Orde do 5 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2007 axudas para a prevención de ataques do lobo ao gando.

Diario Oficial de Galicia, 28-03-2007, Núm. 62, Páx. 5012
Orde do 5 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2007 axudas para a prevención de ataques do lobo ao gando. Ao abeiro do disposto no artigo 148.1º11 da Constitución española, en virtude do establecido no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de caza. O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, crea a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, establecéndose a súa estrutura orgánica básica polo Decreto 232/2005, do 11 de agosto, no que se fixa a Dirección Xeral de Conservación da Natureza como un dos centros directivos adscritos a ela. Segundo o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, compételle á devandita consellería a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos, precisamente a través da precitada dirección xeral. A presenza do lobo en espazos rurais moi humanizados é, con frecuencia, causa de conflito cos gandeiros. Por iso, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible estableceu unha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados por esta actividade depredadora dos lobos. Nesa mesma liña, preténdese agora artellar diversas accións de protección dos rabaños para evitar os danos que causan estes cánidos sobre o gando do noso país. Son medidas, tradicionais unhas e máis innovadoras outras, que pretenden afastar do gando doméstico, que pasta en réxime de liberdade ou de semiliberdade, os lobos que puidesen depredalo. O réxime xeral das axudas e subvencións nesta Administración pública establécese nas disposicións básicas da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A nivel regulamentario a normativa principal constitúea o Decreto 287/2000, do 21 de novembro. Esta orde de convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva, cumpre coas exixencias da precitada normativa. Na súa virtude, consonte co disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, DISPOÑO: Artigo 1º.- Ámbito obxectivo, finalidade e principios. 1. Esta orde ten por obxecto establecer unha liña de axudas para fomentar a aplicación de medidas de protección do gando saneado en explotacións extensivas ou semiextensivas, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos e disuasorios dos ataques do lobo ao gando saneado das especies vacún, caprina, ovina, así como da equina. 2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, concorrencia competitiva, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados na asignación e utilización dos recursos públicos, con sometemento ao previsto nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; así como no previsto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, serán de aplicación os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. 3. De conformidade cos apartado 3º e 4º do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web. Artigo 2º.- Actuacións subvencionables. Ao abeiro desta orde, subvencionarase a adquisición de cans mastíns, pastores eléctricos, o emprego de curros e a instalación de detonadores de propano. Non será obxecto de subvención nesta campaña o transporte dos materiais, nin a man de obra para a instalación e mantemento dos pastores eléctricos, nin a adquisición de cables e postes. Artigo 3º.- Beneficiarios e requisitos comúns. 1. Poderanse acoller a estas axudas os gandeiros con explotacións de animais domésticos das especies ovina, vacún, caprina e equina na nosa comunidade autónoma. 2. O gando terá que estar identificado e saneado de acordo coa normativa aplicable para o efecto. 3. Os beneficiarios destas axudas terán que acreditar a súa condición de gandeiro dun rabaño de gando maior superior ás 10 cabezas e/ou de gando menor superior ás 30 cabezas. 4.-. Non poderán obter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde, as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Artigo 4º.- Adquisición de cans mastíns. 1. Soamente será subvencionable a adquisición dos cans de raza mastín leonés dunha idade inferior aos 4 meses. Deberá presentarse a documentación sobre os controis sanitarios (ver indicacións do anexo III ). 2. A adquisición terá que producirse o longo do ano 2007. 3. Estas axudas poderán cubrir a totalidade do custo de adquisición dos cans mastíns. O número dos subvencionables por explotación estará en función da cantidade de gando, podendo subvencionarse un máximo dun mastín por cada 30 reses de gando menor ou 10 reses de gando maior; ata dous mastíns por explotación. 4. O importe das axudas non excederá os 150 A por mastín e poderán minorarse na contía que proceda, en función do número de solicitudes e da contía orzamentaria. Artigo 5º.- Pastores eléctricos. 1. As axudas relativas á instalación dos pastores eléctricos poderán cubrir a totalidade do seu custo da adquisición. Instalarase en valados segundo as especificacións do anexo III. 2. A contía máxima da axuda por cada pastor será de 100 A, podendo concederse varias axudas para a instalación de máis pastores nunha mesma explotación e formuladas nunha mesma solicitude, non superando en ningún caso o número de 4. Artigo 6º.- Emprego de curros. 1. As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición dos curros. 2. A contía máxima da axuda para o emprego de curros será de 60 A por explotación. Artigo 7º.- Detonadores de propano. 1. O solicitante terá que acreditar a súa condición de gandeiro cun rabaño de gando maior superior ás 10 cabezas, ou de gando menor superior ás 30 cabezas (ver indicacións do anexo III). 2. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible subvencionará un máximo dun detonador por cada 30 reses de gando menor ou 10 reses de gando maior e ata tres detonadores por explotación. 3. O importe máximo da axuda será de 150 A por detonador, sen que poida superarse, en ningún caso, o seu custo total. Artigo 8º.- Compromisos por parte do gandeiro que perciba unha subvención. 1. O gandeiro perceptor da axuda asume o compromiso do mantemento e debido uso dos sistemas de prevención de danos que sexan obxecto de subvención. Para tal efecto, poderá solicitar asesoramento técnico á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. 2. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderá realizar as inspeccións que considere oportunas para comprobar o estado, manexo e eficiencia dos sistemas de prevención de danos subvencionados. 3. O beneficiario destas axudas asume a obriga, polo menos durante un prazo de tres anos, de destinar os ditos elementos preventivos e disuasorios obxecto de subvención aos fins de protección recollidas nesta orde. Artigo 9º.- Criterios para a concesión da axuda. 1. Para a concesión das axudas establécense os seguintes criterios de valoración, por orde de preferencia: a) Existencia de ataques de lobos e reincidencia de ataques (*) (10 puntos, e 1 punto máis por cada ataque reincidente ) b) Presenza e densidade do lobo no concello (**). Zona 1.-8 puntos zona 2.-4 puntos zona 3.1 punto. c) Nº de cabezas de gando: Gando maior, máis de 10 cabezas: 2 puntos. Gando maior, máis de 20 cabezas: 4 puntos. Gando maior, máis de 40 cabezas: 6 puntos. Gando menor, máis de 30 cabezas: 2 puntos. Gando menor, máis de 60 cabezas: 4 puntos. Gando menor, máis de 100 cabezas: 6 puntos. (*) A existencia de ataques de lobos toma como criterio espacial o do concello en se que produciron os ataques e como criterio temporal, o do último ano segundo o anexo IV. (**) A presenza e densidade de lobos na zona determinarase en función dos datos que figuran no mapa de densidades do proxecto de Plan de xestión do lobo que elaborou a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. 2. O criterio de repartición será atendendo ás solicitudes ordenadas de maior a menor puntuación ata esgotar o crédito. Artigo 10º.- Solicitudes e documentación. 1. As solicitudes formalizaranse mediante instancia dirixida ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, segundo o modelo normalizado que figura no anexo I desta orde. 2. Estas solicitudes presentaranse nos servizos provinciais de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ou en calquera dos lugares e segundo o procedemento previsto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 3. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 4. Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación: a) Copia das follas de saneamento. b) Fotocopia do CIF/NIF do propietario das reses. c) Ficha para a transferencia bancaria no modelo que se xunta como anexo II a esta orde. d) Se o titular fose unha persoa xurídica, acordo do órgano competente desta polo que se aprobou a solicitude desta axuda. e) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, así como dunha comunidade de bens, deberase acreditar a representación con que se actúa e mais o do acordo dos partícipes para solicitar a subvención. Cando se trate dunha comunidade de bens, ademais acreditarase que o acordo se toma pola maioría dos seus membros e o réxime de participación de cada un deles na dita comunidade. f) Declaración do conxunto das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas. 5. A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvencións polo interesado, segundo o artigo 43 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o requirido nas correspondentes bases reguladoras. En todo caso, o solicitante terá que estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Non obstante, só será necesario para as axudas que se concedan por importe superior a 1.500 A ao abeiro do disposto no artigo 41.1 g) da citada lei. Artigo 11º.- Tramitación. 1. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible comprobarán que as solicitudes cumpren cos requisitos exixidos e que se lles xuntan os documentos sinalados. No caso de que fosen detectadas faltas ou omisións, o servizo provincial requirirá o solicitante para que, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, indicándolle que se non o fixese, poderase considerar desistida da súa petición, logo da resolución pertinente e arquivala sen máis trámites, de acordo co disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 2. Constituirase en cada delegación provincial unha comisión de valoración, presidida polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, ou persoa en quen delegue, da que formarán parte, ademais, o xefe do Servizo de Conservación da Natureza e un funcionario da citada unidade administrativa, que actuará como secretario. 3. Examinadas as solicitudes e a documentación presentada, e efectuada a correspondente valoración, as delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible elaborarán a oportuna proposta no prazo de dous meses desde a data de presentación de solicitudes, que elevarán á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, para continuar coa tramitación. Artigo 12º.- Resolución e recursos. 1. O director xeral de Conservación da Natureza resolverá a concesión ou a denegación das solicitudes nun prazo máximo de seis meses, dende a publicación no DOG desta orde. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se ditase a resolución posibilitará que os interesados poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo, sen prexuízo da obriga de resolver expresamente, conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999. 2. As resolucións, de concesión ou denegatorias, notificaránselles aos solicitantes, dentro dos dez días seguintes á súa sinatura. A resolución do director xeral porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor diante del, recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo; ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 e artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso administrativa. 3. Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Artigo 13º.- Compatibilidade. 1. As axudas recollidas nesta orde serán compatibles con calquera outra destinada aos mesmos fins, sempre que o total das subvencións non supere o custo total do investimento solicitado. Na concesión destas axudas respectaranse os límites máximos declarados pola Unión Europea en sectores específicos. 2. No momento da xustificación da execución total ou parcial do proxecto, e con anterioridade ao pagamento, o beneficiario deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes. Artigo 14º. Xustificación do gasto. 1. A xustificación do investimento obxecto de axuda deberase realizar mediante facturas orixinais. Só serán subvencionables os gastos efectivamente pagados polo beneficiario, o que terá que xustificar a través de distintos medios, como copia da transferencia bancaria ao provedor, selo de pagado na factura, coa sinatura de conformidade do provedor, ou calquera outro dos medios previstos no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. No caso de adquisición de cans mastíns presentarase ademais do especificado no punto 1 o certificado expedido por un veterinario colexiado, en que se acredite a idade do can e a súa raza. Deberase achegar, así mesmo, a documentación sobre os controis sanitarios. 3. Con carácter xeral e salvo que a resolución da concesión da axuda dispoña o contrario, a xustificacións dos investimentos deberá realizarse antes do 15 de setembro. Artigo 15º.- Revogación. 1. Serán causa de revogación das axudas as seguintes: a) Destinar o seu importe a unha finalidade diferente daquela para a cal foron concedidas. b) A non realización dos traballos obxecto da subvención. c) A non-presentación, ou presentación fóra de prazo, de calquera documentación requirida en calquera momento da tramitación. d) Modificación das accións previstas de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde. e) Ocultar, manipular, falsear datos ou entorpecer de forma deliberada o labor de inspección e control. f) O incumprimento de calquera das condicións establecidas tanto nesta orde como no resto da normativa aplicable. g) Por incumprimento de calquera das disposicións legais vixentes. 2. En todos os supostos anteriormente citados, por proposta do director xeral de Conservación da Natureza, tras o informe previo do servizo provincial e audiencia previa ao interesado, o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderá revogar, total ou parcialmente, as axudas que foron concedidas no seu día e declarará a obriga de reintegrar á Xunta de Galicia as cantidades percibidas, co aboamento dos xuros de demora fixados pola lei. Artigo16º.- Reintegro. 1. Os beneficiarios destas subvencións deberán reintegrar, total ou parcialmente, a axuda pública recibida, cos xuros de demora, no caso de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, así como nos supostos de incumprimento da obriga de xustificación, de obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, e incumprimento da finalidade para a cal foi concedida, conforme o artigo 19 do Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas na Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. 2. Aos beneficiarios seralles de aplicación, nos seus propios termos, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións establecido no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora. Artigo 17º.- Obriga de facilitar información. Ademais da documentación complementaria que os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza lles poidan exixir durante a tramitación do procedemento, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde, teñen a obriga, conforme o disposto no artigo 78.8º j) do Decreto lexislativo 1/1999, de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lle sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control da Unión Europea. Disposicións adicionais Primeira.- As axudas concedidas ao abeiro desta orde financiaraas a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.541B.770.1, código de proxecto 2007-00-642, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, ata un importe máximo de 70.000 euros. Segunda.- Esta dotación orzamentaria, financiada con fondos propios, poderá incrementarse en función das dispoñibilidades orzamentarias, con cargo á mesma aplicación. Terceira.- As axudas para as actuacións subvencionables outorgaranse ata a o límite da dotación orzamentaria. Cuarta.- Delégase no director xeral de Conservación da Natureza o exercicio da competencia para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde, contida no seu artigo 12.1º, consonte o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Disposicións derradeiras Primeira.- Desenvolvemento. Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde. Segunda.- Entrada en vigor. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2007. Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ANEXO III - Utilización de mastíns Durante séculos o home seleccionou razas de cans para protexer os seus rabaños dos ataques dos lobos. Ter bos cans é un dos mellores métodos de evitar que os lobos causen danos ao gando. Os cans deben estar co rabaño (en contacto físico permanente) desde os 2-3 meses, para establecer vínculos sociais coas reses. É importante que os cadelos sexan descendentes de cans acostumados a traballar co gando que exhiban bos comportamentos de vixilancia e protección. Aos 3-4 meses xa poden e deben ir acompañando o rabaño. Un can que pasase o período de socialización (primeiros meses de vida) cun rabaño irá integrado nel como se fose a súa familia. Non é necesario ensinarlle ao can nada especial. Os comportamentos de vixilancia e protección da súa familia son innatos. Débense coidar ben os cans, alimentalos adecuadamente e proporcionarlles os coidados veterinarios que precisen. Os cans deben manter o mínimo contacto posible coas persoas, a ser posible, só co dono. - Detonadores de propano. Os detonadores de propano son métodos de prevención temporais. Ao final os animais silvestres poden acostumarse ao son das detonacións. A este respecto, para aumentar a súa eficacia, recoméndase que os intervalos entre explosións sexan relativamente curtos e que se cambie a localización dos detonadores cada 3-4 días. Cando o lugar onde se van instalar os detonadores estea próximo a algún núcleo de poboación, é conveniente contactar cos veciños para avisar da instalación destes aparellos e dispoñelos de forma que non lles causen molestias aos habitantes da zona. - Valados electrificados. A instalación de valados electrificados é outro dos métodos utilizados para evitar que os depredadores accedan ao ganado. Os animais que tocan os arames condutores do valado reciben una pequena descarga eléctrica. Esta experiencia desagradable é aprendida, e así se consegue que non intenten acercarse de novo ao cercado. Un valado electrificado instálase rodeando a parcela ou superficie en que se encontra o gando durante o día ou cercando os curros onde pasa a noite. Existe a posibilidade de utilizar valados electrificados desmontables, para poder cambiar a súa localización destes en función das necesidades do gando. Os valados electrificados deberían ter polo menos 5 cables, colocados a unha distancia de 20-30 cm. É conveniente que os cables situados a menor altura estean a máis próximos entre si e que o primeiro non estea a máis de 5-10 cm do chan. Os postes deben colocarse a uns 5-10 m de distancia e ter unha altura de 1,5 m aproximadamente. Recoméndase xerar impulsos eléctricos de 5.000 voltios e a unha frecuencia de 1 impulso/segundo. ANEXO IV - Resumo de expedientes de axudas por ataques de lobo na campaña 2006 por concellos (desde setembro de 2005 ata o 1 de outubro de 2006). PROVINCIA // CONCELLO // NOME DO CONCELLO // ATAQUES CONFIRMADOS // ATAQUES POSTERIORES AO 1 DE OUTUBRO ATA O 31 DE DECEMBRO // TOTAL ATAQUES 36 // 24 // LALIN // 27 // 4 // 31 36 // 17 // ESTRADA (A) // 22 // 1 // 23 27 // 58 // SAVIÑAO (O) // 15 // 4 // 19 15 // 80 // SOBRADO // 15 // 0 // 15 15 // 19 // CARBALLO // 14 // 0 // 14 15 // 24 // CERCEDA // 14 // 0 // 14 27 // 20 // FRIOL // 13 // 1 // 14 15 // 41 // LARACHA, A // 13 // 0 // 13 27 // 21 // XERMADE // 10 // 1 // 11 27 // 49 // PORTOMARIN // 7 // 4 // 11 27 // 41 // PANTON // 8 // 2 // 10 15 // 70 // PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ (AS) // 9 // 0 // 9 27 // 22 // GUITIRIZ // 7 // 2 // 9 32 // 49 // MONTEDERRAMO // 9 // 0 // 9 36 // 18 // FORCAREI // 8 // 1 // 9 36 // 19 // FORNELOS DE MONTES // 9 // 0 // 9 27 // 16 // CHANTADA // 6 // 2 // 8 27 // 40 // PALAS DE REI // 6 // 2 // 8 36 // 20 // AGOLADA // 6 // 2 // 8 36 // 59 // VILA DE CRUCES // 7 // 1 // 8 27 // 9 // CARBALLEDO // 2 // 5 // 7 27 // 33 // MURAS // 4 // 3 // 7 27 // 63 // VALADOURO (O) // 5 // 2 // 7 15 // 32 // CURTIS // 6 // 0 // 6 15 // 45 // MAZARICOS // 6 // 0 // 6 15 // 88 // VAL DO DUBRA // 6 // 0 // 6 27 // 31 // MONFORTE DE LEMOS // 6 // 0 // 6 27 // 44 // PASTORIZA (A) // 3 // 3 // 6 36 // 9 // CAÑIZA (A) // 5 // 1 // 6 36 // 52 // SILLEDA // 6 // 0 // 6 15 // 26 // CESURAS // 5 // 0 // 5 15 // 52 // MUXIA // 5 // 0 // 5 15 // 86 // TRAZO // 5 // 0 // 5 15 // 92 // VIMIANZO // 5 // 0 // 5 27 // 24 // INCIO (O) // 5 // 0 // 5 27 // 28 // LUGO // 4 // 1 // 5 27 // 59 // SOBER // 5 // 0 // 5 15 // 27 // COIROS // 4 // 0 // 4 15 // 47 // MESIA // 4 // 0 // 4 27 // 1 // ABADIN // 3 // 1 // 4 27 // 38 // OUROL // 4 // 0 // 4 27 // 42 // PARADELA // 3 // 1 // 4 36 // 43 // PONTE CALDELAS // 4 // 0 // 4 15 // 10 // BOIMORTO // 3 // 0 // 3 15 // 21 // CARRAL // 3 // 0 // 3 15 // 50 // MONFERO // 3 // 0 // 3 15 // 59 // ORDES // 3 // 0 // 3 15 // 83 // TOQUES // 3 // 0 // 3 15 // 84 // TORDOIA // 3 // 0 // 3 27 // 12 // CERVANTES // 3 // 0 // 3 27 // 14 // CORGO (O) // 2 // 1 // 3 27 // 32 // MONTERROSO // 3 // 0 // 3 27 // 34 // NAVIA DE SUARNA // 2 // 1 // 3 27 // 65 // VILALBA // 3 // 0 // 3 27 // 901 // BARALLA // 2 // 1 // 3 32 // 4 // AVION // 3 // 0 // 3 32 // 23 // CASTRO CALDELAS // 3 // 0 // 3 32 // 89 // VILAR DE BARRIO // 2 // 1 // 3 36 // 30 // MONDARIZ // 2 // 1 // 3 36 // 37 // PAZOS DE BORBEN // 3 // 0 // 3 15 // 3 // ARANGA // 2 // 0 // 2 15 // 6 // ARZUA // 2 // 0 // 2 15 // 8 // BERGONDO // 2 // 0 // 2 15 // 16 // CAMARIÑAS // 2 // 0 // 2 15 // 34 // DUMBRIA // 2 // 0 // 2 15 // 42 // LOUSAME // 2 // 0 // 2 15 // 46 // MELIDE // 2 // 0 // 2 15 // 74 // ROIS // 2 // 0 // 2 15 // 78 // SANTIAGO DE COMPOSTELA // 2 // 0 // 2 27 // 25 // XOVE // 1 // 1 // 2 27 // 47 // POBRA DO BROLLÓN (A) // 2 // 0 // 2 27 // 57 // SARRIA // 1 // 1 // 2 27 // 66 // VIVEIRO // 2 // 0 // 2 32 // 15 // BOLO (O) // 1 // 1 // 2 32 // 29 // CHANDREXA DE QUEIXA // 2 // 0 // 2 32 // 30 // ENTRIMO // 2 // 0 // 2 32 // 34 // GUDIÑA (A) // 2 // 0 // 2 32 // 47 // MERCA (A) // 2 // 0 // 2 32 // 52 // NOGUEIRA DE RAMUIN // 2 // 0 // 2 32 // 84 // VEREA // 2 // 0 // 2 36 // 7 // CAMPO LAMEIRO // 0 // 2 // 2 36 // 12 // COTOBADE // 2 // 0 // 2 36 // 15 // CUNTIS // 2 // 0 // 2 36 // 16 // DOZON // 2 // 0 // 2 36 // 25 // LAMA (A) // 2 // 0 // 2 15 // 2 // AMES // 1 // 0 // 1 15 // 9 // BETANZOS // 1 // 0 // 1 15 // 11 // BOIRO // 1 // 0 // 1 15 // 29 // CORISTANCO // 1 // 0 // 1 15 // 38 // FRADES // 1 // 0 // 1 15 // 39 // IRIXOA // 1 // 0 // 1 15 // 43 // MALPICA DE BERGANTIÑOS // 1 // 0 // 1 15 // 56 // NEGREIRA // 1 // 0 // 1 15 // 60 // OROSO // 1 // 0 // 1 15 // 62 // OUTES // 1 // 0 // 1 15 // 63 // OZA DOS RIOS // 1 // 0 // 1 15 // 66 // PINO (O) // 1 // 0 // 1 15 // 77 // SANTA COMBA // 1 // 0 // 1 15 // 79 // SANTISO // 1 // 0 // 1 15 // 85 // TOURO // 1 // 0 // 1 15 // 90 // VILASANTAR // 1 // 0 // 1 27 // 3 // ANTAS DE ULLA // 0 // 1 // 1 27 // 4 // BALEIRA // 1 // 0 // 1 27 // 6 // BECERREA // 1 // 0 // 1 27 // 7 // BEGONTE // 1 // 0 // 1 27 // 18 // FONSAGRADA (A) // 1 // 0 // 1 27 // 43 // PARAMO (O) // 1 // 0 // 1 27 // 45 // PEDRAFITA DO CEBREIRO // 1 // 0 // 1 27 // 55 // SAMOS // 1 // 0 // 1 27 // 60 // TABOADA // 1 // 0 // 1 27 // 62 // TRIACASTELA // 1 // 0 // 1 32 // 1 // ALLARIZ // 1 // 0 // 1 32 // 5 // BALTAR // 1 // 0 // 1 32 // 11 // BEARIZ // 1 // 0 // 1 32 // 19 // CARBALLIÑO (O) // 1 // 0 // 1 32 // 24 // CELANOVA // 1 // 0 // 1 32 // 32 // XINZO DE LIMIA // 0 // 1 // 1 32 // 42 // LOBIOS // 1 // 0 // 1 32 // 45 // MASIDE // 1 // 0 // 1 32 // 56 // PADRENDA // 0 // 1 // 1 32 // 63 // POBRA DE TRIVES (A) // 1 // 0 // 1 32 // 76 // SAN CRISTOVO DE CEA // 1 // 0 // 1 32 // 79 // TABOADELA // 1 // 0 // 1 32 // 82 // TRASMIRAS // 1 // 0 // 1 32 // 90 // VILAR DE SANTOS // 1 // 0 // 1 36 // 11 // CERDEDO // 1 // 0 // 1 36 // 13 // COVELO (O) // 1 // 0 // 1 36 // 47 // RODEIRO // 1 // 0 // 1 36 // 57 // VIGO // 1 // 0 // 1 462 // 57 // 519
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
PROTECCIÓN DA FAUNA E DA FLORA

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
OII05032007.pdf Galego
oII05032007.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles