Diario Oficial de Galicia, 12-07-2006, Núm. 134, Páx. 11193
Orde do 5 de xullo de 2006 pola que se clasifica de interese social a Fundación Refuxio de Animais.
Visto o expediente de clasificación da Fundación Refuxio de Animais, con domicilio en Bando-Santiago de Compostela (A Coruña).
Supostos de feito.
1. José Antonio Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día catorce de xuño de dous mil seis, ante o notario Manuel Remuñán López co número de protocolo novecentos sesenta e tres, por José Antonio Sánchez Bugallo que intervén en representación do Concello de Santiago de Compostela.
3. Segundo consta no artigo cinco dos seus estatutos, a fundación ten como obxecto principal a xestión do Refuxio Municipal de Animais do Concello de Santiago, e complementariamente, a realización de actividades de xestión, coordinación, asesoramento, docencia e investigación en materia de coidados e asistencia dos animais domésticos e salvaxes en catividade, promovendo eficacia, eficiencia e seguridade dos animais e do seu contorno.
4. O padroado da fundación estará integrado por José Antonio Sánchez Bugallo como presidente, Elvira Cienfuegos López como vicepresidenta, e por Xacobe Pérez Paz, Marta Álvarez-Santullano Fernández, Néstor Rego Candamil, Pablo Martín Quinteiro, Ángel Pérez Otero, Isabel Kerdudo, Susana Romero García, Xosé-Benito Reza Rodríguez e María Teresa Jardón Álvarez, como vogais.
5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese social da Fundación Refuxio de Animais dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos exixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese social e a súa adscrición á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Fundamentos de dereito.
1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.
2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.
3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día tres de xullo de dous mil seis.
Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeneral aplicación.
Na súa virtude,
DISPOÑO:
Clasificar de interese social a Fundación Refuxio de Animais adscribíndoa á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2006.
José Luis Méndez Romeu
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL