ORDE DO 7 DE XUÑO DE 2001 POLA QUE SE DECLARAN PROVISIONALMENTE AS ZONAS PROPOSTAS PARA A SÚA INCLUSIÓN NA REDE EUROPEA NATURA 2000, COMO ESPACIOS NATURAIS EN RÉXIME DE PROTECCIÓN XERAL.

Diario Oficial de Galicia, 19-06-2001, Núm. 118, Páx. 8176
Número do Dog: 118 Páxina do Dog: 8.176 Data da Disposición: 7 de xuño de 2001 Sección: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS Organismo: CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE Rango: Orde Título: Orde do 7 de xuño de 2001 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral. A protección e conservación do noso patrimonio natural é un mandato recollido no artigo 45 da Constitución e unha necesidade para asegura-la pervivencia dos nosos ecosistemas e os seus compoñentes. O Real decreto 1997/1995, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres, traspón ó ordenamento xurídico español a Directiva 92/43/CEE do Consello. Este real decreto establece no seu artigo 3 que cada Estado membro contribuirá á constitución dunha rede ecolóxica coherente, denominada Natura 2000, para a que se designarán lugares e zonas especiais de conservación que garantan o mantemento ou, de se-lo caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable dos hábitats e hábitats de especies que determina a directiva. Con data 11 de marzo de 1999, o Consello da Xunta de Galicia acordou remitir unha relación de lugares incluídos na proposta galega para a Rede Europea Natura 2000, de acordo co disposto no artigo 4 do Real decreto 1997/1995. O Estado español remitiulle á Comisión Europea as listas dos lugares de importancia comunitaria propostos polas distintas comunidades autónomas, segundo as rexións bioxeográficas. Como consecuencia da avaliación realizada polos servicios técnicos da Comisión Europea, foi requirida información adicional ou foi solicitada a presentación de novas propostas de lugares ás comunidades autónomas e ós estados pertencentes ás rexións bioxeográficas Atlántica e Mediterránea, ámbalas dúas con representación no territorio galego. Con estas modificacións a Unión Europea pretende acada-la porcentaxe de representación idónea para cada un dos hábitats referido á totalidade do territorio da Unión. Por este motivo, a Consellería de Medio Ambiente adaptou e revisou a proposta galega de lugares de importancia comunitaria, de acordo coas directrices manifestadas pola comisión. O día 19 de abril de 2001, o Consello da Xunta de Galicia acordou aproba-la revisión da proposta galega, acordo que se orienta cara a consegui-la compatibilidade entre o desenvolvemento sustentable e a protección dos hábitats e taxóns que dan valor ós espacios que conforman a proposta galega de lugares de importancia comunitaria. A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres crea, no seu artigo 12, diferentes tipos de espacios naturais protexidos. Así mesmo, no seu artigo 21.2º faculta as comunidades autónomas con competencia plena na materia para establecer outras figuras de protección distintas ás establecidas no mencionado artigo 12. En consecuencia e en virtude das competencias en materia de conservación da natureza establecidas no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, regulouse mediante o Decreto 82/1989, do 11 de maio, a figura de espacio natural en réxime de protección xeral e creouse o Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia. Neste rexistro inclúense aqueles espacios de interese natural para os que deben establecerse medidas que aseguren a súa conservación. Este decreto establece no artigo 6, con obxecto de asegura-la salvagarda dos valores naturais dun espacio, a posibilidade de establecer un réxime de protección provisional mentres estea en tramitación a inclusión definitiva do dito espacio no rexistro xeral. En consecuencia, DISPOÑO: Artigo 1º Inclúese no rexistro, de maneira provisional, a lista de lugares recollida no anexo desta orde cos límites actualmente propostos, declarándoos entrementres como «espacios en réxime de protección xeral», de acordo co disposto no artigo 6 do Decreto 82/1989, do 11 de maio. Artigo 2º 1. Nestes espacios poderán seguir levándose a cabo, de maneira ordenada, os usos e actividades tradicionais. Calquera outra actividade requirirá informe preceptivo e vinculante da Consellería de Medio Ambiente, que será solicitado polo promotor ou titular das accións, actividades, construccións, proxectos ou obras que se pretenda emprender. 2. Se se prevé que se poidan derivar efectos negativos das accións que se vaian realizar, a Consellería de Medio Ambiente poderá esixir un informe de avaliación ambiental delas para evita-la deterioración dos valores que determinaron a inclusión destes espacios no rexistro xeral, sen prexuízo da aplicación do disposto no artigo 24 da Lei 4/1989, do 24 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre. Artigo 3º Aquelas áreas destes espacios que gozasen xa dun réxime de protección específico, manterano. Disposición derradeira Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación do Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001. José Carlos del Álamo Jiménez Conselleiro de Medio Ambiente ANEXO Nome Municipio Superficie (ha) Data Os Ancares-O Courel Becerreá Cervantes Folgoso do Courel O Incio Navia de Suarna As Nogais Pedrafita do Cebreiro A Pobra do Brollón Quiroga Samos Triacastela Ribas de Sil 102.685 2001 Baixa Limia Bande Calvos de Randín Entrimo Lobeira Lobios Muíños Padrenda Quintela de Leirado Verea 34.248 2001 Baixo Miño A Guarda O Rosal Salvaterra de Miño Tomiño Tui As Neves Arbo Crecente A Cañiza Padrenda 2.792 2001 Nome Municipio Superficie (ha) Data Betanzos-Mandeo Aranga Bergondo Betanzos Irixoa Miño Paderne Oza dos Ríos Coirós 865 2001 Bidueiral de Montederramo Montederramo Vilar de Barrio 1.949 2001 Brañas de Xestoso A Estrada Forcarei Silleda 1.080 2001 Cabo Udra Bueu Cangas 623 2001 Canón do Sil Pantón Sober Nogueira de Ramuín Parada de Sil 5.961 2001 Carballido A Fonsagrada A Pontenova Ribeira de Piquín 4.634 2001 Carnota-Monte Pindo Carnota Mazaricos Cee Dumbría 4.629 2001 As Catedrais Barreiros Ribadeo 304 2001 Complexo Húmido de Corrubedo Porto do Son Ribeira 9.302 2001 Complexo Ons-O Grove Bueu Cambados O Grove A Illa de Arousa Meaño Sanxenxo Ribadumia 7.490 2001 Costa Ártabra Cariño Cedeira Ferrol Narón Valdoviño Ortigueira Ares Mugardos 7.659 2001 Costa da Morte Arteixo Cabana de Bergantiños Camariñas Carballo Cee Fisterra Laracha Laxe Malpica de Bergantiños Muxía Ponteceso Vimianzo 11.885 2001 Costa da Vela Cangas 1.385 2001 Costa de Dexo Oleiros 350 2001 Cruzul-Agüeira Becerreá As Nogais 618 2001 Enseada de San Simón Redondela Soutomaior Vilaboa Moaña Pontevedra 2.252 2001 Estaca de Bares Mañón Ortigueira 926 2001 Esteiro do Tambre Brión Negreira Noia Outes Porto do Son 1.583 2001 As Gándaras de Budiño O Porriño Salceda de Caselas Tui 834 2001 Illas Cíes Vigo 990 2001 Illas Estelas Nigrán 713 2001 Nome Municipio Superficie (ha) Data Macizo Central O Bolo Chandrexa de Queixa Laza Manzaneda A Pobra de Trives Viana do Bolo Vilariño de Conso Quiroga Larouco Montederramo 45.196 2001 A Marronda Baleira A Fonsagrada 1.212 2001 Monte e lagoa de Louro Carnota Muros 1.161 2001 Monte Faro Carballedo Chantada Rodeiro 3.002 2001 Monte Maior Viveiro Xove 1.243 2001 Negueira Negueira de Muñiz 4.512 2001 Ortigueira-Mera Cariño Cerdido Ortigueira As Pontes de García Rodríguez As Somozas 3.795 2001 Parga-Ladra-Támoga Begonte Cospeito Guitiriz Outeiro de Rei Rábade Vilalba Xermade Abadín Castro de Rei Lugo Friol 5.009 2001 Pena Maseira A Gudiña A Mezquita 5.854 2001 Pena Trevinca Carballeda de Valdeorras A Veiga Viana do Bolo Manzaneda O Bolo 24.860 2001 Pena Veidosa San Cristovo de Cea Carballedo 2.355 2001 A Ramallosa Baiona Nigrán 92 2001 Ría de Foz-Masma Barreiros Foz Lourenzá Mondoñedo 575 2001 Río Anllóns Cabana de Bergantiños Ponteceso Coristanco Carballo 42 2001 Río Cabe Bóveda O Incio A Pobra de Brollón Monforte de Lemos Pantón Sober 1.577 2001 Río Eo A Fonsagrada A Pontenova Ribadeo Ribeira de Piquín Trabada Riotorto Meira 774 2001 Río Landro Ourol Viveiro 89 2001 Río Lérez Pontevedra Campo Lameiro Cotobade 19 2001 Nome Municipio Superficie (ha) Data Río Ouro Alfoz Foz O Valadouro 72 2001 Río Tambre Tordoia Ordes Mesía Trazo Oroso Frades Santiago de Compostela O Pino 152 2001 Río Támega Castrelo do Val Laza Monterrei Verín Oímbra 719 2001 Río Tea Covelo Fornelos de Montes Mondariz Mondariz-Balneario Ponteareas Salvaterra de Miño 97 2001 Xubia-Castro A Capela Moeche Narón Neda San Sadurniño As Somozas As Pontes de García Rodríguez 1.986 2001 Serra da Enciña da Lastra Rubiá 1.723 2001 Serra do Candán Forcarei Lalín Silleda Beariz O Irixo 10.683 2001 Serra do Cando Cerdedo Cotobade Forcarei A Lama Beariz 5.402 2001 Serra do Careón Melide Santiso Toques Friol Palas de Rei 6.568 2001 Serra do Xistral As Pontes de García Rodríguez Abadín Alfoz Mondoñedo Muras Ourol O Valadouro Vilalba Xermade Xove Viveiro Cervo 22.564 2001 Sistema fluvial Ulla-Deza Catoira A Estrada Pontecesures Silleda Valga Vila de Cruces Boqueixón Dodro Padrón Rianxo Teo Touro Vedra 1.153 2001 Sobreirais do Arnego Agolada Lalín Vila de Cruces 1.081 2001 Veiga de Ponteliñares Porqueira Rairiz de Veiga 130 2001 TOTAL 359.559
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Redenatura.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles