Orde do 4 de outubro de 2006 pola que se clasifica de interese social a Fundación Adolfo Sobrino para el desarrollo y aprovechamiento sostenible de los recursos naturales en Galicia.

Diario Oficial de Galicia, 16-10-2006, Núm. 199, Páx. 15334
Orde do 4 de outubro de 2006 pola que se clasifica de interese social a Fundación Adolfo Sobrino para el desarrollo y aprovechamiento sostenible de los recursos naturales en Galicia. Visto o expediente de clasificación da Fundación Adolfo Sobrino para el desarrollo y aprovechamiento sostenible de los recursos naturales en Galicia, con domicilio en Xares-A Veiga (Ourense). Supostos de feito. 1. José Luis Sánchez Mancebo formulou solicitude de clasificación a efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. 2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Madrid, o día vinte e tres de decembro de dous mil cinco, ante a notaria Palmira Delgado Martín, co número de protocolo mil oitocentos cuarenta e tres, por Adolfo Sobrino Murias, Gema Orbegozo Olaizola, Elena Sobrino Orbegozo, María Sobrino Orbegozo, todos eles interveñen no seu propio nome e dereito. Esta escritura foi emendada por outra posterior outorgada ante a mesma notaria en data vinte e tres de marzo de dous mil seis, co número de protocolo setecentos vinte e dous, que contén a nova redacción dos estatutos da fundación. 3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto fomentar a protección, a conservación e o ordenado aproveitamento sustentable das especies cinexéticas e a defensa do ambiente de Galicia. 4. O padroado da fundación estará integrado por Adolfo Sobrino Murias como presidente, Gema Orbegozo Olaizola como tesoureira, Jorge Bernad Danzberger como secretario e Elena Sobrino Orbegozo e María Sobrino Orbegozo como vogais. 5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese social da Fundación Adolfo Sobrino para el desarrollo y aprovechamiento sostenible de los recursos naturales en Galicia, polo que, dado o seu obxecto e finalidade, véndose cumpridos os requisitos exixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese social e a súa adscrición á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Fundamentos de dereito. 1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego. 2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela. 3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día dous de outubro de dous mil seis. Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación. Na súa virtude, DISPOÑO: Clasificar de interese social a Fundación Adolfo Sobrino para el desarrollo y aprovechamiento sostenible de los recursos naturales en Galicia adscribíndoa á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela. Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2006. José Luis Méndez Romeu Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
MEDIO AMBIENTE XERAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O04102006.pdf Galego
O04102006.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles