Boletín Oficial del Estado, 30-08-2011, Núm. 208, Páx. 94129
Disposición final primeira. Modificación do texto refundido da Lei de Augas aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo.
Engádese unha nova disposición adicional no texto refundido da Lei de Augas aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, coa seguinte redacción:
«Disposición adicional décimo cuarta. Competencias autonómicas en materia de policía de dominio público hidráulico.
Nas concas hidrográficas intercomunitarias, corresponderá ás Comunidades Autónomas que teñan prevista a competencia executiva sobre as facultades de policía de dominio público hidráulico nos seus Estatutos de Autonomía, o exercicio, dentro do seu ámbito territorial, das funcións sinaladas no apartado 2 do artigo 94 desta Lei, así como a tramitación dos procedementos a que dean lugar as devanditas actuacións ata a proposta de resolución.
No exercicio destas funcións, será aplicable aos órganos competentes das Comunidades Autónomas o disposto nos apartados 3 e 4 do artigo 94.»
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Rango legal
Real decreto lei
Clasificación
AUGAS CONTINENTAIS
AUGAS MARÍTIMAS