Boletin Oficial Provincial, 30-09-2006, Núm. 226, Páx. 50
ORDENANZA REGULADORA DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE FRIOL
Cumprindo o disposto no art. 70 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, faise público o acordo adoptado polo Pleno do Concello na sesión celebrada o 26 de xullo de 2006 e o texto da ordenanza reguladora do punto limpo do Concello de Friol.
“6.- ORDENANZA REGULADORA DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE FRIOL.- A continuación, polo Sr. Alcalde-Presidente dáse conta ó Pleno do Concello de que pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible comunicouse a entrega ó Concello de Friol da obra finalizada de construcción dun punto limpo. En cumprimento dos compromisos no seu día adquiridos o Concello asume a súa explotación, mantenemento e conservación. Para elo formúlase a ordenanza reguladora do funcionamento do punto limpo de Friol. Á vista do exposto e de que na Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, atribúese ó Pleno do Concello a aprobación de ordenanzas e regulamentos, proponse ó Pleno do Concello a aprobación da ordenanza do punto limpo de Friol.
Polo Sr. Alcalde-Presidente exponse que se trata dun texto elaborado por Secretaría, tomando como referencia as ordenanzas en vigor doutros Concellos e axeitando ás peculiaridades do noso Concello, así como as definicións de conceptos básicos para o seu funcionamento.
O Concelleiro do Grupo Socialista Sr. Martín Minguela responde que está dacordo co texto elaborado, non desexando engadir nada mais ó respecto.
Á vista de que non se desexan facer mais intervencións ó respecto, considerando que é competencia do Pleno a aprobación das ordenanzas locais, según o disposto na vixente lexislación reguladora das bases de réxime local, á vista da documentación obrante no expediente o Pleno do Concello, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes (nove votos a favor) ACORDA:
- A aprobación inicial da ordenanza reguladora do punto limpo de Friol, que se transcribe a continuación.
- Que se someta ó trámite de información pública no tablón de anuncios do Concello por un prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación de edicto no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que estimen oportunas, no devandito prazo.
- Que se de conta ó Pleno do Concello das reclamacións que se presenten, que se resolverán polo mesmo con carácter definitivo. No caso de non presentarse reclamacións, o acordo, ata entón provisional, elevarase a definitivo, sen necesidade de novo acordo plenario.
- Que o acordo definitivo e a o texto da ordenanza se publique no Boletín Oficial da Provincia, para a súa vixencia e posible impugnación xudicial, conforme ó previsto no art. 70 da Lei de Bases de Réxime Local.
ORDENANZA REGULADORA DO PUNTO LIMPO DO MUNICIPIO DE FRIOL.
TITULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS.
Artigo 1.- Obxecto e ámbito de aplicación.
1.- A presente regulamentación ten por obxecto regula-las actividades relacionadas coa posta en marcha e funcionamento do Punto Limpo de residuos do termo municipal de Friol.
2.- A titularidade e competencia do Punto Limpo é municipal e estará regulado de acordo ás disposicións legais e regulamentarias que existen sobre a materia. Para a explotación do mesmo, o Concello poderá acudir a calquera das formas de xestión directa ou indirecta establecidas na lexislación vixente.
Artigo 2.- Definicións.
Ós efectos da presente regulamentación enténdese por:
1.- Punto limpo: Son instalacións onde se efectúa a recepción transitoria, recollida, clasificación e acumulación de certos tipos de residuos sólidos urbanos. Os Puntos Limpos constitúen, polo tanto un sistema de recollida selectiva.
2.- Residuos reciclables: Aqueles materiais que poden ser reutilizados ou reciclados como materia prima, para que mediante un proceso, se obteña un producto distinto ou igual ó orixinal.
3.- Provedor: Persoa natural ou xurídica que fai entrega dos residuos reciclables no Punto Limpo.
Artigo 3.- Obxectivos.
Os obxectivos principais do Punto Limpo son os seguintes:
1.- Aproveita-los materiais contidos nos residuos que son susceptibles dun reciclaxe directo, conseguindo con elo, un aforro enerxético e de materias primas e reducindo o volume de residuos a eliminar.
2.- Servir ós cidadáns como centro de depósito voluntario para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario, evitando o vertido incontrolado de voluminosos que non poden ser eliminados polos servizos de recollida de lixo.
3.- Ofrecer unha forma sinxela de desfacerse de residuos que polas súas características non poden ou non deben ser xestionados a través dos sistemas tradicionais de recollida, separando os residuos perigosos xerados no fogar dos que a eliminación conxunta co restos dos lixos urbanos ou o seu vertido á rede de saneamento representaría un risco para o medio ambiente e a saúde pública.
4.- Buscar unha mellor solución para cada tipo de residuos co fin de consegui-la máxima valoración dos materiais e o custe mínimo da xestión global.
Artigo 4.- Responsabilidade.
O Concello de Friol adquire a titularidade dos residuos entregados polo provedor, que destinará á súa eliminación, valoración e/ou reciclaxe.
En relación cos residuos admitidos no Punto Limpo o Concello xestionará con empresas con acreditación de xestor autorizado para os mesmos. Nos supostos que o Concello o estime conveniente poderá celebrar acordos ou convenios con empresas privadas que por razón da súa magnitude, capacidade técnica e económica resulten beneficiosos para a prestación e xestión do servicio.
Artigo 5.- Prestación do servizo.
Para a utilización do Punto Limpo do Concello de Friol terase en conta que:
1.- Soamente se admiten residuos xerados por particulares.
2.- Prohíbese a entrada de residuos de orixe industrial. As actividades industriais deberán xestionar os seus propios residuos a través de xestores autorizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.
TITULO II. IDENTIFICACIÓN DE RESIDUOS E XESTIÓN.
Artigo 5.- Tipoloxía de residuos.
No punto limpo admitiranse os seguintes residuos:
1.- Residuos comúns:
a) Papel e cartón.
b) Vidro: Botellas e cristais varios.
c) Envases de plástico, bricks e latas.
d) Restos metálicos de fogares.
e) Electrodomésticos sen CFC.
f) Residuos voluminosos (mobles, colchóns, etc).
g) Cascotes de pequenas obras.
h) Ferralla.
i) Plásticos non agrícolas.
2.- Residuos especiais:
a) Disolventes, pinturas e vernices.
b) Pilas.
c) Fluorescentes.
d) Electrodomésticos con CFC.
e) Aceites minerais ou vexetais, usados procedentes de particulares.
Artigo 6.- Xeitos de presentación dos residuos.- Para a recollida dos residuos anteriormente mencionados, estes deberán entregarse de acordo a unhas normas de presentación, que son:
1.- Papel e cartón.- As caixas de cartón deberanse abrir e comprimir para reduci-lo volume dos residuos. Así mesmo, o papel deberase presentar en bolsas ou caixas cerradas para evita-lo esparexemento.
2.- Vidro, fluorescentes e cristais varios.- Os residuos de cristais deberán acondicionarse de tal xeito que se evite a rotura e poida ocasionar riscos de seguridade para as persoas encargadas da manipulación dos residuos.
3.- Pilas. Deberanse separar os diferentes tipos de pilas, ben sexa de botón, salinas ou alcalinas.
4.- Terras e escombros. Debido a natureza destes residuos, deberanse presentar en sacos ou bolsas de plástico cerrados de 25 quilos máximo.
5.- Aceites vexetais, pinturas ou vernices, presentaranse en garrafas ou botellas de plástico. Tomaranse as medidas necesarias para evitar derrames, sobre todo en caso de transvasamentos. Estes residuos non se poderán mesturar con aceite de maquinaria, motores de vehículos ou de características diferentes.
6.- Plástico vexetal. Presentarase libre de restos orgánicos e debidamente pregado para reduci-lo seu volume.
7.- Poda e restos vexetais. Na medida do posible a lonxitude das ramas non excederá dun metro.
8.- Frigoríficos e electrodomésticos con C.F.C. Entregaranse sen que se produza a rotura do circuíto de refrixeración.
Artigo 7.- Cantidades máximas admisibles de residuos.- Se a capacidade do Punto Limpo se ve comprometida o Concello pode establecer, durante o período de tempo imprescindible unha limitación das cantidades admisibles por cada tipo de residuos e por cada particular ó día do seguinte xeito:
1.- Papel e cartón. Admitiranse un máximo de 20 quilos.
2.- Vidro e cristais varios. Admitiranse un máximo de 20 quilos.
3.- Terras e escombros. Admitiranse un máximo de 25 quilos.
4.- Aceites de motor e vexetais. Admitirase un máximo de 5 litros.
5.- Aerosois. Admitirase un máximo de 10 unidades.
6.- Frigoríficos. Admitirase un máximo de 1 unidade.
7.- Madeiras. 60 quilos ou un moble.
8.- Pinturas. Admitirase un máximo de 1 quilo.
9.- Electrodomésticos. Admitirase un máximo de 2 unidades.
10.- Fluorescentes. Admitirase un máximo de 3 unidades.
11.- Colchóns.- admitirase un máximo de unha unidade.
12.- Plásticos.- admitiranse un máximo de 25 quilos.
Artigo 8.- Descricións das instalacións.
As instalacións onde se atopa o Punto Limpo consiste nun recinto cerrado, valado e equipado con contedores para os distintos tipos de residuos. O devandito recinto componse dunha zona de recepción e unha zona de acumulación dos residuos.
A zona de recepción encóntrase xunto á entrada da instalación e nela hai unha pequena caseta para control e información ós usuarios. A través da zona de recepción accedese á zona de acumulación de residuos onde se atopan os diferentes contedores específicos para cada tipo de residuo.
A zona de acumulación dispón de espacio suficiente para realiza-las actividades de descarga dos residuos, podendo manobrar correctamente, tanto os vehículos particulares, como os vehículos recolledores dos residuos.
Os contedores levan un letreiro visible que indica o nome do material que se pode depositar no seu interior.
Artigo 9.- Funcionamento e xestión.
1 .- Para que o servicio que se presenta no Punto Limpo sexa o correcto, é necesario que os usuarios aporten os residuos previamente separados e os depositen nos contedores específicos para cada fracción.
2.- Tódalas entregas por parte dos usuarios serán anotadas polo encargado nun Libro de Rexistro para o control interno no que constarán :
- Identificación completa do usuario mediante a exhibición do seu D.N.I.
- Natureza dos residuos.
- Licenzas de obras (no seu caso).
- Licenza de actividade cando os residuos proveñan de establecementos comerciais.
- Acreditación do pago dos impostos e taxas municipais.
3.- Así mesmo, o responsable anotará no Libro de Rexistro os seguintes datos:
- Natureza, destino e data de retirada dos productos evacuados.
- Incidencias e reclamacións.
- Facturación.
- Documentación de transporte.
4.- Tódolos datos quedan, en todo caso, sometidos ás normas xenerais de protección de datos persoais, sen que os mesmos poidan ser utilizados para outros fines que non sexan os propios do servicio.
5.- O usuario accederá á zona de acumulación onde depositará os residuos no seu correspondente contedor.
6.- Antes de que os contedores se atopen cheos de residuos, os operarios do Punto Limpo darán aviso ós xestores ou transportistas designados para a retirada e traslado dos residuos ás diferentes instalacións de reciclaxe ou centros de eliminación, en tanto non existan instalacións para o seu reciclaxe.
7.- As instalacións do Punto Limpo deben permanecer en boas condicións de hixiene e salubridade pública. Para o que, os operarios deben controlar que o depósito de residuos se realice de xeito correcto, evitando a caída de residuos fora dos contedores e retirando calquera material que dificulte o tránsito dos vehículos e o depósito dos residuos.
O punto Limpo estará equipado de acordo ó risco intrínseco da actividade de almacenamento coas instalacións de protección de incendios que corresponda ó tamaño da instalación e segundo as características fixadas na normativa. Deberán adoptarse as medidas necesarias para evitar calquera tipo de accidente e os materiais e equipos deberán cumprir coas prescricións legais.
9.- O encargado do Punto Limpo poderá rexeitar aqueles residuos que cando pola súa natureza o volume non poidan ser admitidos de acordo coa presente ordenanza.
Artigo 10.- Horario.
O Punto Limpo abrirá os luns de 16.00 a 20.00 horas ininterrompidamente. Calquera cambio nestes horarios será acordado polo Alcalde-Presidente e comunicado mediante Bandos.
Artigo 11.- Prohibicións.
Prohíbense ós seguintes aspectos:
1.- Depositar residuos non permitidos por esta norma.
2.- Depositar mesturas ós diferentes residuos.
3.- Depositar residuos fora do contedor específico.
4.- Depositar cantidades de residuos superiores ás admisibles por esta norma.
5.- Ocultar residuos de carácter perigoso dentro de bolsas ou sacos.
6.- Abandoar residuos de calquera tipo na porta das instalacións, fora do horario de funcionamento de Punto Limpo.
7- Calquera tipo de incineración de residuos dentro do punto limpo.
8.- Fumar dentro das instalacións.
TITULO III. RÉXIME SANCIONADOR.
Artigo 12.- Infraccións.
Calquera incumprimento das normas da presente ordenanza considerarase unha infracción que se tipificarán de acordo coa natureza do acto en leves e graves.
1.- Considerarase infraccións leves.
a) Entregar residuos non procedentes de domicilios particulares, salvo o relativo a entregas de aceites para establecementos comerciais e terras e escombros orixinados en obras menores.
b) Depositar calquera outro tipo de residuo de orixe domicilio que non se encontre establecido na presente ordenanza.
c) Depositar mesturados os diferentes residuos.
d) Depositar residuos fora do contedor específico.
e) Depositar cantidades de residuos superiores ás admisibles por esta ordenanza.
2.- Considerarase infraccións graves.
a) Ocultar e depositar residuos de carácter perigoso dentro de bolsas ou sacos.
b) Abandonar residuos de calquera tipo na porta das instalacións, fora do horario de funcionamento do punto limpo.
Artigo 13.- Sancións.
1.- Os usuarios que efectúen infraccións leves estarán na obriga de restituí-lo dano causado ou prohibiráselles a entrega de residuos, podendo impoñerse unha multa de ata 750 euros.
2.- Os usuarios que comentan infraccións graves estarán na obriga de restituí-lo dano causado ou prohibiráselles a entrega de residuos, podendo impoñerse unha multa de ata 1.500 euros.
3.- As sancións graduaranse atendendo a:
a) Grao de intencionalidade.
b) Gravidade do dano producido.
c) Grao de malicia, participación e beneficio obtido.
d) Irreversibilidade do dano producido.
e) Categoría do recurso afectado
f) Natureza do residuo.
g) Reincidencia.
h) Perigo para a saúde e integridade das persoas, animais ou bens.
O que se fai público facendo constar que contra o presente acto, que pon fin á vía administrativa, de conformidade co establecido no art. 23 da Lei da Xurisdición contencioso administrativa, poderase interpor recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que comenzarán a contarse a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOP. Todo elo sen perxuicio da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno.
Friol, 18 de setembro de 2006.- O ALCALDE, ilexible.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Rango legal
Ordenanzas e edictos
Clasificación
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

| NOME DO DOCUMENTO | TÍTULO | DESCARGAR | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |