Orde TED/1476/2021, do 27 de decembro, pola que se regulan as bases para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a proxectos de infraestruturas ambientais, sociais e dixitais en municipios de zonas afectadas pola transición enerxética no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e procédese á convocatoria das mesmas.

Boletín Oficial del Estado, 29-12-2021, Núm. 312, Páx. 166683
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Consultar Artigo 3. Entidades beneficiarias
Obxecto
As axudas reguladas nesta orde teñen como finalidade, ademais da recuperación da economía tras a pandemia provocada pola COVID-19, paliar os impactos que a transición enerxética poida ter sobre os municipios afectados polos peches e sobre a poboación destes e impulsar a transformación destas zonas para que sexan modelo e protagonistas da transición enerxética, orientando os servizos
públicos municipais cara á innovación, o apoio ao emprendemento e a retención de poboación, a dixitalización e o medio ambiente. O fin último é reter, recuperar e atraer poboación para estes municipios.
Prazo
Consultar ligazón