Orde TED/818/2021, do 12 de xullo, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións da Fundación Biodiversidade, F.S.P., en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento da investigación e actividades que contribúan á transición ecolóxica, á conservación do patrimonio natural e a facer fronte ao cambio climático.

Boletín Oficial del Estado, 30-07-2021, Núm. 181, Páx. 92751
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) Entidades e organizacións sen ánimo de lucro.
b) Organismos de investigación.
c) Universidades públicas.
d) Colexios profesionais.
e) Administracións públicas.
f) Entidades mercantís.
g) Outras persoas xurídicas, públicas ou privadas.
h) Agrupacións de persoas xurídicas, públicas ou privadas.
Obxecto
O obxecto desta orde é o establecemento das bases reguladoras para a concesión de axudas para o financiamento da investigación e actividades que contribúan a unha transición ecolóxica que, a través do coñecemento científico, fagan fronte ao desafío do cambio climático e a conservación do patrimonio natural, en liña co establecido nos plans e estratexias do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e as súas actualizacións, especialmente no referido no Plan Estratéxico do patrimonio natural e a biodiversidade e no Plan Nacional de adaptación ao cambio climático.
Prazo
Vinte días hábiles dende a publicación do extracto da convocatoria no BOE.