PLAN ESPECIAL DE MELLORA DO LITORAL DENDE O PORTO DE ESCARABOTE ATA ESTIVADA

Boletin Oficial Provincial, 30-09-2006, Núm. 226, Páx. 10739
Anuncio de aprobación definitiva do Plan especial de mellora do litoral dende o porto de Escarabote ata Estivada O Pleno do Concello de Boiro, en sesión ordinaria realizada o día 14 de setembro de 2006, acordou prestar aprobación definitiva ao proxecto do Plan especial para a mellora do litoral desde o porto de Escarabote ata Estivada, redactado polo arquitecto D. Amancio Losada Vicente a instancia deste concello. O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co previsto no artigo 92 LOUG, quedando a eficacia do acordo de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan condicionadas á remisión á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado de xeito definitivo debidamente dilixenciados, segundo o previsto no artigo 92.3 LOUG. Co presente anuncio publícase a normativa que contén o plan especial aprobado. Boiro, 20 de setembro de 2006. O alcalde Xosé Deira Triñanes PLAN ESPECIAL DE MELLORA DO LITORAL DENDE O PORTO DE ESCARABOTE ATA ESTIVADA III. NORMAS DE PROTECIÓN E POSTA EN VALOR DO ÁMBITO. III.1. OBXECTO E ALCANCE. III.1.1. OBXECTO. Estas normas reguladoras teñen por obxecto o establecer as medidas necesarias para a consecución dos obxectivos do Plan Especial tendentes á protección e posta en valor do ámbito, ca finalidade de regular a actividade, tanto de usos como de construcións para conseguir beneficios sociais, ecolóxicos, ambientais e paisaxísticos. Estas normas limitan usos, actividades, construcións e calquera outra determinación que puidera ser aplicable no ámbito, xa non so as derivadas da lexislación aplicable a nivel autonómico e de Costas, se non a propia ordenanza de Sistemas Xerais de Espazos libres contidos no Plan Xeral de Boiro. En ningún caso o novo espazo público dará lugar a aparición de novas superficies edificables a maiores das resultantes da ordenación establecida no Plan Xeral de Ordenación actualmente vixente, nin servirá para a clasificación como solar das parcelas resultantes. III.1.2. ALCANCE As normas sinaladas no presente apartado serán de aplicación en todo o ámbito do Plan Especial segundo as particulares delimitacións que se sinalen en cada caso. Para as delimitacións establecidas para as distintas zonas, estas poderán variarse de forma xustificada sen que reduza en ningún caso a superficie total dedicada a zonas verdes, non se sitúen zonas de aparcamento máis próximas ó litoral que as contempladas no presente Plan Especial. Non terá limitación a redución que se produza de zonas aparcamento fora de zonas verdes ou recreativas. III.1.3. ORDENANZA E NORMATIVA DE APLICACIÓN. O plan especial non modifica a clasificación do solo establecida no planeamento vixente (Normas subsidiarias, municipais). As ordenanzas de aplicación considérase as establecidas no Plan Xeral de Ordenación Municipal tendo en conta as maiores limitacións impostas pola lexislación aplicable, en especial as determinacións da lei de Costas e de LOUGA. Dentro do ámbito do Plan Especial sinalado cuns planos independentemente de clasificación do solo do que se trate deberán de cumprirse as normas de protección e posta e valor do presente capítulo e os proxectos técnicos que se redacten deberán de adaptarse as "Normas mínimas" establecidas no capítulo correspondente do presente Plan Especial, sen prexuízo das maiores restricións que a demais normativa de aplicación estableza. III.2. NORMAS XERAIS DE APLICACIÓN - Serán autorizables as actuacións das administración públicas encamiñadas a conseguir os obxectivos previstos no presente Plan Especial, sen prexuízo de necesidades de cumprir as Normas establecidas no Plan. - Queda prohibido en todo o ámbito do Plan Especial todo uso e construción que non garde relación cos obxectivos xerais e específicos ou as determinacións deste Plan Especial. - Queda prohibido dentro do ámbito do Plan Especial todo tipo de peches de parcelas que non estean enmarcados dentro de actuacións públicas adaptados ó presente Plan. - As novas aperturas de camiños ou pistas que se deban de realizar deberán de adaptarse ás condicións topográficas do terreo, coa menor alteración posible da paisaxe e minimizándose ou corrixíndose o seu impacto ambiental. - As construcións que fosen necesarias realizar por necesidades derivadas das determinación do presente Plan Especial e que deban de situarse dentro do ámbito do mesmo deberían cumprir as normas de adaptación ó ambiente: a) Nos lugares de paisaxe aberta ou natural, sexa rural ou marítima, ou nas perspectivas que ofrezan os conxuntos urbanos de características histórico-artísticas, típicos ou tradicionais e nas inmediacións das estradas ou camiños de traxecto pintoresco, non se permitirá que a situación, masa ou altura das construcións, muros e cerramentos, ou a instalación doutros elementos, limiten o campo visual para contempla-las belezas naturais, rompan a harmonía da paisaxe, desfiguren a perspectiva propia dela ou limiten ou impidan a contemplación do conxunto." b) A tipoloxía das construcións deberá ser congruente coas características do contorno e os materiais empregados para a renovación e acabado de fachadas e cubertas das edificacións e os cerramentos de parcelas deberán harmonizar coa paisaxe na que se vaian levar a cabo". - Relaciónase a continuación con carácter explicativo o tipo de actuacións permitidas: * Acondicionamento de sendas peonís, viais de tráfico restrinxido e similares (sendas, paseos, carril - bici,...). * Acondicionamento de área de recreo e aparcamento e de áreas de ocio vinculadas. * Sendeiros peonís de acceso. * Construcións sinxelas de servizos vinculados ós usos permitidos dentro do ámbito e sempre cumprindo os parámetros de adaptación o medio natural no que se sitúen. * Todas aquelas actuacións que se encadren dentro da consecución dos obxectivos e determinacións do presente Plan Especial. III.3. OBRAS PÚBLICAS E PROTECCIÓN DO ARBORIZADO. - En calquera obra ou traballo público ou privado que se desenvolva no ámbito e nas que as operacións das obras ou paso de vehículos e máquinas se realizan en terreos próximos a algunha árbore existente, que este previsto conservar, previamente ó comezo dos traballos, ditas árbores deben protexerse ó longo do tronco e na altura non inferior a 3 metros desde o chan e na forma indicada polo servizo municipal competente. Estas proteccións serán reiteradas unha vez acabada a obra. - Cando se abran ocos ou covas próximas ás plantacións de arborizado na vía pública, a escavación non deberá aproximarse o pé do mesmo máis dunha distancia igual a 5 veces o diámetro da árbore a altura normal (1,00 m) e, en calquera caso, esta distancia será sempre superior a 0,5 m. No caso de que non fora posible o cumprimento desta norma, requirirase autorización municipal antes de comezar as escavacións, co fin de arbitrar outras posibles medidas correctoras ou a autorización do director da obra se a obra é de promoción pública. - Naqueles casos en que, durante as escavacións, resulten alcanzadas raíces de grosor superior a 5 cm. deberán cortarse ditas raíces de forma que queden cortes limpos e lisos, cubríndose a continuación con calquera substancia cicatrizante. - Salvo urxencia xustificada e previo informe dos servizos municipais competentes, abriranse covas ou ocos próximos ó arborizado soamente en época de repouso vexetativo. III.4. VEHÍCULOS DENTRO DO ÁMBITO DO PLAN ESPECIAL - A entrada e/o circulación de vehículos no ámbito do Plan Especial regúlase de maneira específica a través da sinalización instalada a tal efecto nos mesmos. - As bicicletas poderán circular por paseos, parques e xardíns sen necesidade de autorización expresa, sempre que a influencia de público o permita e non causen molestias os demais usuarios da zona verde. A circulación das bicicletas será nesto casos limitada en canto a velocidade, non superando os 10 km/h. O concello poderá prohibir o uso da bicicleta nas zonas que considere necesario mediante a correspondente sinal. - Con caracter xeral os vehículos a motor (salvo o establecido para vehículos de inválidos) non poderán circular polo ámbito do Plan Especial. O concello poderá regular o paso de vehículos para os servizos necesarios. - Os vehículos de inválidos que desenrolen velocidades non superiores a 10 km/hora poderán circular polos paseos peonís dos parques e xardíns, sen ocasionar molestias ós paseantes. - Nos sendeiros peonís, parques e xardíns, espazos libres e zonas verdes, queda totalmente prohibido estacionar vehículos, fora dos lugares específicos sinalados e delimitados. IV. NORMAS MÍNIMAS PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS DE OBRAS INCLUÍDAS DENTRO DO ÁMBITO DO PLAN ESPECIAL. O trazado deseñarase seguindo criterios de implantación estritos e coherentes e tendo en conta os obxectivos e determinacións do presente plan Especial. Terase en conta, entre outras consideracións: a) Mínima ocupación do espazo de dominio público, con ocupación solo nos casos en que non existan alternativas viables ou que estas resulten desproporcionadas co fin que se persigue e sempre e cando non se ocupen zonas de especial valor ou que desvirtúen o borde costeiro. b) Farase prevalecer os intereses xerais de colectividade á hora de decidir sobre as posibles alternativas de trazado. c) A recuperación de espazos degradados do borde litoral será obxectivo prioritario. d) O trazado de senda e paseos que se sitúe sobre o borde do noiro litoral procurará establecer unha zona de transición de forma que o pavimento que se coloque non estea en contacto co noiro. e) O trazado adaptarase á topografía natural cas desviacións mínimas derivadas de aplicación da normativa vixente, fundamentalmente na referente a criterios de accesibilidade de persoas disminuidas. f) Respectaranse as árbores existentes no noiro. A tala do arborizado existente requirirá a comprobación de imposibilidade do seu mantemento mediante informe e autorización dos servizos técnicos municipais. g) Os trazados de paseos, sendas, e demais actuacións coidarán de efectuar as mínimas variacións sobre a composición paisaxística existente. h) Os materiais de acabados utilizados serán apropiados e adaptados ó medio onde se sitúen. i) Utilizarase unha iluminación cun nivel adecuado para garantir o transito pola zona, pero sen distorsionar o entorno. j) A elección de especies utilizada no axardinamento e plantación de novas especies estará condicionada polas características climáticas do ámbito, e tendo en conta a situación de proximidade ó borde litoral. V. CLASIFICACIÓN DO SOLO E ORDENANZA REGULADORA. O presente Plan Especial non modifica a clasificación do solo recollida no Plan Xeral, polo que todo o ámbito segue mantendo a actual clasificación de solo Urbano de Media Densidade, ca correspondente afección de servidume de Costas. Dentro deste solo, o ámbito definido polo Plan Especial engádese o Sistema local de Espazos, como "Borde litoral de Escarabote" cas seguintes características: DENOMINACIÓN: BORDE LITORAL DE ESCARABOTE TITULARIDADE: PÚBLICA SUPERFICIE APROXIMADA: 3.212,51 M2 CLASIFICACIÓN DO SOLO:URBANO Non se estima necesario establecer unha ordenanza específica para a zona xa que o ámbito inclúese na zona de servidume de costas suficientemente regulada, e por introducir ademais o presente Plan a estes efectos, as restricións necesarias en forma de normas de protección e posta en valor, e incluíndo as determinacións ás que deberán de axustarase os proxectos técnicos que se redacten, considerándose suficiente, ós efectos do obxecto do presente Plan Especial. En Boiro, 20 de setembro de 2006 O alcalde, Xosé Deira Triñanes.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Sen datos dispoñibles
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles