Orde do 30 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2006.

Diario Oficial de Galicia, 11-04-2006, Núm. 71, Páx. 5749
Orde do 30 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2006. Ao abeiro do disposto no artigo 148.1º.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de caza. O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, crea a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, establecéndose a súa estrutura orgánica básica polo Decreto 232/2005, do 11 de agosto, no que se recolle a Dirección Xeral de Conservación da Natureza como un dos centros directivos adscritos a ela. Segundo o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, compételle á devandita consellería a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos, precisamente a través da devandita dirección xeral. O lobo mantén unha poboación abundante na xeografía galega. A súa presenza nos nosos montes non só é un expoñente da nosa rica biodiversidade senón, ademais, un elemento destacado no equilibrio biolóxico do medio no que se desenvolve. As súas necesidades alimenticias entran ás veces en conflito cos intereses dos nosos gandeiros, que sofren a depredación que ocasionalmente realiza sobre o gando. Por iso, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para conciliar o interese pola pervivencia da especie co dos gandeiros, pon en marcha unha liña de axudas, de carácter compensatorio, para reparar os danos ocasionados sobre a gandaría saneada bovina, ovina e caprina de Galicia. O réxime xeral das axudas e subvencións nas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na redacción dada a estes pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e réxime administrativo. No ámbito regulamentario a norma principal constitúea o Decreto 287/2000, do 21 de novembro. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa. Nos vindeiros exercicios, estas axudas financiaranse con cargo ás consignacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente, de acordo co contido da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para cada exercicio. Para este ano o devandito importe recóllese na disposición adicional primeira. En virtude do anterior, en consonancia co disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía, e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, DISPOÑO: Artigo 1º.- Ámbito, obxectivo, finalidade e principios. 1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados polos ataques do lobo ás reses das especies bovina, ovina e caprina. 2. A finalidade da devandita axuda é compensar os gandeiros polos danos ocasionados no seu gando. 3. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados na asignación e utilización dos recursos públicos, con sometemento ao previsto nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, así como no previsto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Artigo 2º.- Beneficiarios e requisitos. 1. Poderanse acoller a estas axudas os propietarios das devanditas reses, que estean cercadas ou protexidas por medio de pastores ou doutros medios que permitan o control do gando. 2. O gando deberá estar identificado e saneado de acordo coa normativa aplicable para o efecto. Artigo 3º.- Ámbito temporal. Para cada exercicio económico concederanse axudas con cargo a este polos danos ocasionados polo lobo, desde o un de outubro do ano anterior ata o trinta de setembro do devandito exercicio. Artigo 4º.- Comunicación do dano. Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque, os propietarios das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible mediante unha chamada ao teléfono 900 18 61 86, a través do que se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente. Os animais feridos ou mortos non poderán ser manipulados, para non obstaculizar o labor investigador dos axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Artigo 5º.- Importe das axudas. 1. O importe destas axudas figura no anexo I desta orde, e estará condicionado á existencia de crédito orzamentario. 2. No caso de animais feridos, a indemnización calcularase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados, nunha contía que, en ningún caso, poderá superar o límite das axudas previstas no anexo I para os animais mortos. 3. O devandito importe poderá ter carácter decrecente en futuras axudas, no caso de que estas se dirixan a gandeiros que xa sufriran ataques anteriores do lobo no seu gando e non tomaran as medidas de vixilancia e protección axeitadas. Artigo 6º.- Solicitudes e documentación. 1. As solicitudes deberán formalizarse mediante instancia dirixida ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, segundo o modelo formalizado que se recolle no anexo II desta orde. Presentaranse, preferentemente, nas oficinas dos distritos ambientais, relacionadas no anexo IV desta orde, nas que se asesorará o gandeiro sobre como cubrilas. Posteriormente, desde os distritos ambientais enviaranse ás delegacións provinciais para a continuación da súa tramitación. Así mesmo, tamén se poderán presentar nas correspondentes delegacións provinciais desta consellería, ademais de en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 2. As solicitudes de axuda correspondentes aos danos producidos entre o 1 de outubro de 2005 e a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia cursaranse dentro do mes seguinte á devandita publicación. Unha vez que esta orde sexa publicada, no ano 2006 a presentación das solicitudes de axuda deberá efectuarse dentro dos trinta días seguintes ao da produción do dano. Para as sucesivas anualidades, haberá un mes de prazo, contado desde a entrada en vigor da orde de convocatoria anual, para solicitar as axudas polos danos ocasionados entre o un de outubro e a devandita entrada en vigor. Para os danos ocasionados posteriormente, ata o trinta de setembro de cada exercicio, o prazo de solicitude será dun mes desde a produción do dano. 3. Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación: Copia das follas do libro da explotación gandeira nas que aparezan os animais afectados, así como as datas de alta e baixa destes na explotación. Fotocopia do CIF/NIF do propietario das reses. Ficha para a transferencia bancaria no modelo que se xunta como anexo III a esta orde. Se o titular fose unha persoa xurídica, acordo do órgano competente desta polo que se aprobou a solicitude desta axuda. Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, así como dunha comunidade de bens, deberase acreditar a representación coa que se actúa. Declaración do conxunto das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas. Artigo 7º.- Tramitación. 1. Recibidas as solicitudes nas delegacións provinciais, os servizos provinciais de Conservación da Natureza examinaranas xunto coa documentación anexa. No caso de que fosen detectadas faltas ou omisións, requirirase o interesado para que as emende ou complete, nos dez días hábiles seguintes ao da súa notificación, coa indicación de que, se así non o fixese, se considerará que desiste da súa petición, arquivándose o expediente, sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. 2. Os devanditos servizos provinciais avaliarán, dentro dos seus ámbitos territoriais, a natureza dos ataques dos lobos obxecto da solicitude de subvención e realizarán a súa valoración. Para tal fin, levarán a cabo as funcións de organización, control e coordinación das unidades encargadas da comprobación dos danos. 3. Examinadas as solicitudes e a documentación presentada, e efectuada a correspondente valoración, as delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible elaborarán a oportuna proposta, que lle elevarán á Dirección Xeral de Conservación da Natureza para que esta continúe coa súa tramitación. 4. Para o anterior, quincenalmente, cada Servizo Provincial de Conservación da Natureza elevará as propostas relativas ás solicitudes avaliadas. 5. Na semana seguinte á de recepción das propostas das delegacións provinciais, a Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, tramitará os expedientes relativos ás devanditas propostas, ata esgotar o crédito consignado para o efecto. 6. Unha vez esgotado o crédito, realizarase a oportuna modificación orzamentaria para dotar a aplicación financiadora do crédito necesario para atender as solicitudes que se produzan no período anual dado. Non obstante o anterior, as solicitudes que non se poidan conceder por insuficiencia orzamentaria, atenderanse con cargo á convocatoria do ano seguinte. 7. En ningún caso se concederán aboamentos á conta ou pagamentos anticipados. Artigo 8º.- Resolución e recursos. 1. O secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, á vista das propostas formuladas e por delegación expresa do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, resolverá expresa e motivadamente o que en dereito corresponda sobre a denegación ou concesión da subvención compensatoria. 2. O prazo máximo para resolver será de tres meses. Transcorrido este sen que se ditase resolución expresa, os solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude, nos termos previstos no artigo 44.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente consonte o disposto no artigo 42.1º do devandito texto legal. 3. A resolución ditada, segundo o disposto no punto 1 deste artigo, poralle fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no prazo dun mes desde a notificación da resolución, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Artigo 9º.- Disposicións xerais. 1. O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, segundo a redacción dada a este polo artigo 13 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da comunidade autónoma. 2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. 3. Os beneficiarios están obrigados a someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos competentes da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, así como a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. 4. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, nos casos e termos previstos no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na redacción dada a este polo artigo 12 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, así como no disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro. 5. Deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia a relación das axudas concedidas cando o seu importe, individualmente consideradas, sexa igual ou superior aos 3.000 A. Para as de contía inferior, a relación das concedidas e denegadas farase pública a través dunha relación inserida no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da consellería, así como no de cada delegación provincial. Disposicións adicionais Primeira.- Financiamento. No exercicio de 2006 as axudas que se concedan con cargo a esta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.342-A. 480.0, ata un importe máximo de oitenta mil euros (80.000 A). A dotación inicial prevista incrementarase en función das solicitudes atendibles e das dispoñibilidades orzamentarias. Segunda.- Delegación de funcións. Delégase no secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o exercicio da competencia para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde, contida no seu artigo 8.1º; consonte o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Disposicións derradeiras Primeira.- Desenvolvemento. Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde. Segunda.- Entrada en vigor. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2006. Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ANEXO I - Baremo utilizado para o pagamento de axudas polos ataques do lobo ESpecie // Clase e idade // Custo calidade normal // Custo calidade selecta Ovino // Cordeiro 6 anos // 18 € // 22 € Caprino // Cabrito 6 anos //18 € // 22 € Especie // Clase e idade // Custo rubia galega // Custo vacún leiteiro // Resto de reses de gando vacún Vacún // Cuxo 9 anos // 360 € // 300 € // 300 € ANEXO IV I - Ferrol Edif. admvo. Xunta de Galicia Praza Camilo José Cela, 1-8º andar 15403 Ferrol II - Bergantiños-Mariñas coruñesas Rúa O Carregal s/n 15300 Betanzos Tras da Igrexa, s/n 15680 Carballo III - Santiago-Meseta interior Avda. do Xeneralísimo, 41-2º 15680 Ordes Avda. de Santiago, 24 15810 Arzúa IV - A Barbanza Rúa Pintor Xenaro Carrero, 15 B 15200 Noia V - Fisterra Rúa Codeseiras, 11 15129 Vimianzo VI - A Mariña lucense e central R/ Alonso Pérez, s/n 27850 Viveiro R/ Pardo de Cela, 22 27740 Mondoñedo VII - A Fonsagrada-Os Ancares Rúa Ano Vello, s/n, entresollado 27640 Becerreá R/ Os Chaos, s/n 27100 A Fonsagrada VIII - Terra de Lemos Rúa Doutor Casares, 146-1º 27400 Monforte de Lemos Praza de España, s/n 27600 Chantada IX - Lugo-Sarria R/ Benigno Rivera, 62 baixo (políg. O Ceao) Lugo R/ Calvo Sotelo, 126 entresollado 27600 Sarria X - A Terra Chá R/ Poetisa Carmiña Prieto Rouco, s/n 27800 Vilalba Praza do Concello, s/n 27420 Meira XI - O Ribeiro-Arenteiro Avda. Ourense, 21-1º D 32500 O Carballiño XII - Miño-A Arnoia Avda. da Habana, 79-5º 32004 Ourense R/ As Flores, s/n, 1º B 32730 Maceda XIII - Valdeorras-Trives Casa Grande de Viloira 32300 O Barco de Valdeorras R/ Sta. Isabel, 1-1º 32760 Castro Caldelas XIV - Verín-Viana R/ Rosalía de Castro, 63-1º 32600 Verín R/ Beato Aparicio, s/n 32540 A Gudiña XV - A Limia Travesía Irmáns Martínez, 2-1º B 32840 Bande R/ Vicente Risco, 9-1º 32630 Xinzo de Limia XVI - Deza-Tabeirós R/ Ponte, 4-1º esqda. 36500 Lalín XVII - O Condado-A Paradanta R/ Paseo Matutino, 35-1º A/B Ponteareas XVIII - Vigo-Baixo Miño R/ Barrio Torneiros, s/n O Porriño Barrio Mosteiro, s/n 36740 Tomiño R/ Xeneral Rubín, 16-1º 36800 Redondela XIX - Caldas-O Salnés R/ Doutor Tourón, 28 entresollado esqda. 36600 Vilagarcía de Arousa
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O30032006.pdf Castellano
O30032006.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles