Diario Oficial de Galicia, 12-03-2007, Núm. 50, Páx. 3769
Orde do 5 de marzo de 2007 pola que se nomean os novos vogais compoñentes do Observatorio Galego de Educación Ambiental.
O Decreto 78/2001, do 22 de marzo, creou o Observatorio Galego de Medio Ambiente como órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento da Consellería de Medio Ambiente en relación co desenvolvemento da educación ambiental en Galicia.
Posteriormente, este decreto resultou derrogado polo Decreto 68/2006, do 30 de marzo, de protección do medio ambiente que regula o Observatorio Galego de Educación Ambiental que, á marxe de recoller todas as previsións e regulacións existentes ata o momento do Observatorio Galego de Educación Ambiental nun só texto normativo, procedeu á súa adaptación á nova organización administrativa dos departamentos da Xunta de Galicia establecida no Decreto 232/2005, do 12 de agosto, así como á súa adaptación á finalidade do asesoramento e do seguimento das actuacións en materia de educación ambiental na nosa comunidade autónoma.
Así mesmo, o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, establece a nova estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, así como as competencias e funcións que lle corresponden en materia de ambiente e conservación da natureza e que se establecen no Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación.
En virtude do anterior e, dados os cambios organizativos operados na propia Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, así como nas institucións e asociacións representadas no Observatorio Galego de Educación Ambiental, faise necesario o nomeamento dos novos vogais, ao perderen a súa representatividade os anteriormente nomeados.
En consecuencia e, en aplicación do artigo 4 do Decreto 68/2006, do 30 de marzo, polo que se regula o Observatorio Galego de Educación Ambiental, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e demais normativa concorrente,
DISPOÑO:
Artigo único.- Designar como vogais do Observatorio Galego de Educación Ambiental, segundo o disposto no artigo 3 do Decreto 68/2006, do 30 de marzo, polo que se regula o Observatorio Galego de Educación Ambiental, as persoas que a seguir se relacionan:
a) Polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia:
- Como titular: Carlos Vales Vázquez, director do centro.
- Como suplente: Araceli Serantes Pazos, xefa da área de extensión universitaria do centro.
b) Pola Sociedade Galega de Educación Ambiental:
- Como titular: Lucía Iglesias da Cunha, presidenta da Sociedade Galega de Educación Ambiental.
- Como suplente: Susana Soto Fernández, vicepresidenta da Sociedade Galega de Educación Ambiental.
c) Polas asociacións protectoras do Medio Ambiente:
- Como titular: Ramsés Pérez Rodríguez, membro da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega).
- Como suplente: Camilo Ojea Bouzo, membro da Federación Ecoloxista Galega.
d) Pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:
- Como titular: José Francisco Serrallé Marzoa, asesor en Física e Química.
- Como suplente: Carmela García González, asesora en Tecnoloxía.
e) Pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible:
- Como titular: Dionisio Rodríguez Álvarez, subdirector xeral de Fomento do Desenvolvemento Sostible.
- Como suplente: Carlos de Pablos Arribas, xefe de Servizo de Planificación da Sostibilidade.
f) Como expertos en educación ambiental, por proposta do director xeral de Desenvolvemento Sostible:
- José Antonio Caride Gómez, catedrático de Pedagoxía Social da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
- Manuel Antonio Fernández Domínguez, profesor do Taller de Educación Ambiental do Instituto de Ciencias da Educación (ICE).
- Xan Rodríguez Silvar, profesor de ensino secundario.
- Francisco Soñora Luna, mestre e profesor de ensinanza secundaria.
- Francisco Javier Ramírez Núñez, técnico ambiental do Concello da Coruña.
g) Como secretario:
- Como titular: Manuel Salgado Blanco, xefe de Servizo de Educación para a Sostibilidade da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible.
- Como suplente: Sonia Vázquez Villanueva, xefa de Servizo de Promoción da Sostibilidade da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2007.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL
EDUCACIÓN E FORMACIÓN AMBIENTAL