Orde do 4 de febreiro de 1999, pola que se somete a información pública e audiencia ós interesados o PORN das ILLAS ATLÁNTICAS

Diario Oficial de Galicia, 11-02-1999, Núm. 28, Páx. 1554
Número do Dog: 28 Páxina do Dog: 1.554 Data da Disposición: 4 de febreiro de 1999 Sección: VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA Organismo: CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE Rango: Orde Título: Orde do 4 de febreiro de 1999 pola que se somete a información pública e posterior trámite de audiencia ós interesados o Plan de Ordenación de Recursos Naturais das Illas Atlánticas. A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais, da flora e fauna silvestres, regula, no seu título II, os plans de ordenación dos recursos naturais nos que se fixarán as normas xerais do parque natural; por todo isto, RESOLVO: Para os efectos do previsto no artigo 6 da Lei 4/1989, de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres, ábrese un prazo de información pública e posterior trámite de audiencia ós interesados sobre o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas. O que se fai público para que poida ser examinado nas oficinas da Subdirección Xeral do Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro, Santiago de Compostela), na Delegación Provincial da Coruña (edificio servicios múltiples, praza de Luis Seoane, s/n) e na Delegación Provincial de Pontevedra (rúa Benito Corbal, 47) e para que se formulen contra el as alegacións que se consideren oportunas, nun prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Unha vez rematado o dito prazo, abrirase ó día seguinte período de audiencia ós interesados por un prazo de 15 días. Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1999. José Carlos del Álamo Jiménez Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Orde4_2_99.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles