Diario Oficial de Galicia, 18-08-2004, Núm. 160, Páx. 11805
Orde do 30 de xullo de 2004 pola que se establecen axudas económicas para paliar os danos producidos por especies cinexéticas na circulación viaria.
O artigo 148.1º 11 da Constitución, así como o artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia, confírelle á nosa comunidade a competencia exclusiva en materia de caza.
O Decreto 106/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, atribúelle á devandita consellería, dentro das súas competencias o fomento, a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos.
A Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, modifica o texto refundido da Lei de réximen financieiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; que regula a concesión de axudas e subvencións que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
A presente orde de axudas está cofinanciada por FEOGA-O, polo que será de aplicación o Regulamento do Consello 1257/1999, sobre axuda ao desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola.
O crecente incremento das poboacións dalgunhas especies cinexéticas nos montes galegos é un feito que se evidencia cada día con maior forza. Este
aumento poboacional ten efectos moi positivos no contorno biolóxico e no desenvolvemento rural que a actividade cinexética propicia pero, ao seu lado, é causa directa dun aumento da sinistralidade na rede de estradas de Galicia e, por ende, de gastos importantes tanto respecto dos condutores como dos seus vehículos. O evidente interese social que anima esta iniciativa móstrase de modo particularmente importante no fomento do aseguramento dos danos que producen as especies cinexéticas, que haberá de producir un estímulo para os titulares dos terreos cinexéticos, agobiados polas responsabilidades que derivan desta continxencia, ao tempo que reforza a seguridade na cobertura dos danos para os automobilistas.
En virtude do anterior, en consonancia co disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto das axudas.
Establécese unha liña de axudas para os titulares dos terreos cinexéticos que contrataron un seguro de responsabilidade por os danos que causen as especies cinexéticas que procedan dos seus terreos cinexeticamente ordenados (en adiante TECOR).
Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade e de obxectividade e someteranse en todos os seus extremos ao previsto nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa e o previsto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo cal se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas axudas poderán ser compatibles con outras, sempre que cumpran o disposto no Regulamento do Consello 1257/1999, sobre axuda ao desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola.
Artigo 2º.-Beneficiarios.
Poderanse acoller a estas axudas os titulares de terreos cinexeticamente ordenados (TECOR) de titularidade privada, que subscribiron durante o pasado ano un contrato de seguro, que se encontre en vigor e que cubra a responsabilidade polos danos derivados de sinistros nas vías públicas, pola irrupción nelas de especies cinexéticas procedentes dos devanditos terreos.
Quedan excluídos da presente orde todos aqueles titulares de terreos cinexeticamente ordenados que solicitaran e obtiveran estas axudas ao amparo da Orde do 16 de outubro de 2003 pola que se esta
blecen axudas económicas para paliar os danos producidos por especies cinexéticas na circulación viaria (DOG nº 207, do 24-10-2003).
Artigo 3º.-Actuacións subvencionables.
Será obxecto de axuda a subscrición da póliza de seguro por accidentes de circulación producidos por espécimes cinexéticos en Galicia.
Artigo 4º.-Importe das axudas.
A subvención constitúese como unha axuda que se lle concede ao titular do TECOR que subscribiu un contrato de seguro, para cubrir os danos que puideran producirse por causa da irrupción na vía pública de espécimes de caza.
A contía máxima da devandita axuda será do 60% do importe da prima subscrita, sen que poida exceder en ningún caso de 0,12 euros por hectárea do TECOR beneficiario. O importe da axuda, se fose necesario, ratearase entre todos os solicitantes, ata o límite do crédito orzamentario.
Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.
As solicitudes de subvención irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente e serán presentadas nas correspondentes delegacións provinciais, directamente ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, no prazo de corenta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación:
-Fotocopia do CIF/NIF do solicitante destinatario da subvención, ou persoa que o represente.
-Certificado da entidade financeira na que se encontra a conta do beneficiario para o pagamento da axuda, acreditativo da súa titularidade, número de conta e códigos da entidade, sucursal e control.
-Orixinal ou copia compulsada da póliza subscrita cunha entidade aseguradora, na que figure expresamente como incidencia asegurada os accidentes de circulación producidos por especies cinexéticas.
-Se o titular fose unha sociedade ou unha asociación, acordo do órgano competente desta polo que se aproba a solicitude desta axuda.
-Declaración do conxunto das solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.
-Certificacións que acrediten que o beneficiario está ao día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non ten pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non será necesaria a presentación desta documentación, se xa consta acreditada nas dependencias administrativas que tramitarán estas axudas.
Artigo 6º.-Mellora e corrección das solicitudes.
Iniciado o procedemento, os servizos provinciais de Caza e Pesca Fluvial examinarán as solicitudes e documentos presentados. No caso de que fosen detectadas faltas ou omisións, requirirase ao interesado para que sexan enmendados ou completados, no prazo de 10 días hábiles seguintes á súa notificación, con indicación de que se así non o fixese, se considerará desistido da súa petición, arquivándose o expediente sen máis tramite, cos efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.
Artigo 7º.-Resolución.
O conselleiro de Medio Ambiente, nun prazo máximo de seis meses, contados a partir da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, resolverá conceder ou denegar as axudas solicitadas, en atención ao cumprimento dos requisitos que se conteñen nela e das dispoñibilidades orzamentarias. As solicitudes que non fosen expresamente resoltas poderanse estimar denegadas, sen prexuízo da obriga legal de resolver, que se establece no artigo 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. Estas resolucións notificaránselle a cada un dos solicitantes, dentro dos 10 días seguintes á toma do acordo.
Contra elas poderanse interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben, ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 e artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Artigo 8º.-Aceptación da axuda.
Unha vez resolta favorablemente a solicitude de axuda, o beneficiario disporá dun prazo de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación, para remitir á Consellería de Medio Ambiente un escrito de aceptación da axuda, entendéndose, en caso contrario, que o beneficiario renuncia a ela.
Artigo 9º.-Procedemento de pagamento e xustificación.
Ditada resolución aprobatoria e unha vez que se comprobe que o solicitante presentou a documentación exixida nesta orde, procederase ao pagamento
da axuda, no prazo dos dous meses que sigan á resolución aprobatoria da solicitude.
En ningún caso procederán aboamentos á conta ou pagamentos anticipados.
Artigo 10º.-Disposicións xerais.
1. O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no artigo 33 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma, que desenvolve o texto refundido da Lei de réxime financieiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro.
2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. No caso de que se producise unha minoración da póliza e sempre que se mantivese o obxectivo inicial, a subvención concedida veríase diminuída na contía proporcional correspondente.
3. Os beneficiarios están obrigados a someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos da Consellería de Medio Ambiente, así como a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio da súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
4. Os beneficiarios quedan obrigados ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, de conformidade co disposto no artigo 19 do devandito Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
Artigo 11º.-Financiamento.
As accións previstas na presente orde financiaranse por parte da Consellería de Medio Ambiente con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.03.342A.780.1 e 15.03.342A.780.2, cuns importes máximos de 96.139,08 euros e 43.790,92 euros respectivamente, sendo susceptibles de ampliación con cargo a outras partidas orzamentarias.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza en xeral para ditar todas as disposicións complementarias para o desenvolvemento da presente orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2004.
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS