Boletin Oficial Provincial, 24-01-2007, Núm. 19, Páx. 11
ORDENANZA MUNICIPAL DE VERTIDOS E USO DO SISTEMA PÚBLICO DE SANEAMENTO EN BAIXA
Téndose elevado a definitivo, ó non presentarse reclamacións, o acordo de aprobación provisional, adoptado polo Pleno da Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día dezaseis de novembro do ano 2006, a ordenanza de vertidos e uso do sistema público de saneamento en baixa deste Concello de Begonte, publícase o texto íntegro do mesmo en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases do réxime local.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.
O artígo 45 da Constitución Española outorga a todos o dereito de disfrutar de un medio ambiente adecuado impoñendo o deber xeral de conservalo. Obriga a tódolos poderes públicos a velar pola «utilización racional dos recursos naturais coa fin de protexer e mellorar a calidade da vida e defender restaurar o medio ambiente, apoiándose na indispensable solidaridade colectiva»; establece que aqueles que violen o disposto anteriormente, nos términos que a lei fixe, serán sancionados, penal o administrativamente, e estarán obrigados a reparar o dano causado.
O artígo 25 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, establece que o municipio exercerá competencias, nos términos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en diversas materias en relación co medio ambiente; o artículo 26 obriga ós municipios a prestar, en todo caso, por sí ou asociados, entre outros, os servicios "...alcantarillado ou rede de sumidoiros...". Esta obriga prestacional vén así mesmo recollida no artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
A Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de Sanidade, atribúe no seu artigo 42, competencia ós municipios en materia de depuración de augas residuais.
No uso da potestade normativa recoñecida polo artigo 4 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local e ó abeiro do previsto polos artigos 30, 33 e 34 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais; no marco da lexislación do Estado - nomeadamente o texto refundido da Lei de Augas, aprobado por Real Decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo - e da Comunidade Autónoma de Galicia, o Concello de Begonte aproba a presente ordenanza xeral, co obxecto de regular o uso do servizo municipal de saneamento en baixa de augas residuais e os vertidos ó mesmo.
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.- Obxecto
A presente ordenanza ten por obxecto regula-lo uso do servizo público municipal de saneamento en baixa de augas residuais, integrado básicamente pola rede municipal de sumidoiros e estacións depuradoras de augas residuais, e fundamentalmente a producción de vertidos a dito sistema.
Artigo 2.- Finalidades
A ordenanza reguladora de vertidos e uso do sistema público de saneamento en baixa díctase para contribuir a acada-las finalidades seguintes:
a) Regula-lo uso e o control dos sistemas públicos de saneamento de xeito que se garantice o bon funcionamento das obras e equipos que os constitúen.
b) Garantir mediante os tratamentos previos axeitados que as augas residuais industriais que se verten ós sistemas cumpran os límites estabrecidos nesta ordenanza e nos permisos preceptivos.
c) Garantir que os vertidos das plantas de tratamento - fosas sépticas e EDARs municipais - cumpren as esixencias estabrecidas na normativa vixente, para que non comporten efectos nocivos sobre o medio receptor e a saúde das persoas.
Artigo 3.- Ámbito de aplicación
A presente ordenanza aplícase ós vertidos de augas residuais de calquera orixe que se produzan á rede de sumidoiros municipal do Concello de Begonte.
Artigo 4.- Definicións
Ós efectos desta ordenanza, entendese por:
a) Sistema público de depuración de augas residuais urbanas: conxunto de bens de dominio público constituído polas estacións depuradoras de augas residuais, as estacións de bombeo, e as redes de colectores xerais asociados.
b) Redes de colectores xerais: aquelas instalacións que discorren dende os puntos de entronque das redes de sumidoiros, conducindo directamente (por gravidade ou por bombeo) as augas residuais recollidas ata a estación depuradora.
c) Sistema público de saneamento en baixa: o conxunto de bens de dominio público constituído pola redes municipais de sumidoiros e as demáis instalacións que, de acordo coa vixente normativa en materia de réxime local, son de competencia municipal.
d) Augas residuais urbanas: as augas residuais domésticas ou a mestura delas coas augas residuais non domésticas e/ou con augas de escorrentía pluvial.
e) Augas residuais domésticas: as augas residuais procedentes dos usos particulares das vivendas, xeradas principalmente polo metabolismo humano e as actividades domésticas non industriais, comerciais, nin agrogandeiras.
f) Augas residuais non domésticas: as augas residuais vertidas dende estabrecementos nos que se efectúe calquera actividade comercial, industrial, agrícola ou gandeira.
g) Augas blancas: as augas que non foron sometidas a ningún proceso de transformación de xeito que a súa capacidade potencial de perturbación do medio é nula e que, polo tanto, non deben ser conducidas mediante os sistemas públicos de saneamento. As augas pluviais terán carácter de augas blancas ou de augas residuais urbanas en función do seu percorrido de escorrentía.
h) Usuarios domésticos: aqueles que verten augas residuais domésticas, na definición da letra e) anterior.
i) Usuarios non domésticos: aqueles que verten augas residuais non domésticas, na definición da letra f) anterior.
CAPÍTULO II. UTILIZACIÓN DO SISTEMA DE SANEAMENTO EN BAIXA
Artigo 5.- Condicións previas para a conexión
Para a conexión dun usuario ó sistema público de saneamento en baixa é necesario que a rede se atope en servicio e que o vertido do usuario cumpra as condicións estabrecidas nesta ordenanza.
Artigo 6.- Requisitos e características básicas da acometida ó sistema
1. O Concello de Begonte estabrecerá os requisitos e características físicas das acometidas ó sistema de augas residuais non domésticas, respetando o seguiente contido mínimo:
a) Plano da rede de desaugue do interior do edificio en planta e alzada, a escalas respectivas 1:100 e 1:50, detallando expresamente os sifóns xerais e a ventilación aérea.
b) Descrición das disposicións e dimensións axeitadas para un correcto desaugue, especificando o material, diámetro e pendente lonxitudinal.
c) Instalación dun sifón xeral en cada construcción ou instalación onde se produzan augas residuais non domésticas, para evita-lo paso de gases. Entre a acometida da conducción e o sifón xeral do edificio dispoñerase dunha tubería de ventilación, sen sifón nin peche, á que poderán conducirse as augas pluviais sempre que, respetando a ventilación, os puntos laterais de recollida estean axeitadamente protexidos por sifóns ou reixas antimúridos.
2. Todo estabrecemento que verta augas residuais non domésticas deberá ubicar, antes da conexión ó sistema e en todas e cada unha das conexións que posúa, unha arqueta de rexistro libre de calquera obstáculo e accesible en todo momento ós servicios competentes para a obtención de mostras e medición de caudais.
3. Na devandita arqueta deberá dispoñerse, cando o permiso de vertido así o estabreza, dun elemento de aforo cun rexistro totalizador para a determinación exacta do caudal do efluente vertido. Cando os volumes de auga consumida e os volumes de auga vertida sexan aproximadamente os mesmos, a medición da lectura do caudal de auga de abastecemento poderá utilizarse como aforo do caudal vertido.
4. Os estabrecementos deberán procura-la unificación dos vertidos xerados polos procesos productivos e, ó mesmo tempo, respetarán as redes separativas- cando existan - de xeito que non poidan verte-las augas pluviais na rede interna de augas residuais, e viceversa.
5. As obras de acometida ó sistema de saneamento están suxeitas ás prescricións da normativa urbanística que resulte aplicable.
6. Tódolos gastos derivados das actuacións de conexión ó sistema, así como os da súa conservación e mantemento, serán a cargo do usuario.
7. As acometidas de vertidos domésticos deberán executarse, logo da autorización regulada no artigo 7.2 desta ordenanza, por instalador autorizado e baixo a supervisión de persoal municipal.
Artigo 7.- Condicións para a utilización do sistema público de saneamento.
1. Quedan obrigados a obter permiso de vertido ó sistema público de saneamento a respeta-las prohibicións e limitacións estabrecidas nos anexos I e II, respectivamente, desta ordenanza os seguintes usuarios:
a) Os usuarios non domésticos cuxa actividade estea comprendida nos epígrafes C, D, DD, DH, E, F e H do CNAE-93.
b) Os usuarios cuxo vertido sexa superior a 3.000 metros cúbicos anuais, ou ben aquelos cun volume de vertido inferior pero que orixinen contaminación especial nos termos do artigo 40.4 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia.
2. O resto de usuarios cuxa actividade xenere augas residuais domésticas quedan suxeitos ás regulamentacións que dicte o Concello, e en todo caso ás prohibicións estabrecidas no anexo I desta ordenanza. Nestes supostos, con carácter xeral a sinatura do contrato de abstecemenrto de auga levará consigo a autorización de acometida a rede de sumidoiros e a alta do usuario neste servizo.
Artigo 8.- Prohibicións e limitacións
1. Está prohibido:
a) O vertido ó sistema de saneamento das sustancias relacionadas no anexo I desta ordenanza.
b) A dilución para acada-los niveis de emisión que permitan o seu vertido ó sistema, agás nos supostos de emerxencia ou de perigo inminente e, en todo caso, previa comunicación ó Concello.
c) O vertido de augas blancas ó sistema cando poida adoptarse unha solución técnica alternativa por existir no entorno da actividade unha rede separativa ou ben unha canle pública. Noutro caso, deberase obter un permiso específico do Concello de Begonte para realizar estes vertidos.
2. Os vertidos non domésticos que conteñan sustancias das relacioadas no anexo II desta ordenanza deberán respeta-las limitacións alí estabrecidas, sen que poida admitirse a dilución para acada-los devanditos límites.
Artigo 9.- Permiso de vertido
1. O permiso de vertido ó sistema público de saneamento en baixa outorgase polo Concello de Begonte ós usuarios indicados no artigo 7.1.
2. O outorgamiento do devandito permiso faculta ós mencionados usuarios para realizar vertidos de augas residuais ó sistema público de saneamento nas condiciónes que neles se estabrezcan.
Artigo 10.- Solicitude
Antes de efectuar ningún vertido de augas residuais ó sistema, os titulares das actividades indicadas no artigo 7.1 deben solicitar do Concello de Begonte o correspondente permiso de vertido, e a estes efectos aportarán a documentación que se indica no anexo III desta ordenanza.
Artigo 11.- Procedemento
1. O procedemento para a obtención do permiso de vertido no caso de actividades comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control intregrados da contaminación, ou, no seu caso, na normativa de execución que aprobe a Comunidade Autónoma de Galicia, será o estabrecido nas mencionadas normas.
2. Noutro caso, serán de aplicación as normas do procedemento administrativo común.
3. En ningún caso é posible a obtención do permiso de vertido por silencio administrativo.
Artigo 12.- Contido do permiso de vertido
1. A resolución de outorgamiento do permiso de vertido ó sistema público de saneamento que dicte o Concello de Begonte incluirá, como mínimo, os seguintes extremos:
a) Os límites máximos admisibles das características cualitativas do vertido.
b) Os límites cuantitativos do volumen do vertido, indicando o caudal medio e o caudal máximo en metros cúbicos por hora, ou, no seu caso, por día.
c) A obriga de instalar, no prazo máximo dun mes dende a notificación da resolución, unha arqueta que permita o aforo e a toma de mostras do vertido.
d) A obriga de instalar na devandita arqueta un elemento de aforo do caudal de vertido, cando este e o caudal de abastecemento sexan diferentes.
e) Duración do permiso.
2. O permiso de vertido ó sistema poderá, ademáis, estabrecer limitacións, condicións e garantías en relación a:
a) Horario de vertido.
b) Definición das instalacións de tratamento previo do vertido que resulten necesarias para acada-las condiciones impostas, e prazo de execución delas.
c) No seu caso, excepcións temporais dos requerimentos do anexo II, sempre que se aprobe un programa que garantice o seu cumprimento nun plazo non superior a un ano dende a notificación da resolución; ou ben excepcións motivadas pola baixa saturación do sistema, tendentes a aproveitar ó máximo a súa capacidade de depuración, e sempre delimitadas no tempo e na carga.
d) Realización de autocontrois por parte do titular del permiso, nos supostos de vertidos que comporten un risco elevado de impacto sobre o sistema de saneamento.
e) As demáis que estabreza o Concello de Begonte.
3. En ningún caso o outorgamento do permiso de vertido pode compromete-la consecución dos obxectivos de calidade do medio receptor do efluente depurado do sistema de saneamento.
4. O contido e as prescripcións do permiso de vertido que se outorgue a unha actividade incluída no ámbito da Lei 16/2002 do 1 de xullo, de prevención e control intregrados da contaminación, integraranse na resolución que poña fin ó procedemento sinalado na devandita Lei.
5. A inspección, vixilancia e control do cumprimento das condicións do permiso de vertido corresponde ó Concello de Begonte, como Administración xestora do sistema.
Artigo 13.- Revisión do permiso de vertido
1. Sen prexuízo do disposto na Lei 16/2002, o permiso de vertido ó sistema deberá revisarse cando se produza algún cambio significativo na composición ou no volume do vertido, cando se alteren sustancialmente as circunstancias do momento do seu outorgamiento, ou cando sobreveñan outras que xustificarían a súa denegación ou o seu outorgamento en termos diferentes.
2. En todo caso, procederase á revisión do permiso:
a) Cando a carga contaminante vertida por unha actividade resulte significativa en relación co total tratado polo sistema e poida dificulta-la súa depuración nas condicións axeitadas.
b) Cando o efecto aditivo de vertidos das mesmas características poida dificulta-lo tratamento do sistema nas devanditas condicións axeitadas.
3. No caso de que a revisión comporte a modificación das condicións do vertido ó sistema, o Concello de Begonte poderá conceder ó titular do permiso un prazo de adaptación que non excederá dun ano a contar dende a aprobación da revisión.
4. En ningún caso a revisión do permiso de vertido comporta para o seu titular dereito a indemnización ningunha.
Artigo 14.- Revogación do permiso de vertido
O permiso de vertido ó sistema poderá ser revogado nos seguintes supostos:
a) Como consecuencia da revogación da autorización ou licencia que permita o desenvolvemento da actividade que causa o vertido.
b) Por incumprimento dos requerimentos efectuados para adecua-lo vertido ás condicións estabrecidas no permiso.
c) Como medida anudada a unha sanción.
Artigo 15.- Obrigas do titular do permiso de vertido
1. O titular do permiso de vertido debe cumpli-las obrigas seguintes:
a) Comunicar de xeito inmediato ó Concello de Begonte, ou no seu caso á concesionaria explotadora do sistema, calquera avería do proceso productivo ou das súas instalacións de pretratamento que poida afectar negativamente á calidade do vertido ó sistema.
b) Comunicar de xeito inmediato ó Concello de Begonte calquera circunstancia futura que implique unha variación das características cualitativas e/ou cuantitativas do vertido, ós efectos de proceder, no seu caso, á revisión do permiso.
c) Adapta-la súa actividade e as súas instalacións ás medidas e actuacións que resulten do plan de emerxencia e seguridade do sistema, unha vez sexa aprobado polo Concello de Begonte.
2. Cando se produza unha descarga ó sistema debida a caso fortuito, o titular do permiso de vertido está obrigado a:
a) Comunica-la descarga ó Concello de Begonte, ou no seu caso á concesionaria explotadora do sistema, especificando a identificación e ubicación da actividade, hora e causa da descarga, caudal e materias vertidas e as medidas adoptadas.
b) Adopta-las medidas necesarias para minimiza-los efectos negativos e os danos que poidan ocasionarse ó sistema.
Artigo 16.- Censo de vertidos ó sistema
1. O Concello de Begonte levará un censo de vertidos ó sistema no que inscribirá os vertidos sometidos a permiso, e no que constarán, como mínimo, os seguintes extremos:
a) Nome, enderezo, CNAE e NIF do titular do permiso.
b) Datos básicos do caudal de auga de abastecemento y de vertido.
c) Condicións básicas do permiso.
d) Situación administrativa do permiso.
2. O censo de vertidos estará a disposición da Administración hidráulica de Galicia e da Administración hidráulica do Estado.
Artigo 17.- Vertido mediante camións cisterna
1. Para efectuar vertidos ás instalacións de saneamento mediante vehículos cisterna será necesario que, sen prexuízo dos permisos ou autorizacións esixibles de conformidade coa lexislación aplicable en materia de residuos, o posuidor do vertido obteña un permiso especial outorgado polo Concello.
2. Os vertidos mediante camións cisterna deberán respeta-las prohibicións e limitacións estabrecidas nos anexos I e II desta ordenanza.
3. Exceptúanse das obrigas do apartado anterior os vertidos procedentes de foxas sépticas ou das limpezas dos sistemas públicos de saneamento, no referente ós parámetros DQO, DBO, MES, sulfuros, aceites e graxas, así como as diferentes formas de nitróxeno e fósforo contempladas no anexo II desta ordenanza.
4. En todo caso, a incorporación dos vertidos aportados por camións-cisterna pautarase dacordo coas indicacións ó respecto do responsable da estación depuradora, coa finalidade de evitar calquera alteración do proceso.
5. En ningún caso poderanse descargar camións-cisterna en estacións depuradoras que se atopen saturadas en canto á carga contaminante a tratar.
6. Tódolos vertidos de camións-cisterna deberán figurar nun rexistro a cargo do Concello de Begonte, ou no seu caso da compañía explotadora do sistema, no que constarán, polo menos, a identidade do transportista, o volume descargado e a súa procedencia.
CAPÍTULO III. INSPECCIÓN E CONTROL
Artigo 18.- Función inspectora
A función inspectora corresponde ó Concello de Begonte, en tanto que Administración xestora, respecto das instalacións ó seu cargo, e exércea:
a) Directamente, a través dos seus propios órganos que teñan atribuídas as funcións inspectoras.
b) Por medio de empresas ou profesionais colaboradores contratadas ó efecto ou debidamente acreditadas.
Artigo 19.- Obxecto e inicio da inspección
1. Poden ser obxecto de inspección as actividades ou instalacións cuxos vertidos poidan afectar ó sistema de depuración de augas residuais ou ó sistema de saneamento en baixa.
2. A actuación inspectora iniciase:
a) De oficio, ben sexa por iniciativa do órgano competente ou por orden superior.
b) Por propia iniciativa do persoal inspector, cando aprecie un posible incumprimento das normas reguladoras dos vertidos.
c) En virtude de denuncia.
Artigo 20.- Dereitos do persoal inspector.
No exercicio da súa función, o personal inspector poderá:
a) Acceder ás instalacións que xeneran vertidos de augas residuais ou que poidan supoñer un risco de afección ás infraestructuras públicas, incluindo o acceso á propiedade privada, sempre que non constitúa domicilio das persoas.
b) Efectuar notificacións e realizar requerimentos de información e documentación ou de actuacións concretas para a adecuación e mellora dos vertidos de augas residuais.
c) Proceder á toma de mostras de augas residuais e, no seu caso, de augas de proceso.
d) Proceder á toma de fotografías ou outro tipo de imaxes gráficas, sen prexuízo do dispuesto na vixente normativa sobre segredo industrial.
e) Levar a cabo calquera outra actuación tendente a averigua-la orixe dos vertidos, o seu grao de contaminación e a súa afección sobre os sistemas de saneamento.
Artigo 21.- Deberes do persoal inspector.
O persoal inspector está obrigado en todo momento a:
a) Observa-lo respeto e consideración debidos ás persoas interesadas, previa identificación e acreditación da súa personalidade.
b) Informar ós interesados, cando así sexan requeridos, dos seus dereitos e deberes en relación cos feitos obxecto da inspección, así como das normas que deben cumpli-los titulares dos vertidos.
c) Obter toda a información necesaria respecto dos feitos obxecto de inspección e dos seus responsables, accedendo, se é necesario, ós rexistros públicos existentes.
d) Gardar sixilo profesional e observar segredo respecto dos asuntos que coñeza por razón do seu cargo e actividade pública.
Artigo 22.- Desenvolvemento da actividade inspectora
1. Cando o inspector se persoe no lugar no que radiquen as instalacións a inspeccionar poñerá en coñecemento do seu titular o obxecto das actuacións, previa identificación mediante exhibición do documento que lle acredite para o exercicio das súas funcións inspectoras, no que constarán a súa adscrición ó Concello de Begonte, o seu nome e apelidos e o número do documento nacional de identidade.
2. As actuacións inspectoras realizaránse en presencia do titular das instalacións. No caso de persoas xurídicas, consideraráse o seu representante a quen legalmente ostente dita condición. No caso de ausencia do titular ou representante, as actuacións entenderánse con calquera persona presente nas instalacións, facendo consta-la súa vinculación con elas. Non será obstáculo para a realización das actuacións a negativa ou imposibilidade do titular ou representante de estar presente durante a súa práctica, sempre que así se faga constar nas actuacións que documenten a inspección.
3. O interesado está obrigado a permiti-lo acceso do persoal inspector ás instalacións e a toma de mostras e medicións, e a suministrar a información que se lle requira en relación cos feitos inspeccionados.
4. No caso de obstaculización das actividades inspectoras, o inspector o fará constar así e poderá proceder á toma de mostras de augas residuais dende o exterior do recinto das instalacións, ou ben poderá desistir delo.
Artigo 23.- Documentación das actuacións inspectoras.
1. As actuacións inspectoras documentaranse nunha acta, na que constarán como mínimo os datos indicados no anexo IV da presente ordenanza, e na que tanto o inspector como o interesado poderán facer consta-las observacións que consideren oportunas.
2. No caso de que o comparecente se negue a asina-la acta ou a recibi-la mostra contradictoria, o inspector o fará constar así, autorizando a acta coa súa sinatura e entregando unha copia ó interesado, deixando igualmente constancia no caso de que iste se negara a recibila.
3. Os feitos constatados nas actas terán valor probatorio, cos efectos previstos na vixente normativa xeral de procedemento administrativo.
4. No caso de que o levantamento ou sinatura da acta se produzan sen a presencia do titular ou representante do estabrecemento productor do vertido, notificaráselle o documento ós efectos de que poidan presentar cantas alegacións e probas consideren convintes no prazo de dez días.
Artigo 24.- Toma de mostras.
A toma de mostras de augas residuais levarase a cabo de acordo co seguinte procedemento.
1. Punto de toma de mostras. A mostra tomarase da arqueta de rexistro, se existe, ou no seu defecto no último punto accesible de saída das augas residuais das instalacións de producción ou tratamento, previo á incorporación ás redes de saneamento e a calquera dilución.
2. Preparación da mostra. Para a obtención da mostra tomarase nun recipiente unha cantidade de efluente suficiente para poder dividila en tres submostras en senllos recipientes de material axeitado ás determinacións analíticas que se vaian realizar. Os recipientes enxaugaranse previamente co mesmo efluente obxecto da mostraxe.
3. As mostras así obtidas precintaranse e identificaranse, quedando dúas en poder do inspector, a primera para efectua-las determinacións analíticas e a segunda para a práctica dunha eventual análise dirimente, e a terceira ofrecerase ó interesado, ós efectos de que poida proceder, se o estima oportuno, á práctica da análise contradictoria.
4. A natureza dos envases, a súas condicións de preservación, así como os métodos analíticos dos diferentes parámetros serán os que figuran no anexo V da presente ordenanza.
5. Poderá prescindirse da toma de mostras para determina-las súas características contaminantes cando se trate de vertidos de natureza inequívocamente doméstica ou gandeira que non dispoña de tratamento e o persoal inspector así o faga constar expresamente na acta, indicando, no caso de vertidos gandeiros, a especie animal á que pertencen.
Artigo 25.- Práctica das análises.
1. Para a práctica da análise inicial e do contradictorio deberá entregarse ó laboratorio de que se trate a mostra correspondente, debidamente conservada a temperatura non superior a 4 graos centígrados, no prazo máximo de 72 horas dende a toma de mostras, ós efectos de inicia-lo procedemento de análise nese prazo.
2. As determinacións analíticas da mostra inicial e da contradictoria levaranse a cabo en entidades colaboradoras da Administración debidamente acreditadas, ou ben en laboratorios de recoñecida solvencia contratados polo Concello.
3. O laboratorio ó que se encargara a práctica da análise inicial deberá entrega-los resultados ó Concello no prazo de vinte días naturais dende o depósito da mostra, procedindo este a comunicalos de xeito inmediato ó interesado.
4. A folla de resultados analíticos, tanto na análise inicial como na contradictoria, expresará en todo caso a data de recepción da mostra, de inicio y de remate da análise, así como os métodos analíticos empregados. No seu caso, farase constar igualmente o estado de conservación da mostra á súa chegada ó laboratorio.
5. Pola súa parte, o interesado deberá comunicar ó Concello os resultados da análise contradictoria en canto dispoña deles.
6. A práctica da análise dirimente, a solicitude de calquera das partes, levarase a cabo no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, creado por Decreto 164/1999, sempre que este dispoña de capacidade técnica e de persoal para analiza-los parámetros de que se trate. No caso de non dispoñer dos medios necesarios, o Concello designará outro laboratorio para a realización do ensaio dirimente. Námbolos dous casos, a Administración xestora comunicará ó interesado con antelación suficiente o lugar, data e hora onde se levará a cabo, ós efectos de que poida estar presente nas operaciones, asistido, se o estima oportuno, de persoal técnico. En ningún caso tomarase en consideración a petición de análise dirimente transcorridos dous meses dende a data da toma de mostras.
7. Os gastos xerados pola práctica da análise contradictoria irán sempre a cargo do interesado. Os gastos da análise dirimente irán a cargo do Concello de Begonte ou do interesado, respectivamente, en función de que os seus resultados confirmen os obtidos na análise contradictorio ou ben a orixinalmente practicada pola Administración.
CAPÍTULO IV. RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Artigo 26.- Infraccións
1. Consideranse infraccións de carácter leve:
a) O vertido ó sistema de depuración ou de saneamiento de augas residuais de natueza doméstica sen contar coa autorización regulada polo artigo 7.2, ou sen respeta-las características das acometidas.
b) O incumprimento das condicións estabrecidas no permiso de vertido, sempre que non se causen danos ó sistema público de depuración ou de saneamento, ou ben cando estes danos non superen os 3.005,06 euros.
c) As accións e omisións das que se deriven danos oe perdas para a integridade ou o funcionamento do sistema público de depuración o de saneamento inferiores a 3.005,06 euros.
d) A obstaculización das funcións de inspección, vixiancia e control que leve a cabo a Administración, a desobediecia ós seus requerimentos de información ou en relación coa adecuación de vertidos ou instalacións ás condicións regulamentarias.
e) Calquera incumprimento das obrigas do conxunto normativo de regulación do servicio que non teña atribuído outra calificación.
2. Consideranse infraccións graves:
a) O vertido ó sistema de depuración ou de saneamiento de augas residuais de natureza distinta á doméstica sen contar co permiso correspondente.
b) A realización de vertidos das sustancias prohibidas relacionadas no anexo I desta ordenanza.
c) O incumprimento das condicións estabrecidas no permiso de vertido, sempre que se causen danos ó sistema público de depuración ou de saneamento superiores a 3.005,06 euros e ata 15.025,30 euros.
d) As accións e omisións das que se deriven danos ou perdas para a integridade ou o funcionamento do sistema público de depuración ou de saneamento superiores a 3.005,06 euros e ata 15.025,30 euros.
e) A ocultación ou falsificación de datos determinantes para o outorgamiento do permiso de vertido.
f) A falla de comunicación das situaciones de emerxencia ou perigo, ou o incumprimento das ordes da administración municipal derivadas de situacións de perigo ou emerxencia.
g) A reincidencia na comisión de dúas ou máis infraccións leves no período dun ano.
3. Consideranse infraccións moi graves:
a) Calquera conducta indicada no apartado 2 da que se deriven danos ou perdas para o sistema de depuración ou de saneamento superiores a 15.025,30 euros.
b) O incumprimento das ordes de suspensión de vertidos non permitidos.
c) A reincidencia na comisión de duas ou máis infraccións graves no período dun ano.
Artigo 27.- Sancións
1. As infraccións tipificadas no artigo anterior serán sancionadas coas seguintes multas:
a) Infraccións leves: multa de ata 750,00 euros.
b) Infraccións graves: multa entre 750,01 e 1.500,00 euros.
c) Infraccións moi graves: multa entre 1.500,01 e 3.000,00 euros.
2. As sancións graduaranse en función da reincidencia do infractor, da súa intencionalidade, do beneficio obtido e da afección producida ó sistema de depuración ou de saneamento, ou á calidade do medio receptor.
Artigo 28.- Órganos competentes
1. O Alcalde-Presidente é o órgano competente para sanciona-las infraccións leves e graves, sendo competencia do Pleno a sanción das infraccións moi graves.
2. En todo caso, corresponde a incoación dos expedientes ó Alcalde-Presidente ou, no seu caso e previa delegación, ó Concelleiro competente na materia.
Artigo 29.- Procedemento
1. O procedemento para a tramitación dos expedientes será o previsto na vixente normativa xeral de procedemento administrativo común.
2. Serán sancionadas pola comisión de infraccións as persoas físicas e xurídicas que resulten responsables delas aínda a título de mera inobservancia.
3. Con independencia da sanción que se lles impoña, os infractores serán obrigados a repara-lo dano causado, podendo o Concello de Begonte, se procede, exercita-las facultades de execución subsidiaria previstas na Lei.
4. Os prazos de prescrición das infraccións e das sancións serán os previstos na vixente normativa xeral de procedemento administrativo común.
5. O prazo para a resolución dos expedientes sancionadores será dun ano, que se contará dende a súa incoación.
Artígo 30.- Medidas cautelares
1. O órgano competente para incoa-los expedientes poderá adopta-las medidas seguintes:
a) Ordea-la suspensión provisional dos traballos de execución de obras ou instalacións que contradigan as disposicións desta ordenanza ou sexan indebidamente realizados.
b) Requerir ó usuario para que, no prazo que se lle indique, introduza as medidas técnicas necesarias que garantan o cumprimento das prescricións desta ordenanza.
c) Ordear ó usuario que, no prazo que se lle fixe, introduza nas obras ou instalacións realizadas as rectificacións precisas para axustalas ás condicións do permiso de vertido ou ás disposicións desta ordenanza.
d) Ordear ó usuario que, no prazo que se lle indique, proceda á reparación e reposición das obras e instalacións ó seu estado anterior e á demolición do que fora indebidamente construído ou instalado.
e) Impedir os usos indebidos das instalacións para o que non se teña obtido permiso, ou cando non se axusten ó seu contido ou ás disposicións desta ordenanza.
f) Ordear a clausura ou precintado das instalacións de vertido en caso de que non sexa posible técnicamente ou económicamente evita-lo dano mediante as oportunas medidas correctoras.
2. As medidas relacionadas no apartado anterior poden ser adoptadas, con carácter de cautelares e a reserva da resolución definitiva que se adopte no expediente, simultáneamente á incoación do procedemento sancionador, ou ben en calquera momento da súa instrucción, e poden manterse de xeito continuado.
Artigo 31.- Valoración de danos
1. A valoración dos danos ás obras hidráulicas ós efectos da aplicación do réxime sancionador a que se refiere o presente capítulo determinarase en función dos gastos de explotación e, no seu caso, de reposición de aquelas.
2. O danos ás obras hidráulicas que conforman os sistemas de depuración e de saneamento calcularanse en euros/día, como resultado da ponderación do custo diario de explotación das instalacións públicas afectadas en relación co caudal e carga contaminante do vertido de que se trate.
3. Os servicios competentes do Concello determinarán, de acordo cos orzamentos aprobados ó efecto e ás correspondentes certificacións, os gastos de explotación repercutibles ó responsable do vertido de que se trate.
4. A valoración de danos que servirá de base para a calificación da infracción, para a cuantificación da sanción e, no seu caso, da indemnización que deba impoñerse, resultará do cálculo a que se refiere o apartado segundo multiplicado polo número de días que se considere que o vertido se mantivo en situación irregular.
5. Ós efectos do disposto no apartado anterior, computaranse os gastos correspondentes a todo o período no que a instalación pública de saneamento ou de depuración de aguas residuais quedara afectada polo vertido irregular, aínda que este fora de carácter puntual. En calquera caso, considerarase que o vertido irregular se mantivo durante, ó menos, un día.
6. Nos supostos de vertidos que non dispoñan de tratamento e que deriven dunha actividade non ocasional, presumirase, salvo proba en contrario, que a calidade deles se mantén indefinidamente.
7. Asimesmo presumirase o mantemento da calidade do vertido durante o período que medie entre dúas ou máis tomas de mostras consecutivas cuxos resultados amosen incumprimentos da normativa vixente ou dos límites impostos no correspondente permiso.
Disposición transitoria única.- Os titulares de instalacións existentes á entrada en vigor desta ordenanza que deban obte-lo permiso de vertido regulado nela, deberán instalo ante o Concello de Begonte no prazo de DOUS ANOS a partir da devandita data.
Disposición final.- A Ordenanza dos vertidos e uso do sistema público de saneamento en baixa do Concello de Begonte entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo que se establece polo artigo 65.2 en relación co 70.2 ámbolos dous da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
RECURSOS: De conformidade co establecido polo artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra o presente regulamento aprobado definitivamente, poderán interpoñer os interesados, directamente, recurso contencioso-administrativo díante da Sala correspondente do Xulgado Provincial do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Begonte, 11 de xaneiro de 2007.-
O ALCALDE,
ilexible.
Anexo I: vertidos prohibidos
a) Materias sólidas ou viscosas en cantidades ou tamaños tales que, por sí soas ou por integración con outras, produzan obstruccións ou sedimentos que impidan o correcto funcionamento do sistema ou dificulten os traballos da súa conservación ou mantemento.
b) Disolventes ou líquidos orgánicos inmiscibles en auga, combustibles ou inflamables.
c) Aceites e graxas flotantes.
d) Substancias sólidas potencialmente perigosas.
e) Gases ou vapores combustibles ou inflamables, explosivos ou tóxicos ou procedentes de motores de explosión.
f) Materias que, por razón da súa natureza, propiedades ou cantidades, por sí mesmas ou por integración con outras poidan orixinar:
1. Calquera tipo de molestia pública.
2. A formación de misturas inflamables ou explosivas co aire.
3. A creación de atmósferas molestas, insalubres, tóxicas ou perigosas que impidan ou dificulten o traballo do persoal encargado da inspección, limpeza, mantemento ou funcionamiento do sistema.
g) Materias que, por sí mesmas ou a consecuencia de procesos ou reaccións que teñan lugar dentro da rede, teñan ou adquiran calquera propiedade corrosiva capaz de danar ou deteriorar os materiais do sistema ou perxudicar o persoal encargado da súa limpeza e conservación.
h) Residuos de natureza radioactiva.
i) Residuos industriais ou comerciais que, polas súas concentracións ou características tóxicas ou perigosas, requiran un tratamento específico ou un control periódico dos seus efectos nocivos potenciais.
j) Os que por sí mesmos ou a consecuencia de transformacións químicas ou biolóxicas que se poidan producir na rede de sumidoiros, dean lugar a concentracións de gases nocivos na atmósfera da rede de sumidoiros superiores ós seguintes límites:
- Dióxido de carbono: 15.000 ppm.
- Dióxido de xofre: 5 ppm.
- Monóxido de carbono: 25 ppm.
- Cloro: 1 ppm.
- Ácido sulfhídrico: 10 ppm.
- Ácido cianhídrico: 4,5 ppm.
k) Residuos sanitarios definidos na vixente normativa nesta materia.
l) Residuos procedentes de sistemas de pretratamento e de tratamento de augas residuais.
m) Residuos de orixe pecuaris.
Anexo II.- Vertidos limitados
Parámetro (1) // Valor límite // Unidade
Temperatura // 40 // ºC
PH // 6-10 // UpH
MES // 750 // mg/l
DBO5 // 750 // mg/l O2
DQO // 1500 // mg/l O2
Aceites e graxas // 250 // mg/l
Cloruros // 2500 // mg/l Cl
Conductividade // 6000 // uS/cm
Dióxido de xofre // 15 // mg/l SO2
Sulfatos // 1000 // mg/l SO42-
Sulfuros totais // 1 // mg/l S2-
Sulfuros disoltos // 0,3 // mg/l S2-
Fósforo total // 50 // mg/l P
Nitratos // 100 // mg/l NO3-
Amonio // 60 // mg/l NH4+
Nitróxeno orgánico e amoniacal (2) // 90 // mg/l N
Cianuros // 1 // mg/l CN-
Fenois // 2 // mg/l C6H5OH
Fluoruros // 12 // mg/l F-
Aluminio // 20 // mg/l Al
Arsénico // 1 // mg/l As
Bario // 10 // mg/l Ba
Boro // 3 // mg/l B
Cadmio // 0,5 // mg/l Cd
Cobre // 3 // mg/l Cu
Cromo hexavalente // 0,5 // mg/l Cr (VI)
Cromo total // 3 // mg/l Cr
Estaño // 5 // mg/l Sn
Ferro // 10 // mg/l Fe
Manganeso // 2 // mg/l Mn
Mercurio // 0,1 // mg/l Hg
Níquel // 5 // mg/l Ni
Chumbo // 1 // mg/l Pb
Selenio // 0,5 // mg/l Se
Zinc // 10 // mg/l Zn
Materias inhibidoras // 25 // Equitox
Cor // Inapreciable en dilución // 1/30
Nonilfenol // 1 // mg/l NP
Tensoactivos aniónicos (3) // 6 // mg/l LSS
Praguicidas totais // 0,1 // mg/l
Hidrocarburos aromáticos policíclicos // 0,2 // mg/l
BTEX (4) // 5 // mg/l
Triacinas totais // 0,3 // mg/l
Hidrocarburos // 15 // mg/l
AOX (5) // 2 // mg/l Cl
Cloroformo // 1 // mg/l Cl3CH
1,2 Dicloroetano // 0,4 // mg/l Cl2C2H4
Tricloroetileno // 0,4 // mg/l Cl3C2H
Percloroetileno // 0,4 // mg/l Cl4C2
Triclorobenceno // 0,2 // mg/l Cl3C6H3
Tetracloruro de carbono // 1 // mg/l Cl4C
Tributilestaño // 0,1 // mg/l
(1) Ademáis, poderá ser obxeto de limitación calquera substancia ou composto previsto nas Directivas 91/271/CEE e 76/464/CEE e as súas derivadas, e no Real Decreto 995/2000.
(2) Nitróxeno amoniacal + nitróxeno orgánico determinado polo método Kjeldahl.
(3) Substancias activas co azul de metileno, expresadas como lauril sulfato sódico (LSS).
(4) Suma de benceno, tolueno, etilbenceno e xileno.
(5) Poderanse contemplar valores superiores de AOX cando se cumpran os valores de organoclorados individualizados.
Anexo III.- Solicitude de permiso de vertido ó sistema
1. Solicitude: nome, domicilio social, dirección do establecemento, teléfono, distrito postal, localidade, NIF; características da actividade productiva, caudais de vertido en m3/ano e m3/día, identificación do sistema de saneamento ó que se pretende verter.
2. Proxecto técnico das obras:
a) Antecedentes:
· Obxecto: obtención do permiso de vertido ou a súa revisión (neste último caso, adxuntarase copia do permiso vixente).
· Características da localización e emprazamento da actividade.
· Punto de conexión ó sistema de saneamento.
b) Memoria descriptiva
· Datos de producción: actividade desenvolvida, materias primas empregadas e productos resultantes expresados en tn/ano.
· Procesos industriais.
· Balance de augas: fontes de abastecemento, título concesional, volumen abastecido e a súa distribución no proceso industrial, volumen de vertido.
· Características do efluente: análise de cada punto de vertido.
c) Memoria técnica das instalacións de tratamento:
· Sistemas e unidades de tratamento: descripción do sistema de tratamento existente, con cálculos hidráulicos do dimensionamento (volúmenes, cargas hidráulicas, tempos de retención) e xustificación de operacións unitarias e procesos; descripción detallada de equipos instalados, potencias de bombeo, materiais de construcción; medidas de seguridade para evitar vertidos accidentais, instrumentos de control propostos, proposta de seguimento e control da calidade do efluente, producción, cantidade e destino dos residuos xerados.
· Planos: situación dentro do concello (1:50.000); situación xeral do establecemento (1:5.000); detalle do establecemento (1:1.000); planta e alzado do sistema de depuración (1:100).
· No caso de que as instalacións de tratamento ocupan propiedades de terceiros, deberase acompañar autorización expresa do titular do terreo.
d) Cando o exercicio da actividade comporte a utilización de tanques de almacenamento enterrados, deberase presentar un estudio de avaliación dos efectos medioambientais que incluirá a avaliación das condicións hidroxeolóxicas da zona afectada, do eventual poder autodepurador de chan e subsolo, e dos riscos de contaminación. Tamén se fará consta-la eventual proximidade de captacións de auga, así como as precaucións técnicas adoptadas para evita-la percolación e a infiltración de hidrocarburos.
e) Plan de emerxencia do sistema dacordo coa lexislación sectorial aplicable.
Anexo IV.- Contido da acta de inspección e obrigas da Administración xestora
1. As actas que documenten as actuacións inspectoras, indicadas no artigo 23 desta ordenanza, deberán incluir, como mínimo, a información seguinte:
a) Identificación da Administración xestora do sistema e do persoal actuario.
b) Identificación e localización do suxeito pasivo da inspección, da actividade e dos sistemas de tratamento de que dispoña.
c) Ubicación e descrición do punto de toma de mostras, e do sistema en que se realiza o vertido, incluíndo, se procede, o nome da EDAR.
d) Caudal do vertido (medido ou estimado), tipo de mostra (puntual ou integrada), e parámetros a analizar.
e) Obrigas formais: constancia ou non de firma do interesado, da súa aceptación ou rexeitamenteo da mostra xemelga, e do libramento de copia da acta.
2. O Concello de Begonte conservará copia destas dilixencias e dos seus resultados analíticos a disposición de Augas de Galicia.
Anexo V.- Condicións de preservación de mostras e métodos analíticos
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Rango legal
Ordenanzas e edictos
Clasificación
AUGAS CONTINENTAIS
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS