Diario Oficial de Galicia, 31-01-2022, Núm. 20, Páx. 6176
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Confrarías de pescadores, as organizacións de produtores da pesca, as cooperativas, as asociacións profesionais de persoas mariscadoras a pé e as asociacións profesionais de redeiras que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables. Poderán ser beneficiarias as Administracións Públicas con competencias en portos para proxectos dirixidos á pesca costeira artesanal. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social na mesma.
Obxecto
Establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto.
Prazo
Un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
