas: as empresas xa teñen establecido un sistema correcto de xestión dos residuos que producen. Residuos radioactivos 3. CANTIDADE MÁXIMA POR DOMICILIO E DÍA. TIPO DE RESIDUO: CANTIDADE Aerosois: 10 unidades Cascallos: 3 sacos Electrodomésticos con CFC's: 2 unidades Madeira: 60 kg ou dous mobles Aceite vexetal: 10 litros Pinturas, vernices, ...: 5 kg Electrodomésticos: 2 unidades Fluorescentes e similares: 10 unidades Medicamentos: 1 quilo Aceites de motor: 10 litros Restos de poda: 1/2 metro cúbico Os restantes tipos de residuos que non aparecen recollidos na táboa anterior, e si na relación de residuos que se poden levar ao punto limpo, poderanse depositar no mesmo sen que se establezan límites en canto ás cantidades destes que se poderán depositar. ARTIGO 6. DOCUMENTACIÓN E REXISTRO. 1. Na instalación do Punto Limpo estará dispoñible una copia do presente regulamento, co obxecto de posibilitar a súa consulta a calquera usuario que o solicite. 2. O Punto Limpo disporá dun Rexistro de incidencias e información interna recollida nos días nos que as instalacións permanecerán abertas, permanecendo nas mermas un mínimo dun (1) ano e en posesión do xestor durante os catro (4) anos seguintes, quedando en todo momento a disposición da autoridade competente para a inspección dos residuos, a fin de realizar os exames, controis, investigacións, toma e recollida de mostras que resulten necesarios a fin de determinar as presuntas infraccións, facilitando, así mesmo, calquera información que se lle requira. 3. O Rexistro de incidencias e información conterá os seguintes datos: a) Número de visitas diarias. b) Datos dos usuarios. c) Tipo de residuos entregados por visita. d) Cantidade de cada tipo de residuos. e) Incidencias. f) Xestor autorizado a quen se entrega cada residuo. g) Xustificantes correspondentes a ditas entregas. h) Cantidade de cada entrega. O rexistro estará composto de fichas persoais a cubrir cada vez que un usuario realice un depósito no Punto Limpo. Cada ficha será para cada persoa e para cada residuo, así unha persoa que deposite dous residuos distintos cumprimentará dúas fichas de depósito. Deberanse cumprimentar os datos persoais do usuario, os datos referentes o residuo entregado, e ato operarialo do Punto Limpo asinará cada ficha de recollida. ARTIGO 7. FUNCIONAMENTO E XESTIÓN. Son destinatarios do punto limpo todos os cidadáns miñenses que queiran depositar os seus residuos domiciliarios de forma selectiva, conforme ao establecido nos artigos do presente regulamento. O Punto Limpo é un servizo para os cidadáns residentes no Concello de Miño e está deseñado para asimilar residuos procedentes de particulares, non residuos xerados por empresas. Para poder facer uso das instalacións os usuarios deberán xustificar ante ola operariola do Punto Limpo que residen en Miño ou que teñen algunha propiedade dentro do termo municipal. Para elo deberán mostrar o DNI, ou ben levar consigo calquera recibo que demostre que residen no municipio (recibos de auga, luz, teléfono, contribución, contratos de alugueiro... ). Antes de proceder ó depósito do residuo ou residuos, cada usuario deberá declarar no posto de control o contado do que quere entregar, co fin de realizar un control de orientación de vertido e estatístico. O responsable do centro, tendo en conta a carga declarada e a lista de residuos admisibles indicará a súa aceptación ou rexeitamento. Os usuarios do Punto Limpo deberán seguir as indicacións da/o operaria/o do centro. Os transportistas que realicen os portes dos residuos tamén deberán seguir as indicacións da/o operaria/o do centro, que supervisará os seus labores e recibirá un certificado de que realizaron a recollida dos diferentes residuos e que teñen a licenza para realizar ese trabado. No punto limpo so se poden depositar os residuos mencionados no artigo 5. No caso de ser outros, o seu depósito deberá ser solicitado no Concello. O encargado do Punto Limpo supervisará as operacións de depósito dos residuos para comprobar que se depositan de forma axeitada e non se encontran mesturados con residuos tóxicos e perigosos. Tamén se efectuará unha inspección sistemática e visual en todos aqueles colectores de residuos líquidos. No caso de resultar que non se efectuara a recollida, se o usuario solicitase un lugar de depósito ou tratamento, o Concello poderá recomendar algún. Os residuos depositados no Punto Limpo pasarán a ser propiedade do Concello de Miño. Queda terminantemente prohibido fumar nas instalacións do Punto Limpo. ARTIGO 8. HORARIO. As instalacións estarán abertas no seguinte HORARIO: Luns: 10:00 horas a 13:00 horas. Martes: 16:00 horas a 19:00 horas. Xoves: 10:00 horas a 13:00 horas. Sábados : 10:00 horas a 13:00 horas. ARTIGO 9. PROTECCIÓN DO PUNTO LIMPO. Para poder utilizar o punto limpo haberá que ter en conta varios aspectos: Pódese acceder ao punto timpo en calquera tipo de vehículo: automóbil, tractor, furgoneta... Á entrada do recinto, un operario informaralles aos usuarios sobre a forma de realizar o depósito de cada tipo de residuo. * O bo funcionamento do punto limpo esixe que os usuarios entreguen os residuos previamente seleccionados e os depositen nos contedores adecuados. * Non se permite abandonar residuos na porta das instalacións, fóra do horario de funcionamento do Punto Limpo. DISPOSICIÓN ADICIONAL. A promulgación futura de normas con rango superior ao deste regulamento que afecten ás materias reguladas no mesmo determinará a aplicación automática daquelas e a posterior adaptación do regulamento no que fora necesario. DISPOSICIÓN FINAL. O presente regulamento entrará en vigor unha vez se publique integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia. Miño, a 08 de setembro de 2006 O Alcalde-Presidente Asdo. Juan A. Maceiras Barros O secretario Asdo. Francisco Mateos Sastre
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Clasificación
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
regl pl miño.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles