ORDE do 30 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola
Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva por anticipado de gasto para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975K).

Diario Oficial de Galicia, 14-12-2021, Núm. 238, Páx. 60888
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lle correspondan en materia de xestión de residuos, que cumpran os requisitos establecidos para cada unha das liñas subvencionables:
a) Liña 1. Proxectos de implantación, ampliación ou mellora da recollida separada de
biorresiduos destinados a instalacións específicas de tratamento biolóxico (compostaxe e/
ou dixestión anaerobia):
1º. Concellos que se atopan dentro da área de influencia (<50 quilómetros) dalgunhas das plantas autorizadas actualmente en Galicia para o tratamento de biorresiduos de competencia municipal e/ou das plantas de compostaxe/transferencia previstas no Plan Loxístico de Infraestruturas de Sogama.
Obxecto
Son liñas subvencionables as seguintes:
a) Liña 1. Proxectos de implantación, ampliación ou mellora da recollida separada de biorresiduos destinados a instalacións específicas de tratamento biolóxico (compostaxe e/ou dixestión anaerobia).
b) Liña 2. Proxectos de separación e reciclaxe en orixe de biorresiduos mediante a súa compostaxe doméstica ou comunitaria (compostaxe in situ).
Prazo
Ata o 31 de xaneiro de 2022.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Or 30-11-2021_gl.pdf galego
Or 30-11-2021_gl.pdf galego
Ex Or 30-11-2021_es.pdf castelán
Or 30-11-2021_es.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles