Real Decreto 60/2011, do 21 de xaneiro, sobre as normas de calidade ambiental no ámbito da política de augas.

Boletín Oficial del Estado, 22-01-2011, Núm. 19, Páx. 6854
DISPOSICIÓN DERROGATORIA PRIMEIRA. DERROGACIÓN NORMATIVA INMEDIATA. Sen prexuízo do disposto na disposición derrogatoria segunda, á entrada en vigor do presente real decreto quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste real decreto, e en particular: a) Os anexos I, II e III da Lei 22/1988 do 28 de xullo, de Costas. b) O Real Decreto 995/2000 do 2 de xuño polo que se fixan obxectivos de calidade para determinadas substancias contaminantes e se modifica o Regulamento de Dominio Público Hidráulico aprobado polo Real Decreto 849/1986 do 11 de abril. c) As seccións B e C do anexo I, e anexo II do Real Decreto 258/1989, do 10 de marzo, polo que se establece a normativa xeral sobre verteduras de substancias perigosas dende terra ao mar. d) O artigo 26.6 do Regulamento de Planificación Hidrolóxica, aprobado por Real Decreto 907/2007, do 6 de xullo. e) A sección B dos anexos II ao XVI, sección C do anexo II e dos anexos IV ao XVI, e sección D do anexo II da Orde de 12 de novembro de 1987, sobre normas de emisión, obxectivos de calidade e métodos de medición de referencia relativos a determinadas substancias nocivas ou perigosas contidas nas verteduras de augas residuais. f) As seccións B e C dos anexos II ao XVI, e sección D dos anexos II ao XII da Orde de 31 de outubro de 1989, pola que se establecen normas de emisión, obxectivos de calidade, métodos de medición de referencia e procedementos de control relativos a determinadas substancias perigosas contidas nas verteduras dende terra ao mar. DISPOSICIÓN DERROGATORIA SEGUNDA. DERROGACIÓN NORMATIVA DIFERIDA. A partir do 22 de decembro de 2012 quedarán derrogadas as seguintes disposicións: a) A Orde de 12 de novembro de 1987, sobre normas de emisión, obxectivos de calidade e métodos de medición de referencia relativos a determinadas substancias nocivas ou perigosas contidas nas verteduras de augas residuais. b) A Orde de 31 de outubro de 1989, pola que se establecen normas de emisión, obxectivos de calidade, métodos de medición de referencia e procedementos de control relativos a determinadas substancias perigosas contidas nas verteduras dende terra ao mar. c) O anexo I do Real Decreto 258/1989, do 10 de marzo, polo que se establece a normativa xeral sobre verteduras de substancias perigosas dende terra ao mar. A partir do 22 de decembro de 2013 quedará derrogado o Anexo IV do Regulamento de Planificación Hidrolóxica, aprobado polo Real Decreto 907/2007, do 6 de xullo.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Clasificación
CALIDADE AMBIENTAL
AUGAS CONTINENTAIS
AUGAS MARÍTIMAS
Derogada por
CONSULTAR_RELACIONADAS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
RD 60-2011.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles