ORDE DO 5 DE MAIO DE 1999 POLA QUE SE CONVOCAN OS PREMIOS MEDIO AMBIENTE DE GALICIA 1999

Diario Oficial de Galicia, 11-05-1999, Núm. 89, Páx. 5664
A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que ten atribuídas as competencias e funcións que en materia de ambiente e conservación da natureza se establecen nos artigos 27.10º, 11º, 15º e 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación. Ademais, de conformidade co disposto no Decreto 482/1997, do 26 de decembro, no artigo 7, punto 2.1, realizará as funcións relativas á formación dunha conciencia social para a defensa e mellora do contorno e a formación permanente en materia ambiental. Estas funcións desenvólvense mediante diversos plans, entre os que destaca o Plan de Difusión Ambiental. Os Premios Medio Ambiente de Galicia teñen como finalidade dar pulo á cultura ambiental na Comunidade Autónoma, mediante o recoñecemento de persoas, colectivos, empresas e institucións que destacasen na defensa dos valores ambientais no ámbito territorial de Galicia, Así como promove-la difusión de tales valores pola repercusión que estes premios teñen nos medios de comunicación e sobre a opinión pública. Para tal efecto, no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.11º e 30 do Estatuto de autonomía para Galicia e o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, DISPOÑO: Artigo 1º Convoca-los premios Medio Ambiente de Galicia 1999. Artigo 2º.-Premios. 1. Convócanse os seguintes premios: a) Premio Medio Ambiente de Galicia ó labor de profesionais dos medios de comunicación por accións meritorias no ámbito da difusión e divulgación ambiental. b) Premio Medio Ambiente de Galicia ó traballo de investigación científica sobre temática ambiental. c) Premio Medio Ambiente de Galicia pola acción ou campaña escolar de temática ambiental levada a cabo por alumnos e profesores de centros de ensino dos niveis non universitarios. d) Mencións honoríficas, que poderán ser outorgadas con carácter extraordinario, xustificando a súa concesión. 2. A dotación de cada un dos premios será de 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros). O pagamento dos premios farase con cargo ó concepto 15.04.342A.6401 do orzamento vixente. 3. As mencións honoríficas non terán dotación económica. 4. As actividades propostas para premio deberon ser desenvolvidas no ano 1998. Artigo 3º.-Participación. 1. As candidaturas poderán ser presentadas polos propios candidatos ou por outras persoas, entidades ou institucións. 2. Cada candidatura soamente poderá ser presentada a unha das modalidades. 3. As propostas de candidaturas acompañaranse dunha memoria na que se xustifiquen as razóns polas que se opta ó premio. En caso de que a solicitude non sexa presentada pola candidata/o deberá acompañarse dun documento que exprese a aceptación por parte da candidata/o da nominación e, de ser concedido, do premio correspondente. Artigo 4º.-Presentación e prazos. 1. As propostas realizaranse mediante instancia dirixida ó conselleiro de Medio Ambiente e serán presentadas en sobre pechado no Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente. Rúa Os Basquiños nº 2, 15071 Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares establecidos no Art. 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 2. O prazo de presentación das candidaturas será de 60 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Artigo 5º.-Xurado e concesión dos premios. 1. O xurado estará constituído polos seguintes membros: Presidente: o conselleiro de Medio Ambiente ou persoa en que delegue. Vicepresidente: o secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente ou persoa en que delegue. Vocais: o director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental ou persoa en que delegue. Un representante dos colectivos ecoloxistas. Un representante do sistema universitario de Galicia. Un representante dos medios de comunicación. Secretario: con voz e sen voto, o xefe de Área de Información, Formación e Educación Ambiental. 2. O xurado actuará segundo o disposto no título II, capítulo II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 3. O xurado acordará a concesión dos premios; este acordo porá fin á vía administrativa e poderá declarar deserta total ou parcialmente a súa concesión. 4. O acordo será publicado no Diario Oficial de Galicia e notificado persoalmente ós adxudicatarios polos medios previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Santiago de Compostela, 5 de maio de 1999. José Carlos del Álamo Jiménez Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
premiosMA1999.doc Galego
premiosMA1999.doc Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles