Boletin Oficial Provincial, 30-09-2006, Núm. 226, Páx. 10736
Anuncio de aprobación definitiva do Plan especial de mellora do litoral desde Esteiro ata O Careixo
O Pleno do Concello de Boiro, en sesión ordinaria realizada o día 14 de setembro de 2006, acordou prestar aprobación definitiva ao proxecto do Plan especial para a mellora do litoral desde Esteiro ata o Careixo, redactado polo arquitecto D. Amancio Losada Vicente a instancia deste concello.
O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co previsto no artigo 92 LOUG, quedando a eficacia do acordo de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan condicionadas á remisión á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado de xeito definitivo debidamente dilixenciados, segundo o previsto no artigo 92.3 LOUG.
Co presente anuncio publícase a normativa que contén o plan especial aprobado.
Boiro, 20 de setembro de 2006.
O alcalde
Xosé Deira Triñanes
PLAN ESPECIAL DE MELLORA DO LITORAL DENDE PUNTA ESTEIRO ATA O CAREIXO.
III. NORMAS DE PROTECIÓN E POSTA EN VALOR DO ÁMBITO.
III.1. OBXECTO E ALCANCE.
III.1.1. OBXECTO.
Estas normas reguladoras teñen por obxecto o establecer as medidas necesarias para a consecución dos obxectivos do Plan Especial tendentes á protección e posta en valor do ámbito, ca finalidade de regular a actividade, tanto de usos como de construcións para conseguir beneficios sociais, ecolóxicos, ambientais e paisaxísticos.
Estas normas limitan usos, actividades, construcións e calquera outra determinación que puidera ser aplicable no ámbito, xa non so as derivadas da lexislación aplicable a nivel autonómico e de Costas, se non a propia ordenanza de sistemas xerais de Espazos libres contidos no Plan Xeral de Boiro.
En ningún caso as obras a realizar implicarán a transformación de natureza rústica do solo clasificado como rústico de protección de costas, garantíndose en todo momento os valores obxecto de tal protección
III.1.2. ALCANCE
As normas sinaladas no presente apartado serán de aplicación en todo o ámbito do Plan Especial segundo as particulares delimitacións que se sinalen en cada caso. Para as delimitacións establecidas para as distintas zonas, estas poderán variarse de forma xustificada sen que reduza en ningún caso a superficie total dedicada a zonas verdes, non se sitúen zonas de aparcamento máis próximas ó litoral que as contempladas no presente Plan Especial. Non terá limitación a redución que se produza de zonas aparcamento fora de zonas verdes ou recreativas.
III.1.3. ORDENANZA E NORMATIVA DE APLICACIÓN.
O plan especial non modifica a clasificación do solo establecida no planeamento vixente ( P.X.O.M.). As ordenanzas de aplicación considérase as establecidas nas Normas Subsidiarias Municipais tendo en conta as maiores limitacións impostas pola lexislación aplicable, en especial as determinacións da lei de Costas e de LOUGA. Dentro do ámbito do Plan Especial sinalado cuns planos independentemente de clasificación do solo do que se trate deberán de cumprirse as normas de protección e posta e valor do presente capítulo e os proxectos técnicos que se redacten deberán de adaptarse as "Normas mínimas" establecidas no capítulo correspondente do presente Plan Especial, sen prexuízo das maiores restricións que a demais normativa de aplicación estableza.
III.2. NORMAS XERAIS DE APLICACIÓN
- Serán autorizables as actuacións das administración públicas encamiñadas a conseguir os obxectivos previstos no presente Plan Especial, sen prexuízo de necesidades de cumprir as Normas establecidas no Plan.
- Queda prohibido en todo o ámbito do Plan Especial todo uso e construción que non garde relación cos obxectivos xerais e específicos ou as determinacións deste Plan Especial.
- Queda prohibido dentro do ámbito do Plan Especial todo tipo de peches de parcelas que non este enmarcado dentro de actuacións públicas adaptados o presente Plan.
- As novas aperturas de camiños ou pistas que se deban de realizar deberán de adaptarse ás condicións topográficas do terreo, coa menor alteración posible da paisaxe e minimizándose ou corrixíndose o seu impacto ambiental.
- As construcións que fosen necesarias realizar por necesidades derivadas das determinación do presente Plan Especial e que deban de situarse dentro do ámbito do mesmo deberían cumprir as normas de adaptación o ambiente:
a) Nos lugares de paisaxe aberta ou natural, sexa rural ou marítima, ou nas perspectivas que ofrezan os conxuntos urbanos de características histórico-artísticas, típicos ou tradicionais e nas inmediacións das estradas ou camiños de traxecto pintoresco, non se permitirá que a situación, masa ou altura das construcións, muros e cerramentos, ou a instalación doutros elementos, limiten o campo visual para contempla-las belezas naturais, rompan a harmonía da paisaxe, desfiguren a perspectiva propia dela ou limiten ou impidan a contemplación do conxunto."
b) A tipoloxía das construcións deberá ser congruente coas características do contorno e os materiais empregados para a renovación e acabado de fachadas e cubertas das edificacións e os cerramentos de parcelas deberán harmonizar coa paisaxe na que se vaian levar a cabo".
- Relaciónase a continuación con carácter explicativo o tipo de actuacións permitidas:
* Acondicionamento de sendas peonís, viais de tráfico restrinxido e similares (sendas, paseos, carril - bici,...).
* Acondicionamento de área de recreo e aparcamento e de áreas de ocio vinculadas.
* Sendeiros peonís de acceso.
* Construcións sinxelas de servizos vinculados ós usos permitidos dentro do ámbito e sempre cumprindo os parámetros de adaptación o medio natural no que se sitúen.
* Todas aquelas actuacións que se encadren dentro da consecución dos obxectivos e determinacións do presente Plan Especial.
III.3. ÁREAS RECREATIVAS E ZONAS VERDES
Dentro das actuacións acordes co presente Plan, o concello dentro do ámbito do Plan Especial, poderá limitar, regular ou incluso prohibir determinados aproveitamentos, ou estimular outros, establecendo a tal fin as indemnizacións e compensacións oportunas ós seus propietarios ou titulares.
- O ámbito do plan Especial cumprirá a función compatible co ocio e o uso recreativo por parte da poboación.
- Con carácter xeral, en todo o ámbito do Plan Especial.
a) Non estará habilitado o acceso de vehículos a motor salvo os servizos de finca e mantemento preciso, salvo viais e zona de aparcamento establecidos.
b) Poderán practicarse actividades deportivas ou excursións, podendo interromper estas en calquera caso se os valores naturais o aconsellaran.
c) Intentarase conxugar os usos recreativos cos didácticos (Aula de natureza) nas actuacións que se realicen.
- No ámbito do Plan Especial poderanse habilitar, zonas recreativas especialmente concibidas para a afluencia de visitantes. Nas mesmas, serán de aplicación os preceptos relativos ás Normas para a redacción de proxectos técnicos do proxecto do presente Plan Especial.
- Quedan prohibidas de maneira expresa as seguintes accións:
a) Prender lume fora dos lugares e fechas autorizadas.
b) A instalación de publicidade sen previa autorización.
c) O abandono de lixos ou desperdicios fora do lugar indicado.
d) Destruír de calquera modo a vexetación, estean catalogadas ou non as especies vexetais, que non sexan consecuencia de proxectos técnicos aprobados polos organismos correspondentes.
e) Calquera outro uso incompatible co obxecto deste Plan Especial.
f) Utilización de produtos químicos, sustancias biolóxicas, realización de vertidos ou derrame de residuos que alteren as condicións ecolóxicas destas zonas.
III.4. LITORAL E COSTAS
- Toda acción que se realice no ámbito do Plan Especial terá en conta a protección do litoral e a súa utilización de maneira que, en termos de protección e respecto á natureza, paisaxe, ambiente e salubridade, se consigue manter un adecuado nivel de calidade ambiental do litoral e as costas.
- Os servizos municipais competentes poderán someter a licenza previa as prácticas deportivas cuxo desenrolo no litoral poda comprometer a súa adecuada conservación ou que se considere incompatibles cos obxectivos do presente Plan Especial.
III.5. PARQUES, XARDÍNS E ARBOLADO.
- As accións que se realicen dentro do ámbito do Plan Especial terán en conta a promoción e defensa de zonas verdes, árbores e elementos vexetais en xeral, pola súa importancia sobre o equilibrio ecolóxico do medio natural e a calidade de vida dos cidadáns.
- Os proxectos de xardinería contarán como elementos vexetais, con plantas, árbores e arbustos, preferentemente propios da zona e adaptados ás condicións de climatoloxía e chan, e en todo caso, as novas especies deberán de estar adaptadas ó tipo de chan, pluviometría e demais elementos climatolóxicos que garanten o mantemento mínimo sen necesidade de introducir abonos ou regos desproporcionados.
- Os proxectos procurarán o máximo de respecto ás árbores e plantas existentes, e os que teñan que suprimirse forzosamente serán repostos noutro lugar, se a súa parte e condicións o permiten, a fin de minimizar os danos no patrimonio vexetal do municipio. Nos casos excepcionais de obra publican, o director de obra poderá autorizar o cortado ou poda de arborada existente se fosen incompatibles coa execución do proxecto.
- Os lugares e zonas ás que se refire este presente capítulo, terán cualificación de bens de dominio e uso público e non poderán ser obxecto de privatización de uso en actos organizados que, pola súa finalidade, contido, características e fundamento supoñan a utilización de tales recintos con fins particulares, en detrimento da súa propia natureza e destino.
- Os usuarios de zonas verdes e o mobiliario instalado nas mesmas deben cumprir as instrucións que, sobre a súa utilización, figuren nos indicadores, rótulos ou sinais. En calquera caso, deben atender as indicacións que formulen os axentes da Policía Municipal ou o persoal de parques e xardíns.
- Serán actos sometidos a licenza municipal, para a boa conservación e mantemento das diferentes zonas verdes urbanas, os seguintes:
a) Talar ou podar árbores situados en espazos públicos ou en terreos privados.
b) Podar, arrincar ou partir árbores, arrancar a súa cortiza, cravar neles puntas ou cravos ou calquera outra actividade que os prexudique de calquera maneira.
c) Depositar nas zonas verdes ou nos alcorques das árbores calquera clase de produto, lixo, residuos, cascotes, pedras, papeis, plásticos, produtos cáusticos ou fermentables e, en xeral, calquera outro elemento que poda danar as plantas.
d) Destruír ou danar vexetación de calquera clase en zonas de dominio público, ou en zonas privadas cuxos elementos se cataloguen no inventario municipal.
e) Utilizar as zonas verdes para usos distintos ós da súa natureza recreativa e de ocio. As actividades artística de pintores, fotógrafos ou operadores cinematográficos ou de televisión poderán, previa licenza, realizarse nos lugares utilizados polo público, pero deberán absterse de entorpecer a utilización normal do espazo público e terán a obrigación de cumprimentar tódalas indicacións que lles sexan feitas polos axentes de vixilancia.
f) Instalar calquera clase de industria, comercio, restaurante ou posto de bebida, refrescos, xeados ou produtos análogo, que requiran outorgamento previo de concesión administrativa, conforme ó establecido na normativa de aplicación.
- Os propietarios das zonas verdes, aínda non cedidas ó concello, están obrigados a mantelas en bo estado de conservación, limpeza e ornato. Igualmente están obrigados a realizar os adecuados tratamentos fitosanitarios preventivos. O arborizado poderá ser podado na medida que sexa necesario para contrarrestar o ataque de enfermidades, ou cando exista perigo de caída de ramas ou contacto con infraestruturas de servizo.
- Con carácter xeral, quedan prohibidas as seguintes actividades:
a) Destruír ou alterar as plantacións de calquera clase, exceptuando os lugares nos que expresamente quede permitido o tránsito.
b) Talar ou podar árbores sen autorización expresa.
c) Arrebolar en zonas verdes lixo, papeis, plásticos e calquera outra clase de residuo.
d) Danar ou molestar a fauna presente nas zonas verdes ou asociada os elementos vexetais.
e) Prender fogo, calquera que sexa o motivo, nos lugares non autorizados expresamente ou sen instalacións adecuadas para elo.
f) Facer probas ou exercicios de tiro para practicar puntería, prender petardos ou fogos de artificio.
g) Non controlar, por parte dos seus donos, os movementos e actitude dos animais domésticos.
h) En xeral, calquera actividade que poida derivar en danos ós xardíns, animais, elementos de xogo ou mobiliario urbano.
III.6. OBRAS PÚBLICAS E PROTECCIÓN DO ARBORIZADO.
- En calquera obra ou traballo público ou privado que se desenvolva no ámbito e nas que as operacións das obras ou paso de vehículos e máquinas se realizan en terreos próximos a algunha árbore existente, que este previsto conservar previamente ó comezo dos traballos, ditas árbores deben protexerse ó longo do tronco e na altura non inferior a 3 metros desde o chan e na forma indicada polo servizo municipal competente. Estas proteccións serán reiteradas unha vez acabada a obra.
- Cando se abran ocos ou covas próximas ás plantacións de arborizado na vía pública, a escavación non deberá aproximarse o pé do mesmo máis dunha distancia igual a 5 veces o diámetro da árbore a altura normal (1,00 m) e, en calquera caso, esta distancia será sempre superior a 0,5 m. No caso de que non fora posible o cumprimento desta norma, requirirase autorización municipal antes de comezar as escavacións, co fin de arbitrar outras posibles medidas correctoras ou a autorización do director da obra se a obra é de promoción pública.
- Naqueles casos en que, durante as escavacións, resulten alcanzadas raíces de grosor superior a 5 cm. deberán cortarse ditas raíces de forma que queden cortes limpos e lisos, cubríndose a continuación con calquera substancia cicatrizante.
- Salvo urxencia xustificada a xuízo dos servizos municipais competentes, ou o director da obra no caso de obra pública, abriranse covas ou ocos próximos ó arborizado soamente en época de repouso vexetativo.
III.7. VEHÍCULOS DENTRO DO ÁMBITO DO PLAN ESPECIAL
- A entrada e/o circulación de vehículos no ámbito do Plan Especial regúlase de maneira específica a través da sinalización instalada a tal efecto nos mesmos.
- As bicicletas poderán circular por paseos, parques e xardíns sen necesidade de autorización expresa, sempre que a influencia de público o permita e non causen molestias os demais usuarios da zona verde. A circulación das bicicletas será nesto casos limitada en canto a velocidade, non superando os 10 km/h. O concello poderá prohibir o uso da bicicleta nas zonas que considere necesario mediante a correspondente sinal.
- Con caracter xeral no solo rústico de protección de costas os vehículos a motor (salvo o establecido para vehículos de inválidos) non poderán circular polo ámbito do Plan Especial. O concello poderá regular o paso de vehículos de residentes e propietarios de fincas para os servizos necesarios.
- Os vehículos de inválidos que desenrolen velocidades non superiores a 10 km/hora poderán circular polos paseos peonís dos parques e xardíns, sen ocasionar molestias ós paseantes.
- Nos sendeiros peonís, parques e xardíns, espazos libres e zonas verdes, queda totalmente prohibido estacionar vehículos, fora dos lugares específicos sinalados e delimitados.
IV. NORMAS MÍNIMAS PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS DE OBRAS INCLUÍDAS DENTRO DO ÁMBITO DO PLAN ESPECIAL.
O trazado deseñarase seguindo criterios de implantación estritos e coherentes e tendo en conta os obxectivos e determinacións do presente plan Especial. Terase en conta, entre outras consideracións:
a) Mínima ocupación do espazo de dominio público, con ocupación solo nos casos en que non existan alternativas viables ou que estas resulten desproporcionadas co fin que se persigue e sempre e cando non se ocupen zonas de especial valor ou que desvirtúen o borde costeiro.
b) Farase prevalecer os intereses xerais de colectividade á hora de decidir sobre as posibles alternativas de trazado.
c) A recuperación de espazos degradados do borde litoral será obxectivo prioritario.
d) O trazado de senda e paseos que se sitúe sobre o borde do noiro litoral procurará establecer unha zona de transición de forma que o pavimento que se coloque non estea en contacto co noiro.
e) O trazado adaptarase á topografía natural cas desviacións mínimas derivadas de aplicación da normativa vixente, fundamentalmente na referente a criterios de accesibilidade de persoas disminuídas.
f) Respectaranse as árbores existentes no noiro. A tala do arborizado existente requirirá a comprobación de imposibilidade do seu mantemento por parte do director de obra e autorización deste unha vez realizada dita comprobación.
g) Os trazados de paseos, sendas, e demais actuacións coidarán de efectuar as mínimas variacións sobre a composición paisaxística existente.
h) Os materiais de acabados utilizados serán apropiados e adaptados ó medio onde se sitúen.
i) Utilizarase unha iluminación cun nivel adecuado para garantir o transito pola zona, pero sen distorsionar o entorno.
j) A elección de especies utilizada no axardinamento e plantación de novas especies estará condicionada polas características climáticas do ámbito, e tendo en conta a situación de proximidade o borde litoral.
k) O paseo que se proxecta en zona de Solo Rústico de Protección de Costas no poderá ter caracter urbano e o seu deseño será acorde co ambiente natural do borde marítimo no que se desenvolve e seguido en todo caso, os criterios de deseño fixados pola Demarcación de Costas que necesariamente deberá de autorizar as obras a realizar.
V. CLASIFICACIÓN DO SOLO E ORDENANZA REGULADORA.
O presente Plan Especial non modifica a clasificación do solo recollida no Plan Xeral, polo que todo o ámbito segue mantendo a actual clasificación de Solo rústico de protección de costas e núcleo rural segundo zonas, ca correspondente afección de servidume de Costas.
Dentro deste solo, o ámbito definido polo Plan Especial engádese o sistema local de espazos libres, como "Borde litoral de Esteiro" cas seguintes características:
DENOMINACIÓN: BORDE LITORAL DE ESTEIRO
TITULARIDADE: PÚBLICA
SUPERFICIE APROXIMADA: 3.870,66 M2
CLASIFICACIÓN DO SOLO: NÚCLEO RURAL/ RÚSTICO
Non se estima necesario establecer unha ordenanza específica para a zona xa que o ámbito inclúese na zona de servidume de costas suficientemente regulada e por introducir ademais o presente Plan a estes efectos, as restricións necesarias en forma de normas de protección e posta en valor, e incluíndo as determinacións as que deberán de axustarase os proxectos técnicos que se redacten, considerándose suficiente, os efectos do obxecto do presente Plan Especial.
En Boiro, 20 de setembro de 2006
O alcalde
Xosé Deira Triñanes.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Rango legal
Outros
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL

| NOME DO DOCUMENTO | TÍTULO | DESCARGAR | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |