Diario Oficial de Galicia, 18-07-2006, Núm. 138
Orde do 7 de xullo de 2006 pola que se ceden a varios concellos, camións de recollida de lixo propiedade da Xunta de Galicia.
Con data do 12 de maio de 1992 e do 25 de maio de 1994, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, convocou axudas para dotar as entidades locais de vehículos recolectores-compactadores de residuos sólidos urbanos.
A posta á disposición dos anteditos vehículos efectuouse, a través dun convenio de colaboración específico coa respectiva entidade local, por un período de dez anos.
Unha vez rematado o período temporal de cesión en uso dos anteditos vehículos, procede agora, ao abeiro do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e no regulamento que a desenvolve, o Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a través desta orde cédenselle os anteditos vehículos, relacionados na disposición adicional única, ás entidades locais que así o solicitaron, unha vez tramitados os oportunos expedientes de cesión, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da devandita lei e no artigo 96 bis do seu regulamento.
Por todo o exposto, en uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Cesión en propiedade.
Cédense en propiedade ás entidades locais indicadas, os vehículos relacionados na disposición adicional única desta orde.
Artigo 2ª.- Cláusulas.
A dita cesión, que se instrumentará a través dun convenio específico para o efecto con cada unha das entidades locais, haberá de levarse a cabo de acordo coas seguintes cláusulas:
1. Os vehículos cedidos destinaranse á recollida e transporte de residuos sólidos urbanos.
2. Esta cesión, en propiedade, outórgase con carácter definitivo, sen prexuízo do previsto nos puntos seguintes.
3. O concello cesionario deberá realizar, perante a Xefatura Provincial de Tráfico, os trámites precisos para o cambio de titularidade do vehículo.
4. Así mesmo, o concello comprométese a efectuar o pagamento dos importes adebedados en concepto de imposto de circulación de vehículos de tracción mecánica.
5. Serán causas de resolución da cesión acordada, revertendo os bens ao patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor do detrimento ou deterioración que aqueles experimentasen, as seguintes:
- Non aplicación á fin sinalada no punto 1) deste artigo.
- Non reinvestir o importe do seu alleamento na adquisición doutro ben para a mesma finalidade.
- A súa utilización con grave quebrantamento.
- En xeral, o incumprimento das condicións de cesión.
6. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderá comprobar o cumprimento das obrigas aparelladas á cesión, ao abeiro das facultades de control e vixilancia da cesión, segundo o disposto no artigo 87 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aprobou o regulamento de execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da comunidade autónoma.
7. As entidades locais cesionarias responderán fronte a terceiros de todos os danos que poidan derivarse, directa ou indirectamente, da utilización dos vehículos cedidos.
Artigo 3º.- Formalización da cesión.
A cesión formalizarase mediante acta, subscrita polo secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o órgano competente de cada concello, na que deberá constar o acordo de cesión e a aceptación do cesionario segundo o disposto nesta orde.
Disposición adicional
Única.- Relación de vehículos que se ceden, con indicación da súa matrícula, marca e número de bastidor, así como os dos concellos beneficiarios:
MATRÍCULA // CONCELLO // MARCA // Nº BASTIDOR
C 4375 BD // CURTIS // DAF // XLRAE45CE0L069978
C 4377 BD // VAL DO DUBRA // DAF // XLRAE45CE0L069110
C 5261 BD // TEO // DAF // XLRAE66NS0L114753
C 4374 BD // BOQUEIXÓN // DAF // XLRAE45CE0L068650
C 5629 BD // OLEIROS // DAF // XLRAE66NS0L112989
C 5630 BD // OUTEIRO DE REI // DAF // XLRAE66NS0L113868
C 4373 BD // O INCIO // DAF // XLRAE45CE0L114111
C 4790 BD // PALAS DE REI // DAF // XLRAE45CE0L113354
C 4791 BD // O VICEDO // DAF // XLRAE 45CE0L112279
C 3412 BD // VIANA DO BOLO // DAF // XLRAE45CE0L068532
C 4792 BD // MANZANEDA // DAF // XLRAE45CE0L113362
C 4793 BD // BARBADÁS // DAF // XLRAE45CE0L113360
C 4376 BD // MONDARIZ // DAF // XLRAE45CE0L068645
C 4188 BD // POIO // DAF // XLRAE66NS0L113950
C 4189 BD // SANXENXO // DAF // XLRAE66NS0L114723
C 5262 BD // A ESTRADA // DAF // XLRAE66NS0L113257
C 6845 BK // SADA // IVECO // ZCFA1RDH00B014848
C 6846 BK // RIBEIRA // IVECO // ZCFA1RDH00B014801
C 6847 BK // ORDES // IVECO // ZCFA1RDH00B012780
C 6848 BK // ZAS // NISSAN // VSKM1116KTS375132
C 6849 BK // BOIMORTO // NISSAN // VSKM1116KRA375621
LU 0438 S // FOLGOSO DO COUREL // NISSAN // VSKM1116KRA374596
LU 0439 S // ANTAS DE ULLA // NISSAN // VSKM1116KRA374742
LU 0437 S // MONDOÑEDO // NISSAN // VSKM1116KRA376008
LU 0436 S // A PONTENOVA // NISSAN // VSKM1116KRA375518
LU 0435 S // XOVE // NISSAN // VSKM1116KRA375098
LU 0434 S // ALFOZ // IVECO // ZCFA1RDH00B014758
OR 3751 P // A GUDIÑA // NISSAN // VSKM1116KRA376532
OR 3750 P // O BOLO // NISSAN // VSKM1116KRA 375599
OR 3749 P // XUNQUEIRA DE AMBÍA // IVECO // ZCFA1RDH00B014759
OR 3748 P // O BARCO DE VALDEORRAS // NISSAN // VSKM1116KRA376240
OR 3747 P // MUÍÑOS // NISSAN // VSKM1116KRA376292
PO 6929 AX // LALÍN // IVECO // ZCFA1RDH00B016780
PO 6927 AX // A ESTRADA // IVECO // ZCFA1RDH00B016809
PO 6928 AX // CANGAS // IVECO // ZCFA1RDH00B016722
PO 6931 AX // MOS // NISSAN // VSKM1116KRA376057
PO 6932 AX // BAIONA // NISSAN // VSKM1116KRA376154
PO 6933 AX // CAMBADOS // NISSAN // VSKM1116KRA376155
Disposicións derradeiras
Primeira.- A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a través da Secretaría Xeral e das delegacións provinciais, realizará os trámites necesarios para a execución do disposto nesta orde.
Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS