ORDE DO 4 DE FEBREIRO DE 2003 POLA QUE SE CONVOCA UN CONCURSO PARA O FOMENTO DA RECOLLIDA DE PILAS USADAS EN GALICIA.

Diario Oficial de Galicia, 18-02-2003, Núm. 34, Páx. 1840
Orde do 4 de febreiro de 2003 pola que se convoca un concurso para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia. A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que ten atribuídas as competencias e funcións en materia de medio ambiente e conservación da natureza establecidas nos artigos 27.10º, 11, 15, 29.4º e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981). Ademais, de conformidade co disposto no artigo 7, punto 2.2.2 do Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, ten competencias para o fomento das accións de reducción, reciclaxe e recuperación de residuos e dos programas de colaboración cos concellos e outras organizacións para a aplicación das accións indicadas. Estas funcións estanse a desenvolver con base en diversos plans, entre os que destaca o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia. A finalidade destes premios é dobre: por unha banda, téntase conciencia-las futuras xeracións da importancia que ten unha axeitada xestión dos seus residuos, así como da necesidade de que non tiren as pilas usadas nas bolsas de lixo e de afacelos a que as boten nos contedores específicos para tal efecto; por outra banda, preténdese acadar un máximo de recollida de pilas. Para tal efecto, en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía para Galicia e o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, DISPOÑO: Artigo 1º.-Convocatoria. Convócase un concurso dirixido a tódolos centros docentes de ensinanzas non universitarias da Comunidade Autónoma, consistente na III edición da Liga de recollida de pilas, segundo se establece no artigo 2º. Artigo 2º.-Bases da III edición da liga de pilas. 1. O obxecto desta liga de recollida de pilas é fomenta-la axeitada xestión de pilas usadas entre os alumnos de tódolos colexios de Galicia, premiando aqueles que acrediten ter alcanzado a máis alta taxa de pilas recollidas por alumno. 2. Dada a diferencia de alumnado nos distintos centros, estes agruparanse en tres categorías segundo o número de alumnos. A) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2002-2003 inferior a 50. B) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2002-2003 entre 50-300. C) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2002-2003 superior a 300. 3. A liga comezará o día seguinte ó da súa publicación no DOG e rematará o 30 de setembro de 2003. Para a súa participación neste concurso, os colexios enviarán debidamente cuberto o formulario do anexo I, co obxecto de acredita-lo número total de alumnos matriculados no centro; este formulario será remitido por fax ou correo á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 11 00) antes do 30 de abril de 2003. 4. O concello será o encargado da recollida das pilas, logo de chamada do colexio, unha vez que o contedor específico para pilas usadas estea cheo. O colexio, por cada entrega de pilas usadas, cubrirá o formulario do anexo II. O concello acreditará directamente ou a través da empresa designada por este, o peso en pilas dado polo colexio, selando ou asinando a folla normalizada do devandito anexo II. 5. Co fin de facer un seguimento dos resultados da liga, os colexios enviarán por fax á Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental os formularios do anexo II que teñan cubertos, unha vez lle sexan retiradas as súas pilas. Estes envíos deberán facerse en dúas tandas: antes do 30 de xuño de 2003, e unha última entrega antes do remate da convocatoria. Os formularios que non dispoñan da sinatura ou selo do concello ou da empresa designada polo concello para a recollida de pilas, non serán estimados. O seguimento dos resultados da liga poderá facerse a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente. 6. Premios. Para a concesión dos premios calcularase a taxa de quilos recollidos por alumno matriculado, nas distintas categorías, segundo a seguinte fórmula: Total quilos recollidos por colexio/ Total alumnos matriculados no colexio. Os premios adxudicaránselles ós colexios que acrediten unha maior taxa de recollida de pilas usadas segundo a fórmula para toda a Comunidade Autónoma, e por categorías. A contía dos premios é a que segue: A) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2002-2003 inferior a 50. Primeiro premio: 3.000 euros. Segundo premio: 2.500 euros. Terceiro premio: 2.000 euros. B) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2002-2003 entre 50-300. Primeiro premio: 3.000 euros. Segundo premio: 2.500 euros. Terceiro premio: 2.000 euros. Cuarto premio: 1.500 euros. Quinto premio: 1.000 euros. Sexto premio: 500 euros. C) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2002-2003 superior a 300. Primeiro premio: 3.000 euros. Segundo premio: 2.500 euros. Terceiro premio: 2.000 euros. Cuarto premio: 1.500 euros. Quinto premio: 1.000 euros. Sexto premio: 500 euros. En caso de empate nalgún dos premios, a súa contía repartirase entre os gañadores. Os colexios que obteñan premio recibirán a notificación antes do 30 de novembro do ano 2003. As listas definitivas de premiados pódense consultar na páxina web da Xunta de Galicia. O orzamento da orde será aboado con cargo á dotación orzamentaria 2003-15-04342 A640.1. Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003. José Manuel Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
RESIDUOS PERIGOSOS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
ORDE DO 4 DE FEBREIRO DE 2003 POLA QUE SE CONVOCA UN CONCURSO PARA O FOMENTO DA RECOLLIDA DE PILAS USADAS EN GALICIA. Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles