ORDE DO 5 DE MAIO DE 1999 POLA QUE SE CONVOCAN OS PREMIOS BANDEIRA VERDE DE GALICIA 1999

Diario Oficial de Galicia, 11-05-1999, Núm. 89, Páx. 5656
A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que ten atribuídas as competencias e funcións que en materia de ambiente e conservación da natureza se establecen nos artigos 27.10º, 11º, 15º e 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación. Ademais, de conformidade co disposto no Decreto 482/1997, do 26 de decembro, no artigo 7, apartado 2.1º, realizará as funcións relativas á formación dunha conciencia social para a defensa e mellora do contorno e a formación permanente en materia ambiental. Estas funcións desenvólvense mediante diversos plans, entre os que destaca o Plan de Difusión Ambiental. Os méritos polo labor desenvolvido no ano 1999 no ámbito da Comunidade Autonoma de Galicia, na defensa e loita contra os incendios forestais, na conservación do bosque e na conservación da biodiversidade merecen un recoñecemento, que debe servir para promove-la difusión dos valores ambientais pola repercusión que teñen tales premios nos medios de comunicación e sobre a opinión pública. Para tal efecto, no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.11º e 30 do Estatuto de autonomía para Galicia e o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, DISPOÑO: Artigo 1º Convoca-los premios Bandeira Verde de Galicia 1999 en recoñecemento ó traballo das entidades ou organizacións que desenvolvan un labor significativo no coidado do medio ambiente. Artigo 2º.-Premios. 1. Os premios que se convocan son os seguintes: a) Premio Bandeira Verde de Galicia 1999 á mellor acción na defensa e loita contra os incendios forestais. b) Premio Bandeira Verde de Galicia 1999 á mellor acción na conservación do bosque. c) Premio Bandeira Verde de Galicia 1999 á mellor acción de conservación da biodiversidade. d) Premio Bandeira Verde de Galicia 1999 á mellor acción de mellora da calidade ambiental. 2. Os premios están dotados cunha cantidade de 1.000.000 de ptas. (6010,12 euros) cada un, con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.342.6401 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999. Artigo 3º.-Participación. 1. As institucións, entidades, organizacións ou empresas que desexen acceder a estes premios deberán enviar unha memoria acreditativa dos traballos realizados no transcurso do ano 1999 e os logros acadados relativos ó obxecto destes premios. 2. A memoria non excederá de 20 folios por unha cara a dous espacios con letra Arial de 12 puntos e marxe de 2,5 cm en tódolos seus lados; poderá ser complementada con gráficos, debuxos, fotos ou calquera material audiovisual. 3. A Consellería de Medio Ambiente poderá solicitar información adicional á presentada e verificar calquera extremo referente á documentación achegada. Artigo 4º.-Presentación e prazos. O prazo de presentación dos traballos remata o 15 de novembro de 1999. Remitiranse á Consellería de Medio Ambiente, Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, Departamento de Educación e Información Ambiental, r/ Basquiños, 2. 15704, Santiago de Compostela, podendo presentarse na mesma ou en calquera dos lugares establecidos no Art. 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Artigo 5º.-Xurado e concesión dos premios. 1. O xurado terá a composición seguinte: Presidente: o conselleiro de Medio Ambiente ou persoa en quen delegue. Vocais: o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, o Director da Escola de Enxeñeiros de Montes, ou persoas en quen deleguen respectivamente, e un representante dos colectivos ecoloxistas galegos. Secretario: o director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental ou persoa en quen delegue. 2. Os premios poderán ser declarados desertos. 3. A concesión dos premios farase por acordo do xurado, que será notificado persoalmente ós adxudicatarios polos medios previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común. 4. A Consellería de Medio Ambiente cederá durante un ano o uso do logotipo Bandeira Verde de Galicia ós premiados, para a súa utilización en tódalas actividades que realicen. Santiago de Compostela, 5 de maio de 1999. José Carlos del Álamo Jiménez Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
PREMIOSBANDEIRAVERDE1999.doc Galego
PREMIOSBV1999.doc Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles