Real Decreto 309/2022, do 3 de maio, polo que se establece o mecanismo de compensación de custos indirectos para os sectores e subsectores industriais aos que se considera expostos a un risco significativo de fuga de carbono durante o período 2021-2030.

Boletín Oficial del Estado, 04-05-2022, Núm. 106, Páx. 61688
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán acollerse ás axudas reguladas neste real decreto as persoas
xurídicas do sector privado, incluídas ou non en RCDE, calquera que sexa a súa forma xurídica, sempre que cumpran os requisitos seguintes:
a)Estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude.
b)Realicen unha ou varias actividades ou fabriquen produtos destinados a comercialización e beneficio empresarial, nos sectores enumerados no anexo I das novas Directrices, baixo os códigos NACE que se explicitan no mesmo, os cales se atopan igualmente incluídos no anexo I do presente real decreto.
c)Incorresen en custos de emisións indirectas de CO2, no ano precedente á convocatoria do mecanismo de compensación de axudas, como consecuencia dos custos indirectos soportados nos gastos de subministración destinados aos procesos produtivos.
Obxecto
Constitúe o obxecto deste real decreto o establecemento das bases reguladoras, conforme ao previsto na normativa da Unión Europea e nacional aplicable, do mecanismo de compensación de custos indirectos imputables ás emisións de gases de efecto invernadoiro, repercutidos nos prezos da electricidade, consecuencia da aplicación do cuarto período do réxime europeo de comercio de dereitos de emisión (en diante, RCDE), para determinados sectores e subsectores expostos a un risco significativo de fuga de carbono.
Prazo
Vinte días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación do extracto BOE.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
RD 309-2022.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles