Orde TED/801/2024, do 26 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras para as convocatorias do Programa de incentivos para proxectos de produción e consumo de hidróxeno renovable (agrupacións industriais ou vales), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

Boletín Oficial del Estado, 30-07-2024, Núm. 183, Páx. 97220
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Consultar Artigo 5. Beneficiarios
Obxecto
O obxecto desta orde de bases é establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a proxectos de produción de hidróxeno renovable e electrolítico e/o os seus combustibles derivados que cumpran as condicións establecidas no punto 2.5.1 da Comunicación da Comisión Europea do 17 de marzo de 2023 (2023/C 101/03) sobre o Marco Temporal de Crise e Transición (MTCT) relativo ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía tras a agresión contra Ucraína por parte de Rusia. Esta orde de bases é un dos instrumentos xurídicos contemplados no esquema de apoio á produción e consumo de hidróxeno renovable descrito no investimento 2 da compoñente 31.
Prazo
As datas de finalización do prazo de presentación de solicitudes sinalaranse na convocatoria.