Ordenanza municipal de limpeza e medio ambiente - Concello de Ribadumia (Pontevedra)

Boletin Oficial Provincial, 02-04-2007, Núm. 65, Páx. 55
Téndose elevado a definitivo o acordo de aprobación inicial da Ordenanza Municipal de Ornato, Limpeza e Medio Ambiente adoptado polo Pleno Municipal en sesión celebrada con data 11 de xaneiro de 2007, ó terse exposta ó público a mesma mediante anuncio publicado no B.O.P. nº 20 de 29 de xaneiro de 2007 e non terse presentado reclamación algunha contra a mesma, dando cumprimento ó establecido ó respecto no artigo 70.2 da Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local, faise público o seu texto íntegro, que é o seguinte: ORDENANZA MUNICIPAL DE LIMPEZA E MEDIO AMBIENTE TÍTULO I - DISPOSICIÓNS XERAIS ARTIGO 1.- A presente ordenanza ten por obxecto a regulación, no ámbito das competencias do Concello de Ribadumia e dentro do seu termo municipal, das seguintes situacións e actividades: 1.— A limpeza da vía pública no que se refire ó uso común xeral dos cidadáns e limpeza de solares de propiedade municipal. Así mesmo, a inspección e realización subsidiaria de limpeza dos solares de propiedade pública ou privada. 2.— A prevención do estado de sucidade do concello producido como consecuencia de manifestacións públicas na rúa, e limpeza dos bens de dominio municipal no que respecta o seu uso común especial e privativo. 3.—A recollida de lixo e residuos sólidos producidos a consecuencia do consumo doméstico así como a de tódolos materiais residuais que pola súa natureza poden asimilarse ós anteriores. 4.— A acumulación, carga, transporte e vertido de terras, escombros e outros materiais similares ou asimilables. 5.— A recollida e transporte de materiais residuais e dos productos destinados polos seus productores ou posuidores ó abandono que, non estando incluídos especificamente nos apartados precedentes, son de competencia municipal de acordo ca lexislación vixente. 6.— En canto sexa da súa competencia: a xestión, control e inspección dos sistemas e equipamentos destinados ó tratamento, aproveitamento, depósito e eliminación da totalidade dos materiais residuais obxecto dos apartados 3, 4 e 5 anteriores. 7.— A regulación da implantación, conservación, uso e disfrute das zonas verdes no termo municipal, así como dos distintos elementos instalados neles. ARTIGO 2.- A presente ordenanza de Limpeza e Medio Ambiente articularase, conforme o artigo 1 mediante os seguintes títulos: Título I.— Disposicións Xerais. Título II.— Da limpeza da vía pública. Título III.—Da limpeza do Concello en canto ó uso común especial e privativo e manifestacións públicas na rúa. Título IV.— Da recollida de residuos urbanos. Título V.— Da recollida, transporte e vertido de terras e escombros. Título VI.— Da recollida e transporte dos residuos industriais e especiais. Título VII.— Da protección das zonas verdes. Título VIII.— Das infraccións e das sancións. Procedemento sancionador. ARTIGO 3 1.— As normas da presente ordenanza aplicaranse por analoxía ós supostos que non estean expresamente regulados e que pola súa natureza estean comprendidos no seu ámbito de aplicación. ARTIGO 4 1.— Tódolos cidadáns están obrigados, no que concirne á limpeza do Concello, a observar unha conducta encamiñada a evitar e previr a sucidade. 2.— Así mesmo, terán dereito a denunciar á autoridade municipal as infraccións que en materia de limpeza pública e medio ambiente presencien ou das que teñan un coñecemento certo. 3.— O concello obrígase a atender ás reclamacións, denuncias e suxestións dos cidadáns, exercendo as accións que en cada caso correspondan. 4.— A fin de fomentar as accións preventivas en canto á limpeza pública, o Concello poderá establecer axudas económicas, exención de taxas ou de impostos ou outras actuacións para tal fin. O Concello favorecerá as acción que en materia de limpeza pública colectiva desenvolvan as iniciativas dos particulares. ARTIGO 5 1.— Tódolos cidadáns están obrigados ó cumprimento puntual da presente ordenanza e das disposicións complementarias que na materia de limpeza en xeral, mantemento de ornato público ou da estética do Concello, dicte en calquera momento a Alcaldía no exercicio das súas facultades. 2.— A autoridade municipal, poderá esixir en todo momento o cumprimento inmediato da presente ordenanza, obrigando o causante dun deterioro á reparación da afección causada, sen prexuízo da sanción que corresponda. 3.— A Alcaldía a proposta dos servicios municipais correspondentes, sancionará de acordo co establecido no título VIII desta ordenanza ós que contraviñeren o disposto na mesma. ARTIGO 6 1.— O Concello poderá realizar subsidiariamente os traballos de limpeza que segundo as presentes Ordenanzas corresponda efectuar directamente ós cidadáns, imputándolles o custo dos servicios prestados e sen prexuízo das sancións que en cada caso sexan pertinentes e do que civilmente fora esixible. 2.— Os servicios municipais poderán, sempre que sexa preciso, proceder á limpeza da vía pública afectada ou dos seus elementos estructurais, e a carga, retirada, transporte e eliminación dos materiais residuais abandonados. 3.— O Concello realizará a prestación dos servicios, en tódolos supostos previstos na presente ordenanza, mediante os procedementos técnicos e formas de xestión que en cada momento estime convenientes para os intereses do municipio. TÍTULO II - DA LIMPEZA DA VÍA PÚBLICA CAPÍTULO I - DA LIMPEZA DA VÍA PUBLICA COMO CONSE¬CUENCIA DO USO XERAL DOS CIDADÁNS ARTIGO 7 1.— A efectos da limpeza considérase vía pública: as avenidas, paseos, rúas, prazas, beirarrúas, travesías, camiños, xardíns, zonas verdes, zonas terrosas e demais bens de propiedade municipal destinados directamente ó uso común xeral dos cidadáns. Exceptúanse polo seu carácter non público as urbanizacións privadas, pasaxes, patios interiores, galerías comerciais e similares, cuxa limpeza corresponde ós particulares, sexa a propiedade única, compartida ou en réxime de propiedade horizontal. O Concello exercerá o control da limpeza destes elementos. As vías e zonas públicas da Urbanización Santa Eulalia terán a consideración de vía pública. ARTIGO 8 1.— Queda prohibido tirar e abandonar na vía pública toda clase de productos en estado sólido, líquido ou gaseoso. Os residuos sólidos de pequeno formato como papeis, envoltorios e similares deberán depositarse nas papeleiras instaladas para ó efecto ou contedores do servicio público de limpeza. 2.— Os materiais residuais voluminosos, e os de pequeno tamaño pero en gran cantidade, deberán ser obxecto de libramento ordenado ós servicios de recollida do lixo. Se pola súa cantidade, formato ou natureza fora imposible a prestación deste servicio, deberán ser evacuados de acordo co que establece o título VI sobre recollida e transporte de residuos industriais e especiais. 3.— Prohíbese votar cigarros, puros, “colillas” de cigarros ou outras materias prendidas nas papeleiras. En todo caso, deberán depositarse unha vez apagadas. 4.— Prohíbese, igualmente, votar no chan calquera clase de desperdicio dende os vehículos, xa estén parados ou en marcha. 5.— Non se permite fregar balcóns nin sacudir roupas e alfombras sobre a vía pública, fora do horario que se estableza. En todo caso, estas operacións faranse de maneira que non causen danos nin molestias a persoas ou cousas. 6.— Non se permite regar as plantas nin a limpeza de elementos constructivos colocados no exterior dos edificios se a consecuencia desta operación se produciran vertidos ou salpicaduras sobre a vía pública ou sobre os seus elementos. O rego farase conforme ó horario que se estableza e sempre ca debida precaución e coidado a fin de non producir molestias a veciños e peóns. 7.— Prohíbese escupir ou satisface-las necesidades fisiolóxicas na vía pública, nas beirarrúas ou mobiliario municipal. ARTIGO 9 1.— Corresponde ós particulares a limpeza das beirarrúas particulares, dos pasaxes particulares, dos patios interiores de mazá, dos solares de propiedade privada, das galerías comerciais e similares. 2.— O Concello exercerá o control e inspección do estado de limpeza dos elementos obxecto do número anterior, e poderá obrigar coactivamente a limpalos á persoa responsable, de acordo coas instruccións que ó efecto dicten os servicios municipais. ARTIGO 10.- Se por calquera causa a limpeza de algunha das vías particulares se realizase polo servicio municipal de limpeza, a propiedade estará obrigada a aboa-lo importe dos servicios prestados. ARTIGO 11.- A limpeza dos elementos destinados ó servicio do cidadán situados na vía pública pero que non estean baixo a responsabilidade municipal corresponderá efectuala ós titulares administrativos dos respectivos servicios ó igual que os espacios públicos de titularidade doutros órganos da administración. CAPÍTULO II - DA SUCIDADE DA VÍA PUBLICA A CONSECUENCIA DE OBRAS E ACTIVIDADES DIVERSAS ARTIGO 12 1.— Tódalas actividades que poidan ocasionar sucidade na vía pública, calquera que sexa o lugar en que se desenvolvan e sen prexuízo das licencias ou autorizacións que en cada caso sexan procedentes, esixen dos seus titulares a obriga de adopta-las medidas necesarias para evita-la sucidade, así como a de limpa-la parte dela e dos seus elementos estructurais que se viran afectados, e a de retira-los materiais residuais resultantes. 2.— A autoridade municipal poderá esixir en todo momento as accións de limpeza corresponden¬tes, tendo en conta o disposto no número anterior. ARTIGO 13 1.— Para preve-la sucidade, calquera persoa ou Institución ou Administracións que realicen obras na vía pública deberán proceder á protección desta mediante a colocación de elementos adecuados arredor dos derribo, terras e outros materiais sobrantes de obra, de modo que se impida a diseminación e vertido destes materiais fora da estricta zona afectada polos traballos e deberán manter a zonas debidamente limpas. 2.— Cando se trate de obras na vía pública ou confrontantes, deberán instalarse valados de elementos de protección así como tubos para a carga e descarga de materiais e productos de derribo, que deberán reuni-las condicións necesarias para impedir que se ensucie a vía pública e que se causen danos ás persoas e ás cousas e deixalo espacio en perfecto estado para o uso e disfrute do mesmo. ARTIGO 14.- Cando se trate de edificios en construcción, a obriga de limpa-la vía pública en todo o ámbito material establecido no artigo, 13, corresponderá ó contratista. ARTIGO 15.- Prohíbese o abandono e deposición directamente na vía pública de calquera material residual ou o seu vertido en alcorques dos árbores, beirarrúas e embornares. Os residuos depositaranse, en todo caso, na vía pública mediante elementos de contención homologados polo concello, de acordo co establecido nesta ordenanza, en canto á instalación de contedores na vía pública. ARTIGO 16 1.— Finalizadas as operacións de carga, descarga, saída ou entrada a obras ou almacéns, etc., de calquera vehículo susceptible de producir sucidade na vía pública, o persoal responsable de ditas operación e en último termo, o propietario ou o conductor do vehículo, antes de saír á vía pública, deberán lava-los baixos e rodas, co fin de impedir que a ensucien e procederán á limpeza da mesma e dos elementos desta que se houberan ensuciado, así como á retirada dos materiais vertidos. 2.— As persoas citadas no número anterior e polo mesmo orde, serán responsables das infraccións conforme ás disposicións desta ordenanza e dos danos que puideran producirse. ARTIGO 17 1.— Prohíbese o traslado de materiales de forma que non se impida debidamente o verquido de materiais á vía pública. Asemesmo prohíbese a limpeza de maquinaria na vía púbica. 2.— Serán responsables solidarios o propietario do vehículo, e o empresario das obras, estando ámbolos dous obrigados á retirada do material vertido, á limpeza da parte da vía pública afectada e á reparación dos danos causados sen prexuízo das sancións que correspondan. ARTIGO 18 1.— Igualmente prohíbese realizar na vía pública os actos que se especifican a continuación: a) Vaciar, verter e depositar calquera clase de materiais residuais na calzada, beirarrúas, alcorques, solares sen edificar e rede de sumidoiro. b) Derramar calquera clase de auga sucia sobre as calzadas, beirarrúas, bordos, alcorques e solares sen edificar. c) O vertido de calquera clase de producto industrial líquido, sólido ou solidificable que pola súa natureza sexa susceptible de producir danos ós pavimentos ou afectar á integridade e seguridade das persoas e das instalacións municipais de saneamento. d) Lavar e reparar vehículos na vía pública, salvo actuacións puntuais de emerxencia. Asemesmo prohíbese realizar o cambio de aceite de vehículos, líquido de frenos, etc na vía pública. e) Realizar calquera acto que produza sucidade ou sexa contrario á limpeza e decoro da vía pública. ARTIGO 19 1.— Prohíbese o abandono de mobles e aparellos particulares na vía pública, debendo depositarse no punto limpo. 2.— Será potestade dos servicios municipais a retirada, sen previo aviso, de todo obxecto ou material abandonado cando dificulte o paso, a libre circulación ou poida afectar á limpeza ou decoro da vía pública. 3.— O depósito destes materiais rexerase en todo momento pola lexislación vixente, e no non previsto, polo que dispoña a Alcaldía. 4.— Os gastos producidos polo seu traslado, de¬pósito e custodia destes materiais serán a cargo dos seus propietarios ou productores. ARTIGO 20.- Actividades tales como circos, teatros ambulantes, carruseis e outras que, polas súas características especiais, usen a vía pública, están obrigadas a depositar unha fianza que garanta as responsabilidades derivadas do seu funcionamento. No caso de que o Concello debera realiza-la limpeza, dita fianza pagará os custes e de ser estes superiores á fianza esixida, o importe da diferencia deberá abonarse polos titulares da actividade. CAPÍTULO III - DA LIMPEZA E MANTEMENTO DOS ELEMENTOS E PARTES EXTERIORES DOS INMOBLES ARTIGO 21 1.— Os propietarios de inmobles terán a obriga de mantelos nas debidas condicións de seguridade. CAPÍTULO IV - DA LIMPEZA E MANTEMENTO DOS SOLARES ARTIGO 22 1.— Os propietarios de solares e terreos situados a 25 metros ou menos de calquera edificación existente deberán mantelos limpos, libres de desfeitos e residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e ornato público. 2.— É potestade do Concello a inspección e realización subsidiaria dos traballos de limpeza ós que se refiren o número anterior. No caso de ejecución subsidiaria destes traballos polos servicios municipais, esta farase con cargo ó obrigado, sen prexuízo das sancións correspondentes. 3.— Se por motivo de interese público fose necesario asumir subsidiariamente as obrigacións do propietario, o Concello poderá acceder ós solares de propiedade privada previa a solicitude da correspondente autorización xudicial cando sexa precisa. O Concello imputará os propietarios os custes que se causen. 4.