Diario Oficial de Galicia, 22-09-2006, Núm. 184, Páx. 14433
Orde do 7 de setembro de 2006 pola que se declara de interese galego a Fundación Refuxio de Animais e se ordena a súa inscrición na sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego desta consellería.
Con data do 12 de xullo de 2006, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 134, a Orde do 5 de xullo de 2006 pola que se clasifica de interese social a Fundación Refuxio de Animais, adscribíndose á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, que terá que exercer o protectorado plenamente sobre ela.
Esta fundación, de acordo co establecido no artigo cinco dos estatutos, ten por obxecto principal a xestión do Refuxio Municipal de Animais do concello de Santiago de Compostela, e complementariamente, a realización de actividades de xestión, coordinación, asesoramento, docencia e investigación en materia de coidados e asistencia dos animais domésticos e salvaxes en catividade, promovendo a eficacia, eficiencia e seguridade dos animais e do seu contorno.
Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, e 32.3º a) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,
DISPOÑO:
Primeiro.- Declarar de interese galego a Fundación Refuxio de Animais, ao cumprir os seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.
Segundo.- Ordenar a inscrición da dita fundación no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.
Terceiro.- A dita fundación queda sometida ao disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial, ás obrigas de darlles publicidade suficiente ás súas actividades, e a ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, quedando obrigada a lle render contas anualmente ao protectorado e xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais así como presentarlle o proxecto de orzamento ao protectorado con anterioridade ao inicio do exercicio económico para o que se formula, e debendo solicitar as preceptivas autorizacións, cando sexan necesarias.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS