Real Decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo.

Boletín Oficial del Estado, 14-04-2021, Núm. 89, Páx. 42567
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Serán beneficiarias directas das axudas previstas nos programas de incentivos á mobilidade eléctrica, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, aprobados por este real decreto, as comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla, que deberán destinar o importe das mesmas aos suxeitos que se enumeran no artigo 11.1, sen prexuízo dos investimentos directos que poidan levar a cabo (consultar art. 5).
Obxecto
Este real decreto ten por obxecto regular a concesión directa, con carácter extraordinario, e por razóns de interese público, social e económico, de axudas ás comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla, así como a súa distribución e entrega, nas contías e termos que figuran no anexo V.
Tamén constitúe o obxecto deste real decreto a aprobación dos programas de incentivos á mobilidade eléctrica: programa para o fomento da adquisición de vehículos eléctricos e programa de apoio ao despregamento da infraestrutura de recarga, ambos no ámbito do marco xeral do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Consultar o art. 1.
Prazo
Establecerase na convocatoria correspondente (art.4).