— Ós propietarios de terrenos colindantes coas vías públicas non se lles permitirá que calquera tipo de árbores, vexetación ou maleza invada a vía pública, debendo mantelo los terreos nas debidas condicións precisas que eviten riscos de erosión, incendios e para a saúde, impedindo a contaminación da terra, aire ou auga. As cunetas das vías de comunicación, as canles de desagües dos terreos, así como os sumidoiros, pozos e arquetas de pluviais deberán manterse limpas e en bo estado de conservación a fin de minimizar os efectos das choivas e riadas, evitando desbordamentos e anegamentos das vías públicas e das propiedades privadas. A responsabilidade do mantemento destas canles será do Concello ou das institucións responsables das estradas no caso das cunetas; do Concello no caso das arquetas e desagües de pluviais; e dos propiestarios dos terreos no caso de canles de desagüe de propiedades privadas. No caso de de canles e desagües de propiedades privadas, se o propietario non mantivese en condicións adecuadas estas canles, o Concello poderá proceder á limpeza subsidiaria das mesmas, repercutíndolle os costes á propiedade. Os propietarios de terreos teñen a obrigatoriedade de manter as cunetas e desagües que discorran pola súa propiedade ou entre propiedades particulares limpos e nas debidas condicións hixiénico-sanitarias, TÍTULO III - DA LIMPEZA DO CONCELLO RESPECTO Ó USO COMÚN ESPECIAL E PRIVATIVO DE MANIFESTACIÓNS PÚBLICAS NA RÚA CAPÍTULO I - CONDICIÓNS XERAIS E ÁMBITO DE APLICACIÓN ARTIGO 23 1.— A sucidade da vía pública producida a consecuencia do uso común e privativo será responsabilidade dos seus titulares. 2.— Os titulares de establecementos autorizados na vía pública, sexan fixos ou non, tales como bares, cafés, quioscos, postos de venda e similares, terán a obriga de manter nas debidas condicións de limpeza tanto as propias instalacións como o espacio urbano sometido a súa influencia. A mesma obriga incumbe ós titulares de postos no “mercadiño”, estando obrigados a manter limpo o espacio en que desenrolen o seu cometido e as súas proximidades durante o horario en que realicen a actividade e a deixalo no mesmo estado ó rematar esta. 3.— O Concello poderá esixir ós titulares expresados no número 2 anterior, a colocación de elementos homologados para a contención dos residuos producidos polo consumo nos seus establecementos, correspondéndolles, así mesmo, o mantemento e limpeza de ditos elementos. ARTIGO 24 1.— Os organizadores dun acto público na rúa serán responsables da sucidade derivada da celebración de tal acto na mesma. 2.— A efectos da limpeza, os organizadores terán a obriga de informar ó concello do lugar, percorrido e horario do acto público a celebrar, salvo nos casos nos que de conformidade coa lexislación vixente se procedera á solicitude de autorización ante a Subdelegación do Goberno. ARTIGO 25.- A colocación e pegado de carteis e pancartas, a distribución de folletos e calquera outra actividade publicitaria das reguladas no presente título, está suxeita a autorización municipal da Alcaldía, salvo as realizadas por asociacións, entidades e organizacións do Concello de Ribadumia, que desenvolvan a súa actividade sen ánimo de lucro (asociacións culturais, deportivas, veciñais, comisións de festas, partidos políticos, organizacións sindicais, etc.). A colocación destes carteis faráse nos sitios previstos para tal fin en cada parroquia ARTIGO 26 1.— A concesión da autorización para a colocación ou distribución de rótulos e demais elementos publicitarios definidos no artigo anterior, levará implícita a obrigación para o responsable de limpa-los espacios da vía pública que se houberan ensuciado, e de retirar dentro do prazo autorizado tódolos elementos publicitarios utilizados e os seus correspondentes accesorios. CAPÍTULO II -COLOCACIÓN DE CARTEIS E PANCARTAS NA VÍA PÚBLICA ARTIGO 27 1.— Prohíbese toda clase de actividade publicitaria das reguladas na presente ordenanza nos edificios cualificados como histórico-artíticos, nos incluídos no Catálogo do Patrimonio Histórico e Artístico do Concello e en tódolos edificios públicos. Exceptuaranse as pancartas e rótulos que fagan referencia ás actividades que terán lugar no edificio, colocados pola iniciativa das persoas responsables de ditas actividades. 2.— Prohíbese a colocación de carteis, pegatinas e pancartas en bens afectos a un servicio público municipal, tales como marquesiñas e contedores. Os promotores e beneficiarios desta publicidade responderán desta prohibición, o incumprimento da mesma dará lugar á imposición da sanción pertinente, así como a obrigación do publicitario ou promotor de proceder á retirada destes carteis e pancartas e á limpeza da parte ensuciada. ARTIGO 28 1.— A colocación de carteis e adhesivos en espacios especialmente reservados ou habilitados como soportes publicitarios municipais, deberán cumpri-las seguintes condicións: a) Que os carteis conteñan propaganda de actos ou actividades de interese cidadán. b) Non poderá iniciarse a utilización de ditos espacios antes da obtención da correspondente autorización municipal 2.— Queda prohibido desgarrar, arrancar ou tirar á vía pública carteis, anuncios ou pancartas, colocados cumprindo estas normas, antes de que se teña producido o evento que anuncian. ARTIGO 29 1.— A colocación de pancartas na vía pública autorizaráse nos seguintes sopostos: a) En período de elección políticas ou sindicais. b) En periodos de festas populares ou tradicionais dos distintos núcleos. c) En situacións expresamente autorizadas pola Alcaldía. 2.— Durante os procesos electorais e aqueles outros de xeral participación cidadán, nos que sexa pertinente a realización de actos de propaganda e publicidade, o concello adoptará espacios especialmente reservados a súa utilización en todas as parroquias para que poidan ser utilizados por todos os candidatos na mesma proporción. Fora destes espacios habilitados ó efecto, quedará totalmente prohibido a pega de carteis ou panfletos electorais. Non obstante, permitiranse a colocación de banderolas (ou similares) e pancartas nos lugares de costume. Rematada a campaña electoral, cada candidato/a (ou representante da candidatura no concello) será responsable da retirada das mesmas nun prazo non superior a dez días hábiles. As banderolas e pancartas a que se refire o apartado anterior poderán ser colocadas nos lugares de costume e os expresamente autorizados pola Xunta Electoral. En cada zona hábil, permitirase que cada candidatura coloque un número de elementos publicitarios igual ós demais candidatos. ARTIGO 30 1.— As pancartas, carteis e outros soportes de propaganda deberán ser retiradas tan pronto como caducara o prazo para o que foron autorizadas. De non facelo así, serán retiradas polos servicios municipais, imputándose ós responsables os custes correspondentes ó servicio prestado, sen prexuízo da imposición da sanción ós responsables pola Autoridade Municipal. CAPÍTULO III - DAS PINTADAS ARTIGO 31 1.— Prohíbese toda clase de pintadas na vía pública, tanto sobre os seus elementos estructurais, calzadas, beirarrúas e mobiliario urbano, como sobre os muros e paredes exteriores. 2.— Serán excepcións en relación co disposto no número 1 anterior: * As pinturas murais de carácter artístico sobre os valados dos solares, para as que será preciso a previa autorización do seu propietario. CAPÍTULO IV - DA DISTRIBUCIÓN DE FOLLETOS ARTIGO 32.- Prohíbese esparexer e tirar toda clase de folletos e materiais similares. Exceptuaranse as situacións que no senso contrario autorice a Alcaldía. ARTIGO 33.- Os servicios municipais procederán a limpala parte ou espacio que se houbese visto afectada pola distribución ou dispersión de folletos, imputando ós responsables o custe correspondente dos servicios prestados, sen prexuízo da imposición das sancións que correspondera. TÍTULO IV - DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS CAPÍTULO I - CONDICIÓNS XERAIS ARTIGO 34.- Mediante a ordenanza correspondente do Concello regulará o ámbito e condicións da prestación do servicio de recollida de residuos urbáns. Ós efectos da presente ordenanza non se consideran residuos urbáns os seguintes materiais residuais: * Os residuos industriais, considerando como tales todolos procedentes de calquera actividade industrial ó igual que aqueles que, polas súas características especiais, non puideran ser clasificados como inertes ou asimilables ós residuos domiciliarios e, en xeral, os que presenten un risco potencial para a saúde pública ou o medio ambiente. Os productores ou posuidores de residuos industriais especiais están obrigados a adopción de cantas medidas sexan necesarias para garantir que o transporte, tratamento, eliminación ou, no seu caso, aproveitamento dos mesmos se realice sen risco para as persoas. En consecuencia estes residuos deberán ser entregados a un xestor autorizado pola administración competente, sendo os propietarios os únicos responsables dos posibles danos ou perdas que os mesmos poidan ocasionar. Os residuos resultantes da prospección, extracción, tratamento e almacenamento de recursos mi¬nerais e da explotación das canteiras. As materias fecais e outras substancias naturais non perigosas das explotacións agrícolas e gandeiras. Os residuos xerados pola actividade específicamente sanitaria en hospitais, clínicas e ambulatorios. ARTIGO 35.- A presentación dos residuos domiciliarios farase obrigatoriamente no tipo de recipiente normalizado que, en cada caso, sinale o Concello de acordo coa natureza dos residuos, as características do sector ou a vía pública e coa planificación realizada para a recollida e transporte polo servicio municipal competente. A tal fin os usuarios deberán depositar o lixo en bolsas pechadas e sen líquidos, coa resistencia precisa en función do volume e características do mesmo, dentro do recipiente normalizado que corresponda; as caixas de cartón deberán romperse ou plegarse para ocupar o mínimo espacio posible no contedor. Os usuarios obríganse a libra-lo lixo ó servicio de recollida en condicións tales que non se produza vertidos de residuos durante esta operación. Os servicios municipais poderán rexeita-la retirada de lixo que non sexa convenientemente presentado, de acordo coas especificacións dos apartados anteriores. Utilizaranse os colectores de lixo que se teñan asignados pechando logo a tapa. Non se permite deposita-lo lixo por enriba ou arredor dos mesmos. ARTIGO 36.- Se unha entidade pública ou privada tivese por calquera causa que se desprender de residuos sólidos en cantidades maiores ás que constitúen a producción diaria normal, e non de forma frecuente, non poderá presenta-los conxuntamente cos residuos habituais. Nestes casos, a entidade poderá ser autorizada ó transporte dos residuos cos seus propios medios ós puntos de transformación ou eliminación que indique o Servicio Municipal competente. Por medio dunha norma regulamentaria ou por resolución da Alcaldía, poderase establece-la obriga de que os establecementos comerciais ou industriais e as comunidades de propietarios que reúnan determinadas características, adquiran ó seu cargo e utilicen colectores propios normalizados para o depósito do seu lixo, que deberán manter en permanente estado de conservación e limpeza. ARTIGO 37.- A colocación de recipientes e o depósito de lixo na vía pública, así como nos contedores municipais onde estes existan, non poderá facerse fora do horario e dos días que están establecidos ou se establezan, no seu caso, en cada momento por bando da Alcaldía. O Concello poderá introducir en todo momento as modificacións ó programa de servicios de recollida que, por motivos de interese público, teña por convenientes. Os servicios municipais farán pública ca suficiente antelación calquera cambio no horario, a forma ou a frecuencia do servicio, con excepción das disposicións dictadas pola Alcaldía en situacións de emerxencia. CAPÍTULO II - DOS SERVICIOS DE RECOLLIDA SECTORIAL DE RESIDUOS ARTIGO 38.- O concello poderá dispor que en todo o municipio ou en sectores ou zonas determinadas se presenten por separado ou se depositen en recipientes especiais aqueles residuos susceptibles de distintos tratamentos ou aproveitamentos. O Concello poderá establece-los servicios de recollida sectorial de residuos urbanos que teña por conveniente, tales como: a) A recollida do vidro. b) A recollida de papel e cartón. c) A recollida de envases de plástico, metálicos e tipo brik. ARTIGO 39.- Queda prohibido depositar nos espacios públicos, mobles ou obxectos inútiles para que sexan retirados polos camións de recollida domiciliaria de lixo. As persoas que desexen desfacerse de tales elementos deberán depositalo no Punto Limpo do Concello, durante o horario de apertura do mesmo. ARTIGO 40.- Prohíbese o abandono de cadáveres de animais de toda especie, sobre calquera clase de terreos, e tamén a súa inhumación en terreos de propiedade pública. As sancións por incumprimento desta norma serán independentes das responsabilidades que estean previstas na normativa de orde sanitaria. Os que observen a presencia dun animal morto poden comunicar tal circunstancia ó Servicio Municipal competente co fin de proceder a retira-lo cadáver coas condicións hixiénicas necesarias para tal operación. ARTIGO 41.- Os contedores normalizados depositados na rúa quedan exclusivamente reservados para a prestación do correspondente servicio sectorial de residuos. Prohíbese depositar nos ditos contedores, materiais residuais distintos dos expresamente consignados en cada caso. ARTIGO 42.- Queda prohibido o abandono de vehículos fóra de uso na vía pública, así como a utilización da mesma para a exposición de vehículos. Exclúense da consideración de abandonados os vehículos sobre os que recaia orde xudicial, coñecida polo Concello para que permanezan na mesma situación. A autoridade municipal poderá solicítala adopción de medidas en orde ó ornato público. TÍTULO V - DA RECOLLIDA, TRANSPORTE E VERTIDO DE TERRAS E ESCOMBROS CAPÍTULO I - CONDICIÓNS XERAIS ARTIGO 43.- Queda terminantemente prohibido depositar nos recipientes normalizados, destinados a residuos domiciliarios os entullos procedentes de calquera clase de obras. Prohíbese depositar na vía pública toda clase de entullos ou restos procedentes de obras de construcción e remodelación de edificios. Igualmente queda prohibido almacenar na vía pública, fóra dos límites do valado protector das obras, materiais de construcción. CAPÍTULO II - DA UTILIZACIÓN DE CONTEDORES PARA OBRAS ARTIGO 44.- Os residuos e materiais cun volume superior a un metro cúbico así como os procedentes do baldeiramento ou movemento de terras, soamente se poderán almacenar na vía pública utilizando para iso contedores adecuados e instalados cumprindo os requisitos e condicións sinalados na presente ordenanza. ARTIGO 45 1.— A colocación de contedores para obras na vía pública está suxeita a licencia municipal que será outorgada polos servicios correspondentes. 2.— Os contedores para obras situadas no interior cotado de zonas de obras non precisarán licencia; nembargantes, nos restantes requisitos deberán axustarse ás disposicións da presente ordenanza. ARTIGO 46.- Os contedores para obras só se poderán utilizar polos titulares da licencia á que fai referencia o artigo anterior. Ningunha persoa pode efectuar vertidos de ningunha clase no contedor, de non mediar autorización do titular da licencia. ARTIGO 47 1.— Os contedores para obras deberán presentar no seu exterior de maneira perfectamente visible os datos sobre identificación do propietario ou da empresa responsable e da licencia municipal para a súa instalación. 2.— Os contedores para obras deberán estar pintados de cores que destaquen pola súa visibilidade podendo establecerse pola Autoridade Municipal unhas determinadas cores. ARTIGO 48 1.— As operacións de instalación e retirada dos contedores para obras deberán realizarse de modo que non causen molestias para os cidadáns. 2.— Os contedores de obras deberán utilizarse ou manipularse de modo que o seu contido non se verta á vía pública ou non poida ser levantado ou espallado polo vento. En ningún caso o contido de materiais residuais excederá do nivel máis baixo do seu límite superior. 3.— Ó retira-lo contedor, o titular da licencia deberá deixar en perfectas condicións de limpeza a superficie da vía pública ocupada. 4.— O titular da licencia será responsable dos danos causados ó pavimento da vía pública, debendo comunica-lo inmediatamente ós servicios municipais correspondentes no caso de térense producido, e correrán ó seu cargo as reparacións de ditos danos. O empresario e o promotor da obra serán responsables solidarios das obrigas que corresponden ó titular da licencia de instalación do contedor. ARTIGO 49.- Os contedores situaranse, se fose posible, no interior da zona pechada de obras, de non ser así preferentemente diante da obra á que serven ou tan cerca como sexa posible e en todo caso respectando as distancias fixadas para estacionamentos polo Código da Circulación. Non poderán situarse nos pasos de peóns nin diante deles, así como nos vaos nin nas reservas de estacionamento e parada, excepto cando estas reservas foran solicitadas para a mesma obra; tampouco poderán situarse nas zonas de prohibición de estacionamento. En ningún caso poderán ser colocados total ou parcialmente sobre as tapas de acceso dos servicios públicos, sobre as bocas de incendios, alcorques das árbores nin, en xeral, sobre ningún elemento urbanístico, cuxa utilización se puidera dificultar en circunstancias normais ou en caso de emerxencia. Tampouco poderán situarse sobre as beirarrúas cun largo, deducido o espacio ocupado polos valos, no seu caso, que non permita unha zona de libre paseo dun metro como mínimo unha vez colocado o contedor. Serán colocados en todo caso de modo que o seu lado máis longo estea situado en sentido paralelo á beirarrúa. Cando os contedores estean situados na calzada deberán colocarse de modo que non impidan que as augas superficiais alcancen e discorran polo escorredoiro ata o embornal máis próximo, debendo protexerse cada contedor como mínimo por tres conos de tráfico colocados na vía pública en liña oblicua polo lado do contedor máis próximo ó da circulación. Na beirarrúa, deberán ser colocados no bordo desta sen que ningunha das súas partes sobresaia da liña do encintado. ARTIGO 50.- Cando os contedores deban permanecer na rúa durante a noite, deberán levar incorporadas as sinais reflectantes ou luminosas para facelos identificables. ARTIGO 51.- Os contedores para obras serán retirados da vía pública: 1.— Ó expira-lo termo da concesión da licencia de obra. 2.— En calquera momento, a requirimento dos axentes da autoridade municipal, por resultar perigoso para a circulación de vehículos ou das persoas, ou causar problemas á circulación do tráfico na zona. 3.— En canto estean cheos, para proceder ó seu baleirado e sempre dentro do prazo de 24 horas desde que se producise a saturación. En caso de incumprimento o concello poderá re-tira-lo contedor, que unha vez baleiro, quedará en depósito ata a súa devolución, previo pago dos gastos causados. CAPÍTULO III - DO LIBRAMENTO E VERTIDO DE TERRAS E CASCALLOS ARTIGO 52 1.— No que respecta ó libramento e vertido de terras e cascallos, prohíbese: a) Depositar nos contedores de obra, residuos que conteñan materiais inflamables, explosivos, nocivos ou perigosos, susceptibles de putrefacción ou de produciren cheiros, e toda clase de materiais residuais que por calquera causa poidan causar molestias ós veciños ou usuarios da vía pública. b) Depositar mobles, aparellos trastes vellos e calquera material residual similar nos contedores de obras. c) Verte-los en terreos de dominio público municipal que non fora expresamente autorizado polo Concello para tal finalidade. d) Verte-los en terreos de propiedade particular ou pública agás cando se dispoña de autorización expresa do titular do dominio, que deberá de acreditarse ante a Autoridade municipal. 2.— Nos terreos de propiedade particular ou pública a que fai referencia o apartado d) anterior prohibirase o vertido aínda que se dispoña de autorización do titular cando: a) Poidan producir alteracións substanciais da topografía do terreo, agás que se outorgara previa licencia municipal. b) Poidan producirse danos a terceiros ou o medio ambiente, ou ben afecte á hixiene pública ou ó ornato do Concello, a consecuencia das operacións de descarga ou vertido dos dos ditos materiais. 3.— En tódolos libramentos de terras e cascallos, o promotor da obra será responsable solidario da sucidade que se ocasionase na vía pública, estando obrigado a garanti-la limpeza do espacio urbano afectado en intervalo non superior a dúas horas e ó remata-las obras. CAPÍTULO IV - DO TRANSPORTE DE TERRAS E CASCALLOS ARTIGO 53 1.— Para transporte de terras e cascallos polas vías urbanas poderá fixa-la autoridade municipal os horarios e itinerarios. 2.— O disposto na presente ordenanza enténdese sen prexuízo do deber dos transportistas de dar cumprimento ó disposto polo Código da Circulación e demais normativa de aplicación. ARTIGO 54 1.— Os vehículos nos que se efectúe o transporte de terras e cascallos reunirán as debidas condicións para evita-lo vertido do seu contido sobre a vía pública, así como o deterioro de ditas vías. 2.— Na carga dos vehículos adoptaranse as precaucións necesarias para impedir que se lixe a vía pública. 3.— Non se permite que os materiais transportados excedan os extremos superiores. Non se permite tampouco a utilización de complementos adicionais non autorizados para aumenta-las dimensións ou a capacidade de carga dos vehículos e contedores. 4.— Os materiais transportados deberán ser cubertos e protexidos de modo que non se desprenda po e non se produzan vertidos de materiais residuais. ARTIGO 55 1.— Os transportistas de terras e cascallos obríganse a proceder á limpeza inmediata do tramo de vía afectada, no suposto de que a vía pública se lixase a consecuencia das operacións de carga e transporte. 2.— Tamén quedan obrigados a retirar en calquera momento e sempre que sexan requiridos pola Autoridade municipal, as terras e escombros vertidos en lugares non autorizados. 3.— Os servicios municipais poderán proceder á limpeza da vía pública afectada e á retirada dos materiais vertidos a que fan referencia os números 1 e 2 anteriores, sendo imputados ós responsables os custos correspondentes, sen prexuízo da sanción oportuna. 4.— En canto ó disposto no número 3 anterior serán responsables solidarios os empresarios e promotores das obras e traballos que orixinaran o transporte de terras e cascallos. CAPÍTULO V - DAS LICENCIAS DE OBRAS, NO QUE ATINXE A LIMPEZA ARTIGO 56.- A concesión de licencia de obras levará aparellada en canto se refire á producción de terras e cascallos, a autorización correspondente para: a) Producir cascallos. b) Transportar terras e cascallos polo Concello nas condicións establecidas na presente ordenanza. c) Descarga-los materiais no lugar de acumulación ou vertido final de residuos que ó efecto se indicará polos servicios municipais, si o houbera. CAPÍTULO VI - HORARIO ARTIGO 57 1.— A deposición de terras e cascallos nos contedores farase durante as horas en que non cause molestias ó vecindario. 2.— As autoridades municipais poderán esixi-la retirada dos contedores da vía pública cando circunstancias de interese público o aconsellen. TÍTULO VI - DA RECOLLIDA E TRANSPORTE DOS RESIDUOS INDUSTRIAS E ESPECIAIS ARTIGO 58.- Terán a categoría de residuos industriais os que se sinalan no artigo 44 da presente ordenanza. Tamén terán a categoría de residuos industriais os residuos urbanos cando, polas condicións da súa presentación, volume, peso, cantidade de libramento diario, contido de humidade e outras, resulta que a xuízo dos servicios municipais non poden ser obxecto de recollida como residuos urbanos. Os productores ou posuidores de residuos urbanos que, polas súas características especiais, poidan producir trastornos no transporte, recollida, valorización ou eliminación, estarán obrigados a proporcionar ó Concello unha información detallada sobre a súa orixe, cantidade e características. Nos casos regulados neste apartado, así como cando se trate de residuos urbanos distintos ós xerados nos domicilios particulares, o Concello, por motivos xustificados, poderá obriga-los posuidores a xestiona-los por si mesmos. Cando os residuos sólidos urbanos presenten ca¬racterísticas que os fagan tóxicos ou perigosos, de acordo cos informes técnicos emitidos, ou que dificulten a súa recollida, transporte, valorización ou eliminación, poderán obriga-lo productor ou posuidor dos mesmos a que, previamente á súa recollida, adopten as medidas necesarias para eliminar ou reducir, no posible, ditas características, e que os depositen na forma e lugar adecuados, sen que se poida realizar a queima de productos contaminantes ou de plásticos, cauchos, etc. ARTIGO 59.- Toda empresa, industria, establecemento sanita¬rio ou calquera establecemento productor de residuos non asimilables ós residuos sólidos urbanos, deberá presentar conxuntamente coa solicitude da Licencia unha relación cualificada e cuantificada dos residuos e un plan de reutilización reciclado ou eliminación non contaminante dos mesmos. ARTIGO 60.- Son residuos perigosos aqueles que figuren como tales na lista aprobada polo Real Decreto 952/1997, ou normativa que o substitúa, así como os recipientes e envases que os houberan contido. Os que fosen cualificados como perigosos pola normativa comunitaria e os que poida aproba-lo goberno de conformidade co establecido na normativa europea ou en convenios internacionais dos que España sexa parte. ARTIGO 61.- As actividades de recollida, almacenamento e transporte de residuos perigosos están sometidas a réxime de autorización polo órgano ambiental competente da Comunidade Autónoma, estando suxeitas ás condicións que pola mesma se establezan así como pola normativa vixente en materia de transporte de mercancías perigosas. O Concello, pola súa propia autoridade ou mediante denuncia á Autoridade competente, procederá a inmobilizar aqueles vehículos e cargas, que non reunindo as debidas condicións de seguridade puideran representar grave perigo para a saúde pública ou do medioambente. TÍTULO VII - DA PROTECCIÓN DAS ZONAS VERDES CAPÍTULO I - DISPOSICIÓNS XERAIS ARTIGO 62.- Para os efectos desta ordenanza considéranse zonas verdes os espacios destinados á plantación de arborado e xardinería conforme ás determinacións dos plans de ordenación urbana. Tocante á definición e clase de zonas verdes rexerá o establecido no planeamento urbanístico vixente en cada momento. En todo caso serán cualificadas como zonas verdes, para os efectos desta ordenanza, as prazas e pequenos xardíns viarios, as aliñacións de árbores en beirarrúas e paseos, as xardineiras e elementos de xardinería instalados nas vías públicas. CAPÍTULO II - IMPLANTACIÓN DE NOVAS ZONAS VERDES ARTIGO 63.- As novas zonas verdes manterán aqueles elementos naturais como a vexetación orixinal existente, cursos de auga ou zonas húmidas, conformacións topográficas do terreo e calquera outro que conforme as características topolóxicas da zona, podendo converterse, en casos específicos, en condicionantes principais do deseño. ARTIGO 64.- Tocante á implantación, as zonas verdes deberán cumpri-las seguintes normas: * Respectaranse tódolos elementos vexetais ós que se fai referencia no artigo anterior. * Para as novas plantacións elixiranse especialmente vexetais autóctonos ou compatibles co clima de Galicia. * Non se utilizarán especies que neses momentos estean declaradas expostas a pragas e enfermidades con carácter crónico e que como consecuencia poidan ser focos de infección. * As plantas que se utilicen deberán encontrarse en perfecto estado sanitario, sen golpes nin machacaduras que poidan resultar infectadas. O seu tamaño deberá se-lo axeitado para un desenvolvemento óptimo do vexetal, sen desequilibrios orgánicos que provoquen enfermidades no mesmo ou volcos por debilidade do sistema reticular. * Cando as árbores haxan estar preto das edificacións, elixiranse aquelas que non poidan producir polo seu tamaño ou porte unha perda de iluminación ou soleamento naqueles, danos nas infraestructuras ou levantamento de pavimentos ou beirarrúas. Para este efecto establécese como norma de obrigado cumprimento a separación mínima de edificios, instalación e medianeiras de 3 metros para o caso de árbores e 0.50 metros para o das restantes plantas. En calquera caso, os promotores poderán formular consultas ós servicios municipais relacionados coa plantación de zonas verdes. ARTIGO 65.- Tódolos traballos en árbores públicas, realizados por empresas concesionarias, deberán estar baixo o control dos técnicos municipais encargados da materia, por medio de especificacións escritas, licencias e inspeccións. CAPÍTULO III - CONSERVACIÓN DE ZONAS VERDES ARTIGO 66.- Tódolos propietarios de zonas verdes están obri¬gados a mante-las en bo estado de conservación, sendo pola súa conta os gastos que iso ocasione. Tamén terán a obriga de retira-las árbores que fosen derrubadas por calquera causa, ou que ofrezan perigo de caída. En caso de urxencia o concello procederá a executa-las actuacións necesarias a cargo do propietario obrigado. ARTIGO 67.- Calquera propietario dun terreo con fachada á rúa e árbores no mesmo, terá a obriga de podalos de xeito que non obstrúan ou dificulten a iluminación da vía pública, e impidan a visibilidade en cruces, interseccións ou pasos. ARTIGO 68.- As árbores e arbustos que integren as zonas verdes, serán podados axeitadamente na medida en que a falta desta operación poida supor un detrimento no vigor vexetativo, un aumento da susceptibilidade ó ataque das pragas e enfermidades ou un perigo de caída de pólas secas. ARTIGO 69.- Os xardíns e zonas verdes públicos e privados deberán encontrarse en todo momento nun estado satisfactorio de limpeza e ornato así como libres de maleza espontánea, de forma que non poidan ser causa de infeccións ou de materia doadamente combustible. ARTIGO 70.- Os titulares de quioscos, bares, etc. que integren nas súas instalacións algún tipo de plantación, deberán velar polo bo estado da mesma. ARTIGO 71.- Cando na realización das redes de servicios se haxa de proceder á apertura de regos en zonas axardinadas xa consolidadas, deberase evitar que estas afecten ós sistemas radiculares dos elementos vexetais existentes, debendo restituír ó finaliza-las obras correspondentes, a zona axardinada ó seu estado primitivo, reparando calquera elemento que fora danado. CAPÍTULO IV - USO DAS ZONAS VERDES ARTIGO 72.- Cando por motivos de interese se autoricen nestes lugares actos públicos, deberanse toma-las previsións necesarias para que a maior afluencia de persoas ós mesmos non cause detrimento nas plantas e mobiliario urbano. En todo caso, tales autorizacións deberán ser solicitadas coa antelación suficiente para adopta-las medidas precautorias necesarias. ARTIGO 73.- Os usuarios das zonas verdes e do mobiliario ur¬bano instalado nas mesmas, deberán cumpri-las instrucción que sobre a súa utilización figuren nos indicadores, anuncios, rótulos e sinais existentes. En calquera caso, deberán atende-las indica¬cións que formulen os axentes da policía local e persoal de parques e xardíns. ARTIGO 74.- Con carácter xeral para a boa conservación e mantemento das diferentes especies vexetais das zonas verdes, non se permitirán os seguintes actos: a) Toda manipulación realizada sobre as árbores e plantas. b) Camiñar por zonas axardinadas acoutadas. c) Pisa-lo céspede de carácter ornamental, introducirse no mesmo e utilizalo para xogar, repousar ou deleitarse sobre el. d) Cortar flores, pólas ou especies vexetais. e) Talar, arrincar ou partir árbores, pelar ou arrinca-las súas cortizas, cravar puntas, atar ós mesmos escaleiras, ferramentas, soportes de andamiaxe, ciclomotores, bicicletas, carteis ou calquera outro elemento que puidera causarlles danos, gabear ou subir ós mesmos. f) Depositar, aínda de forma transitoria, materiais de obra sobre as árbores, ou verter nelas calquera clase de productos tóxicos. g) Botar en zonas axardinadas lixo, residuos, cascotes, pedras, papeis, plásticos, graxas ou productos cáusticos ou fermentables ou calquera outro elemento que poida dana-las plantacións. h) Prender lume, calquera que sexa o motivo, en lugares que non estean expresamente autorizados e non teñan instalacións axeitadas para facelo. ARTIGO 75.- Para a boa conservación e mantemento das zonas verdes, así como das lagoas, estanques e fontes existentes nas mesmas, non se permitirán os seguintes actos: Cazar calquera tipo de animal, así como escorrenta-las pombas, paxaros e calquera outra especie de ave ou animal, perseguilos ou consentir que os persigan cans ou outros animais. Pescar, inquietar ou causar dano ós peixes, así como botar calquera clase de obxectos e desperdicios ás lagoas, estanques, fontes. A utilización en tales lugares de utensilios ou armas destinados á caza de aves ou outros animais, como tiradores de goma, cepos, escopetas de aire comprimido,etc. ARTIGO 76.- Os usuarios das zonas verdes non poderán abandonar nestes lugares especies animais de ningún tipo. Cando polas características e circunstancias de determinados animais sexa aceptable a súa doazón, esta poderá ser autorizada polo Concello. ARTIGO 77.- O propietario do animal doméstico, e de forma subsidiaria a persoa que o leve, será responsa¬ble do ensuciamento da vía pública producida por este. Prohíbese que os animais domésticos realicen as súas deposicións sobre as beirarrúas, zonas verdes, zonas axardinadas e restantes elementos da vía pública destinados ó paso ou estancia dos cidadáns. Os propietarios ou posuidores de animais deberán recoller e retira-los excrementos, limpando a vía pública que houberan ensuciado. Queda prohibida a limpeza e/ou lavado de animais na vía pública así como naqueles lugares públicos destinados ó uso dos cidadáns. CAPÍTULO V - PROTECCIÓN DO MEDIO ARTIGO 78.- Nas zonas verdes non se permitirá: a) Lavar vehículos, roupas ou proceder o tendido delas e tomar auga das bocas de rego. b) Efectuar inscricións ou pegar carteis nos valados, postes de alumeado público ou en calquera elemento existente nos parques e xardíns. c) Instalar calquera tipo de modalidades publicitarias nos parques. Nas restantes zonas verdes soamente se autorizarán elementos publicitarios previamente homologados polo Concello. d) Realizar nos seus recintos calquera clase de traballos de reparación de automóbiles, albañileria, xardinería, electricidade, etc, e de se tratar de elementos propios do parque ou de instalacións de concesionarios, requirirase a preceptiva autorización do Concello. CAPÍTULO VI - PROTECCIÓN DO MOBILIARIO URBANO ARTIGO 79 a) O mobiliario urbano existente nos parques, xardín e zonas verdes, consistentes en bancos, xogos infantís, papeleiras, fontes sinalización, farois e elementos decorativos, como adornos, estatuas, etc; deberán manterse no mais axeitado e estético estado de conservación. Os causantes do seu deterioro ou destrucción serán responsables, non soamente do resarcimento do dano producido, senón que serán sancionados administrativamente de conformidade coa falta cometida. Así mesmo, serán sancionados os que, facendo un uso indebido de tales elementos, prexudiquen a boa disposición e utilización dos mesmos polos usuarios de tales lugares; para este efecto, e en relación co mobiliario urbano, establécense as seguintes limitacións: 1.— Bancos: Non se permitirá o uso inadecuado dos mesmos, arrinca-los bancos que estean fixos, trasladalos que non estean fixados ó chan nunha distancia superior os dous metros, agrupar bancos de forma desordenada, realizar comidas sobre os mesmos en forma que poidan manchalos seus elementos, realizar inscricións ou pintadas sobre eles, e calquera acto contrario a súa normal utilización ou que deteriore a súa conservación. As persoas encargadas do coidado dos nenos deberan evitar que estes, nos seus xogos, depositen sobre os bancos, area, auga, barro ou calquera elemento que poida ensucialos ou manchar os usuarios dos mesmos. 2.— Xogos infantís: A súa utilización realizarase polos nenos con idades comprendidas nos sinais para tal efectos es¬tablecidas, non permitíndose a utilización dos xogos infantís polos adultos ou por menores de idade superior a que se indique expresamente en cada sector ou xogo, así como tampouco a utiliza¬ción dos xogos en forma que exista perigo para os seus usuarios, ou en forma que poidan deteriorarse ou romperse. 3.— Papeleiras: Os refugallos ou papeis deberanse depositar nas papeleiras para tal fin establecidas. Os usuarios deberanse abster de toda manipulación sobre as papeleiras, movelas, voltealas e arrincalas, así como de facer inscricións nas mesmas, adherir papeis ou outros actos que deterioren a súa presentación. 4.— Fontes: Os usuarios deberanse abster de realizar calquera manipulación na fonte que non sexa a propia do seu funcionamento normal, así como practicar xogos nas fontes de beber, utiliza-las para lavar obxectos ou para asearse nelas. Nas fontes decorativas, bocas de rego, etc, non se permitirá beber, utiliza-la auga das mesmas, bañarse ou introducirse nas súas augas, practicar xogos, así como toda manipulación dos seus elementos. 5.— Sinalización, farois, estatuas e elementos decorativos. Nestes elementos de mobiliario urbano non se permitirá subirse, abanearse ou pintadas sobre eles, e calquera acto contrario a súa normal utilización ou facer calquera acción ou manipulación sobre estes elementos de mobiliario urbano, así como calquera acto que ensucie, dane ou deteriore ós mesmos. ARTIGO 80.- Non se autorizará a realización de actuación ou obras, recheos, verquidos de escombros, etc que puidan altera-lo cauce de auga de ríos, riachuelos, regatos, etc. Asemesmo prohíbese o verquido de líquidos ou outras substnacias contaminantes en ditos cauces. TÍTULO VIII - INFRACCIÓNS E SANCIÓNS. PROCEDEMENTO SANCIONADOR ARTIGO 81.- As infraccións contra o disposto nesta ordenan¬za serán sancionadas de acordo cos artigos seguin-tes, sen prexuízo da esixencia, se é o caso, das correspondentes responsabilidades civís e penais. A responsabilidade será solidaria nos seguintes supostos: a) Cando o posuidor ou xestor dos residuos os entregue a persoa física ou xurídica distinta das legal ou regulamentariamente establecidas. b) Cando sexan varios os responsables e non sexa posible determina-lo grao de participación da cada un na realización da infracción. c) Cando os danos causados ó medioambente prodúzanse por acumulación de actividades debidas a diferentes persoas, a Administración poderá imputar individualmente esta responsabilidade e os seus efectos económicos. ARTIGO 82.- Sen prexuízo das infraccións e sancións previstas na lexislación estatal e autonómica vixente, nas que as competencias sancionadoras correspondan ós órganos da administración do Estado e da Xunta de Galicia, respectivamente. As infraccións cometidas en relación coas determinacións da presente ordenanza, que corresponde sancionar ó Concello, clasifícanse en moi graves, graves e leves. Son infraccións leves: * O depósito dos residuos por parte dos productores ou posuidores, de menos de 10 quilogramos de peso, sen os envases ou a preparación requiridos por esta ordenanza ou normativa vixente de aplicación. * O depósito dos residuos, de menos de 10 quilogramos de peso, fóra dos recipientes ou lugares dispostos para a súa recollida. * O incumprimento dos horarios establecidos na presente ordenanza ou nos Bandos, resolucións ou instruccións municipais que a desenrolen. * A deficiente conservación e limpeza de zonas verdes cando non constitúa falta de maior gravidade. * Practicar xogos e deportes en sitios e forma inadecuados. * Usar indebidamente o mobiliario urbano. * A celebración de festas, actos públicos ou competicións deportivas sen autorización municipal a efectos da posible sucidade que as mesmas poidan ocasionar. * Usar vehículo de motor ou estacionar en lugares non autorizados das zonas verdes. * Calquera incumprimento das disposicións desta ordenanza que non estea cualificado como grave ou moi grave. Son Infraccións graves: * A reincidencia na comisión de tres faltas leves que non houbesen prescrito de acordo ó disposto no artigo 132 da Lei 30/1992. * O depósito dos residuos por parte dos productores ou posuidores, de máis de 10 e menos de 100 quilogramos de peso, sen os envases ou a preparación requiridos por esta ordenanza ou normativa vixente de aplicación. * O depósito dos residuos, de máis de de 10 e menos de 100 quilogramos de peso, fóra dos recipientes ou lugares dispostos para a súa recollida. * As accións ou omisións que quebrantando o preceptuado na presente ordenanza, causen dano directo ós bens de uso ou servicio público municipal. * A realización de actos de propaganda mediante repartimento ou lanzamento de carteis ou folletos en vías e espacios públicos. * O incumprimento das normas sobre recollida, transporte e vertido de terras e cascallos. * A colocación de carteis e a realización de inscricións e pintadas en lugares non permitidos. * O abandono de mobles e aparellos, animais mortos ou automóbiles nas vías ou espacios públicos. * Cambiar aceite e outros líquidos ós vehículos na vía pública e espacios libres públicos. * Omiti-las operacións de limpeza despois da carga e descarga de vehículos. * A implantación de zonas verdes contravindo o disposto nesta ordenanza. * O consumo de auga no mantemento de zonas verdes, que contraveña o máximo que estableza en cada momento un bando ou resolución da alcaldía. * Deteriora-los elementos vexetais ou abandonar nas mesmas especies animais de calquera tipo. Son infraccións moi graves: * A reincidencia na comisión de dúas faltas graves que non houbesen prescrito con arreglo ó disposto no artigo 132 da Lei 30/1992. * Exerce-la actividade de recollida, transporte ou aproveitamento de residuos sen a debida autorización. * Non proporcionar ó Concello os datos relativos á natureza dos residuos ou facilitar información falsa sobre dos mesmos. * O vertido incontrolado de residuos industriais sempre que a sanción non sexa competencia da administración autonómica ou estatal. * Realizar accións ou omisións que afecten a plantacións que estivesen catalogadas como de interese público, sempre que non exista sanción superior aplicable. * Manter elementos vexetais en estado que supoña perigo de propagación de pragas ou enfermidades ou que entrañen risco para as persoas. * Realizar calquera actuación que alteren o cauce de auga de ríos, regatos, riachuelos, etc ou realizar verquidos contaminantes de líquidos ou calquera outra substancia en ditos cauces. ARTIGO 83.- Unha vez cualificadas as infraccións, estas graduaranse tendo en conta a neglixencia e intencionalidade do suxeito infractor, o incumprimento das advertencias previas da administración, o prexuízo causado ó medio natural que se trata de preservar e o beneficio obtido coa actividade infractora, consideradas todas elas como circunstancias agravantes ou atenuantes da infracción cometida. As sanción poderán impoñerse con periodicidade diaria. ARTIGO 84.- O procedemento sancionador será o regulado pola vixente lei de réxime xurídico e do procedemento administrativo común e polo Regulamento do procedemento para a execución da potestade sancionadora. Nos casos en que sexa posible realizaráse primeiro un requerimento para que restablece ou restitulla o ben, antes de proceder á imposición da sanción. ARTIGO 85.- As infraccións previstas nesta ordenanza serán sancionadas de acordo coa súa gravidade: a) Infraccións leves con apercibimento e multa de 30 a 100 euros. b) Infraccións graves con multa de 100,01 a 600 euros. c) Infraccións moi graves con multa de 600,01 a 1.502,53 euros. ARTIGO 86.- Tanto o importe das multas coma o das responsabilidades administrativas poderán ser esixidos pola vía administrativa de constrinximento. Os órganos sancionadores poderán impoñer multas coercitivas cando transcorran os prazos sinalados no requirimento correspondente e conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A contía de cada unha delas non superará o 20 por 100 da multa fixada para a infracción cometida. ARTIGO 87.- Sen prexuízo da sanción penal ou administrativa que se impoña, o infractor estará obrigado á restitución das cousas e á reposición ó seu estado anterior, coa indemnización de danos irreparables e perdas causadas no prazo que en cada caso se fixe na resolución correspondente. En todo caso a restitución comporta a obriga de lle devolver á Administración a totalidade do beneficio ilicitamente obtido. Poderase proceder á execución subsidiaria por conta do infractor e á súa costa. ARTIGO 88.- A sanción das infraccións administrativas previstas na presente ordenanza corresponde ó Alcalde. DISPOSICIÓN FINAL.- En todo o non establecido nesta ordenanza, será de aplicación ás Normativas e Disposicións promulgadas ó respecto pola Xunta de Galicia e Lexislación do Estado. A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril. Ribadumia, 15 de marzo de 2007. A Alcaldesa, Mª Salomé Peña Muñiz.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Local
Clasificación
SAÚDE AMBIENTAL
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
ORD LIMP MA RIBADUMIA.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles